29 octubre 2009
Mar quiere cuentas claras en el Consello Regulador do Mexillón de Galicia
Publicado por C&CdeGaliza en 29.10.09 Etiquetas: MAR, POLEMICA
Xunta : unos duros más
para los helicópteros de rescate
Publicado por
C&CdeGaliza
en
29.10.09
Etiquetas:
GALICIA,
MAR
Guerra a los pezqueñines
Publicado por C&CdeGaliza en 29.10.09 Etiquetas: MAR27 octubre 2009
Xornalistas chegados dende diferentes puntos de Galicia e España visitaron o Centro Tecnolóxico do Mar en Vigo
Publicado por C&CdeGaliza en 27.10.09 Etiquetas: MAR, VIGO
Consellería del Mar asegura que habrá dinero
para apoyar comercialización y transformación de los productos
Publicado por
C&CdeGaliza
en
27.10.09
Etiquetas:
GALICIA,
MAR
Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA) .- A comercialización e transformación son os aspectos fundamentais a potenciar ao longo de 2010, segundo explicou hoxe en rolda de prensa a conselleira do Mar, Rosa Quintana. A responsable do departamento autonómico en materia pesqueira, desenvolveu así outro dos eixos primordiais dos 221,7 millóns de euros que manexa a consellería que dirixe para 2010. Ás partidas destinadas á pesca de baixura e marisqueo presentadas onte en Rianxo, Rosa Quintana, engadiu hoxe as partidas que irán a promover a cadea mar-industria e a comercialización. Así, explicou que investirá a meirande partida do seu orzamento á mellora da pesca de altura e gran altura, a potenciar a acuicultura e a mellorar a comercialización, ascendendo o global deste investimento a máis de 81 millóns de euros, o que supón case o 37% da cantidade total de fondos da que a Consellería do Mar disporá para o vindeiro ano.
24 octubre 2009
Consellería do Mar aclara nuevamente
conceptos sobre la Lei de Pesca que viene...
Publicado por
C&CdeGaliza
en
24.10.09
Etiquetas:
MAR
Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA) .- O departamento que dirixe Rosa Quintana asegura que a nova Lei de Pesca mantén íntegro o capítulo I do título VIII relativo á comercialización, a transformación e a promoción dos produtos da pesca, do marisqueo e da acuicultura da Lei de 2008.
14 octubre 2009
La últimamente lenguaraz vice De la Vega echa balones fuera en el secuestro del Alakrana
Publicado por C&CdeGaliza en 14.10.09 Etiquetas: MAR, PESCA, POLEMICAA deputada do BNG dirixíase á Vicepresidenta Primeira na sesión de control para preguntarlle que medidas vai impulsar o Goberno na UE para unha actuación coordenada de todos os Estados a fin de evitar secuestros como o do “Alakrana” en augas do Océano Índico, “dadas as limitacións da Operación Atalanta”.
Resposta de De la Vega ao BNG
Na súa resposta inicial, Teresa Fernández De la Vega expresou “a solidariedade do Goberno coas familias dos tripulantes secuestrados” e dixo que “facemos todo o que está nas nosas máns”. Aludiu á constitución da Comisión de Coordenación, e á coordenación coa Operación Atalanta, e a que están en contacto cos armadores. Afirmou que “a situación é difícil e que o primeiro obxectivo é traballar pola liberación e logo falaremos das medidas”.
De la Vega defendeu a Operación Atalanta e dixo que “paramos un bón número de ataques. Se antes un de cada tres ataques remataba en secuestro, agora é un de cada seis”. Recoñeceu que “non é suficiente” e limitouse a sinalar que “traballaremos con toda a Comunidade Internacional”. Unicamente indicou que na Presidencia española da UE “convocaremos unha Conferencia para falar de Somalia” e engadiu que se convocou unha xunta co sector sobre este tema.
Non é un problema entre particulares, é un problema de Estado
Davila afirmou non compartir as afirmacións do Goberno de que “é o sector, os empresarios, os que deben doutar ás súas embarcacións da máxima seguridade para faenar neses caladoiros”. “Non se trata dun problema entre particulares, é un problema de Estado”, aseverou. Lembrou que cando se produciu o caso do “Playa de Bakio” eran moitas as informacións que indicaban que a piratería no Índico non se reducía a grupos illados senón que era algo máis sofisticado e complexo. “Un entramado mafioso que incluso se dí que ten o seu centro loxístico en Europa, como non consideralo como un problema de Estado?”, preguntou á De la Vega.
Necesidade dunha actuación coordenada na UE para evitar discriminacións
A deputada do BNG demandou á Vicepresidenta unha actuación coordenada por parte dos Estados da UE, sobre todo dos máis implicados. “O propósito é o de evitar discriminacións, que a frota de pesqueiros dun Estado reciba unha maior proteción que outras, o que se traduce facilmente na vulnerabilidade dalgúns embarcacións como lle ocurre aos barcos do Estado español fronte ás frotas doutros Estados europeos”.
Por iso formulou a De la Vega unha serie de cuestións que non obtiveron resposta, “por qué razón Franza pode actuar dunha maneira e o Estado español se escuda en cuestións legais para non facelo? Por que non se poden modificar as leis para facer fronte a problemas como este? As leis, señora Vicepresidenta, non son intocábeis están para actualizalas e adecualas aos problemas sociais”.
Para Olaia Fernández Davila “non é de recibo que no ámbito da UE se utilicen dúas varas de medir. Que os Estados den diferentes respostas ao mesmo problema, que exista unha Operación Atalanta pero despois cada Estado debe adoptar as súas medidas”. Razón pola que pediu á De la Vega que o Goberno promova na UE medidas de proteción para loitar contra a inseguridade existente na zona e superar as “limitacións que ten a Operación Atalanta.
13 octubre 2009
Seminario enmarcado no proxecto “Xestión integral da pesqueira do percebe”
Publicado por C&CdeGaliza en 13.10.09 Etiquetas: MAR, PARLAMENTO DE GALICIA, PESCATécnicos e responsables das áreas de traballo do proxecto, que é coordinado por expertos do CETMAR, asistirán tamén a esta xornada, que dará comezo ás dez da mañá, e que durante aproximadamente dúas horas servirá para dar a coñecer os resultados deste proxecto. Ademais, presentaranse as condicións e aspectos legais para constituír unha empresa destinada a comercializar os subprodutos do percebe, como é o caso do paté, e á vista dos resultados dos estudos de produción e mercadotecnia levados a cabo no seo desta iniciativa, proporase o custo inicial estimado para formar parte da devandita empresa. Tras o debate, e para pechar o seminario, convocarase aos interesados na constitución da empresa a unha nova reunión.
Liderado polas confrarías de Baiona, Bueu e A Garda, o proxecto “Xestión integral da pesqueira do percebe”, que conta con financiamento da Consellería do Mar, pretende a elaboración dunha proposta integral para a xestión desta pesqueira que inclúe a valorización e introdución no mercado dos subprodutos do percebe. Pósitos e mariscadores pretenden así comercializar percebe en conserva e dous tipos de paté.
08 octubre 2009
Abogan por implantar una cultura de seguridad y salud en el Mar
Publicado por C&CdeGaliza en 8.10.09 Etiquetas: MARAcompañada por Adela Quinzá, directora do ISSGA, Paloma Rueda Crespo pechou un evento que enmárcase no proxecto Grundtvig-FEP, financiado pola Comisión Europea a través do Programa de Aprendizaxe Permanente, e no que participa como socia a Fundación CETMAR. Os primeiros resultados deste proxecto, que pretende promover o reforzo da formación continua nos traballadores do sector marítimo-pesqueiro, déronse a coñecer hoxe mediante a presentación dun informe sobre seguridade e saúde no traballo do sector da pesca, boas prácticas hixiénico-sanitarias para a produción pesqueira e alternancia entre traballo e formación.
Na súa intervención, a directora-xerente do CETMAR fixo fincapé no feito de que iniciativas coma o proxecto Grundtvig serven para avanzar “cara a conseguir unha situación de mellora que permita desterrar mitos e realidades do mundo do mar, e que achegue unha actividade máis segura para os nosos mariñeiros e mariscadoras”. “Centrar esforzos neste eido será sempre benvido e productivo, especialmente nos primeiros compases do traballo”, engadiu, ao tempo que incidiu na necesidade de “adecuar máis si cabe cada medida de seguridade, cada plan de riscos e cada avance” en materia de seguridade e saúde laboral “ás necesidades e condicións da actividade, sexa esta o marisqueo, a pesca de baixura ou outras ben diferentes”.
Finalmente, Paloma Rueda Crespo agradeceu á Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Pontevedra e á Cooperativa de Armadores de Vigo, que tamén participaron na xornada presentando a súa actividade cara a implantación dunha cultura preventiva do sector, a súa implicación para a concienciación dos profesionais da pesca.
Dúas delegacións de técnicos e representantes do sector pesqueiro das entidades participantes no proxecto Grundtvig -Lega Pesca de Emilia Romagna e FAP-Pêche et Cultures Marines de Bretaña- asistiron á xornada en Rande e visitaron tamén o centro de formación A Aixola en Marín, acompañados por unha delegación do CETMAR, técnicos da Consellería do Mar e do ISSGA.
05 octubre 2009
Los encuentros “Eurofish 2009” acogeran en Vigo 578 reuniones de más de 80 empresas
Publicado por C&CdeGaliza en 5.10.09 Etiquetas: MAR, PESCA, VIGOprevisto que participen más de 80 empresas del sector pesquero en 578
reuniones. El Meeting Point, organizado por las Cámaras de Comercio de A
Coruña, Pontevedra y Vigo, fue presentado esta mañana en la sede de la
institución cameral viguesa y contó con la presencia de José García Costas,
presidente de la Cámara de Vigo; Ricardo Mirón, presidente de la Cámara de
Pontevedra; Nava Castro, directora xeral de Comercio; Juan Carlos Maneiro,
director xeral de Competitividade e Innovación Tecnolóxica, y José Luis naya,
director de Astron Consultores.
Eurofish 2009 se presenta como un gran foro de negocios al que ya han
confirmado su asistencia 52 compañías gallegas y otras 32 procedentes de
Bulgaria, Polonia, Rusia,Ucrania, Brasil, Reino Unido y Francia. José García
Costas, presidente de la Cámara de Comercio de Vigo, destacó la importancia
del país galo, ya que “es nuestro principal consumidor, con un total de 23
millones de euros” y adelantó las cifras de negocio que generan estos países
interesados en nuestros productos del mar, que superan los 43 millones de
euros..
Los encuentros están concebidos para promover y facilitar las relaciones
bilaterales entre Galicia y otras áreas geográficas de interés según objetivos
comerciales. La acción, enmarcada en el Plan FOEXGA de la Xunta, cuenta
este año con el apoyo de la Consellería del Mar, además de la asistencia
técnica de Astron Consultores, que participa en la organización del evento
desde su primera edición en el año 2004.
José Luis Naya, director de Astron Consultores, explicó cómo 4 meses antes
del meeting point se contacta con las empresas para conocer sus intereses, de
tal manera que los países que acuden este año a la cita resultan muy atractivos
para la promoción de las exportaciones gallegas. En esta ocasión, los
participantes europeos y latinoamericanos (Brasil) son importadores y
distribuidores de productos del mar o representantes de grandes superficies y
centrales de compras, y acuden a estos encuentros para consolidar los
contactos con nuestro sector pesquero. “Tan importante es pescar como
vender, y Eurofish se presenta como una manera de crear cadenas de
suministro de calidad”, subrayó Juan Carlos Maneiro.
Rosa Quintana incide na importancia da internacionalización do tecido empresarial galego
Publicado por C&CdeGaliza en 5.10.09 Etiquetas: GALICIA, MARNa clausura do Congreso Internacional sobre las tendencias del mercado de los productos congelados, que se celebrou en Vigo coma un acto previo a Conxemar, Rosa Quintana felicitou aos organizadores da feira e recalcou que eventos coma Conxemar permiten ao sector do conxelado abrir novas vías de negocio.
02 octubre 2009
BNG exige a Chacón que de la cara tras el secuestro del pesquero vasco con tripulantes gallegos
Publicado por C&CdeGaliza en 2.10.09 Etiquetas: GALICIA, MAR, POLEMICA, POLITICAEste barco ten a súa base en Bermeo e conta con tripulación formada por galegos, entre eles o patrón do barco, vascos e doutras nacionalidades. Según as informacións de última hora, o pesqueiro foi secuestrado e puido alertar a outro barco da súa mesma compañía. As novas indican que o “Alakrana” foi atacado por piratas somalíes cando faenaba a 365 millas da costa do pais africano. Polo de agora, parece que a fragata “Canarias” que forma parte da operación “Atalanta” foi avisada.
Hai que adoptar máis medidas dada a vulnerabilidade dos pesqueiros
Olaia Fernández Davila pón de manifesto que este tipo de feitos demostran “a vulnerabilidade dos barcos pesqueiros do Estado español fronte ao ataque de piratas na zona do Índico. E desde logo, non se pode dicer que se trata de falsas alarmas porque a realidade indica que non é así”.
A deputada do BNG considera que “dado que as medidas adoptadas pola UE se constatan como insuficientes, é preciso que o Goberno reclame á UE unha actuación coordenada fronte á piratería en augas do Índico, sobre todo, co obxectivo de evitar desigualdades na protección das embarcacións dos países da UE que faenan na zona”.
De aí que decidira solicitar a comparecencia da Ministra para que explique, despois deste novo secuestro, que medidas vai adoptar o Goberno e que medidas vai despregar no ámbito da UE.
Respeito á demanda dos armadores de que haxa efectivos de infantería nos barcos pesqueiros, a deputada do BNG afirmou que o Goberno ten posibilidades dentro dese eido como por exemplo a Garda Civil do Mar.
01 octubre 2009
O Museo do Mar presenta o proxecto do Arquivo Virtual de Embarcacións Tradicionais –AVET-.
Publicado por C&CdeGaliza en 1.10.09 Etiquetas: MAR, SOCIEDAD Y CULTURA, VIGOEste escaneado en 3D de última xeración, coñecido tamén como enxeñeiría inversa, proxecta un haz de luz sobre as embarcacións, do que en primeira instancia obtéñense imaxes en tres dimensións e, posteriormente, os planos. Carrera e os representantes de Bimbios fixeron hoxe unha desmostración ante os medios de comunicación cunha dorna e unha gamela das que se expoñen de xeito permanente no Museo do Mar, e da que obtiveron unha réplica virtual. Desta réplica poderanse extraer, ademáis dos planos, outro tipo de información, coma deformacións provocadas polo uso ou variantes particulares do carpinteiro de ribeira sobre o canon clásico dese modelo en concreto.
O proxecto consiste en utilizar esta tecnoloxía para crear un arquivo que serviría, en caso de que a empresa Bimbios obteña financiación das institucións e da empresa privada, para conservar o patrimonio marítimo galego de cara a futuras xeracións. Este arquivo, ademáis, podería ter un carácter didáctico-divulgativo e ser consultado libremente na web www.avet.com ou no mesmo Museo do Mar.
O proxecto, ademáis de polo Museo do Mar, está apoiado tamén pola Federación Galega pola Cultura Marítma e Fluvial (FGCMF) e a Asociación Galega de Carpinteiros de Ribeira (AGALCARI).
30 septiembre 2009
Rosa Quintana, na presentación da XI edición de Conxemar 2009 que se celebrará en Vigo a próxima semana
Publicado por C&CdeGaliza en 30.9.09 Etiquetas: MAR, VIGO29 septiembre 2009
Lobeira denuncia retrasos en pagos a cofradías por parte de la Consellería del Mar
Publicado por C&CdeGaliza en 29.9.09 Etiquetas: GALICIA, MARComisión de Pesca do Parlamento Galego, Bieito Lobeira, ven de presentar
unha iniciativa na que lle demanda á Consellaría do Mar que lle pague ás
confrarías de pescadores as axudas que lles debe para pagar os seus servizos
de vixilancia. Denuncia que a Xunta acumula até 9 meses de retraso no
pagamento destas axudas.
O deputado nacionalista alerta que que “por razóns de diverso tipo, moitas das
confrarías do noso país están a atravesar unha situación económica difícil que
pon en risco a pura viabilidade destes pósitos e, en moitos casos, pode chegar
a degradar ou eliminar parte dos servizos que viñan ofrecendo ao sector
pesqueiro e marisqueiro”.
En concreto, lembra que “tradicionalmente, a Xunta de Galiza ven apoiando, a
gtravés de convenios e/ou subvencións ás confrarías e outras entidades
asociativas do sector, a contratación de vixilantes nas áreas explotadas polas
correspondentes confrarías” co obxectivo de loitar contra o furtivismo.
Até 9 meses de atraso no pagamento das axudas da Consellaría do Mar
Neste sentido, Bieito Lobeira a mosa a “preocupación do BNG polas
importantes cantidades económicas de axudas xa concedidas pero non
percibidas que a Consellaría do Mar adebeda a moitos destes pósitos”.
Denuncia que “hai confrarías que levan, nunha situación económica
absolutamente límite, até nove meses de atraso na percepción destas axudas”.
A este respeito, o parlamentario nacionalista lembra que os servizos de
vixilancia das confrarías “veñen suplindo na práctica as limitacións do Servizo
de Gardacostas de Galiza”. Até 174 vixilantes e 68 embarcacións conforman os
efectivos dependentes das confrarías e destinados aos cometidos antes
descritos.
“É evidente -advirte- que a desaparición destes efectivos, tendo en conta a
actual debilidade do Servizo de Gardacostas de Galiza, provocaría unha
situación insustentábel no referido á protección dos recursos pesqueiros e
marisqueiros do litoral galego”.
“É necesario darlle establidade aos servizos de vixilancia das
confrarías”
Ante esta situación, o deputado do BNG pregúntalle á Consellaría do Mar
cando ten previsto pagarlles ás confrarías as axudas concedidas en materia de
vixilancia e solicita que informe sobre as razóns dos atrasos nos pagamentos.
Ademais, pregúntalle á Consellaría do Mar se ten previsto algún mecanismo
que estabilize no futuro os servizos de vixilancia dependentes das confrarías.
Por último, Bieito Lobeira solicítalle á administración galega que explique as
medidas que vai adoptar para garantir a viabilidade económica das confrarías
con maiores problemas económicos.
25 septiembre 2009
Quintana-Rosa- sigue con su guerra contra el furtivismo
Publicado por C&CdeGaliza en 25.9.09 Etiquetas: GALICIA, MARA conselleira lembrou que unha parte primordial da loita contra o furtivismo reside en apoiar aos responsables dos colectivos e asociacións profesionais de mariñeiros e mariscadores e garantiu que dende a Consellería do Mar “non se van escatimar esforzos nesta loita, sexan de xestión, de supervisión ou directamente no mar”. Salientou, así mesmo, que un dos principais obxectivos do seu equipo é conseguir que o furtivismo se tipifique coma delito e recordou que as Consellerías do Mar e de Medio Rural teñen en marcha un grupo de traballo conxunto “para que se recollan de maneira efectiva e decidida” os delitos contra o medio ambiente.
Rosa Quintana sinalou que o actual equipo da Consellería do Mar atopouse cunha situación herdada na que o fenómeno do furtivismo se tiña agravado considerablemente e era preciso actuar “rápida e decididamente” para defender ao 99% dos profesionais que se adecúan ás normas “e que defenden o seu futuro”. De aí a decisión de poñer en marcha un Plan contra o Furtivismo poñendo en común os esforzos de Garda Civil, Policía Nacional, Policía Autonómica, Gardacostas e persoal das Confrarías para contribuír non só a atallar a extracción ilegal de especies mariñas, senón tamén a controlar a comercialización irregular destas especies.
Segundo os datos aportados na súa intervención, no tempo que leva operativo o Plan de Loita contra o Furtivismo lévanse efectuado un total de 136 servizos conxuntos entre as distintas forzas de control e vixilancia. Nestes case tres meses téñense comisado máis de 10.230 aparellos de pesca e retirado da liña comercial e extractiva ilegal máis de 20.600 quilos de produtos do mar.
23 septiembre 2009
Quintana - Rosa- defiende el Plan Galego de Acuicultura
Publicado por C&CdeGaliza en 23.9.09 Etiquetas: GALICIA, MARPor iso, explicou, “a Consellería xa puxo en marcha dende hai dúas semanas o cambio de réxime de acceso á propiedade e xa se estableceron pautas para desbloquear os investimentos”. A responsable do departamento de Mar dixo que “hoxe en día xa se pode investir en 19 localizacións, estando unha pendente da iniciativa administrativa de caducidade das autorizacións”.
Rosa Quintana explicou que este cambio de rumbo xurídico é a mellor proba da firmeza da iniciativa e a mellor garantía do aval da viabilidade, “xa que permite que as empresas teñan para si o solo preciso, sen que este acceso se vexa condicionado aos atrasos de concursos de concesións e demais procedementos a efectuar”.
Na súa comparecencia a petición propia ante o pleno do Parlamento de Galicia para informar das previsións de desenvolvemento dun marco xurídico e administrativo de viabilidade das actuacións e investimentos en materia de acuicultura en Galicia, Rosa Quintana recalcou que “hai que pensar en Galicia e no seu desenvolvemento”. A conselleira reiterou “a man tendida da Xunta ao sector”, apoio que pasa pola necesidade de acabar “cos titubeos e arbitrariedades” e pór en marcha “fórmulas xurídico-administrativas que dean firmeza e seguridade aos investimentos e certifiquen a propia viabilidade das actuacións”.
A titular de Mar destacou que “nun momento de crise onde as oportunidades se minoran e incluso desaparecen” faise imprescindible atopar saídas “a esta situación” e “aínda que non se dispón de todos os proxectos -xa que os seus promotores non os facilitaron todos- os postos a xerar serían 1.501 entre postos directos (654) e indirectos (847)”. Rosa Quintana asegurou que “non se trata dunha proposta baseada nun borrón e conta nova, senón na suma de melloras e na resta de trabas e barreiras” e engadiu que a Xunta traballa para que “a acuicultura avance e que Galicia o faga con ela”.
Rosa Quintana puntualizou que “as 22 zonas acollidas no plan que outorga viabilidade á acuicultura galega son establecidas en base ao seu respecto e seguranza no mantemento do equilibrio medioambiental, social e económico e son extraídas e refundidas dende as redaccións dos plans anteriores”.
Segundo adiantou a responsable de Mar, “este proceso incorporará en breve as modificacións sinaladas – en referencia á inclusión de Touriñán e Lires e a supresión de Laxe Brava, Seiruga, Xandriña e Merexo- contándose co prazo do 2010 para a realización deste procedemento, aínda que o documento que inicie este troco estará xa no presente ano”.
Por último, Rosa Quintana fixo fincapé no impulso e colaboración na investigación e o desenvolvemento tecnolóxico e biolóxico que se levará a cabo dende a Consellería neste campo. “Faise preciso, seguindo o consello de Europa, continuar na liña de aproveitar as sinerxías que o eido público e privado xeran no tinxite ao I+D+I, e neso imos traballar”, sentenciou.
10 septiembre 2009
WFE : visita de inspección
Publicado por C&CdeGaliza en 10.9.09 Etiquetas: MAR, PESCA08 septiembre 2009
BNG pide al gobierno central la investigación exhaustiva de los últimos naufragios
Publicado por C&CdeGaliza en 8.9.09 Etiquetas: ESTADO, MARO deputado nacionalista pede ao Goberno que se realice unha investigación a fondo en ambos casos para esclarecer as causas que motivaron estes sinistros.
En primeiro termo, Jorquera traslada á familia e amigos do patrón falecido do “Hermanos Landrove” o “máis sentido pésame” e amosa a solidariedade do BNG coa súa familia.
O deputado do BNG alude ao naufraxio esta madrugada fronte a Cedeira do “Hermanos Landrove” e que se cobrou a vida do patrón. Pregunta ao Executivo a que hora recibiu Salvamento Marítimo o sinal de alerta da radiobaliza, a que hora activou o dispositivo de salvamento e canto tempo tardaron ditos medios en chegar ao lugar do sinistro.
Quer saber tamén se o “Hermanos Landrove” con base en Cariño pasou todas as inspeccións e controis pertinentes e cando foi a última revisión.
Pasou o “Nosa Cantiga” as inspeccións pertinentes?
Respeito ao naufraxio do pesqueiro con base en Ribeira, o “Nosa Cantiga”, o pasado domingo 6 de setembro, a 19 millas da costa portuguesa, Jorquera tamén quer que se esclarezan as causas deste sinistro.
De igual xeito, pregunta ao Goberno se Salvamento Marítimo recibiu sinal de alerta do barco afundido. “Houbo operación de resgate? De ser así, ¿que medios participaron?”, son algunhas das cuestións que formula na súa iniciativa.
O deputado do BNG alude especialmente ás condicións do “Nosa Cantiga”: un arrastreiro con 42 anos de antigüedade, que levaba sete anos amarrado a porto, que no 2008 foi obxecto dun expediente por abandono, que “de maneira sorpresiva se salvou de ser desguazado e foi reparado polo actual armador que o recuperou hai uns meses para a actividade pesqueira”. Tamén enfatiza o feito de que, según as información, “non poseía permiso temporal de pesca xa que lle caducara o 30 de xuño”.
Neste sentido, pregunta ao Goberno “como é posíbel que un barco de 42 anos e tantos problemas volte a estar operativo para faenar? Tiña todos os requisitos exixidos a un pesqueiro para que poida pescar? Como se explica que estivese navegando cando tiña a licencia de pesca caducada? Como é posíbel que non se controle e vixíe este tipo de circunstancias?”, son as preguntas que o deputado do BNG dirixe ao Goberno.
E remata solicitando ao Goberno que este último caso sexa motivo dunha investigación a fondo e que se exixan responsabilidades.
07 septiembre 2009
Congreso Internacional sobre Cefalópodos comenzó en Vigo
Publicado por C&CdeGaliza en 7.9.09 Etiquetas: MARA titular do Mar sinalou que a flota galega “dende a artesanal ata as grandes embarcacións que faenan en Malvinas, Mauritania ou no Gran Sol” posúen nos cefalópodos “un sustento importante da súa actividade”. Isto, lembrou, é o que leva a Galicia a consolidarse á cabeza de España e de Europa na pesca deste molusco e recordou que os barcos galegos extraen anualmente ao redor de 8.000 toneladas de cefalópodos, “entre as que destacan as máis de 4.000 de polbo de roca capturadas pola flota artesanal e de litoral”.
Na súa opinión a importancia económica, cultural e gastronómica desta especie motivou un esforzo pesqueiro ao longo dos anos cuxas consecuencias derivaron na necesidade de efectuar unha xestión específica e restritiva de cara a preservar estes recursos, “o que propugnou paralizacións temporais da flota, determinación de tamaños das capturas e, sobre todo, de artes de pesca” recordou. Neste senso sinalou que “Galicia e a Consellería do Mar teñen no vindeiro 31 de decembro unha data clave” para determinar o futuro e a viabilidade deste pesquería. “Nesta data, cumpridos os plans de recuperación previstos, tocará avaliar os resultados e propor medidas de futuro” sinalou Rosa Quintana, quen lembrou que dende a Consellería “buscaremos o equilibro entre os ámbitos ambiental, económico e social” para garantir a continuidade desta actividade extractiva en augas galegas.
Rosa Quintana participou na inauguración do congreso internacional sobre cefalópodos xunto co presidente do Cephalopod International Advisory Councyl (CIAC), Alexander Arkhipkin, o decano da Facultade de Ciencias do Mar da Universidade de Vigo, Jesús S. Troncoso; a delegada de España na International Council for the Exploration of the Sea (ICES), Carmela Porteiro e os científicos do CISC Ángel Guerra e Ángel González, organizadores do congreso.