14 octubre 2009
La últimamente lenguaraz vice De la Vega echa balones fuera en el secuestro del Alakrana
Publicado por C&CdeGaliza en 14.10.09 Etiquetas: MAR, PESCA, POLEMICAA deputada do BNG dirixíase á Vicepresidenta Primeira na sesión de control para preguntarlle que medidas vai impulsar o Goberno na UE para unha actuación coordenada de todos os Estados a fin de evitar secuestros como o do “Alakrana” en augas do Océano Índico, “dadas as limitacións da Operación Atalanta”.
Resposta de De la Vega ao BNG
Na súa resposta inicial, Teresa Fernández De la Vega expresou “a solidariedade do Goberno coas familias dos tripulantes secuestrados” e dixo que “facemos todo o que está nas nosas máns”. Aludiu á constitución da Comisión de Coordenación, e á coordenación coa Operación Atalanta, e a que están en contacto cos armadores. Afirmou que “a situación é difícil e que o primeiro obxectivo é traballar pola liberación e logo falaremos das medidas”.
De la Vega defendeu a Operación Atalanta e dixo que “paramos un bón número de ataques. Se antes un de cada tres ataques remataba en secuestro, agora é un de cada seis”. Recoñeceu que “non é suficiente” e limitouse a sinalar que “traballaremos con toda a Comunidade Internacional”. Unicamente indicou que na Presidencia española da UE “convocaremos unha Conferencia para falar de Somalia” e engadiu que se convocou unha xunta co sector sobre este tema.
Non é un problema entre particulares, é un problema de Estado
Davila afirmou non compartir as afirmacións do Goberno de que “é o sector, os empresarios, os que deben doutar ás súas embarcacións da máxima seguridade para faenar neses caladoiros”. “Non se trata dun problema entre particulares, é un problema de Estado”, aseverou. Lembrou que cando se produciu o caso do “Playa de Bakio” eran moitas as informacións que indicaban que a piratería no Índico non se reducía a grupos illados senón que era algo máis sofisticado e complexo. “Un entramado mafioso que incluso se dí que ten o seu centro loxístico en Europa, como non consideralo como un problema de Estado?”, preguntou á De la Vega.
Necesidade dunha actuación coordenada na UE para evitar discriminacións
A deputada do BNG demandou á Vicepresidenta unha actuación coordenada por parte dos Estados da UE, sobre todo dos máis implicados. “O propósito é o de evitar discriminacións, que a frota de pesqueiros dun Estado reciba unha maior proteción que outras, o que se traduce facilmente na vulnerabilidade dalgúns embarcacións como lle ocurre aos barcos do Estado español fronte ás frotas doutros Estados europeos”.
Por iso formulou a De la Vega unha serie de cuestións que non obtiveron resposta, “por qué razón Franza pode actuar dunha maneira e o Estado español se escuda en cuestións legais para non facelo? Por que non se poden modificar as leis para facer fronte a problemas como este? As leis, señora Vicepresidenta, non son intocábeis están para actualizalas e adecualas aos problemas sociais”.
Para Olaia Fernández Davila “non é de recibo que no ámbito da UE se utilicen dúas varas de medir. Que os Estados den diferentes respostas ao mesmo problema, que exista unha Operación Atalanta pero despois cada Estado debe adoptar as súas medidas”. Razón pola que pediu á De la Vega que o Goberno promova na UE medidas de proteción para loitar contra a inseguridade existente na zona e superar as “limitacións que ten a Operación Atalanta.
Lobeira "declara la guerra" al Panga de Pescanova...
Publicado por C&CdeGaliza en 14.10.09 Etiquetas: PESCA, POLEMICABieito Lobeira advirte de que esta planta, que prevé acadar un ritmo de produción non inferior ás 10.000 toneladas de panga ao ano terá como destino para o seu consumo o mercado europeo, e polo tanto o galego.
O deputado nacionalista denuncia que “na actualidade, e como é coñecido, PESCANOVA xa está a comercializar na actualidade no mercado galego filetes de panga conxelados”.
A pesar disto, a multinacional pesqueira “recibiu do Goberno do PP na Xunta entre os anos 2000 e 2005 máis de 42 millóns de euros de axudas públicas, en boa medida para a internacionalización da súa actividade”.
“Os propios deputados do PP denuncian que ao panga inxéctaselle ouriños de mulleres embarazadas”
Sen embargo, o deputado do BNG denuncia que “estas importacións de panga teñen un impacto moi negativo no sector pesqueiro galego en termos de competencia, desprazando á pesca galega”.
Ademais, advirte dos riscos sanitarios que conleva o panga para os consumidores. Así, subliña que “o propio Partido Popular, en iniciativas rexistradas no Parlamento de Galiza, ten afirmado , literalmente que ao panga se lle administra ouriño de mulleres embarazas (sic), ou que chegan ao mercado galego lotes de peixe panga con listeria, salmonea, cóleara, entero-bacilos, metais pesados e nitrofuranos”.
Ante esta situación, Bieito Lobeira pregúntalle ao Goberno de Feijóo se a planta que PESCANOVA constrúe en Mozambique para producir panga con destino aos mercados europeo e galego vai contar con apoio do actual Goberno galego.
Ademais, pregunta se a Consellaría do Mar, tal e como defende o PP, ten previsto prohibir a importación de panga.
Por último, o deputado do BNG demándalle á Xunta se ten avaliado o impacto sobre o sector pesqueiro galego que ten a importación de panga e a súa comercialización no noso mercado”.
13 octubre 2009
Seminario enmarcado no proxecto “Xestión integral da pesqueira do percebe”
Publicado por C&CdeGaliza en 13.10.09 Etiquetas: MAR, PARLAMENTO DE GALICIA, PESCATécnicos e responsables das áreas de traballo do proxecto, que é coordinado por expertos do CETMAR, asistirán tamén a esta xornada, que dará comezo ás dez da mañá, e que durante aproximadamente dúas horas servirá para dar a coñecer os resultados deste proxecto. Ademais, presentaranse as condicións e aspectos legais para constituír unha empresa destinada a comercializar os subprodutos do percebe, como é o caso do paté, e á vista dos resultados dos estudos de produción e mercadotecnia levados a cabo no seo desta iniciativa, proporase o custo inicial estimado para formar parte da devandita empresa. Tras o debate, e para pechar o seminario, convocarase aos interesados na constitución da empresa a unha nova reunión.
Liderado polas confrarías de Baiona, Bueu e A Garda, o proxecto “Xestión integral da pesqueira do percebe”, que conta con financiamento da Consellería do Mar, pretende a elaboración dunha proposta integral para a xestión desta pesqueira que inclúe a valorización e introdución no mercado dos subprodutos do percebe. Pósitos e mariscadores pretenden así comercializar percebe en conserva e dous tipos de paté.
05 octubre 2009
Los encuentros “Eurofish 2009” acogeran en Vigo 578 reuniones de más de 80 empresas
Publicado por C&CdeGaliza en 5.10.09 Etiquetas: MAR, PESCA, VIGOprevisto que participen más de 80 empresas del sector pesquero en 578
reuniones. El Meeting Point, organizado por las Cámaras de Comercio de A
Coruña, Pontevedra y Vigo, fue presentado esta mañana en la sede de la
institución cameral viguesa y contó con la presencia de José García Costas,
presidente de la Cámara de Vigo; Ricardo Mirón, presidente de la Cámara de
Pontevedra; Nava Castro, directora xeral de Comercio; Juan Carlos Maneiro,
director xeral de Competitividade e Innovación Tecnolóxica, y José Luis naya,
director de Astron Consultores.
Eurofish 2009 se presenta como un gran foro de negocios al que ya han
confirmado su asistencia 52 compañías gallegas y otras 32 procedentes de
Bulgaria, Polonia, Rusia,Ucrania, Brasil, Reino Unido y Francia. José García
Costas, presidente de la Cámara de Comercio de Vigo, destacó la importancia
del país galo, ya que “es nuestro principal consumidor, con un total de 23
millones de euros” y adelantó las cifras de negocio que generan estos países
interesados en nuestros productos del mar, que superan los 43 millones de
euros..
Los encuentros están concebidos para promover y facilitar las relaciones
bilaterales entre Galicia y otras áreas geográficas de interés según objetivos
comerciales. La acción, enmarcada en el Plan FOEXGA de la Xunta, cuenta
este año con el apoyo de la Consellería del Mar, además de la asistencia
técnica de Astron Consultores, que participa en la organización del evento
desde su primera edición en el año 2004.
José Luis Naya, director de Astron Consultores, explicó cómo 4 meses antes
del meeting point se contacta con las empresas para conocer sus intereses, de
tal manera que los países que acuden este año a la cita resultan muy atractivos
para la promoción de las exportaciones gallegas. En esta ocasión, los
participantes europeos y latinoamericanos (Brasil) son importadores y
distribuidores de productos del mar o representantes de grandes superficies y
centrales de compras, y acuden a estos encuentros para consolidar los
contactos con nuestro sector pesquero. “Tan importante es pescar como
vender, y Eurofish se presenta como una manera de crear cadenas de
suministro de calidad”, subrayó Juan Carlos Maneiro.
10 septiembre 2009
WFE : visita de inspección
Publicado por C&CdeGaliza en 10.9.09 Etiquetas: MAR, PESCA05 septiembre 2009
Vía libre para la reforma
de la Ley de Pesca de Galicia
Publicado por
C&CdeGaliza
en
5.9.09
Etiquetas:
MAR,
PESCA
Na súa proposta, o grupo de traballo considera positivo o feito de que no anteproxecto elaborado por Mar se contemple a inclusión da industria da transformación e comercialización coma unha figura importante dentro do complexo mar-industria de Galicia. Ademais, entenden correcta a modificación das medidas da actual lei no ámbito da protección e rexeneración, aínda que cren que no novo articulado se debería facer notar que en ningún caso se trata de promover áreas de exclusión ou Box para marxinar a flotas que tradicionalmente viñeran pescando de forma regular ou esporádica nas zonas reguladas.
Por outra banda, no ditame tamén se considera maioritariamente positivo o feito de que se deixe para o desenvolvemento en norma especial a figura das Confrarías de Pescadores, como se viña solicitado reiteradamente polo sector. Igualmente aplauden a eliminación da posibilidade de Censos por modalidades, así como a figura da Licencia de Pesca e a recuperación do Permiso de Explotación para a flota que faena en augas de competencia da Comunidade Autónoma.
Así mesmo, o ditame considera fundamental que tanto o preámbulo coma o articulado da nova lei fagan unha referencia expresa á necesidade de consultar ao sector a través do propio Consello Galego de Pesca.
Entre as principais modificacións do articulado proposto polo grupo de traballo destacan a necesidade de contar cun plan de explotación para a recollida de argazos. O sector mexilloeiro propón unha reforma no apartado referido ao outorgamento das concesións mediante o cal se valore preferentemente ter sido anteriormente titular dunha concesión no mesmo subsector de actividade; ter exercido habitualmente a explotación dunha concesión semellante ou a experienza no desenvolvemento de actividades da acuicultura na zona por parte dos particulares e das empresas solicitantes.
O ditame debatido en pleno esta mañá foi aprobado polo totalidade dos asistentes a excepción do representante de UGT.
Rosa Quintana sigue con su guerra abierta a los furtivos
Publicado por C&CdeGaliza en 5.9.09 Etiquetas: PESCA, SUCESOSNo operativo, formado por axentes de Pontevedra e Santiago; así como a embarcación da Xunta de Galicia “Irmáns García Nodal” e dúas lanchas de apoio, detectáronse 214 nasas caladas en zona prohibida e sen identificar. Tamén se localizaron 2 betas e 2 trasmallos ilegais e se incautaron de varios quilos de polbo e peixe variado que foi devolto ao mar. Os aparellos comisados foron izados a bordo das embarcacións para descargalos posteriormente no peirao de Leirós (Marín).
Ademais da conselleira, no operativo tamén participaron o director xeral de Ordenación e Xestión dos Recursos Mariños, Pablo Fernández Asensio, e o subdirector do Servizo de Gardacostas, Lino Sexto. Esta é a segunda vez a que a titular da Consellería do Mar participa “in situ” nunha operación de control do furtivismo, despois de facelo o pasado día 26 de agosto na ría de Arousa.
Camariñas
Á actuación desenvolvida hoxe en Pontevedra haille que engadir tamén a levada a cabo onte na ría de Camariñas; onde axentes de Gardacostas comisaron 205 nasas e incautaron 55 quilos de polbo e 6 de nécora que foron devoltos ao mar.
O Plan de Coordinación para a Loita contra o Furtivismo púxose en marcha o pasado mes de xuño para dar resposta ao aumento das prácticas de marisqueo ilegal constatadas polo propio sector nos últimos anos. Neste plan participan de forma conxunta e coordinada o servizo de Gardacostas de Galicia, unha unidade da Policía Nacional adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia e as propias confrarías e asociacións de mariscadores.
02 septiembre 2009
Pesca potenciará la comercialización de los productos de las Cofradías
Publicado por C&CdeGaliza en 2.9.09 Etiquetas: GALICIA, MAR, PESCAA responsable do departamento do mar valorou positivamente o labor da confraría de Aguiño a prol da mellora nos sistemas de comercialización dos produtos pesqueiros e lembrou a necesidade de coordinar esforzos co sector en temas coma o control da trazabilidade dos produtos procedentes das lonxas galegas, “o que permitirá garantir a procedencia e a calidade do noso produto nos mercados fronte aos doutros países”.
Outras das reivindicacións expostas á conselleira polos representantes do pósito barbancés foi a necesidade de intensificar os controis contra o furtivismo. Neste senso Rosa Quintana reiterou a súa colaboración para axudar a eliminar esta lacra e lembrou o empeño da Consellería do Mar en reivindicar que o furtivismo se tipifique coma delito.
Ribeira
Na súa visita á confraría de Ribeira, Rosa Quintana recibiu de mans dos responsables do pósito un informe coas súas principais necesidades. Entre elas destaca a reivindicación dos mariscadores para que se lles permita extraer reló dos bancos marisqueiros da confraría. A este respecto a conselleira comprometeu o apoio da súa Consellería diante da Unión Europea para tentar que se modifique a actual normativa europea e se poda permitir a extracción deste molusco dos bancos marisqueiros ribeirenses.
A creación dun centro regulador de marisco nesta confraría foi outro dos puntos que abordaron os representantes do sector e a conselleira. Neste senso a responsable do Mar lembrou que os proxectos tendentes a mellorar a comercialización e o valor engadido dos produtos pesqueiros galegos “serán sempre un dos estandartes desta consellería” e avanzou que a Consellería estudará a viabilidade do proxecto presentado polo pósito ribeirense.
27 agosto 2009
Quintana destaca logros en la lucha contra el furtivismo
Publicado por C&CdeGaliza en 27.8.09 Etiquetas: GALICIA, MAR, PESCARosa Quintana deu a coñecer esta mañá as cifras de intervencións, comisos e incautacións efectuados polo Servizo de Gardacostas en colaboración co sector e coas distintas forzas de seguridade do Estado dende que o pasado 3 de xuño a Consellería do Mar puxera en marcha este plan para erradicar a pesca ilegal. A titular do mar fixo unha comparativa dos resultados obtidos neste período en relación co mesmo período do ano pasado.
Ao seu xuízo estes resultados supoñen “un logro non só a nivel económico senón tamén a nivel de seguridade alimentaria”, xa que estas actuacións impiden que os produtos comisados non poidan ser consumidos sen pasaren os controis preceptivos. Malia todo insistiu en que aínda queda moito camiño por andar “porque non é un problema que se poida radicar da noite para a mañá”.
Dende a posta en marcha do plan fixéronse 3.386 inspeccións que derivaron en 738 infraccións. Estas actuacións deron coma froito a aprehensión de 18.361 quilos de especies capturadas de xeito ilegal fronte aos 900 quilos comisados no 2008, o que supón un incremento de case un 2.000%. As incautacións de útiles e materiais feitos na presente campaña tamén foron superiores ás do mesmo período do 2008, pasando de 4.202 incautacións no 2008 a 5.705 no mesmo período no ano 2009.
A conselleira salientou ademais outras actuacións non contempladas como comisos ou incautacións. Trátase de paralizacións que supuxeron a inmobilización extractiva de moluscos que foron trasladados de zonas pechadas a zonas abertas, “polo que se impediu a súa chegada ás canles comerciais, evitando así un risco para saúde pública”.
Os datos expostos reflicten, segundo Rosa Quintana, unha actuación máis eficaz do actual Plan de Loita Contra o Furtivismo con respecto ás efectuadas o pasado ano, xa que cun número semellante de inspeccións, as infraccións sancionadas foron superiores, “o que demostra que estamos sendo capaces de facer un servizo máis eficiente cos mesmos medios que herdamos”.
A conselleira lembrou que o actual equipo da Consellería do Mar atopárase á súa chegada cunha situación “caótica e complicada pola falta de xestión dos anteriores responsables en materia pesqueira”, o que derivou no aumento das prácticas ilegais, a división do sector e a diminución da vixilancia.
PLAN CONTRA O FURTIVISMO
COMPARATIVA DE ACTUACIÓNS
(Período de análise: 03 xuño a 24 de agosto)
2008 2009
Inspeccións totais Gardacostas 3.496 3.386
Total Infraccións Gardacostas 707 738
Incautacións totais 4.202 5.705
Comisos (en Kg) 900,235 18361,6
24 agosto 2009
Pesca apuesta por ampliar el número de zonas productivas en marisqueo
Publicado por C&CdeGaliza en 24.8.09 Etiquetas: MAR, PESCAA titular do Mar sinalou que dende o departamento que dirixe apostarase pola recuperación e ampliación de novas zonas marisqueiras co fin de acadar unha maior eficiencia e produtividade dos esteiros. Reiterou tamén que dende a Consellería se está a traballar a prol da sustentabilidade dos recursos pesqueiros e marisqueiros e fixo fincapé na necesidade de diferenciar os nosos produtos “porque é o mellor rumbo contra a competencia desleal”.
Neste senso puxo á ameixa de Carril coma un exemplo de marca de calidade do produto. “Cada unha destas perlas arrincadas á area teñen un valor propio engadido por canto supoñen para o noso padal, pero tamén por canto posúen un nome conseguido ano tras ano e día tras día gracias aos sufridos lombos dos mariscadores e mariscadoras e os parquisas” enfatizou a titular do Mar.
Na súa intervención desta mañá no acto inaugural da XVII Festa de Exaltación da Ameixa de Carril Rosa Quintana asegurou tamén que a Xunta de Galicia continuará a traballar por preservar e aumentar a riqueza da ameixa, “achegando melloras á area e ao mercado”. “Para conseguir este obxectivo” -dixo a conselleira- “será necesario acometer retos e labores importantes, e aí a Consellería do Mar non vai a deixar de traballar arreo”.
16 julio 2009
Nueva ofensiva contra quienes capturen pescados por debajo de las tallas mínimas
Publicado por C&CdeGaliza en 16.7.09 Etiquetas: MAR, PESCARespecto da normativa nacional que recolle as tallas mínimas das especies pesqueiras, Galicia ten previsto propor, xunto con Asturias, diversas modificacións, para unificar as tallas mínimas biolóxicas de aplicación das distintas especies en augas exteriores que non as teñan establecidas de xeito que se dean as mesmas que nas augas interiores, para que todos os produtos teñan a mesma talla e así garantir o mercado único. Antes de elaborar o documento que se remitirá ao Goberno Central, a Consellería do Mar consensuará co sector estas tallas mínimas, para alcanzar un acordo que beneficie a todos.
Este encontro foi convocado por o director General de Ordenación Pesquera do Ministerio de Medio ambiente e Medio Rural e Mariño, Igancio Gandarias. Nel analizáronse as liñas da nova Lei de Pesca Sostible – na que está a traballar o Goberno Central- que ten coma un dos seus obxectivos principais a loita contra a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada, mediante a implantación no noso país do plan de control para a trazabilidade que entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2010.
Deste xeito, se manteñen as lonxas como puntos de venta, aparte dos centros autorizados por as Comunidades Autónomas. O obxectivo é que se cumpran as cuestións hixiénico-sanitarias, de etiquetado, tallaxe e prezo contractual. No referido as importacións de terceiros países, os productos deberán pasar por un punto de inspección fronteiriza (PIF).
Gandarias anunciou que enviou un cuestionario ao sector sobre as actividades de control oficial a realizar ao longo de toda a cadea alimentaria, cuestionarios que serán remitidos ás Comunidades Autónomas para que aporten as súas achegas.
O director general de Ordenación Pesquera lembrou aos representantes das diferentes comunidades autónomas que asistiron á reunión que toda información obrigatoria deberá facilitarse nos puntos de venta finais a través dun correcto etiquetado. Neste aspecto estase a traballar con diferentes asociacións maioristas, e proximamente a Secretaría General del mar enviará ás Comunidades Autónomas un documento de referencia.
07 julio 2009
Conselleira do Mar quiere que Europa sepa diferenciar los sectores pesqueros gallegos
Publicado por C&CdeGaliza en 7.7.09 Etiquetas: GALICIA, MAR, PESCAPara Quintana estas dúas modalidades (pesca industrial e pesca artesanal/marisqueo) non poden competir dentro dun mesmo modelo de regulamentación “xa que xogan papeis sociais e económicos distintos”. Por iso, avogou pola necesidade dunha definición do concepto de pesca artesanal e marisqueo válida a nivel europeo; así como pola creación dunhas zonas de reserva exclusiva, “que as diferencie das zonas onde faena a altura”.
Esforzo Pesqueiro por TACs
A Consellería do Mar entende que a PCP debe abandonar o sistema de TAC´S e cotas, e substituílo pola regulación da capacidade de pesca de cada buque exercida durante un tempo determinado nunha zona (Esforzo Pesqueiro). Esta medida sería moito máis simple, eficaz e con moito menor custe para o control das capturas; e contribuiría a solucionar dous dos problemas máis preocupantes dos que actualmente presenta a pesca: o exceso de capacidade da flota e os descartes.
Apoio á acuicultura e fomento do emprego
Segundo a titular do Mar, Europa debe potenciar a acuicultura coma un piar da política pesqueira comunitaria como actividade de futuro e de xeración de emprego, máxime cando a acuicultura estase a desenvolver en rexións con pouca carga urbana e en lugares afastados. Neste senso cualificou de “fundamental” que a UE promova unha política de calidade que faga atractivo o emprego no mar para a mocidade “para conseguir que a pesca sexa unha actividade vocacional interesante”, e fixo fincapé na necesidade de que os traballadores do mar podan acadar unha formación axeitada e de calidade, o que levaría implícito unha mellora no seu nivel salarial.
Por outra banda, Rosa Quintana salientou tamén a necesidade de que os produtos pesqueiros se encadren dentro dun mercado único e aberto á competencia para todos os países produtores, “pero a prol da protección dos consumidores europeos e do mantemento dunhas normas da competencia xustas, así coma da trazabilidade do produto”. Neste senso indicou que o mercado de produtos pesqueiros europeo non debe estar aberto a aquelas producións que non están suxeitas ás normas sanitarias e de calidade esixidas aos membros da UE, e salientou a necesidade de “estar atentos a aqueles produtos procedentes dunha pesca ilegal, non declarada ou non regulamentada”.
Medidas consensuadas
Rosa Quintana rematou a súa intervención sinalando que a pretensión destas propostas é conseguir que Galicia “sexa a forza e a voz da Pesca en Europa”, e sinalou que os plantexamentos presentados hoxe estarán abertos ao diálogo e ao consenso entre o sector. Así, está previsto que o contido do documento sexa remitido aos distintos grupos parlamentarios, ás asociacións profesionais, organizacións de produtores, confrarías e organizacións sindicais para tratar de acadar o maior consenso posible para que os intereses pesqueiros galegos sexan defendidos en Europa como merecen.
06 julio 2009
Vuelve la actividad desde este lunes para los polbeiros
Publicado por C&CdeGaliza en 6.7.09 Etiquetas: GALICIA, MAR, PESCAO tamaño mínimo do polbo será dun quilo durante todo o ano. Desde o 6 de xullo ata o 31 de agosto o tope de capturas fíxase en 40 quilos por embarcación e día; e 40 quilos máis por cada tripulante enrolado a bordo.
Mentres, entre o 1 de setembro e o 31 de decembro, o tope máximo da captura será semanal, establecéndose 200 quilos por embarcación e 200 quilos mais por mariñeiro debidamente enrolado e a bordo. O peso mínimo de captura do polbo segue a ser de 1 quilo.
Igualmente, o horario no que os pescadores poderán capturar polbo quedou marcado entre as 06:00 horas e as 18:00 de luns a venres, entendéndose este horario dende o primeiro calamento ata a finalización da última nasa virada. Só nos plans zonais da Costa Cantábrica e a Noroeste estará permitido deixar as nasas caladas no fin de semana. na zona das Rías baixas os aparellos deberán regresar a terra todos os días.
Esta medida enmárcase no Plan Zonal Experimental de captura de polbo (octopus vulgaris) no marco do plan de recuperación, acordada nunha reunión co propio sector. Ó encontro asistiron o director xeral de Ordenación e Xestión dos Recursos Mariños, Pablo Fernández Asensio, os presidentes das Federacións Provinciais das Confrarías de Lugo, Pontevedra e A Coruña, o presidente da Federación Galega de Confrarías, Benito González; os presidentes de “Cíes artesanais”, “Mar do Morrazo”, ARCOPEBA e dous representantes de ASOAR-ARMEGA.
O plan estará vixente ata o 31 de decembro de 2009, e recolle tanto as medidas de xestión da pesca como as específicas de control e seguimento, para comprobar a súa adecuada execución.
I Cumbre sobre Sostenibilidad en la Pesca
Publicado por C&CdeGaliza en 6.7.09 Etiquetas: ECONOMIA, MAR, PESCA, VIGO01 julio 2009
Rosa Quintana visita la Cooperativa de Armadores de Vigo y habla de un futuro eficiente y eficaz
Publicado por C&CdeGaliza en 1.7.09 Etiquetas: MAR, PESCAEstas declaracións foron realizadas tras manter unha reunión coa Cooperativa de Armadores de Vigo, na que os armadores lle entregaron un informe que intentará “encaixar” no documento da Xunta sobre a reforma da PPC. Rosa Quintana sinalou que Galicia “foi, é e debe ser cabeza en Europa” en materia pesqueira, algo posible só cunha flota “eficiente e eficaz”.
A conselleira do Mar amosouse receptiva respecto da petición dos armadores para colaborar na busca de medidas que garantan un maior control sobre os productos de importación.
Doutra banda os armadores de Vigo solicitáronlle a Xunta que o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) apoie ao sector para a adquisición dos dereitos de pesca tras a posta en marcha dos programas de adaptación das flotas (PAF). A este respecto, o director da Cooperativa de Armadores de Vigo, José Ramón Fuertes, recoñeceu o "esforzo" da conselleira para "activar" uns programas que, segundo denunciou, estaban “paralizados".
A maiores, os armadores trasladaron a Rosa Quintana a necesidade de crear un organismo que facilite a comunicación entre o sector e a comunidade científica para coñecer a evolución das pesquerías nos caladoiros. A este respecto, Rosa Quintana adiantou que o seu equipo traballa para por en marcha un comité científico que actuará como asesor, tal e como recollen as modificacións da Lei de pesca.
Se hunde el pesquero Villa de Aguete y se lleva por delante la vida de su patrón
Publicado por C&CdeGaliza en 1.7.09 Etiquetas: MAR, MARIN, PESCAFuentes de la Secretaría General del Mar han informado de que el patrón del buque, que se ha hundido a 25 millas al suroeste de Cabo Blanco (Mauritania), es de nacionalidad española y ha fallecido de un paro cardíaco. Salvamento Marítimo ha confirmado que el resto de la tripulación, 21 personas, han sido rescatadas por dos buques que se encontraban en la zona. Además de españoles, entre la tripulación hay personas de nacionalidad peruana, rusa y mauritana.
Esta tarde, tanto los supervivientes como el cadáver del patrón del buque, de nacionalidad española, se encuentran a bordo del buque "Estela", propiedad del armador del barco hundido. Las mismas fuentes han precisado que de los 22 tripulantes, 11 salieron desde Galicia y el resto fueron recogidos en Mauritania, y que aún no se conocen las causas del siniestro.
El naufragio se produjo alrededor de las cinco de la pasada madrugada por causas que no han podido ser precisadas, según explicó el armador gallego del buque, Manuel Nores.
El buque tiene base en el puerto de Cádiz, según el censo de la flota pesquera del Ministerio.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, trasladou hoxe aos traballadores do porto de Marín e, especialmente, á familia do mariñeiro galego falecido hoxe en Mauritania a solidariedade do Goberno e de todo o pobo galego. O máximo mandatario galego quixo enviar “un abrazo fraternal” aos seres queridos do patrón do Villa de Aguete e púxose a súa disposición para todo o que sexa necesario nestes difíciles momentos.
O presidente galego explicou que coñeceu esta tráxica noticia á saída da reunión que mantivo esta tarde en Madrid coa vicepresidenta económica do Goberno e afirmou que a conselleira do Mar, Rosa Quintana, lle informou de que no Villa de Aguete viaxaban 22 tripulantes dos que 7 son de orixe galega. “Temos que lamentar esta perda, é, desde logo, unha mala noticia”, concluíu Feijóo.
29 junio 2009
Rosa Quinta se sincera
ante la Federación de Cofradías
Publicado por
C&CdeGaliza
en
29.6.09
Etiquetas:
MAR,
PESCA
A conselleira indicou que nas próximas semanas se remitirá ao Consello Galego de Pesca o texto modificado da Lei de Pesca de Galicia, para que poida emitir un ditame. Ademais farase chegar a todas as entidades relacionadas co sector, para que poidan expoñer as súas consideracións. O obxectivo final é acadar o maior consenso posible coas entidades directamente implicadas na pesca, o marisqueo e a acuicultura.
Rosa Quintana, que asistiu a Xunta acompañada polo director xeral de Competitividade e Innovación Tecnolóxica, Juan Carlos Maneiro, e pola directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, salientou a importancia do Plan de Loita contra o Furtivismo, que se activou nas últimas semanas en boa parte da costa galega, e que no mes de xullo estará operativo en toda o litoral.
Tamén se referiu as negociacións que se manteñen co Ministerio de Medio Marino, para a regularización da flota. Neste sentido apuntou que despois da primeira reunión mantida en Madrid con responsables do Goberno central, o próximo venres se celebrará un encontro entre responsables da Xunta, de Medio Marino e da Marina Mercante, para tratar de ampliar os prazos e que ningunha embarcación quede fóra desta regulación.
A conselleira do Mar tamén comentou as iniciativas parlamentarias presentadas para que na Política Común Pesqueira se consideren as particularidades da pesca en augas interiores, dadas as características das nosas rías, onde a potencia das embarcacións teñen unha relación máis directa coas condicións das nosas augas que co esforzo pesqueiro.
Rosa Quintana tamén sinalou que nas últimas semanas se logrou desbloquear a situación en que se atopaban os Grupos de Acción Costeira (GAC), para que se poidan formalizar os convenios, presentar e aprobar os proxectos e executalos, xa que hai máis de 12 millóns de euros dos tres últimos anos para estes proxectos.
Por último anunciou a próxima publicación da regulación da pesca deportiva
26 junio 2009
Anuncia Martín Fragueiro una unidad específica para control de las importaciones de pescado
Publicado por C&CdeGaliza en 26.6.09 Etiquetas: ESTADO, MAR, PESCA, POLEMICAEsta tarde comparecía no Senado o Secretario Xeral do Mar, Juan Carlos Martin Fragueiro, para explicar diversas cuestións relacionadas coa pesca e co litoral. Pérez Bouza dirixiulle diversas preguntas relacionadas coa frota pesqueira galega e tamén coa Lei de Costas.
Proceso de regularización de embarcacións e resposta de Fragueiro
Pérez Bouza fixo alusión ao proceso de regularización de embarcacións que está a ser negativo para Galiza. O senador nacionalista salientou o gran peso que a pesca galega ten no Estado pero boa parte das embarcacións non se están a regularizar. “Entre outros motivos, porque a lei aprobada non está adaptada ás necesidades do sector galego. Cando fixeron a lei deberían ter en conta as especificidades da frota galega, como o feito de que a potencia dos barcos supere ás das outras partes do Estado debido precisamente ás características do mar”.
Neste sentido, expresou o desexo de que “a lei non pretenda o desmantelamento encuberto da frota galega” xa que foi a zona pesqueira que máis desmantelamentos sofreu, e saudou o anuncio de prorrogar o prazo para rexistrar as embarcacións.
Martín Fragueiro deuse por enterado do acordo unánime do Parlamento galego nesta materia, e respostou ao BNG que “ningún inconvinte en ampliar o proceso de regularización das embarcacións”, mais puxo problemas ao tema de aumentar a potencia dos barcos pero se amosou abreto a “continuar a traballar no tema”.
Importacións ilegais de peixe
Respeito ás importacións de peixe, o senador do BNG demandou maiores controis, unha mellor etiquetaxe para rematar coa pesca ilegal porque “segue a entrar peixe ilegal”. Asemade, instou ao Secretario Xeral do Mar a mellorar a negociación con Portugal para acadar un Acordo de Pesca máis ventaxoso para a frota galega. E preguntoulle acerca das previsións futuros de Acordos de Pesca internacionais como con Mauritania, Senegal ou Groenlandia. Tamén reivindicou o pago imediato das axudas comprometidas aos mariñeiros afectados polos paros obrigatorios de tres meses de duración e que a día de hoxe aínda non cobraron.
O Secretario Xeral do Mar anunciou a creación dunha Unidade Específica só para o control das importacións de peixe que contará cun personal de 7 persoas que traballarán os 7 días da semana nas 24 horas. Tamén dixo que o tema das importacións mellorará a partir do ano 2010 cando se aplique o regulamento da pesca ilegal, según o cal hai que demostrar a especie que se captura dacordo as normas e certificado polo pais do pavillón, demostrar a procedencia e a certificación do produto.
Axudas a mariñeiros pendentes de pago e resposta de Fragueiro
Pérez Bouza reivindicou o pago imediato das axudas comprometidas aos mariñeiros afectados polos paros obrigatorios de tres meses de duración e que a día de hoxe aínda non cobraron. Neste sentido, Martin Fragueiro escudouse no feito de que a día de 24 de xuño hai 65 armadores da frota e pescada que non completaron os expedientes, así como 64 armadores da frota da cigala. Dixo que recibiran 233 expedientes da frota e se tramitaron 166 para todas as modalidades, é dicer, tramitouse o 69% das solicitudes. En canto á pescada norte, dixo que recibiran 249 expedientes e había 182 tramitados, un 73% según el.
Lei de Costas e o problema de núcleos como os de Marín
O senador do BNG aproveitou a comparecencia de Martin Fragueiro para trasladarlle o problema de núcleos de poboación consolidados como Marín, Loira ou Moaña, e que agora coa Lei de Costas quedarán nunha situación de ilegalidade. Salientou a situación dos cidadáns desas poboacións que non poden nen vender as súas vivendas, nen reformalas. E pediu ao alto cargo do Ministerio que se estude e se resolva esta situación que nada ten que haber coa situación dos denominados chiringuitos.
O Secretario Xeral do Mar limitouse a sinalar que “estamos a traballar a nivel técnico con todos os implicados”.
Non esqueceu Pérez Bouza o tema das competencias e interpelou a Martin Fragueiro sobre o traspaso das competencias a Galiza na xestión do dominio público marítimo terrestre, as competencias en lonxas e portos, na loita contra a contaminación mariña e na investigación oceanográfica.
25 junio 2009
World Fishing Exhibition garantiza más expositores que en su anterior edición de Vigo 2003
Publicado por C&CdeGaliza en 25.6.09 Etiquetas: MAR, PESCAEn este sentido, Paz-Andrade ha cuantificado en más de 1.000 metros cuadrados el au-mento de espacio contratado por parte de expositores extranjeros en relación a la edición de 2003. Y ha añadido que se espera un mayor número de visitantes por lo que, a lo largo de la reunión, se ha considerado que World Fishing Exhibition es una oportunidad incues-tionable para que las empresas gallegas -pioneras en el sector pesquero- muestren su “know how” al mundo entero.
En este sentido, el presidente del Comité Ejecutivo ha informado a Rosa Quintana de la reunión mantenida en el día de ayer con el director general del IGAPE, Joaquín Varela, en la que se estudió la posibilidad de establecer una línea de colaboración con IGAPE para facilitar la presencia de las pequeñas y medianas empresas gallegas en el certamen, en un momento en el que la viabilidad de las mismas se está viendo afectada por la larga huelga que está sufriendo el sector naval y empresas auxiliares. Y es que la internaciona-lidad de las PYMES gallegas sigue siendo una asignatura pendiente. Rosa Quintana mostró su mejor disposición para que la idea cuaje.
ACUICULTURA
Asimismo, el Comité Ejecutivo ha explicado las novedades de esta sexta edición viguesa de World Fishing Exhibition. Entre ellas, destaca la celebración de la primera edición de Aqua Farming International, una exposición profesional destinada al sector de la acuicultu-ra en el que Galicia es región puntera. La conselleira do Mar ha recibido la información de la celebración de esta exposición y de los actos paralelos previstos, entre los que destaca la Conferencia Sectorial de la Asociación Empresarial de Productores de Cultivos Marinos (APROMAR) y la primera edición de AQA Conference.
Galicia es la principal región productora de rodaballo y de mejillón y cuenta con una in-cuestionable experiencia en la acuicultura y con destacados centros de investigación en la materia. Con la presencia de altos mandatarios de países en vías de desarrollo, que ven en la acuicultura una buena opción para el desarrollo económico de sus estados y como fuente de proteínas para su población, se abren grandes posibilidades de colaboración. De hecho, Galicia ha jugado un papel destacado en el despegue económico de estos países en vías de desarrollo a través de la pesca y gracias a su especialización. Con la acuicultura, las posibilidades de cooperación con estos estados se incrementan dado el alto grado de experiencia de Galicia en campos como la formación y la innovación así como por su desarrollo tecnológico y de investigación que pueden derivar en expe-riencias exportables a estos estados.
Por último, se ha propuesto el día 17, segundo de la Exposición, como jornada de cele-bración del “Día de Galicia” tal y como se ha venido realizando tradicionalmente.
Más información: www.worldfishingexhibition.com
24 junio 2009
La Xunta apoya los proyectos de piscifactorías y lamenta la marcha de Pescanova a Portugal
Publicado por C&CdeGaliza en 24.6.09 Etiquetas: MAR, PESCA, POLEMICAA conselleira, que asistiu hoxe á inauguración oficial da planta na en Mira, felicitou a Pescanova póla compexidade do proxecto, e ao goberno português, polas axudas que brindaron á empresa galega, ao ver que se trataba dunha actuación de gran importancia desde o punto de vista económico, e criticou que empresários galegos teñan que facer investimentos fóra da nosa Comunidade, porque non atoparon o respaldo do anterior goberno da Xunta.
Este proxecto, apoiado pola Unión Europea e o goberno luso, supón a maior planta de produción de rodaballo do mundo en tamaño, instalacións e tecnoloxía e unha importante fonte de riqueza e de emprego, que o bipartito rexeitou.
A conselleira indicou que temos que tratar de “recuperar o tempo perdido e poñer todos os medios que estean nas mans da administración, para que tanto en materia de acuicultura como na da pesca e o marisqueo en xeral, Galicia conte con grandes investimentos empresariais que nos permitan avanzar, que xeren emprego, produzan riqueza e fortalezan este sector estratéxico”.
Rosa Quintana engadiu que actuacións como a nova planta de rodaballo demostran que proxectos empresariais, que xeran riqueza e emprego, son perfectamente compatibles co respecto ao medio ambiente, e lamentou que Galicia perdese unha oportunidade histórica que contaba co apoio da Unión Europea en materia medioambiental.
A conselleira expresou o seu firme apoio á acuicultura, e concluiu que os proxectos do Plan Acuicola que se poidan executar levaranse a cabo o antes posible, e “aqueles que conten con problemas trataremos de resolvelos, para non perder máis tempo”.