Mostrando entradas con la etiqueta GASTRONOMIA Y VIAJES. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta GASTRONOMIA Y VIAJES. Mostrar todas las entradas

28 octubre 2009

5 de noviembre : cata ciega de vinos
de Rioja en el "Mesón O Forte", en Cangas

-
CANGAS (MORRAZO-TRIBUNA) .- El próximo día 5 de noviembre, a partir de las siete y media de la tarde, el afamado mesón-restaurante "O Forte", en la calle Félix de Ozámiz, de Cangas, acogerá una "Cata Ciega" de escogidos vinos de Rioja.
El director-gerente del citado local, Jesús Boubeta, cuenta al respecto con la colaboración de las denominaciones de origen Rioja y Rioja Alavesa, junto a los productos de las Bodegas "Loli Casado" y la puesta de largo del elogiado crianza "Juan de Alzate".
Una jornada de especial interés para los expertos y catadores de vinos de calidad, como los que acostumbra a tener en su carta habitual el muy popular templo del buen comer y excelente beber que en Cangas de Morrazo es "O Forte, situado a pie del paseo hacia Rodeira y en el barrio del mismo nombre que el local regentado por quien ha sabido en pocos años hacerse con un respetado nombre entre los restauradores gallegos.
La cocina de "O Forte"
Dos claves hay en la acreditada cocina del Mesón "O Forte" : de un lado, la excelente calidad de los productos empleados. De otro, la capacidad y buen hacer para innovar y para controlar al instante el proceso entre fogones que tiene ese incansable gastrónomo -entre otras cosas- que es Jesús Boubeta. Y aunque no siempre se puede afirmar que un cocinero es un gastrónomo, en el caso de Boubeta hallamos ambas condiciones magníficamente matrimoniadas. La gastronomía estudia varios componentes culturales tomando como eje central la comida; y esto sería muy de aplicación a un Jesús Boubeta que trata en todo momento de entrelazar cultura y buena mesa, logrando toda una simbiosis, realzada más si cabe con el esmero y la voluntad permanente de agradar que es lema de la Casa.
La excelente materia prima resulta a veces de una rotundidad extrema en el mesón "O Forte" y tiene su justificación en el contacto directo del propio Boubeta con pescadores y carniceros que le suministran al instante las mejores piezas. No faltan los vegetales, producto de las huertas de Coiro y Tirán que de mano tiene el dueño de "O Forte". Admirables ensaladas salen de la innovadora creación de este Suso Boubeta, poeta y soñador entre sartenes, planchas y cacerolas, en donde su capacidad de trabajo se desborda, transportado entre la ilusión del buen hacer -en el innato- y la satisfacción de ver cómo cada vez más, su acogedor local, recibe las reiteradas visitas de quienes tras haber conocido las delicias gastronómicas que allí se sirven, apuestan por la lógica del repetir visita, como corresponde al caso. - LUIS ARTIME

27 octubre 2009

Crean la primera sociedad
gastronómica de O Condado

-
Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA) .- Varios habitantes do Condado acordaron a creación dunha sociedade gastronómica, na cal se realizarán diversas comidas e ceas con produtos do país e da tempada, ademais de aproveitar o momento para confraternizar.
Ademais de ter por obxecto de exaltación da amizade e do gusto pola boa comida e bebida dos produtos da terra, dende a Sociedade Gastronómica “Cachelos” se promoverán actividades culturais, preferentemente as relacionadas coa alimentación, a nutrición, a posta en valor dos produtos de tempada e a promoción da hostalería da zona, na que nun momento de crise como o que estamos atravesando precisan dun maior apoio para poder paliar os efectos da recesión económica.

10 septiembre 2009

Reivindican o orgullo de ser vigués na inauguración da Festa do Marisco Vigomar 2009

-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- O tenente de alcalde, Santi Domínguez, reivindicou este xoves o orgullo de ser vigués na inauguración da séptima edición da Festa do Marisco de Vigo, Vigomar 2009, que se celebrará ota o vindeiro domingo, 13 de setembro. No acto, que contou como pregoeiro co xornalista de Larpeiros de Televisión de Galicia, Tomás Alonso, o nacionalista asegurou que os vigueses e viguesas podemos “elevar a autoestima porque temos os mellores produtos, a mellor ría, o mellor porto pesqueiro e a mellor cidade”.

“Vigo tiña que inventar unha festa como esta”, salientou o tenente de alcalde, porque ao seu xuízo “temos unha cidade que sabe vivir en torno ao mar”, polo que expresou o seus parabéns á organización. Reivindicou asemade o “sano orgullo de sentirnos unha cidade feliz, co mellor mar e as mellores festas”, como esta do marisco, na que se poden degustar racións desde 3,50 euros ata parrilladas de marisco de 45 euros. Seguidamente Santi Domínguez presentou ao pregoeiro desta edición de Vigomar 2009, o xornalista Tomás Alonso.

Na súa intervención o condutor do programa Larpeiros da TVG asegurou que hai dúas cousas polas que “tolea”: “Vigo e o marisco”. Ao respecto, e comparando a cidade cos outras urbes do estado e as súas comidas típicas salientou que “Vigo ten que sacar peito co noso marisco”. Sinalou tamén que dende que hai dous anos participa no programa Larpeiros descobríu que “o segredo da cociña está na calidade da materia prima”. “Contra a crise, marisco, que o hai de todos os prezos, e longa vida ao marisco”, rematou.

08 septiembre 2009

A Festa do Marisco de Vigo é xa un referente das festas gastronómicas de Galicia

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- O tenente de alcalde de Vigo asegura que a Festa do Marisco de Vigo é xa un referente das festas gastronómicas de Galicia. Ata 40 productos distintos poderanse degustar na séptima edición da Festa do Marisco de Vigo, Vigomar 2009, que se celebrará os días 10, 11, 12 e 13 deste mes. O tenente de alcalde, Santi Domínguez, salientou hoxe na presentación que estas xornadas marisqueiras son xa un referente turístico importante da nosa cidade e tamén dentro das festas gastronómicas de Galicia. “Tiñamos o produto, tiñamos a calidade e tiñamos o contorno, só nos faltaba unha festa como esta que servira de referente para que nos visiten persoas de todos os puntos do Estado”, sinalou.

O tenente de alcalde, que participou no acto xunto á presidenta da Autoridade Portuaria e os organizadores do evento, fixo fincapé na importancia que ten que desde a iniciativa da sociedade se poñan en marcha iniciativas deste tipo que permiten proxectar a nosa cidade. Santi Domínguez dixo que as administración teñen que estar ao seu carón para apoialas e contribuir a que teñan continuidade, pero entende que “o protagonismo debe ser da sociedade civil”.

Vigomar 2009 inaugurarase o xoves ás 13:00 horas coa lectura do pregón a cargo do xornalista do programa Larpeiros de Televisión de Galicia, Tomás Alonso. Este ano na Festa do Marisco poderanse degustar racións desde 3,50 euros ata parrilladas de marisco de 45 euros, segundo explicou Argentino Pires, organizador das xornadas. Durante os catro días desenvolveranse diferentes actividades culturais e deportivas con actuacións musicais e actividades para os máis cativos.
Este ano as xornadas inclúen tamén unha exposición de embarcacións tradicionais coa colaboración da Asociación Remadoria. O tenente de alcalde aproveitou a presenza da presidenta da Autoridade Portuaria para que, xunto ao Concello, colabore para conseguir que esta asociación teña un espazo axeitado para estas embarcacións. Santi Domínguez salientou a boa colaboración que existe entre ambas administracións, como no caso da Festa do Marisco, e agarda que tamén se poda continuar para resolver o problema desta asociación “que tan gran traballo fai pola recuperación do noso patrimonio”.

01 septiembre 2009

Santi Domínguez insta á Xunta a abandonar o partidismo e colaborar para potenciar o Camiño Portugués pola Costa

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).-O tenente de alcalde de Vigo e concelleiro de Turismo, Santi Domínguez, criticou hoxe a actuación que a Xunta está a manter a respecto do Camiño Portugués pola Costa. O nacionalista manifestou “o esprírito de colaboración do Concello de Vigo para que o Camiño Portugués pola Costa sexa un referente”, polo que instou a Xunta a traballar conxuntamente para impulsar as súas potencialidades. “Gustaríame que se deixasen atrás cuestións partidistas, que non se utilizara só para facer a foto e que se deixase traballar aos técnicos”, salientou o nacionalista.

“Como concelleiro de Turismo estou preocupado por que algúns se esquecen de que o Camiño Portugués pola Costa pasa pola cidade máis importante de Galiza”, manifestou Santi Domínguez. Neste sentido lamentou que dende a Secretaría Xeral de Turismo da Xunta “ninguén se puxo en contacto co responsable de Turismo de Vigo para traballar ao unísono”, pese a que si teñen mantido xuntanzas co presidente e o vicepresidente da Deputación de Pontevedra. “Queremos traballar conxuntamente pero non nos están deixando”, sinalou. “Seica o Camiño Portugués pola Costa só ten unha cor e se chama Camiño Portugués do Partido Popular”, comentou ironicamente.

Santi Domínguez salientou que é preciso desenvolver unha acción conxunta entre as distintas administracións para potenciar o Camiño que pasa por Vigo, sobre catro liñas de traballo. En primeiro lugar indicou que é preciso “delimitar claramente o camiño, con rigor patrimonial e histórico e non en función do que digan os colectivos”. Manifestou tamén a necesidade de “coordinar aos concellos do Camiño” para desenvolver iniciativas de cara a súa promoción. En terceiro lugar indicou a pertinencia de establecer un “directorio de infraestruturas”, xa que segundo recordou, “o Xacobeo comeza en tres meses e podemos ter un serio problema se non contamos con este directorio”. E finalmente, salientou que hai que planificar as actuacións que se leven a cabo nas infraestruturas do Camiño, “para que estean nas mellores condicións”.

Asemade, o tenente de alcalde lamentou que “caíran en saco roto” as declaracións que fixo o pasado 11 de agosto, nas que expresaba precisamente a necesidade de traballar conxuntamente para potenciar o Camiño Portugués pola Costa. Apuntou que se está a esquecer os miles de cruceiristas que recibe a cidade ao longo do ano, o cal pon de manifesto a necesidade de desenvolver unha actuación coordinada levada a cabo polos técnicos. Neste sentido, indicou que o vindeiro venres 4 de setembro á xuntanza que se celebrará en Baiona asistirá “a xefa do departamento de Turismo e non o concelleiro de Turismo, porque é o momento de que traballen os técnicos”.

31 agosto 2009

MOS : Costoias acolleu onte a máis de 700 persoas na súa XIX Festa da Terceira Idade

MOS (MORRAZO-TRIBUNA).- Esta celebración, que conta con case dúas décadas de vida, é toda unha tradición no Concello de Mos. A concellería de Benestar Social mosense que dirixe a edil Ana Mª Rodíguez Cabaleiro organizou a XIX Festa da Terceira Idade que tivo lugar onte domingo en Costoias, parroquia de Tameiga. Ó evento acudiron, ademais da citada concelleira e da Alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a Delegada Territorial da Xunta de Galicia para Vigo e comarca, Lucía Molares.

Á celebración, que contou con actos a partires das 12.00 horas, intre no que se oficiou unha Misa na Capela de Pena de Francia, asistiron máis de 700 persoas, entre maiores mosenses e familiares seus.

Ás 13.00 horas comenzou un concerto da Banda de Música de Torroso, tras o que se serviron os aperitivos, a cuia degustación procedeuse ás 14.00 horas. A entrega de agasallos ós matrimonios que este ano cumpren 50 anos de casados empezou ás 16.00 horas, e dende as 16.30 horas houbo baile amenizado musicalmente polo trío Lunas.

Éxito rotundo

A concelleira Ana Rodríguez falou hoxe da “boísima” acollida desta décimo novena edición da Festa da Terceira Idade, explicando que “é todo un éxito o feito de que onte en Costoias se reunisen máis de 700 persoas nunha actividade lúdica para os maiores do noso municipio”. Rodríguez Cabaleiro fixo fincapé nas súas declaracións en que “tras a gran afluencia de público rexistrada onte, esta festividade, que xa era unha tradición no Concello de Mos, pasará a ser o vindeiro ano, se cabe, máis esperada polos seus protagonistas, os maiores mosenses, e máis coñecida en municipios veciños”. Ademais, a edil responsable desta iniciativa destacou coma o momento máis emotivo da xornada de onte, a homenaxe que se lles fixo ós matrimonios residentes na localidade que celebran este ano as súas vodas de ouro.

Canto de Feijóo al Viño do Condado

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- Alberto Núñez Feijóo expresou onte en Salvattera do Miño o compromiso do Goberno galego de continuar defendendo o viño do Condado, que se volvía “amosar ao mundo cincuenta anos despois” na celebración da cincuenta edición da Festa do Viño de Salvaterra do Miño. “Non teñades dúbida de que sempre atoparedes na Xunta un fiel colaborador para implantar o enoturismo como alternativa para a dinamización turística e económica desta zona”, resaltou Feijóo.

O titular da Xunta, que foi investido confrade de honra do viño da Festa do Viño de Salvaterra, avogou por aproveitar este evento para da ra coñecer a marca do Condado e os extraordinarios coidados cos que se realizan estes caldos. Segundo dixo, a “materia prima e o persoal humano de excepción que imprime identidade propia a esta festa” fan tamén do carácter local o “principal valedor para dar imaxe e prestixio a Salvaterra e, por tanto, a Galicia, no mundo enteiro”.

Na súa intervención, o titular do Executivo autonómico destacou a importancia de comprender que “o importante no mundo do viño non se reduce exclusivamente a producir, senón tamén a saber vender”, tendo en conta que a eclosión do mundo vitivinícola é “un fenómeno cultural moi específico, no que importa máis a calidade que a cantidade”.

Feijóo expresou o seu convencemento de que Salvaterra do Miño conta coa “capacidade plena para competir nese escenario”, tanto pola singularidade da comarca como zona privilexiada para o cultivo, como “polo bo facer de bodegueiros e viticultores, que contan ademais cun carácter innovador e imaxinativo”, así como por posuír unha “experiencia dificilmente comparable, como demostra este escaparate que hoxe cumpre cincuenta anos.

Medio Rural dice que no hay trampa con las uvas que emplean las denominaciones de origen gallegas

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- A Consellería do Medio Rural, a través da Dirección Xeral de Innovación e Industrias Agrarias e Forestais, puxo en marcha os servizos de Control de Calidade Agroalimentaria e Industrias co obxectivo, primordial, de garantir o cumprimento dos regulamentos comunitarios sobre a circulación dos produtos vitivinícolas. Estes controis contan coa colaboración da Policía Autonómica e da Garda Civil, que se encargan de vixiar o transporte e, como consecuencia, o tránsito das partidas de uva de vinificación procedentes das zonas vitícolas galegas e as procedentes doutras comunidades autónomas.

O que se pretende conseguir con estas medidas é protexer a produción galega de calidade no sector vinícola, garantindo a súa autenticidade e calidade, e impedir a entrada de uva foránea que poida repercutir de forma negativa nas producións amparadas polos cinco Consellos Reguladores (Rías Baixas, Ribeiro, Valdeorras, Ribeira Sacra e Monterrei) e polos Viños da Terra que se atopan regulados na comunidade galega (Val do Miño-Ourense, Viños da Terra de Betanzos e Viño da Terra do Barbanza e Iria).

Requisitos
Para poder comercializar a uva de vinificación, tanto como se procede das comarcas vitícolas galegas coma se procede doutras comunidades, Medio Rural informa aos operadores comerciais de que hai que cumprir unha serie de requisitos necesarios para a súa concesión.

Por unha parte, hai que contar cos requisitos legais establecidos para a realización da actividade de almacenaxe e venta de uva de vinificación; e, por outra banda, é de necesario cumprimento estar autorizados polo Servizo de Control da Calidade Agroalimentaria e Industrias, das distintas Xefaturas Territoriais da propia Consellería, para poder validar os documentos de acompañamento para o transporte desta uva. Os documentos necesarios para conseguir esta acreditación son a instancia segundo o modelo entregado polos Servizos de IPA, a fotocopia do NIF/CIF e a fotocopia da Licenza fiscal para a actividade, que serán todos eles entregados nos Servizos de CCAI (Control da Calidade Agroalimentaria e Industrias)

Os Servizos de Control da Calidade Agroalimentaria e Industrias Agrarias, das respectivas Xefaturas Territoriais provinciais, póñense ao servizo da comunidade e dos propios produtores ante calquera dúbida ou petición para facilitar o proceso.

11 agosto 2009

Salón de Vinos y Aguardientes de Galicia promete cosas importantes

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- O conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez Casado, acudiu ao acto de inauguración do V Salón dos Viños e Augardentes de Galicia, que tivo lugar este mediodía no Palacio de Exposicións e Congresos (Palexco) de A Coruña, e na que se reuniron preto de 200 mostras dos viños das Denominacións de Orixe Galegas.

O acto comezou coa recepción de autoridades, entre as que cabe destacar a presenza do Teniente Alcalde de Relacións Institucionais do Concello de A Coruña, Carlos González-Garcés Santiso; o Delegado Territorial da Xunta de Galicia na provincia de A Coruña, Diego Calvo Pouso; os presidentes dos Consellos Reguladores das Denominacións de Orixe de Rías Baixas -José Ramón Meiriño González-, de Ribeiro -Luis Anxo Rodríguez Vázquez-, Ribeira Sacra -José Manuel Rodríguez González-, de Monterrei -Antonio Ángel Méndez Atanes-, de Valdeorras -José Luis García Pando- e de Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia -Evaristo Rodríguez López-. Tamén estiveron presentes os Presidentes da Asociación Galega de Sumilleres “Gallaecia”, Xurxo Rivas; Luis Paadín, da Asociación Galega de Catadores; José Manuel Martínez Juste, da Asociación Galega de Enólogos e Nemesio Barxa, da Irmandade dos Viños de Galicia.

A lectura do pregón correu a cargo de José Serrano Cuadrillo, delegado de España do Organismo Internacional de la Vid y del Vino (OIV) e un dos “pais” da posta en marcha das distintas Denominacións de Orixe en toda España e dos Comités de calificación. Esta edición ríndelle homenaxe a este inxeniero agrónomo, antigo Xefe de Sección de calidade de produtos da vide do Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino do Goberno de España e coñecido no mundo do viño como Pepe Serrano.

Posteriormente, entregáronse os premios aos restaurantes con mellores cartas de Viños de cada unha das cinco Denominacións de Orixe de Galicia e da Específica de Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia. A inauguración oficial contou coa intervención do Tenente de Alcalde de Relacións Institucionais de A Coruña e unhas verbas do conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez.

Preto de 70 adegas
Coincidindo coas Festas de María Pita, a V edición do Salón dos Viños e Augardentes de Galicia achega preto de 60 adegas participantes neste certamen, contando con preto de 200 marcas de viños -tintos e brancos- das cinco Denominacións de Orixe de Galicia.

27 julio 2009

Quintana (ROSA) aprovecha la Festa do Percebe para hacer un canto a la conservación de los recursos

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).-A conselleira do Mar, Rosa Quintana aposta unha mellora da explotación e de aproveitamento dos recursos mariños. Entre as medidas impulsadas polo seu departamento, Rosa Quintana destacou a loita contra o furtivismo, as medidas encamiñadas a garantir a trazabilidade e potenciar a comercialización, sempre suxeitas a unha pesca sostible e respectuosa co medio ambiente. Unha estratexia que suporá unha garantía óptima para o futuro do sector galego.

Rosa Quintana pronunciou estas palabras na XIII Festa do percebe celebrada en Aguiño, onde destacou a elevada demanda comercial do percebe galego e comprometeuse a apoiar tódalas iniciativas encamiñadas á diferenciación dos productos galegos para a mellor comercialización. A conselleira é partidaria de explotar as potencialidades de Galicia e de lanzar e consolidar Galicia como “marca de calidade” do percebe.

O prezo medio desta especie e o volume de facturación mantense con respecto a anos anteriores, pero o volume de capturas descendeu nesta zona. Se no 2007 extraéronse 65.574 quilos, no ano pasado foron 2.688. Para a conselleira os furtivos seguen a ser uns dos principias inimigos deste subsector. Quintana recalcou que o seu equipo fai especial fincapé na loita contra o furtivismo, e lembrou que coa posta en marcha do Plan de Loita contra o furtivismo intensificáronse os controis cotra os mariscadores en todo o litoral galego. Dende que o plan comezou a andar en Aguiño, o 2 de xullo, incrementáronse as inspeccións pesqueiras por mar, terra e aire. Ademais a Xunta está a controlar todos os pasos, dende que o marisco está na auga, ata que chega ao cliente.

Para a titular do Mar a clave para manter a actividade productiva e comercial desta especie é o equilibrio entre aspectos ambientais, sociais e económicos como. Só unha adecuada xestión garantirá o futuro da actividade pesqueira e acuícola flota galega.

23 julio 2009

Juárez apuesta por los "vinos de autor" en la muestra de Meaño

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- O conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez Casado, asistiu hoxe en Meaño á inauguración da XII edición do Encontro co Viño de Autor, que terá lugar neste concello pontevedrés ata o vindeiro domingo.

Este evento, que ten como principal obxectivo a promoción dos viños albariños tradicionais da Denominación de Orixe Rías Baixas, está organizado pola Asociación de Bodegas Artesanas, que agrupa a adegueiros artesanais desta D.O.

O ‘Encontro’ desenvólvese na praza do Concello de Meaño, na que se instala unha carpa para a degustación de viños e outros produtos gastronómicos.

Mulleres rurais
Nesta edición expoñeranse exemplos de traballos das mulleres rurais do concello de Meaño e poderanse degustar produtos galegos como as filloas á pedra, polbo, empanada, pementos de Padrón, queixo, chourizos, mexillóns, percebes, xabarín e xamón.

O vindeiro domingo, último día do evento, visitará este ‘Encontro’ o conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, natural de Meaño.

06 julio 2009

Éxito de la XIX edición de la Fiesta de la Langosta en A Guarda


A GUARDA (MORRAZO-TRIBUNA).- Novamente foi un éxito : Tódolos establecementos colaboradores da festa tanto restaurantes como o adegeiro e o confiteiro mostráronse moi satisfeitos polos resultados da XIX FESTA DA LANGOSTA E DA COCIÑA MARIÑEIRA.
Entre os cinco restaurantes repartíronse uns 350 kg de langostas, o que demostra que a langosta segue sendo a raíña da festa. Os participantes degustaron das racións dos diferentes productos do mar e tan só houbo falta de existencias dalgúns pratos xa o domingo pola tarde. Gran parte dos restaurantes tiveron que conseguir máis existencias dalgúns productos.

Os resultados das actividades que foron satisfactorios, estas foron organizadas dende a Concellería de Turismo para que os visitantes e veciños da Guarda poideran disfrutar dun día compreto ao redor da festa gastronómica.
A Feria de Artesanía estivo un poco condicionada pola metereoloxía ainda que esta primeira experiencia foi aplaudida tanto polos visitantes como polos propios artesáns, xa que a maioría nun dubidaría en repetir en próximas edicións.

O tren turístico fixo que visitantes coñeceran un poco mellor A Guarda, xa que durante o recorrido a guía faia unha explicación do concello, e tamén os veciños poideron disfrutar desta actividade.
As actividades para os máis cativos tiveron unha ampla participación, tanto os obradoiros como os espectáculos.
A festa estivo amenizada tanto o sábado como o domingo por grupos de música de folk e que atraeu a gran número de persoas, sendo estos grupos moi aplaudidos.
Dende a Concellería de Turismo fixérase un forte esforzo de promoción e divulgación da festa gastronómica a través dos diferentes medios e a resposta obtenida foi moi positiva.

20 junio 2009

VII Festa do Polbo, este
domingo, no Alto de San Cosme

MOS (MORRAZO-TRIBUNA).- Cela celebra a súa VII Festa do Polbo Terá lugar este domingo a partir das 10.00 da mañá no Alto de San Cosme

A Comisión de Festas San Liborio organiza este domingo, día 21 de xuño, no Alto de San Cosme, na parroquia mosense de Cela, a VII Festa Gatronómica do Polbo coa que colabora o Concello de Mos.

Os actos festivos comenzarán a partir das 10.00 horas da mañá e incluirán actuacións musicais de grupos de gaitas e folk pola mañá e pola tarde. Haberá instalada unha gran carpa para protexerse do sol e da calor pronosticados para esta fin de semana.

O precio do polbo será o seguinte: a ración pequena custará 7 euros e a grande, 13 euros.

28 mayo 2009

Valença entronizó
con éxito el bacalao

VALENÇA DO MINHO (MORRAZO-tribuna) .-“Valença à Mesa Bacalhau - é Rei” afirmou-se como um evento de sucesso na promoção gastronómica de Valença.
Durante três dias verificou-se uma afluência massiva de visitantes nacionais e da Galiza, tendo sido servidas milhares de tapas com as diferentes formas de cozinhar o “fiel amigo”. Os restaurantes presentes apresentaram entre muitas as seguintes especialidades: Bacalhau com presunto; Bacalhau à Caniço; Bacalhau à Natália; Bacalhau à Prata do Minho; Bacalhau à Rocha Grill ; Bacalhau à St. Teotónio ; Bacalhau à STOP; Bacalhau à Zé Maria; Bacalhau com Broa à Coroa Verde e à Maritone; Sopa de bacalhau à Armando Azeiteiro e Trouxinhas de bacalhau das quartas.
A animação foi constante nos três dias, desde a actuação do grupo Deolinda e fados até à musica popular e tradicional portuguesa.
Complementando a restauração estavam presentes adegas e a comercialização de pão e bacalhau seco.
Os restaurantes presentes submeteram os seus pratos a um júri constituído pelo Chefe Albano Gonçalves (estrela Michelin),José Augusto Moreira do Jornal Publico; André Quiroga de uma agência de meios; José António Rivera da Eurotoques; Fernando Franco do jornal Faro de Vigo; Guilhermo Campos do jornal HG&T da Galiza ; Jaime Capitan da Associação de Hoteleiros da Galiza e um representante da Região de Turismo.
O júri considerou o nível dos pratos apresentados muito alto e premiou pela apresentação, degustação e criação cinco pratos como os mais deliciosos. Três dos pratos apresentados foram criados propositadamente para o evento.
Restaurantes presentes relataram que em prol da sua presença no evento , diversos clientes efectuaram reservas nos seus restaurantes após a degustação no Valença à Mesa, confirmando assim a concretização do objectivo de promoção deste certame.
A organização destaca a participação e a qualidade dos expositores presentes, tanto da restauração como as adegas e o comércio local, adiantando que o evento tem condições para partir para a segunda edição, tendo já havido contactos por parte de outros restaurantes tal como a confirmação dos presentes na próxima edição.

22 mayo 2009

Gran festival gastronómico-musical, este fin de semana en Valença do Minho

VALENÇA DO MINHO (MORRAZO-TRIBUNA) .- Además de los platos diversos con el bacalao como rey que se ofrecen desde este viernes tarde-noche hasta el domingo, en un recinto preparado al efecto, Valença complementa este festival gastronómico con excelentes actuaciones de grupos musicales. Este es el programa :

VALENÇA À MESA - Bacalhau é Rei
Recinto do Campo da Feira

Programa:
Sexta-feira, 22 de Maio
OS DEOLINDA, às 22h00

Sábado, 23 de Maio
FADO CASTIÇO - 14h00 às 16h00
FADOS - TINA MONTEIRO - 22h00

Domingo, 24 de Maio
CANTARES AO DESAFIO E CONCERTINAS - 14h00 às 16h00
JUNIOR'S - 18h00
RAÍZES DO MINHO, às 22h00

14 mayo 2009

Chema Figueroa abre las puertas a los hermanos portugueses con su "Algarve invita a Galicia"

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .-O vicepresidente provincial e presidente do Padroado de Turismo Rías Baixas, José Manuel Figueroa, presentou hoxe na sede da Deputación en Vigo, a feira de turismo “Algarve invita Galicia” que terá lugar no recinto feiral do IFEVI os días 16 e 17 de maio.
Figueroa estivo acompañado na presentación polo presidente da Asociación de Turismo do Algarve, Antonio Ventura, o presidente da AHOSVI, Jaime Fernández, o xerente do IFEVI, Arsenio Prieto, e o presidente da Fundación Luso Galaica, Antonio Reguera, quen adiantou que “agora o Algarve ven a Galicia, pero pronto, dentro dun mes, será Galicia quen acuda ó Algarve a presentar o seu turismo”.
Neste sentido, explicou Figueroa, “está previsto que no vindeiro mes, unha expedición de Turismo Rías Baixas acuda ó Algarve, en concreto á cámara de Albufeira, para promover e difundir as excelencias da nosa provincia, que ten moitísimos atractivos”.
O vicepresidente provincial recordou que “o sector turístico das Rías Baixas demándanos unha maior promoción da provincia en Portugal, pois este país aportou o ano pasado máis de 1’8 millóns de visitantes ás Rías Baixas”.
Pola súa banda, Antonio Ventura, presidente da Asociación de Turismo do Algarve, aproveitou a ocasión para lembrar a oferta turística do Algarve, “que é azul e verde, azul polo mar e verde pola súa natureza”, nunha rexión que conta con “54 praias con bandeira azul, 38 praias accesibles, 34 campos de golf considerados dos mellores do mundo e 9 puntos de observación de aves”.
Neste sentido, o presidente da Asociación de Turismo do Algarve, apuntou que “vimos a Vigo a aprender, porque, aínda que o nivel de promoción do sector en Portugal está moi avanzado, quedan moitas cousas por aprender e recoñecemos que Galicia leva vantaxe na promoción do turismo cultural e relixioso”.
Novas propostas conxuntas
Nesta liña, Reguera avanzou que a Fundación Luso Galaica “vai presentar á Deputación unha proposta para elaborar un novo camiño santo, que iría de Santiago a Fátima e de Fátima a Santiago, para estreitar aínda máis os vínculos de unión que irmanan os dous países”.
Ventura, quen tamén adiantou “un proxecto de irmanamento entre España e Portugal coa potenciación dos portos de Lisboa, Algarve e Sevilla como sedes de partida das viaxes do Descubrimento de América que atraería fortemente ó sector de China e Xapón”, quixo destacar, por último, a importante labor do goberno portugués á hora de revitalizar o turismo no sur de Portugal mediante “a rehabilitación da malla urbana, a construción de novos hoteis de calidade e a indispensable formación no eido da hostalería”, ó tempo que felicitou á Deputación de Pontevedra pola súa promoción do turismo a través do seu órgano autónomo, Turismo Rías Baixas.

12 mayo 2009

Domingo gastronómico con ovos fritidos e pan de millo en Mos

MOS (MORRAZO-tribuna) .- Mos celebra a I Festa do Ovo Estrelado no Pavillón Oscar Pereiro. Esta mañán presentouse no Bar Casa Panadeiro, en Petelos-Mos, a primeira edición da Festa do Ovo Estrelado con Chourizo e Pan de Millo. Á presentación
acudiron o presidente da Peña Celtista de Mos, José Manuel Martínez Pereira, o concelleiro de Deportes, Alberto Méndez Lago, o tamén edil mosense, Luis Alonso Seijo, e un representante de Catering Alfonso, empresa que se encargará de preparar e servir as viandas o domingo 17 de maio, día no que se celebrará por vez primeira en Mos esta celebración gastronómica.

A I Festa do Ovo Estrelado, organizada pola pola Peña Celtista de Mos e coa que colabora o Concello, contará o vindeiro domingo cun total de 4.000 ovos fritidos que suporán 2.000 racións a repartir entre os asistentes ó evento. Cada ración
custará 7 euros, prezo no que se inclúen dous ovos, un chourizo, un anaco de pan de millo, un plato e un vaso decorados; e un garfo e un coitelo, ambos de madeira.

A festa terá lugar no Pavillón Oscar Pereiro. No interior do mesmo instalarase unha exposición na honra do popular ciclista mosense na que se poderán contemplar fotografías e portadas de periódico das que foi protagonista, algunhas das bicicletas que o acompañaron na súa traxectoria deportiva, entre as que se atopa coa que gañou o Tour de Francia 2006; e un maillot amarelo da súa propiedade. O presidente da Peña Celtista de Mos adiantou hoxe en rolda de prensa que na próxima edición da festa intentará que a exposición estea adicada ó Real Clube Celta.

Na presente edición, que se celebrará o domingo, haberá tamén unha mostra de coches clásicos “que será posible gracias á colaboración de propietarios particulares e empresas que se achegarán para expor os seus vehículos”, declarou Martínez Pereira esta mañán.

08 mayo 2009

Valença à mesa
Bacalhau é Rei


VALENÇA DO MINHO ( Vítor SALVADOR - MORRAZO-tribuna) .-De 22 a 24 de Maio, Bacalhau, vinho verde e pão de milho são o mote para a festa gastronómica.
- Valença à mesa – Bacalhau é Rei abre as suas portas já no próximo dia 22 de Maio e prolonga-se pelo fim de semana. No recinto da feira semanal, uma tenda de 2000 m2 albergará 14 restaurantes que irão proporcionar aos visitantes a degustação das diferentes formas de preparar o bacalhau. Os comensais poderão adquirir as senhas na entrada do recinto, um kit com o prato, talhares e copo para posteriormente trocar no restaurante que desejar. O evento pretende ser uma promoção da gastronomia e restauração local, pelo que, o conceito assenta na prova das diferentes propostas dos restaurantes presentes.
O bacalhau é um produto há muito presente na gastronomia local que atrai, até nós, inúmeros visitantes da vizinha Galiza. Em Valença, o Bacalhau à S. Teotónio tem já, mais de 40 anos e é uma das muitas formas de o confeccionar que encontramos nos nossos restaurantes nos quais, tem sempre um destaque na ementa.
Para além dos restaurantes presentes estarão ainda, produtores e adegas, bem como, padaria e pastelaria e, claro está, a venda de bacalhau apoiados por uma imensa esplanada a funcionar das 12h00 até às 24h00 com excepção, do primeiro dia que abre portas às 19h00.
E como em boa festa gastronómica ,não pode deixar de estar a animação, fados, cantares ao desafio e a actuação dos Deolinda no dia 22 enriquecerão o evento proporcionando um ambiente festivo e de grande alegria que caracteriza as gentes de Valença.
Uma organização conjunta entre a Câmara Municipal de Valença e a União Empresarial do Vale do Minho que, se prepara para ser o inicio de várias outras promoções gastronómicas e dos produtos autóctones do concelho.

26 abril 2009

Día grande para Louzán, gran protagonista este fin de semana en As Neves y Arbo

Accedan desde este post (vía READ MORE) al reportaje gráfico que les ofrecemos y que da cuenta de la presencia -de la que informó MORRAZO-tribuna-, del presidente Louzán y el vicepresidente Figueroa, en diversos actos en los municipios de As Neves y Arbo en este fin de semana. Pulsen READ MORE y accederán al reportaje prometido.
___



21 abril 2009

Fin de semana atractivo a la vista con la Festa da Lamprea en el municipio de Arbo


Máis de cinco mil exemplares do peixe estarán á disposición dos visitantes
FIGUEROA E RIVERA PRESENTAN EN VIGO A XLIX FESTA
DA LAMPREA DE ARBO E A FEIRA ARBOMOSTRA, COAS QUE ESPERAN BATIR AS CIFRAS DE VISITAS DE ANOS PASADOS

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .-O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, José Manuel Figueroa, e o alcalde de Arbo, Manuel Rivera, presentaron este serán en Vigo a XLIX edición da Festa da Lamprea de Arbo e a XVIII edición da Feira de Artesanías Arbomostra, que terán lugar entre os días 24 e 26 de abril.
A Festa da Lamprea, “en vésperas de celebras as súas vodas de ouro”, como resaltou o alcalde, “coincidirá co peche da veda do peixe, sendo unha das festas gastronómicas máis antigas de Galicia, xa que a súa primeira edición celebrada data de 1961”.
En verbas de Rivera, “espérase que este ano poidan acudir máis de 25.000 persoas á festa, e repetir e incluso superar as cifras de pasadas edicións, onde se degustaron máis de 4.000 lampreas”.
“A degustación”, explicou o alcalde, “tamén poderá levarse a cabo en «Arbomostra», que se inaugura o venres, ás 17:30 horas, na carpa que se habilitará ó efecto, onde os asistentes poderán probar, entre outras, a especialidade de lamprea á bordalesa, a un prezo módico.
Outra das preparacións estrela será, como ven sendo habitual, a lamprea arbense, variedade de preparación moi similar á da lamprea á bordalesa. Tamén se consume en cantidade a empanada de lamprea e a lamprea rechea. Esta última prepárase secando e afumando o peixe que despois é enrolado con ovos cocidos e vexetais dando lugar a un manxar que pode ser degustado todo o ano.
Novidades da edición
A xornada festiva comezará cos tradicionais pasarrúas da banda municipal e coa actuación de numerosos grupos de gaitas. A degustación pódese realizar tanto nas casetas, onde se pode comer lamprea por prezos simbólicos, como nos restaurantes da vila, aínda que é recomendable reservar con antelación.
“O pregoeiro deste ano”, concluíu Rivera, “será o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Senén Barro, quen, ás 13 horas do sábado 25, dende o balcón do concello, ofrecerá o discurso de partida dunha festa que demostrará, unha vez máis, que en Arbo sentimos verdadeiro «orgullo e paixón» pola lamprea”.
Ó mesmo tempo adiantou que xa se comezan a preparar os fastos da edición do ano que ven, que será a quincuaxésima edición da Festa da Lamprea, “para a que xa se está a xestar algo moi importante e novidoso”.