27 octubre 2009
Moaña : retornan as xornadas técnico-pedagóxicas sobre o parque biosaudable.
Publicado por C&CdeGaliza en 27.10.09 Etiquetas: MOAÑA30 septiembre 2009
12 entes de O Morrazo se beneficiarán de ayudas culturales de Deputación
Publicado por C&CdeGaliza en 30.9.09 Etiquetas: BUEU, CANGAS, MARIN, MOAÑA, RIAS BAIXAS, SOCIEDAD Y CULTURAMáis concretamente, as axudas para a compra de instrumentos e vestiario contan cun importe de 115.000 euros e irán destinadas a 134 asociacións; as de participación cidadá con 100.000 euros para 61 asociacións, e finalmente; a liña de axudas para a mellora de infraestruturas contan cunha dotación económica de 385.000 euros para 71 asociacións.
Na comarca do Morrazo beneficiaranse destas liñas de axudas 12 entidades que recibirán unha contía de 14.089 euros. Concretamente, en Bueu recibirán subvencións para a adquisición vestiario a Agrupación Cultural Folclórica Retrouso de Cela; e a coral polifónica Marusía. E para a adquisición de vestiario a Banda de Música Artística de Bueu.
En Cangas recibirán axudas para a compra de instrumentos as asociacións Cacarexo e Belas Artes e para vestiario as asociacións Lembranzas da Ría de Cangas e Danza do Hío. Na liña de axudas de Participación Cidadá recibirá a colaboración da Deputación a Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo para a 4º feira de Oportunidades.
En Marín, recibirán subvencións para a compra de dúas gaitas a Asociación Cultural Airiños de San Xulián. Na liña de axudas de Participación cidadá, a Asoc Hispano Alemana de Marín para o seu 29 curso de verán.
Finalmente, en Moaña, recibirán axudas para compra de vestiario o coro Sta Eulalia de Meira e Coro Ondas da Ría. No marco das axudas para a mellora de infraestrutura, a Asoc Sudeste, para a recuperación e rehabilitación do galeón Eliseo 3º fase.
Entrega de material deportivo a entidades de O Morrazo
Publicado por C&CdeGaliza en 30.9.09 Etiquetas: BUEU, CANGAS, DEPORTES, MOAÑA, RIAS BAIXASConcretamente, ás 19.00 horas achegarase ata o pavillón municipal de Moaña para facerlle entrega de diversas dotacións ó Club Balonmán de Moaña. Seguidamente, ás 19.30 horas desprazarase ata o campo Javier Guimeráns para entregarlle material ó Club Cruceiro de Hío.
Finalmente, José Enrique Sotelo, ás 20.00 horas achegarase ata o Club Cultural e Deportivo de Beluso para tamén facer entrega de diversos materiais para a práctica do deporte.
Entre outras dotacións, o deputado fará entrega de colchonetas, picas, balóns, petos e vallas.
29 septiembre 2009
Moaña : presentan as novas instalacións da Escola de Instrumentos Tradicionais
Publicado por C&CdeGaliza en 29.9.09 Etiquetas: MOAÑA, SOCIEDAD Y CULTURA26 septiembre 2009
MOAÑA : Pastoriza logra acuerdos que permitirán mejoras en la plaza Lola Diz
Publicado por C&CdeGaliza en 26.9.09 Etiquetas: MOAÑAEste parque infantil- de mais de 700 metros cadrados-, contaba ata de agora con piso de gravilla (coñecido popularmente como garbancillo). Este piso provocaba que o seu uso por parte dos veciños, non fora o que se podia esperar dunha instalación deste tipo. De igual xeito producianse estancamentos das augas da chuva e non resultaba atractivo para o acceso de cadeiras de nenos.
Dende esta semana, o parque atopase pechado por obras. Ata de agora retiraronse a almacen os elementos que estorbaban para levar a cabo -a vindeira semana-, a instalación de novo piso de formigon pulido en toda a extensión do parque.
Posteriormente reinstalaranse, con nova distribución, os elementos do parque xa existentes. Procederase a instalación de novo arbolado e unha fonte dentro do parque. Ali onde o necesite instalarase piso de goma. O parque xa conta con peche de protección perimetral propio, a pesar de estar ubicado no interior dunha gran zona verde.
"Non descartamos que no futuro , o Concello complete e mellore a dotación de elementos do parque incorporandolle algun que outro novo xogo no espazo disponible despois de esta gran actuación que asumira na sua maior parte a Xunta de Compensación do plan parcial do Rosal", referiu Víctor Pastoriza.
De igual maneira, tamen queremos informar que en breve procederase a instalación do novo parque biosaudable que a Xunta de Compensación do Rosal e o Concello instalaran nunha parcela axardiñada, ubicada no paseo do Poeta Manuel Maria, enfrente da piscina e do IES As Barxas.
23 septiembre 2009
Axuda de Deputación á Confraría de Pescadores de Moaña
Publicado por C&CdeGaliza en 23.9.09 Etiquetas: MOAÑA, RIAS BAIXASAsí, a confraría terá acceso a un furgón da marca Citröen modelo Jumpy HDI 120. Este vehículo ten un custe de 26.273,44 euros, non obstante, deste orzamento, a Deputación asumirá o 23,1%; Caixanova outro 23,1% e, pola súa banda, a entidade automobilística Citröen realizará un desconto no prezo do 30,7% de xeito que, finalmente, a confraría asumirá a contía restante, outro 23%.
Manuel Pena salientou que este vehículo será utilizado principalmente polas 300 mariscadoras integradas na confraría. Segundo explicou “moitas delas teñen certa idade polo que este furgón serviralles de apoio no seu traballo diario para non ter que transportar ó lombo a mercancía”.
Segundo explicou Louzán, esta acción enmárcase nun plan impulsado pola Deputación en colaboración con Caixanova e Citröen que terá por obxecto a concesión de vehículos a 80 entidades asistenciais e deportivas da provincia sen ánimo de lucro. A institución provincial está a investir nesta iniciativa un orzamento de preto de tres millóns de euros.
O titular da Deputación comentou finalmente que esta acción, ademais de satisfacer unha demanda recorrente por parte dos colectivos sociais e deportivos da provincia, tamén contribuirá á reactivación económica de sectores clave na economía provincial como é o da automoción e xerar emprego nestes momentos de crise económica.
10 septiembre 2009
Concello de Moaña : aviso
Publicado por C&CdeGaliza en 10.9.09 Etiquetas: MOAÑACurso de Pintura 2009-2010.
A Concellería de Cultura e Ensino pon en marcha un novo curso de pintura en colaboración co colectivo "A carón do Mar".
O Curso de pintura será impartido por un membro do colectivo “A carón do Mar”, Lito Portela, en sesións de 2 horas por semana.
Este curso levarase a cabo no Centro Cultural de San Martiño, en horario a determinar polos asistentes
.O obxectivo do curso será fomentar a pintura entre os veciños afeccionados a esta manifestación artística.
A duración do curso será de 8 meses que irán de outubro 2009 a maio 2010.
O curso organizarase en 2 trimestres e 1 bimestre:
Curso aceptará a 30 alumnos, que sexan maiores de 6 anos.
O prazo de preinscripción comeza o vindeiro día 15 ata o 30 de setembro. A inscripción irá do 1 ó 10 de Outubro . O coste será de 24€ por alumno.
Para a preinscripción dirixirxe ó Dpto. de Cultura no concello de Moaña, ou ben por Internet, ó correo moanacultura@gmail.com, Detallando, nome, dirección, tlf de contacto,e DNI (Nome dos pais e do alumno en caso de ser menor).
09 septiembre 2009
Mar de Ons arrojó la toalla en Moaña pero ya tiene quien le reemplace en el transporte de Ría ( incluído Cangas...)
Publicado por C&CdeGaliza en 9.9.09 Etiquetas: CANGAS, MOAÑA, VIGOO director xeral aclarou que, tras solicitar os correspondentes permisos, esta empresa iniciará os servizos entre Moaña e Vigo dende ás 6,15 horas do luns 14 de setembro e matizou que, posteriormente, tamén iniciará os servizos entre Cangas e Vigo, nunha situación de competencia de mercado co actual operador, Mar de Ons, que sen dúbida redundará nunha mellora da oferta de transporte que se ofrecerá aos cidadáns.
Ademais, coa entrada deste novo operador nos servizos de transporte de ría en Cangas e Moaña prestará os seus servizos en libre competencia, axustándose á normativa comunitaria.
Proceso de negociación
O representante da Consellería de Medio Ambiente aclarou que o reestablecemento deste servizo é froito das negociacións levadas a cabo pola Xunta de Galicia ao longo destas semanas, para intentar atopar unha solución a esta problemática. Por outro lado, lamentou que os concellos afectados non manifestaran un compromiso máis claro e transparente perante este problema.
Recordou que a Xunta de Galicia, a través do departamento que dirixe Agustín Hernández, facilitou o entendemento e colaboración e, incluso manifestou o seu compromiso de sufragar o 80% dos fondos necesarios para o mantemento do transporte de ría entre Vigo e Moaña, é dicir, comprometeuse a aportar o 80% dos custes do convenio que garantiría a continuidade deste servizo.
Tamén sinalou que a porcentaxe restante debería ser aportada polas entidades municipais, cuestión para a que non tivo apoios e, explicou que esa fórmula de colaboración enmarcase dentro do ordenamento xurídico, ademais de constituír a vía legal.
Incorporación ao Plan de Transporte Metropolitano
Miguel Bugarín recordou que dende a Xunta de Galicia defendese a postura de que o transporte de ría deberá incorporarse nun futuro próximo ao Plan de Transporte Metropolitano de Vigo, o cal aportará grandes vantaxes aos usuarios, contribuíndo así ao seu propio mantemento. Augurou que dentro deste marco poderase contar coa colaboración dos concellos para implantar este plan que redundará en beneficio de todos os cidadáns, tal e como sucedeu noutros casos.
Ademais, o representante da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas explicou esta colaboración sería semellante á colaboración (vía convenio) ao que está establecido cos concellos de A Coruña, Ferrol ou Santiago de Compostela para o desenvolvemento do transporte metropolitano.
Por último, incidiu en que esta colaboración debe ser abordada entre ambas administracións e non só por parte da Xunta ou doutras administracións distintas ás da local, xa que de realizarse así, romperíase a unidade de transporte metropolitano de Galicia, caracterizado por estar participado pola Administración autonómica e local.
03 septiembre 2009
Transporte de Ría : la Xunta de F-009 toca una melodía parecida a la que tocaban los Tourinho´s
Publicado por C&CdeGaliza en 3.9.09 Etiquetas: CANGAS, INFRAESTRUCTURAS, MAR, MOAÑA, VIGONese senso, manifestou que a porcentaxe restante debe ser aportada por parte das entidades municipais. Explicou que esta fórmula de colaboración enmarcase dentro do ordenamento xurídico, ademais de constituír a vía legal.
O representante da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas plantexou un convenio semellante ao que está establecido cos concellos de A Coruña, Ferrol ou Santiago de Compostela para o desenvolvemento do transporte metropolitano e no se que incluiría -nunha primeira fase- de forma urxente e exclusiva o transporte de ría.
Incidiu en que esta colaboración debe ser abordada entre ambas administracións e non só por parte da Xunta ou doutras administracións distintas ás da local, xa que de realizarse así, romperíase a unidade de transporte metropolitano de Galicia, caracterizado por estar participado pola Administración autonómica e local.
Cómpre sinalar que as administracións reunidas esta mañá coincidiron na gravidade desta situación, polo que acordaron establecer novos contactos e reunións nos vindeiros días, coa finalidade de atopar unha solución a esta problemática. Non obstante, a Xunta está a explorar a validez legal e práctica doutras vías, para atopar unha solución ás dificultades atopadas hoxe.
27 agosto 2009
Moaña : finaliza "Mar e Arte"
Publicado por C&CdeGaliza en 27.8.09 Etiquetas: MOAÑA19 agosto 2009
"Mar e Arte", exposición en Moaña desde el 21 de agosto
Publicado por C&CdeGaliza en 19.8.09 Etiquetas: MOAÑA, SOCIEDAD Y CULTURAA exposición contará coa a obra de diferentes artistas;
-Manuel Varela.
-Roberto Brañas.
-Xulio Lago.
-Basilio González.
-Xulia Leida.
-Pepe Guenaga.
-Nestor.
-Pablo Sexto.
-Carlos Graña.
-Jesús Corrales.
11 agosto 2009
13 de agosto : Cultura en Ruta
llega a Moaña
Publicado por
C&CdeGaliza
en
11.8.09
Etiquetas:
ESPECTACULOS,
MOAÑA
El espectáculo se inicia a las 12.00 con un pasacalles de gaiteiros. A las 19.00 horas, al pie del camión escenario situado en el Paseo Marítimo, comenzará la diversión infantil con la compañía “2 pallasos en apuros”, una comedia que pretende acercar al público infantil y familiar las aventuras y desventuras de una atípica pareja de clowns, con humor, la complicidad y la ilusión heredadas de los números clásicos de payasos de circo. A las 21.00 horas, en el camión escenario actuará el grupo de rock “El Tolo” y a continuación, sobre las 22.30 tendrá lugar el fin de fiesta con la actuación del grupo folk Brath.
BRATH
Es un grupo gallego de folk que lleva más de veintisiete años juntos realizando música de raíz, pero con una especial influencia del rock progresivo: caracterizado desde sus comienzos por haber incluido los sonidos de un bajo electrónico y de una batería en sus canciones. Tiene una amplia discografía que avala su trabajo, discografía que se completa con grabaciones de discos colectivos y bandas sonoras para filmes y series de televisión. Además de realizar, en este concierto, un recorrido por los temas de su trayectoria musical, la compañía nos ofrecerá temas de su nuevo trabajo “Camiño de Compostela”.
La entrada a los espectáculos será libre.
14 julio 2009
Moaña : adiante as obras de reordenacion do porto de Meira
Publicado por C&CdeGaliza en 14.7.09 Etiquetas: INFRAESTRUCTURAS, MOAÑAEsta licitacion votou a andar coa publicacion no DOG o pasado 20 d febreiro de 2009, sendo presidente do ente Portos de Galicia o socialista Jacinto Parga. E unha obra que avanza na integracion do Porto coa vila, e que dara continuidade as obras recien inauguradas do paseo da Xunqueira", referiu Pastoriza.
Podese seguir toda a tramitacion en http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=11520.
Moaña : más esfuerzos para alcanzar el reconocimiento de los 20.000 habitantes
Publicado por C&CdeGaliza en 14.7.09 Etiquetas: MOAÑAA rotulación levase a cabo coa placa que foi acordada por consenso de todolos grupos politicos de Moaña.
Asi, lugares como Riazón, a Martinga, Entre os valos, Prado das Barxas, Xeira, A Canexa, Xaldeiro, O Pontillon, O Cano, Fonte Bieita e outras, que nunca contaron con placas nas ruas estan debidamente sinalizadas.
Nesta ocasion colocaranse 64 placas (29 vias).
En breve acometerase identica actuación coas vias que figuran no INE das entidades colectivas Domaio, Meira e Tiran.
Para o ano queda a identificación das vias que non aparecen reflexadas no rexistro INE.
"Esta iniciativa encadrase no obxetivo do Concello de Moaña de acadar nesta lexislatura a cifra de 20.000 habitantes", referiu finalmente o tenente de alcalde socialista de Moaña.
08 julio 2009
Moaña: cierran el acceso a varios parques infantiles por las obras en curso
Publicado por C&CdeGaliza en 8.7.09 Etiquetas: INFRAESTRUCTURAS, MOAÑA"Esperamos que nenos e maiores poidan disfrutar -canto antes- dos novos elementos dos parques que contaran cun renovado aspecto e co piso de seguridade necesario en todolos elementos.Unha vez se remate nestes parques acometerase identica actuación no de Tiran.
A actuación definitiva no parque do Casal vaise demorar ata a construcción do acceso o campo de futbol, xa que dende o Concello quere habilitarse unha gran entrada o campo de futbol do Casal dende a estrada provincial EP-1104.
Noutro orde de cousas, tamen quero anunciar que a Xunta de Goberno do pasado luns aprobou a cancelación do mercadillo ambulante do vindeiro sabado 18 , pola coincidencia do mercado coas festas do Carme e a ocupación do espazo habitual do mercado polas atraccións de feira", explicou o tenente de alcalde de Moaña, Vítor Pastoriza.
05 julio 2009
Moaña : regularización
del mercadillo ambulante
Publicado por
C&CdeGaliza
en
5.7.09
Etiquetas:
MOAÑA
Neste proceso regularizador, a Xunta de Goberno tramitou a autorización de 57 vendedores ambulantes.
A Cooperativa RiasLachan Galicia, remitiu con data de entrada no rexistro do Concello 29 de maio de 2009, documentación de constitución da cooperativa , relacion de socios cooperativistas, copia da tarxeta acreditativa de venda ambulante, certificado de non manter debedas coa facenda do estado,copia do IAE, copia do NIF e outra documentacion que non lle foi solicitada dende o Concello. A Cooperativa Rias Lachan solicita autorización para a instalación de 67 postos.
Na Xunta de Goberno do 8 de xuño, acordouse solicitar informe o asesor xuridico do Concello o respecto da solicitude dos 67 postos de RiasLachan.
O asesor xuridico do Concello remite informe con data 26 de xuño, e conclue que a Cooperativa RiasLachan, como persona xuridica solo podera obter licenza para ocupar 1 unico posto de venda ambulante. A vista do informe, a Xunta de Goberno do 29 de xuño acorda notificar o representante da Cooperativa que obteran licenza para ocupar 1 posto, para o cal deben sinalar o socio cooperativista o que se lle expedira a oportuna licenza municipal, todo isto nun prazo de 15 dias.
Con este calendario, o novo prazo que se manexa para que todolos ambulantes do mercado de Moaña teñan a vista a correspondente autorización municipal e o sabado 25 de xullo.
A Xunta de Goberno da vindeira semana tratara, e previsiblemente aprobara a cancelación do mercado ambulante que se deberia realizar o sabado 18 de xullo, cando o recinto onde se celebra o mercado esta ocupado pola celebración das festas do Carmen. A experiencia do ano pasado invita a esta cancelación.
Tamen se acordou na Xunta de Goberno, dirixirse a inspección de traballo para que aumente o control da situación laboral das diferentes persoas fisicas e xuridicas que veñen realizando labores de venda no entorno da praza de Abastos.
02 julio 2009
MOAÑA : la política de transparencia de Vítor Pastoriza sigue brillando a través de sus sucintos informes
Publicado por C&CdeGaliza en 2.7.09 Etiquetas: MOAÑATuveron entrada no departamento as seguintes solicitudes :
1 solicitudes de albaneleria.
58 avisos de avarias na rede alumeado
4 solicitudes de instalacion de novos puntos de luz
7 solicitudes de autorización de auga domestica
1 solicitude relacionada con augas pluviaias
6 avisos de baches
2 solicitudes de instalacion de bancos
4 solicitudes de actuacions en beirarruas
6 solicitudes de actuacións de carpinteria.
6 solicitudes de desbroce manual.
9 solicitudes de desbroce tractor
12 solicitudes de electricidade.
2 solicitudes de retirada de escombros
5 solicitudes relacionadas con espellos
6 solicitudes de fontaneria
3 solicitudes de actuacions en fontes e lavadoiros
1 actuacion de formigonado
2 solicitude relacionado coa limpeza de reixas
23 solicitudes relacionadas coas testeriras
solicitudes relacionadas coa limpeza viaria
2 solicitudes relacionadas con marquesina
solicitude de instalacion de 1 palco
4 solicitudes de actuacions en parques infantis
8 solicitudes de portes
1 solicitudes de actuacions en reixas
7 solicitudes de autorizacion de conexion a rede de saneamento
actuacions en semaforos
5 solicitudes de actuacion en sinalizacion
2 solicitudes de vados
54 solicitudes sen clasificar
15 actuacions de xardiñeira
Remataronse as seguintes actuacions.
Colocaronse 3 novos puntos de luz.
Levouse a cabo a instalacion de alumeado no Estripeiro (Samertolameu).
Atenderonse 60 incidencias na rede de alumeado publico.
Tramitaronse 13 autorizacións de auga domestica.
En colaboracion coa concesion levouse a cabo a instalacion da rede de auga no Campo de futbol do Casal.
En colaboración coa concesión instalouse a rede de Saneamento no vial do preescolar de Berducedo.
En colaboración coa concesión instalouse rede de Saneamento na travesia das Raiñas e o pavillon da Xunqueira
Acometeronse duiversas actuacions en beirarruas en Mendez Nuñez
Acometeronse 7 actuacions en carpinteria,
O tractor desbrozador actuou no vial que bordea Rodman, no vial de acceso o Beque, na Lameira e no vial de Albariños
15 actuacions de electricidade.
3 actuacions de retirada de escombros.
1 espellos de reposicion
42 actuacions en fontaneria.
3 actuacions en fontes e lavadeiros.
Intensa actividade en limpeza de praias
23 actuacions en Testeiras.
1 actuación en marquesina.
2 actuacions de instalcion de palcos
2 actuacions en parques infantis
5 actuacions de portes.
2 actuacions en reixas.
23 actuacions en saneamento.
actuacions en semaforos
7 actuacions en sinalizacion
40 actuacions sen clasificar
11 actuacions extra de xardiñeria.
Sen novidade nos traballos ordinarios de limpeza de edificios
Sen novidade nos traballos ordinarios de xardiñeria, baixo minimos.
Destacar a colaboración do departamento na preparacion das foguerias de San Juan, e tamen na proxima retirada dos restos delas.
A pesar da escasez de recursos volcamonos na limpeza de praias.
En xeral , a actuación do departamento sigue mui condicionada polas carencias de persoal, toda vez que inda non se resolveu por parte da Xunta parte das solicitudes que fixo o Concello de persoal nos programas de cooperacion local. Para o persoal concedido, que foron 4 peons de xardiñeria e 1 oficial, iniciase o proceso de selección.
Previsións mes de xullo.
Quedan pendentes da disponibilidade de persoal de cooperacion local e do calendario de vacacions, en todo caso teran prioridade as labores de limpeza de praias, xardins, e remate das actaucions en marcha.
Pequenos avances na obra de abastecemento a Piñeiros e Broullon.
A punto de rematar a obra de saneamento en Pontellas, a seguinte obra que se acometera sera a da mellora da rede en Caiagua. Perfectamente plantexadas as de Fontes e de Igrexario.
Obras Plan E.
Rematado o alumeado entre A Cerradiña e o acceso o corredor na Devesa e o tramo das Roteas.
Rematado a mellora do alumeado na EP-1102 entre Pombal e Couso, e o tramo da Curva da Morte e Couso.
En curso a mellora do alumeado na PO313 entre o Portal do Almacen e as ultimas vivendas de Broullon no entorno da Fraga, coa instalacion de novo alumeado entre Sabaceda , o acceso o corredor no muiño do inferno e Broullon. Esta obra sera de mais lenta execución polas condicionantes do trafico e o aparcamento.
Levandose a cabo traballos de instqalación de elementos, peches e soleiras de formigon para o piso de goma nos parques infantis de Almacen, Samertolameu, Praia, Tiran e Casal.
A semana do 20 de xullo daran comezo as obras da mellora da Praia-Seara.
Planificada a actuación nas zonas de aparcamento e beirarruas na zona de Barreiros e na PO551 entre Rosalia de Castro e Curros Enriquez, a data de comezo esta pendiente de ser acordada, de igual xeito que a obra de acondicionamento de viales e pluviais do Caeiro
Nava Castro visita FECIMO
Publicado por C&CdeGaliza en 2.7.09 Etiquetas: BUEU, CANGAS, MOAÑAGalego do Comercio á actual Directora Xeral de Comercio, Dna. Nava Castro.
Neste acto de carácter institucional participaron ademáis da Federación
de Comerciantes e Industriais do Morrazo, asociacións de toda a provincia
pertencentes ó Foro Galego de Comercio – Asociación de Comerciantes y
Empresarios Calvario, Centro Comercial Urbano Zona Monumental de
Pontevedra, Asociación do Baixo Miño de Comerciantes e Empresarios da
Guarda, Centro Comercial Aberto de Vilagarcía Zona Aberta, etc.-
Coma estaba previsto, serviuse un café de benvida e de seguido os
asistentes reuníronse no salón de actos, onde Dna. Nava Castro foi presentada
formalmente por Xosé Bangueses.
Foi un pracer para ela visitar a Comarca do Morrazo, unha zona que
coñece moi ben esta veciña de Ponteareas. Comezou o seu discurso calificando
o comercio coma unha “actividade social, máis que económica, que fai vila.”
Falou tamén de traballar unidos e levar a cabo unha boa xestión.
Tratouse logo un dos puntos máis agardados polas asociacións: a Lei de
Comercio. A Directora Xeral fixo pública a súa intención de ter rematado o
borrador da lei para o 30 de Xullo. Ademáis creará un foro aberto a todos para
falar da normativa comercial. Estará aberta a suxerencias, ideas, alternativas,
etc. Con isto quixo tranquilizar ás diferentes asociacións, asegurando que a
Consellería sempre vai defender ó comercio de proximidade.
Dna Nava Castro anunciou tamén que está previsto para setembro
conceder uns préstamos do ICO para Centros Comerciais Abertos.
Para pechar o acto, os asistentes pedíronlle como compromiso á
Directora Xeral de Comercio que se conte con eles como unha voz máis para
todo o que se leve a cabo dende a Consellería, que as axudas que se
conseguiron en todos estes anos de traballo non baixen e que a finais de ano se
faga unha lei de comercio que non perxudique ó pequeno comercio.
Finalmente, Dna Nava Castro tivo a oportunidade de dar un paseo polo
Centro Comercial Urbán de Cangas, visitando algúns dos seus establecementos.
24 junio 2009
BNG insta a la Xunta a resolver ya el conflicto de la carretera Moaña-Marin
Publicado por C&CdeGaliza en 24.6.09 Etiquetas: MARIN, MOAÑANeste sentido, solicítalle ao Goberno da Xunta que manteña unha interlocución e negociación tanto co concello de Marín como cos veciños afectados.
As decisións da Consellaría non aportaron solucións
O deputado do BNG considera que as últimas decisións tomadas pola Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas en relación co conflicto en demanda de máis seguridade vial que manteñan os veciños e veciñas con casas nas inmediacións da PO-313 “non só non contribuíron a aportar solucións, senón que ademais xeraron incertidume e maior preocupación”.
É necesaria unha actuación urxente para mellorar a seguridade vial e atender as demandas dos veciños
Así, Bieito Lobeira lembra que os veciños e veciñas levan anos defendendo a adopción de medidas urxentes neste vial en materia tránsito, seguranza e humanización da estrada. Neste sentido, salienta como actuacións prioritarias que debería levar a cabo a Consellaría a dotación de beirarrúas, marquesiñas nas paradas de transporte público, pasos de peóns, ou a mellora da iluminación.
Ademais, o deputado do BNG demanda que a Xunta “resolva de xeito definitivo e seguro, e coa máxima urxencia, o actual problema xerado pola líña que impide a mínima comunicación nos sentidos contrarios da mesma estrada”. Propón como solución a posibilidade de instalar redondas nos lugares máis acaídos, que permitan a rotación do tránsito rodado de vehículos.
20 junio 2009
LA XUNTA apoya Alternalia, la Feria de Energías Renovables y Ecología que tiene a Moaña como sede
Publicado por C&CdeGaliza en 20.6.09 Etiquetas: ECONOMIA, MOAÑA
Moaña (MORRAZO-TRIBUNA).- A Consellería de Economía e Industria, na súa aposta pola promoción e difusión de comportamentos sostibles e compatibles co medio ambiente e á saúde, achegará 30.000 euros para o financiamento de Alternalia, a Mostra de Bioconstrución, Enerxías Renovables e Ecoloxía que organiza a Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo (FECIMO) en colaboración co Concello de Moaña e o Instituto de Ensinanza Secundaria A Paralaia. O acordo foi asinado esta mañá polo director xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, Ricardo Capilla Pueyo, e o presidente de FECIMO, Xosé Bangueses García.
A feira Alternalia, nome que desde o ano pasado tomaron as Xornadas Técnicas sobre Bioconstrución e Enerxías Alternativas que viña celebrando o Concello de Moaña no IES A Paralaia, terá lugar os días 26, 27 e 28 de xuño no Paseo Marítimo desta localidade pontevedresa. Participarán máis de 30 expositores de toda Galicia e estará complementada por xornadas e conferencias sobre o medio ambiente e a utilización de enerxías alternativas que se celebrarán no Centro Sociocultural de Caixanova. Como eixos temáticos fundamentais, Alternalia aborda a bioconstrución, a xestión de residuos, a redución de emisións contaminantes, e a eficiencia no consumo enerxético.
A colaboración da Consellería de Economía e Industria contribuirá ao desenvolvemento da feira financiando, entre outros gastos de organización, os custos de aluguer da carpa e dos stands para a exposición e as instalacións para a celebración das conferencias. Esta participación responde ao interese de Economía e Industria por apoiar accións de promoción e difusión de comportamentos sostibles e compatibles co respecto ao medio ambiente e a saúde, especificamente no que se refire á construción.
Así o establece o programa de Tecnoloxía dos Materiais e Construción do Plan Galego de I+D+i 2006 – 2010 (INCITE), no que se consideran prioritarias as iniciativas a prol da minimización do consumo enerxético das construcións e do uso de novos materiais e da optimización da súa calidade. Do mesmo xeito, as medidas de política enerxética da Consellería de Economía e Industria promoven a bioconstrución para acadar un modelo de vivenda saudable, utilizando materiais non contaminantes nin tóxicos, reutilizables e reciclables, aforrando enerxía e aproveitando as enerxías renovables.