Mostrando entradas con la etiqueta EL TIEMPO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta EL TIEMPO. Mostrar todas las entradas

16 junio 2009

La Xunta avisa que Africa nos echa este martes un polvo sahariano...

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).-A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través da Rede Galega de Vixilancia da Calidade do Aire, informa de que este martes, día 16, Galicia verase afectada por unha intrusión de partículas de polvo sahariano arrastradas dende o norte de África. Según os modelos de predicción, os niveis de partículas no aire ambiente poderán incrementarse entorno a un 60 por cento sobre os niveis habituais de cada zona.

Non obstante, o departamento que dirixe Agustín Hernández lembra que non se alcanzarán niveis que poidan producir problemas na poboación, xa que os niveis previstos serán de 130 microgramos por metro cúbico, lonxe do nivel de alerta, situado en 350. Esta subida dos valores soamente levará asociada a deposición de partículas finas de polvo no solo.

Para máis información, podese consultar o informe completo da predicción e os valores en tempo real de concentracións de partículas na seguinte dirección:

http://aire.medioambiente.xunta.es/docs/Prediccion_sahariano_20090616.pdf

Esta predicción obtense como resultado do Convenio de colaboración para o Estudio e Avaliación da contaminación atmosférica por material particulado en suspensión, firmado entre a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Marino, o Consejo Superior de Investigaciones Científicas e a Agencia Estatal de Meteoroloxía.

08 febrero 2009

Otra vez el puñetero mal tiempo :>> aviso de lo que está entrando...

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- .- A Dirección Xeral de Protección Civil da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza aconsella á poboación adoptar as medidas de autoprotección oportunas ante a chegada dun novo fenómeno de meteoroloxía adversa de nivel de alerta laranxa por vento en terra, que afectará á Comunidade Autónoma de Galicia a partir de mañá luns. Segundo as informacións recibidas da Axencia Estatal de Meteoroloxía, prevense refachos de compoñente sudoeste de máis de 100 quilómetros á hora. Así, recoméndase evitar os desprazamentos, retirar obxectos que poidan caer á rúa dende balcóns, fiestras e tellados e afastarse de edificios en ruína ou construción, árbores e paneis publicitarios. 
Doutra banda, agárdanse precipitacións que poderán acumular ata 40 litros por metros cadrado en 12 horas, o que se corresponde cun nivel de alerta amarelo. Este fenómeno meteorolóxico adverso afectará, especialmente, á provincia de Pontevedra desde as primeiras horas de mañá e ata a madrugada do martes.
A Dirección Xeral de Protección Civil, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, preavisou este fenómeno o venres e reiterouno hoxe. En concreto, o pasado venres remitíronse 569 faxes e 385 mensaxes de móbil, e hoxe domingo 572 faxes e 385 sms. En total, enviáronse dende o pasado día 6 ata hoxe un total de 1.141 faxes e 770 sms informativos, a todos os concellos e parques de bombeiros da Comunidade Autónoma, así como aos organismos das administracións estatais, autonómicas e provinciais e ás empresas que pola súa actividade se poidan ver afectadas (como por exemplo as de construcción ou guindastre, operadores eléctricos e de telefonía, e servizos de primeira intervención). Deste xeito, agárdase que se adopten as precaucións oportunas para a protección dos bens e das persoas. 
Goberno galego está facendo un seguimento deste fenómeno que podería producirse mañá, e está previsto que ás 19,30 horas desta tarde se tome unha decisión sobre a posible suspensión das clases en función dos datos ofrecidos tanto pola Axencia Española de Meteoroloxía (AEMET) como de Meteogalicia. 
Ademais das medidas preventivas adoptadas, a Dirección Xeral de Protección Civil recomenda aos condutores que, no caso de teren que realizar algún desprazamento, se informen previamente do estado das estradas e que, en calquera caso, axeiten a velocidade ás condicións da vía, xa que se poden producir desprendementos de terra e pedras. 
Por último, suxírese consultar a páxina web do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e enlaces de interese. 

01 febrero 2009

Situación en Galicia tras el paso del frente de lluvias y vientos de esta madrugada

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).-Repaso general tras el paso esta madrugada del frente de lluvias y vientos por Galicia.
1. CON RESPECTO Á REDE VIARIA.
1.1- A G. Civil de Tráfico de Ourense informa que é obrigatorio o uso de cadeas na N-525 do km 140 ata o límite de provincia con Zamora. Nas outras provincias non teñen rexistradas incidencias destacables.
1.2- No CAE 112 Galicia constan as seguintes incidencias:
A Coruña: Cee, Frades (2),Rianxo, Vimianzo, Ordes (2), Laracha e Sobrado.
Lugo: Monforte de Lemos e As Nogais.
Ourense: O Irixo, Laza, A Rúa, Celanova, Allariz (3), San Cibrao das Viñas (3), Riós (3 neve), Vilardevós (3 e 2 neve), Trasmiras (neve), Pereiro de Aguiar e Ourense (2).
Pontevedra: Sanxenxo (3), Vigo (16), Ponte Caldelas (2), Portas, O Rosal, Redondela (6), O Porriño (2), Soutomaior, Baiona (2), Meaño, Gondomar, Mos, Moaña (3), Silleda (2), Marín, Tomiño, Vila de Cruces, A Estrada, Meis, Nigrán, Caldas de Reis, Mondariz e Lalín.
Ás incidencias reflexadas anteriormente consistiron en caída de obxetos e outras incidencias menores.
2. CON RESPECTO ÓS ABASTECEMENTOS DE TELEFONÍA, ELECTRICIDADE E AUGA.
UNIÓN FENOSA:
2.1- Unión Fenosa informa que teñen avarías hai unhas horas nas provincias de Ourense e Pontevedra pero non poden precisar o motivo.
2.2- No CAE 112 Galicia constan incidencias nas liñas eléctricas nos seguintes concellos:
A Coruña: Dodro, Abegondo.
Pontevedra: Vigo (3).
TELEFÓNICA:
2.3.- Non se consigue contactar con persoal de Telefónica encargado de facilitar información de incidencias ao CAE 112 Galicia.
2.4.- Non constan incidencias no CAE 112 Galicia.
BARRAS ELÉCTRICAS:
2.5.- Barras Eléctricas non ten constancia de avarías.
2.6.- Non constan incidencias no CAE 112 Galicia.
3. CON RESPECTO ÓS CENTROS DE EDUCACIÓN.
3.1.- Día non lectivo.
3.2.- No CAE 112 Galicia non constan incidencias.
4. PERSOAS FERIDAS / PERSOAS DESALOXADAS DE VIVENDAS
4.1.- A Garda Civil non ten rexistradas incidencias.
4.2.- Non constan incidencias no CAE 112 Galicia.
5. CON RESPECTO ÁS VIVENDAS
5.1.- A G Civil non ten rexistradas incidencias.
5.2.- No CAE 112 Galicia constan as seguintes incidencias:
Pontevedra: Redondela, Vigo e Marín.
6. PREDICCIÓN METEOROLÓXICA E VALORES REXISTRADOS:
As catro provincias, en terra, están en nivel verde. Non hai alerta meteorolóxica

29 enero 2009

Meteogalicia avisa dun episodio de meteoroloxía adversa con risco importante no litoral das provincias de A Coruña e Pontevedra

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).-A Dirección Xeral de Protección Civil quere recordarlle á poboación a importancia de seguir as medidas de autoproteción ante os fenómenos meteorolóxicos adversos, xa que segundo o parte emitido por Meteogalicia hoxe ás 12:00 está previsto un episodio de meteoroloxía adversa de nivel laranxa por vento (risco importante) no litoral das provincias de A Coruña e Pontevedra e zonas altas de toda a comunidade, con ventos do sur e refachos que poden superar os 100 km/h.

Por este motivo, a dirección xeral de Protección Civil comunícalles que deben adoptar as medidas preventivas necesarias ante as citadas previsións meteorolóxicas, como retirar os obxectos que poidan caer á rúa dende os tellados, balcóns e fiestras e evitar pasar preto de edificios en ruínas ou en construcción, árbores, paneis publicitarios e outras situacións de risco.

Así mesmo, aconséllase evitar calquera tipo de desprazamento e, no caso de ter que facelo, informarse do estado das vías. Tamén se recomenda non achegarse a diques ou rompentes nos que o mar poida arrastrar persoas ou vehículos e consultar a páxina web do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.

24 enero 2009

Pasó el huracán y dejó más de 900 incidencias que solventaron lo mejor que pudieron en 112 Galicia

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- O Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, dependente da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA), xestionou nas últimas 24 horas máis de 900 incidencias, na maioría relacionadas co episodio de meteoroloxía adversa por vento en terra. As provincias máis afectadas foron A Coruña e Lugo, onde se rexistraron centos de incidentes provocados pola caída de árbores, tendido eléctrico, desprendementos de terra e pedras, e, incluso, caídas de obxectos de balcóns e tellados nos cascos urbanos das principais cidades.

Segundo a información facilitada pola Garda Civil de Tráfico, a rede principal de estradas de Galicia está despexada, só continúan os problemas derivados do temporal en vías da rede secundaria, concretamente, na Coruña, na AC-862, onde os operarios da Consellería de Política Territorial seguen traballando na retirada de diversos obstáculos, na AC-552 (Carballo-Cee), AC-423 (Grillou- A Ponteceso), AC-308 de (Augas Stas. a Noia) onde se recomenda circular con precaución pola presenza de ramas, e na AC-418 (Carballo a Malpica) pola mala sinalización; en Ourense, na OU-0303, só hai un carril habilitado para a circulación durante 2 quilómetros e na C-546, no quilómetro 90, produciuse un desprendemento; e en Pontevedra, a PO-534, ao paso pola localidade de Forcarei, permanece cortada entre os km. 12 e 28 por mor dun poste de alta tensión que caeu esta noite pasada. Nesta vía hai habilitados accesos alternativos. Ademais, na provincia de Lugo, se rexistraron incidentes, especialmente, en pistas veciñais.

Doutra banda, as empresas de electricidade e telefonía indican que están a traballar na restauración do abastecemento de electricidade e teléfono en moitos lugares de Galicia que de xeito xeralizado sufriron cortes no suministro.

As provincias máis afectadas polos efectos do temporal foron A Coruña e Lugo. Na Coruña víronse afectados Culleredo, Cabanas, Arzúa, Boimorto, San Sadurniño, Touro, Narón, Arteixo, Santiago de Compostela, Betanzos, Valdoviño, Ribeira, Abegondo, As Pontes, Pontedeume, Paderne, Bergondo, Malpica, Moeche, O Pino, Coirós, Ferrol, Cedeira, Cerceda, Oleiros, Mañón, Ortigueira, Neda, A Pobra do Caramiñal, Ponteceso, Porto do Son, Sada, Teo, Laracha, Muxía, A Coruña, Noia, Pontedeume, Mesía, Fene, Curtis, Lousame, Oroso, Outes, Vedra, Cerdido, Vilamaior, Santiso, Santa Comba, Cambre, Val do Dubra, Miño, Vimianzo, Ames, Rois, Cariño, Mugardos, Boiro, Carballo, Coristanco e Ordes. En Lugo, sufriron os efectos do temporal os concellos de Lugo, Castro de Rei, O Corgo, Abadín, Láncara, Outeiro de Rei, Viveiro, O Vicedo, Taboada, Lourenzá, Cervantes, Guntín, A Pastoriza, Becerreá, Friol, Xove, A Fonsagrada, Ribadeo, Foz, Castroverde, Ourol, Cervo, Monterroso, Cospeito, Quiroga, Alfoz, Folgoso do Courel e Guitiriz. En Ourense, A Pobra de Trives, Coles, San Cibrao das Viñas, Ourense, Maceda, Maside, Arnoia, San Amaro, Ribadavia, Baleira, Coles, Amoeiro, Boborás, Cartelle, O Barco de Valdeorras, Gomesende, Allariz, O Irixo, Toén, Pereiro de Aguiar, Piñor, San Xoán de Río, Celanova e Vilamarín foron algúns dos concellos que rexistraron incidencias por mor do episodio de meteoroloxía adversa. Por último, en Pontevedra, se atenderon emerxencias nos municipios de Lalín, Barro, Vilaboa, Caldas, Bueu, Vigo, A Cañiza, A Estrada, Catoira, Fornelos de Montes, Salvaterra de Miño, Mondariz, O Porriño, Ponteareas, A Guarda, Agolada, Rodeiro, As Neves, Dozón, Forcarei, Vilanova de Arousa, Tomiño, Pontevedra, Baiona, Poio, Covelo, Vila de Cruces, Mos, Cotobade, Moaña e Vilagarcía de Arousa.

Previsión meteorolóxica
En canto ás condicións meteorolóxicas actuais, cómpre destacar que pasamos por unha situación transitoria de calma despois do temporal, aínda que se mantén o nivel de alerta laranxa no mar, onde as ondas poderían oscilar entre os 6 e 7 metros de altura e o vento soprará con Forza entre 7 e 8, con áreas de mar moi grosa. Este valores poden sufrir modificacións ao longo do día.

Estremar as precaucións
Doutra banda, cómpre recordarlle á poboación a importancia de seguir as medidas de autoproteción como retirar os obxectos que poidan caer á rúa dende os tellados, balcóns e fiestras e evitar pasar preto de edificios en ruínas ou en construcción, árbores, paneis publicitarios e outras situacións de risco. A AXEGA insiste en extremar as precaucións, especialmente nos lugares máis afectados polo temporal, xa que pode haber elementos desprazados con risco de caer. Así mesmo, aconséllase evitar calquera tipo de desprazamento e, no caso de ter que facelo, informarse do estado das vías. Tamén se recomenda non achegarse a diques ou rompentes nos que o mar poida arrastrar persoas ou vehículos e consultar a páxina web do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.

23 enero 2009

El temporal y sus consecuencias

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- O Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, dependente da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA), atendeu dende a mañá de hoxe 1.000 chamadas, das cales 502 motivaron a mobilización de recursos de emerxencias, na maioría dos casos, por mor do episodio meteorolóxico adverso de nivel vermello que está a afectar á Comunidade autónoma de Galicia, especialmente ás provincias da Coruña e Lugo.
O maior número de incidencias xestionadas dende o 112 Galicia estiveron relacionadas coa caída de árbores, postes de luz, anegamentos en estradas e rúas, paneis informativos e desprendementos de terra e pedras. A provincia da Coruña foi a que rexistrou o índice máis alto de incidentes, seguida de Pontevedra, Ourense e Lugo. Vedra, Laxe, Oleiros, Padrón, Vimianzo, Cerceda, Laracha, Rianxo, Aranga, Val do Dubra, Santa Comba, Santiago de Compostela, Arzúa, Curtis, Teo, Negreira, Outes, Paderne, Ames, Bergondo, Ordes, Coirós, Moeche e Ribeira son algúns dos concellos que se viron afectados polo temporal na provincia da Coruña. En Pontevedra, localizáronse incidencias nos municipios do Porriño, Soutomaior, Pontevedra, Cerdedo, Campo Lameiro, Vila de Cruces, As Neves, Redondela, Baiona e Caldas de Reis. En Ourense, víronse afectados Padrenda, Pobra de Trives, Ourense, Nogueira de Ramuín, Ribadavia, Monforte, Sandiás, Toén e San Cibrao das Viñas. Por último, en Lugo, rexistráronse incidentes en Begonte, Pantón, Monforte, O Valadouro, Friol e Sarria.
Doutra banda, a Axencia Galega de Emerxencias quere recordarlle á poboación a importancia de seguir as medidas de autoproteción como retirar os obxectos que poidan caer á rúa dende os tellados, balcóns e fiestras e evitar pasar preto de edificios en ruínas ou en construcción, árbores, paneis publicitarios e outras situacións de risco. Así mesmo, aconséllase evitar calquera tipo de desprazamento e, no caso de ter que facelo, informarse do estado das vías. Tamén se recomenda non achegarse a diques ou rompentes nos que o mar poida arrastrar persoas ou vehículos e consultar a páxina web do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.

Alerta roja por vientos de hasta 150 kms/hora en la madrugada de viernes al sábado

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- A Dirección Xeral de Protección Civil da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza advirte que o episodio de meteoroloxía adversa por vento en terra acadará esta noite valores de nivel de alerta vermella. O vento poderá acadar, de forma esporádica, os 150 quilómetros por hora, especialmente no noroeste e oeste da provincia da Coruña e nas comarcas da Mariña lucense, así como nos lugares de montaña desta provincia. No resto da Comunidade Autónoma manterase o nivel de alerta laranxa con refachos de ata 120 quilómetros por hora e a alerta amarela por precipitacións, que chegarán a acumular 15 litros por metro cadrado nunha hora nas catro provincias. Tamén se prevé un empeoramento da situación meteorolóxica adversa no mar (nivel vermello), onde as ondas chegarán aos 8 metros de altura e o vento, de compoñente suroeste, rolando a oeste, será de Forza 10 nas augas costeiras de Galicia. O mar de vento dará lugar a áreas de temporal duro.

Los efectos del temporal hasta las 2 de la tarde de este viernes

1. CON RESPECTO Á REDE VIARIA.
1.1- No CAE 112 Galicia consta a seguinte información:
A Coruña: As Pontes (anegamento na estrada de As Pontes ao Pantano, arquetas atascadas na estrada da Mourela, anegamento no aparcamento do poblado da Fraga), A Coruña (tendedeiros a punto de caer na R/Arquitecto Rei Pedreira, nº 4-13B), Ferrol (antena perigosa C/Alcalde Usero, 14-3º), Boiro (árbore na AC-305 en Vilariño), Oleiros (pola na rúa Regueiro), Paderne (2 árbores na estrada de Betanzos a Ponteribeira), Coristanco (árbore nunha finca en Rececinde, 40), Boiro (Panel luminoso a piques de caer na A.G.11) km 22,5 dirección Ribeira), Cariño (árbore na estrada de Ortegal a Cariño), Monfero (pedras na CP-0905 km 32-35), Padrón (muro caído en Herbón)
Lugo: Palas de Rei (árbore na estrada de Friol a Palas de Rei), Xermade (anegamento na LU-861 km 9,800), Vilalba (árbore na estrada de Carriso a Lousada), Viveiro (LU-161 km 1 desbordamento do río Landro)
Ourense: Lobeira (desprendemento dun muro na entrada do pobo de Fradalvite), Pereiro de Aguiar (pedra grande na C-546 estrada vella dos Peares), A Teixeira (desprendemento dun muro na OU-0607 km 4), Baños de Molgas (desbordamento dun río na estrada de Baños de Molgas aos Milagros)
Pontevedra: Forcarei (anegamento na estrada N-541 km 54,400), Oia (árbore na PO-354 km 8 do Rosal a Santa María de Oia), Soutomaior (poste a piques de caer N-550 en Arcade), Mos (árbore na estrada de Petelos a Torroso), Caldas de Reis (vallas na N-550 km 101), Vilaboa (muro nunha pista no lugar de curra), O Grove (desprendemento de pedras nunha rúa), Redondela (N-555 auga por un regato atascado), Tui (balsa de auga na AP-9 no km 171 aproximadamente), Cuntis (árbore na PO-220 km 15), A Estrada (ramas no Colexio de San András de Vea), A Cañiza (auga que cruza a A-52 km 268, socavón na A-52 pasando o túnel de A Cañiza), Cerdedo (terra na estrada de Folgoso a Forcarei en Insua), Pontevedra (pedra grande na estrada de Sampaio a Canicouba), Bueu (terra na PO-342 km 8,200), Cotobade (pedras na estrada de Viascón a Cuspedriños), Moaña (bolsa de auga na N-544 km 10,300, verquido en estrada na PO-551 km 26,600), A Estrada (EP-7001 km 1,100 dirección Forcarei, bolsa de auga)
2. CON RESPECTO ÓS ABASTECEMENTOS DE TELEFONÍA, ELECTRICIDADE E AUGA.
UNIÓN FENOSA:
2.1- Unión Fenosa indica que polo momento non teñen rexistradas avarías importantes.
2.2- No CAE 112 Galicia consta a seguinte información:
Lugo: O Vicedo (árbore enriba do alumeado público nos Castros).
TELEFÓNICA:
2.3.- Telefónica indica que non ten incidencias destacables e funciona todo con normalidade.
2.4.- Non constan incidencias no CAE 112 Galicia facilitada por particulares.
BARRAS ELÉCTRICAS:
2.5.- Barras Eléctricas indica que teñen algunha avaría de zona puntual.
2.6.- Non constan incidencias no CAE 112 Galicia facilitada por particulares.
3. CON RESPECTO ÓS CENTROS DE EDUCACIÓN.
3.1.- Consellería de Educación suspendeu a actividade educativa non centros de ensino non universitario das provincias de A Coruña e Lugo.
3.2.- No CAE 112 Galicia consta a retirada dunhas polas no Colexio de San Andrés de Vea no Concello de A Estrada.
4. CON RESPECTO ÁS VIVENDAS
4.1.- No CAE 112 Galicia consta a seguinte información:
Pontevedra: Moaña (anegamento no garaxe dunha vivenda no lugar de O Calvar, nº 75)
5. PREDICCIÓN METEOROLÓXICA E VALORES REXISTRADOS:
Segundo o previsto a partir do mediodía de hoxe o vento irá arreciando ata acadar niveis de alerta laranxa con refachos que poden superar os 120km/h. e chegar a 140km/h a partir da noite e ata a metade da madrugada do día de mañá arreciará pasando a nivel de alerta vermello con posibilidade de refachos que podería acadar os 150km/h en zonas da provincia de A Coruña e Lugo. En Ourense e Pontevedra mantense nivel de alerta laranxa. Prevese que a intensidade do vento diminúa pasando novamente a nivel de alerta laranxa na segunda metade da madrugada.
En canto a costa a situación é semellante pasando de nivel de alerta laranxa a vermello e volvendo a laranxa.

Situación de alerta en Galicia por los vientos

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- A Dirección Xeral de Protección Civil, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, alertou a organismos, concellos e empresas do episodio meteorolóxico adverso por vento en terra que a partir de hoy afectará á Comunidade galega co fin de que se adopten as precaucións oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas e se poidan preparar os dispositivos necesarios para afrontar a situación.

Entre os 562 faxes e as chamadas de aviso realizadas quedaron avisados da situación todas as deputacións provinciais, concellos, agrupacións de voluntarios de protección civil e policías locais de Galicia. Tamén se emitiu alerta a todos os parques de bombeiros da Comunidade, tanto das cidades como comarcais. Os corpos de seguridade como Policía Autonómica, Tráfico e Policía Nacional tamén están ao tanto da situación nas distintas provincias e comisarías, así como a organismos como Costas ou Centro de Coordinación de Salvamento de Fisterra, entre outros. Empresas eléctricas e con actividades perigosas tamén recibiron comunicado, así como a todos os aeroportos galegos, autopistas, Renfe, Feve, etc. Neste sentido, están avisados os organismos das administracións estatais, autonómicas, locais e provinciais e as empresas que pola súa actividade poidan verse afectadas. Igualmente, con respecto á situación no mar, a Dirección Xeral de Protección Civil avisou aos organismos das administracións estatais, autonómicas e locais e aos clubs náuticos de Galicia.

Ademais, a Dirección Xeral de Protección Civil quere recordarlle á poboación a importancia de seguir as medidas de autoproteción como retirar os obxectos que poidan caer á rúa dende os tellados, balcóns e fiestras e evitar pasar preto de edificios en ruínas, en construción, árbores, paneis publicitarios e outras situacións de risco. Así mesmo, aconséllase aos condutores evitar os desprazamentos e, no caso de facelos, axeitar a velocidade ás condicións da vía co fin de previr posibles desprendementos de terra nas estradas. Tamén se recomenda non achegarse a diques ou rompentes nos que o mar poida arrastrar persoas ou vehículos e consultar a páxina web do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.

19 enero 2009

Otra vez mal tiempo y mar de fondo

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- A Dirección Xeral de Protección Civil da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza avisa dun episodio meteorolóxico adverso por mar de fondo, que afectará ás augas costeiras da Comunidade Autónoma de Galicia e que comportará a activación do nivel de alerta vermello. Segundo informou a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), as ondas no mar poderán superar os 7 metros de altura a partir de mañá martes. Tamén, o vento en mar acadará a Forza 8 entre Fisterra- Sisargas e Ortegal-Bares e o mar de vento dará lugar a áreas de mar moi grosa (nivel laranxa).

Doutra banda, continúa a situación meteorolóxica adversa a causa da neve nas provincias de Lugo e Ourense, aínda que, a partir de mañá, a AEMET ampliará este aviso á Coruña e Pontevedra cun nivel de alerta laranxa.

A previsión é que as precipitacións en forma de neve poidan acumular máis de 20 centímetros de espesor nas montañas de Lugo e Ourense e que alcancen os oito centímetros no interior das provincias da Coruña e Pontevedra, centro, sur e noroeste de Lugo e a zona sur de Ourense, especialmente nas comarcas de Valdeorras e Miño. Na Comunidade Autónoma a cota de neve situarase entre os 400 e os 600 metros.

A Dirección Xeral de Protección Civil, a través do Centro de Atención de Emerxencias 112 Galicia, alertou aos organismos das administracións estatais, locais e autonómicas, aos clubs náuticos e ás empresas que pola súa actividade se poidan ver afectadas pola situación meteorolóxica adversa no mar.

Igualmente, informouse das nevaradas ás deputacións provinciais e aos organismos autonómicos e estatais competentes, así como aos concellos do interior das provincias da Coruña e Pontevedra; aos situados na montaña de Ourense, noroeste da provincia, comarcas do Miño, Sur e Valdeorras; e aos do centro e sur de Lugo. Tamén se lle deu aviso aos parques de bombeiros das catro provincias. Desta maneira, agárdase que se adopten as precaucións oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas.

Ademais, a Dirección Xeral de Protección Civil quere recordarlle á poboación a importancia de seguir as medidas de autoproteción como evitar achegarse a diques ou rompentes co fin de previr un eventual golpe de mar. Con respecto á situación meteorolóxica adversa creada pola neve, se lle aconsella aos condutores informarse do estado das estradas antes de realizar calquera desprazamento. Por último, recoméndase consultar a páxina web do Centro de Atención de Emerxencias 112 Galicia (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.

14 enero 2009

Alerta por fortes ventos na costa

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).-A Dirección Xeral de Protección Civil da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza avisa dun episodio meteorolóxico adverso por vento en terra que afectará, especialmente, á provincia da Coruña a partir das últimas horas do día de hoxe. Segundo as informacións da Axencia Estatal de Meteoroloxía, agárdanse refachos por riba dos 100 quilómetros por hora, o que se corresponde cun nivel de alerta laranxa. No resto das provincias galegas, Pontevedra, Lugo e Ourense, tamén se sentirá, aínda que en menor medida (nivel de alerta amarelo), a incidencia do vento, con refachos de ata 90 quilómetros hora.

Ademais, continúa a situación de meteoroloxía adversa de nivel de alerta laranxa no mar, a causa do mar de fondo e o vento en mar, con ondas de ata 6 metros de altura, en todo o litoral de Galicia, e vento en mar de compoñente suroeste e Forza 8, no litoral da Coruña.

A Dirección Xeral de Protección Civil, a través do Centro de Atención de Emerxencias 112 Galicia, alertou a todos os concellos de Galicia polo vento en terra, así como aos organismos das administracións estatais, locais e autonómicas e ás empresas que pola súa actividade se poidan ver afectadas. Tamén se lle avisou desta situación á Deputación da Coruña e aos parques de bombeiros desta provincia. Sobre o episodio adverso no mar, continúase informando os clubs náuticos e os concellos costeiros da Comunidade. Desta maneira agárdase que se adopten as precaucións oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas.

Igualmente, a Dirección Xeral de Protección Civil quere recordarlle á poboación a importancia de seguir as medidas de autoproteción como retirar os obxectos que poidan caer á rúa dende os tellados, balcóns e fiestras e evitar pasar preto de edificios en ruínas, árbores e paneis publicitarios. Así mesmo, aconséllase aos condutores axeitar a velocidade ao estado da vía, xa que se poden producir desprendementos de terra. No que se refire a situación no mar, a Dirección Xeral de Protección Civil insiste na importancia de non achegarse a diques ou rompentes nos que o mar poida arrastrar persoas ou vehículos.

Por último, aconséllase consultar a páxina web do Centro de Atención de Emerxencias 112 Galicia (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.

15 diciembre 2008

Ultima hora : carreteras en Galicia, noche del lunes

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna - Información a las 21 horas).-
Neste intre non hai ningunha estrada da rede primaria cortada en toda a comunidade. Garda Civil de Tráfico recomenda precaución en todas as estradas da rede viaria da comunidade galega.
Estradas con uso obrigatorio de cadeas:
Lugo: A Fonsagrada (LU-701, km. 1-18), Pedrafita do Cebreiro (LU-633, km.0-20), Quiroga (LU-651, km. 8-30).
Ourense: Bande (OU-411, km.7-14), Carballeda (Ou-122, km.14-26), Manzaneda (OU-0704, km. 5-8), Viana do Bolo (OU-0951, km. 3-5,400), Lobeira ( OU-1263), OU-1002.
Estradas con circulación irregular:
Ourense: Laza (OU-113, km. 24-38), Parada de Sil (OU-0604, km. 9)
Estradas afectadas pola neve:
A Coruña: Cedeira (CP-2204),
Lugo: Folgoso do Courel (estrada de Seoane do Courel), Láncara (estradas de Vilesteva), Lourenzá (LU-122, km.-12-18)
Ourense: Sarreaus (estradas do concello), Pobra de Trives (estradas do concello / OU-0703, km. 0-10), Calvos de Randín (estrada de Vilariño), Castro Caldelas (estrada de Pesqueiras a Castro Caldelas), Castrelo do Val (estradas do concello), San Xoán de Río (estradas do concello), O Barco de Valdeorras (estradas do concello, OU-121), Rairiz de Veiga (OU-531, km. 15-19), Lobeira (OU-1212), Viana do Bolo (estrada local OU-1053 cortada).
Estradas afectadas por árbores, desprendementos e outros obxectos:
A Coruña: Carballo (árbore na estrada en Calvelo de Riba),
Lugo: Becerreá (árbore entre a N-VI e a saída da A-6), Navia de Suarna (árbore na LU-722, km.25 / DP-1901), Baralla (árbore na LU-621, km. 16 / árbores na estrada de Baralla a Castroverde, árbore na N-VI, km.472), Lugo (desprendemento na rúa Duquesa),
Estradas afectadas pola choiva:
Lugo: A Pontenova (estrada de Pontenova a Riotorto)

12 diciembre 2008

O Tempo para sábado,
domingo e luns nas Rias Baixas

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).-Ceos cubertos na mañá, con chuvias puntualmente fortes; pola tarde intervalos nubosos con chuvascos que poderían vir acompañados de sarabia e treboadas. Temperaturas sen cambios significativos. Vento moderado do oeste pola mañá e moderado do noroeste o resto da xornada.
O TEMPO CARA AO DOMINGO
Intervalos anubrados con chuvascos ocasionais que poderían caer puntualmente acompañados de sarabia. Temperaturas sen cambios significativos. Vento moderado do noroeste durante toda a xornada.
O TEMPO CARA AO LUNS
Ceos alternando nubes e claros. Temperaturas mínimas en moderado descenso e máximas en lixeiro ascenso. Vento moderado do norte durante o día e frouxo do norte pola noite.

11 diciembre 2008

Aviso de temporal y nieve en el interior de la provincia de Pontevedra

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- A Dirección Xeral de Protección Civil da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza informa dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel de alerta laranxa por neve, que afectará a partir desta tarde ao interior da provincia de Pontevedra e aos concellos de montaña da provincia de Ourense. Segundo as prediccións da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) e MeteoGalicia, agárdanse precipitacións de neve, que poderán acumular 10 centímetros de espesor arredor dos 800 ou 1.000 metros con tendencia a descender aos 600 metros ao longo do día e que se manterá nas vindeiras xornadas.

Ademais, a AEMET informa dun fenómeno meteorolóxico adverso por mar de fondo e vento en mar, que comportará a activación do nivel de alerta laranxa e que afectará ao litoral galego a partir desta tarde. O temporal no mar tenderá a arreciar a primeiras horas de mañá venres ata acadar ondas de entre 4 e 5 metros, mentres que o vento en mar rexistrará intervalos de Forza 8, especialmente ao sur das Illas Sisargas. Igualmente, o mar de vento dará lugar a áreas de mar de moi grosa a grosa con tendencia a diminuír a maruxía.

En concreto, nas augas costeiras da provincia de Lugo, o vento en mar será de compoñente oeste e acadará a Forza 4 ou 5, con posibilidade de aumentar a Forza 7 ao final do episodio, especialmente no en torno de Bares e mar adentro. Ademais, o mar de vento dará lugar a áreas de maruxía, con previsión de incrementarse ata mar grosa. No litoral da Coruña, o vento en mar será de Forza 3 ou 4, arreciando a Forza 7 entre Fisterra e Sisargas e Prior e Bares. Igualmente, haberá áreas de maruxía, que poderá aumentar a mar grosa. Por último, na provincia de Pontevedra, o vento en mar, de compoñente oeste, acadará a Forza 3-4, con posibilidade de incrementarse ata Forza 5-6 e 7 mar adentro. Nesta provincia rexistrarase tamén maruxía con tendencia a aumentar a grosa ao final do episodio.

Igualmente, cómpre destacar as previsións meteorolóxicas previstas para a xornada do sábado, que anuncian precipitacións de neve, que poderán acumular 10 centímetros de espesor nos concellos de montaña da provincia de Lugo, onde se agarda un descenso da cota. Tamén, na provincia da Coruña, se rexistrará un risco baixo de choivas e refachos de vento en terra, que acadarán nalgúns casos os 80 kilómetros hora.

A Dirección Xeral de Protección Civil, a través do Servizo de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, alertou aos concellos situados a cotas superiores aos 500 metros de altitude das provincias de Ourense e Pontevedra, así como ás Deputacións provinciais, á administración xeral do Estado e do Goberno autonómico e ás empresas que pola súa actividade se poidan ver afectadas. Ademais, desde o 112 informouse da situación no mar aos concellos costeiros e aos clubs náuticos das provincias da Coruña, Lugo e Pontevedra.

Por outra banda, a Dirección Xeral de Protección Civil quere recordarlle á poboación a importancia de seguir as medidas de autoprotección, así como extremar a precaución nas estradas, manter o depósito do vehículo cheo e antes de realizar calquera desprazamento informarse do estado da rede viaria nas canles de comunicación que mantén abertas ao cidadán a Dirección Xeral de Tráfico. En canto á situación no mar, aconséllase á poboación evitar achegarse a diques ou rompentes co fin de previr un eventual golpe de mar, que poida arrastrar persoas ou vehículos.

Por último, a Dirección Xeral de Protección Civil recomenda consultar a información meteorolóxica actualizada na páxina web do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia (www.112galicia.org).

30 noviembre 2008

Meteorología advierte de nevadas en el interior de la provincia de Pontevedra

VIGO/PONTEVEDRA .- Comenzamos la semana con mucho frío. La Agencia Estatal de Meteorología ha avisado de riesgo importante de nevadas en el interior de Pontevedra, donde podría alcanzar un grosor de 6 centímetros. Es la única provincia gallega sobre la que alerta la AEMET, junto a Asturias, Cantabria, en las tres provincias del País Vasco, Jaén y Granada, mientras se mantienen cerrados al tráfico 22 puertos de montaña de la red secundaria de carreteras.
La nieve continúa dificultando la circulación, por segundo día consecutivo, en varias zonas altas de Galicia, especialmente en el municipio lucense de A Fonsagrada, donde resulta especialmente difícil conducir. En la LU-530, en ese municipio lucense, el nivel de la circulación es rojo en ambos sentidos, entre los kilómetros 20 al 58. El nivel es verde, circulación condicionada, por nieve o hielo, en la A-6 y la N-6 en el municipio coruñés de Aranga, así como en la N-634 a su paso por Curtis. En la CG-21 a su paso por el municipio lucense de Chantada, el nivel de circulación también es verde, al igual que en la N-640, a su paso por Meira, Lugo, según información de la DGT.
MeteoGalicia predice para el lunes que continuará la influencia de una profunda borrasca fría que se desplaza hacia el este. Por ello, habrá cielos nublados, con precipitaciones, más probables en las comarcas atlánticas y zonas altas, de carácter ocasionalmente tormentoso, acompañadas de granizo y que serán de nieve por encima de los 700 metros.
Las temperaturas no experimentarán cambios significativos, con heladas en zonas montañosas, mientras que los vientos seguirán soplando del noroeste flojos, con intervalos moderados en comarcas próximas al litoral.

06 octubre 2008

AVISA DUN FENÓMENO METEOROLÓXICO ADVERSO POR VENTO EN MAR E CHOIVAS QUE AFECTARÁ AO LITORAL GALEGO

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- A Dirección Xeral de Protección Civil da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza avisa dun episodio meteorolóxico adverso por vento en mar de compoñente suroeste, que afectará ás augas costeiras das provincias da Coruña e Lugo a partir de esta noite e que poderá acadar a forza 8, especialmente durante a xornada do martes. Este aviso ampliarase no día de mañá ao litoral da provincia de Pontevedra, onde se agardan rachas de intensidade 5-6. Segundo as informacións recibidas do Centro Meteorolóxico Territorial da Axencia Estatal de Meteoroloxía, este fenómeno adverso comportará a activación do nivel de alerta laranxa no litoral da Coruña e de Lugo e amarela no caso de Pontevedra.
Por outra banda, espérase o paso dunha fronte de evolución rápida esta noite-madrugada, que será especialmente activa nas comarcas do Barbanza e do Salnés, así como nos puntos altos das provincias da Coruña e de Pontevedra, segundo informou MeteoGalicia. As precipitacións acumuladas poderán acadar, localmente, os 40 litros por metro cadrado en 12 horas.
A Dirección Xeral de Protección Civil, a través do Centro de Atención de Emerxencias 112 Galicia, alertou aos concellos costeiros das provincias afectadas, aos parques de bombeiros da Coruña e de Pontevedra, aos organismos das administracións estatais, locais e autonómicas, así como aos servizos provinciais de Protección Civil da Consellería de Presidencia, aos clubs náuticos e ás empresas que pola súa actividade poidan verse afectadas. Desta maneira, agárdase que se adopten as precaucións oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas.
A Dirección Xeral de Protección Civil tamén quere recordarlle á poboación a importancia de seguir as medidas de autoproteción como evitar aproximarse a diques ou rompentes, co fin de previr un eventual golpe de mar, e suspender calquera actividade acuática. Igualmente, aconséllase aos condutores adecuar a velocidade ao estado das estradas e prever posibles bolsas de auga e zonas asolagadas.
Ademais, recoméndase consultar a páxina web do Centro de Atención de Emerxencias 112 Galicia (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e enlaces de interese.