Mostrando entradas con la etiqueta SOCIEDAD Y CULTURA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta SOCIEDAD Y CULTURA. Mostrar todas las entradas

29 octubre 2009

Fallados los premios "Valle Inclán"

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA) .-  Os traballos «Ramón del Valle-Inclán: Luces de Bohemia, una revolución dramática con una carta autógrafa inédita de C. Rivas Cherif» de Jean Marie Lavaud e «Josefina Blanco y Ramón del Valle-Inclán: Pedestal de los sueños» de Antonio Deaño Gamallo e Jesús Rubio Jiménez foron os traballos gañadores ex aequo do Premio de Investigación Valle Inclán convocado pola Deputación Provincial e o Concello de Vilanova dotado con 20.000 euros e que será divulgado a través da súa publicación, que suporá un premio de 10.000 euros para os autores de cada traballo.

Al BNG no le gustan los presupuestos de Cultura

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA) .- A portavoz de Cultura do BNG, Ana Pontón, advertiu que os Orzamentos da Consellaría de Cultura para 2010 “non son os que precisan o noso sector turístico e as industrias culturais galegas para sair da crise”. 

Los presupuestos que maneja la Consellería de Cultura de la Xunta para 2010

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA) .-O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, presentou hoxe no Parlamento os orzamentos para o 2010, que o seu departamento “adecuará de cara ao novo exercicio á realidade económica actual asumindo os axustes necesarios a través da racionalización do gasto”. Como eixes centrais dos presupostos, Roberto Varela sinalou que o Goberno galego “pese á conxuntura económica actual, aposta polo fortalecemento do sector turístico e o apoio ao sector da Cultura de Galicia”

López Barxas, ahora metido a político en la Xunta, da unos cuantos elogios a la figura de Valle Inclán que tanto cuida la Deputación de Pontevedra

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA) .-Tras asistir na Deputación de Pontevedra á reunión do xurado que fallou o premio Valle Inclán, o director xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Francisco López, enxalzou a súa figura como “fabulador e creador de personaxes que perviven cunha forza única e misteriosa no noso imaxinario, no imaxinario de cantos aquí estamos, no de toda a sociedade que o le ou o escoita subxugado por un máxico recendo que non somos quen de explicar, que nunca o seríamos de repetir. “Un xenio singular, personaxe único, artista sublime, orixinal”, resumiu.

28 octubre 2009

Enésima predicación de la Xunta
sobre la nueva etapa de las escuelas oficiales de idiomas

-
Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA) .-A nova ordenación nas Escolas Oficiais de Idiomas, implantada a partir da circular 5/2009, permitiu este curso atender a 3.119 estudantes máis en toda Galicia, segundo explicou hoxe en rolda de prensa o director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, José Luís Mira Lema. A redistribución da carga lectiva do profesorado deu a posibilidade, ademais, de elaborar unha nova oferta de  cursos específicos dirixidos a colectivos profesionais da sanidade, o comercio, ou o transporte de viaxeiros, entre outros.

Presenta Deputación libro de Pedro Dobao

-
Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA) .- O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, acompañado do vicepresidente provincial, José Manuel Figueroa, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Lucía Molares, presentou  o libro «Pedro Dobao», xunto ó autor, no Museo MARCO de Vigo.
Louzán, que destacou “a honra que supón para a Deputación de Pontevedra poder presentar na cidade de Vigo esta transcendental publicación”, apuntou que “o mundo da arte está representado nela a través dunha escolma da obra de Pedro Dobao, unha obra de concepción xeométrica, que o artista foi situando nas paisaxes das distintas cidades e lugares de toda Galicia”.

27 octubre 2009

Muere la Condesa de Fenosa

-
Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA) .- Carmela Arias y Díaz de Rábago, condesa de Fenosa y presidenta de la Fundación Pedro Barrié de la Maza, ha fallecido hoy en A Coruña. Tenía 89 años. Viuda de Pedro Barrié de la Maza, a la muerte de éste en 1971 fue nombrada presidenta del Banco Pastor y de la fundación que lleva el nombre del que fue su marido. En la actualidad era presidenta de honor del Banco Pastor. Rigió los destinos de la entidad hasta el año 2001. Entonces dio el relevo a su sobrino, José María Arias Mosquera. La presidencia efectiva de la Fundación Barrié la mantuvo hasta su muerte.
Entre las numerosas distinciones que mereció a lo largo de su vida destaca la Gran Cruz de la Orden Civil de la Beneficencia, la medalla Castelao y otras muy destacadas. También fue nombrada hija predilecta de A Coruña. Por su mecenazgo de las artes era académica de honor de la Real Academia Gallega de Bellas Artes de Nuestra Señora del Rosario y medalla de oro de la Academia de Bellas Artes de San Fernando.

COMUNICADO DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, en nome da Corporación Provincial, fai público o seguinte comunicado con motivo do pasamento de dona Carmela Arias y Díaz de Rábago, Condesa de Fenosa, Presidenta da Fundación Barrié de la Maza e Presidenta de Honra do Banco Pastor:
1.- A Deputación de Pontevedra lamenta o pasamento de quén adicou boa parte da súa vida á educación, o patrimonio, a cultura, a investigación e a axuda ós necesitados de Galicia.
2.- Agradece a súa implicación e colaboración coa nosa provincia a través do seu apoio á Deputación de Pontevedra e dos seus centros  Museo de Pontevedra, Escola de Canteiros, Laboratorio de Mouriscade e Estación Fitopatolóxica de Areeiro.
3.- Fai chegar as súas condolencias e o seu máis sentido pesar á súa familia e ás institucións presididas por ela.
4.- E suliña, valora e destaca o seu especial e inesquecible compromiso con Galicia e os galegos.

Intercambio en Política Lingüística
entre Galicia y Catalunya

-
Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA) .- O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, recibiu hoxe o seu homólogo catalán, Bernat Joan i Marí. Durante o encontro, que tivo lugar na sede da secretaría xeral, en Santiago de Compostela, a partir das 13:00 horas, os dirixentes políticos intercambiaron opinións sobre a liñas de actuación que están a desenvolver para impulsar a dinamización das linguas propias das súas respectivas comunidades.

Presentan "Contos no Camiño" para 25.000 escolares


Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA) .- O director xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Ignacio Santos asistiu hoxe no Museo Thyssen-Bornemisza de Madrid á presentación das sesións de contacontos e os obradoiros de creación artística e de animación á lectura do proxecto Os contos do Camiño. Nestas sesións darase a coñecer o patrimonio cultural e artístico das diferentes rutas xacobeas a través dos contos de tradición oral e das obras de arte dos países por onde discorren e participarán máis de 25.000 escolares nunha data moi significativa para o Camiño de Santiago, o 2010, ano Xacobeo, As actividades que serán desenvoltas entre xaneiro e xuño de 2010, terán como sede itinerante ás cidades de Évora, Bordeaux, Óbidos, Madrid e, como peche final, Santiago de Compostela.

26 octubre 2009

Inaugurado el VIII Memorial Filgueira Valverde


Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA) .- 
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, José Juan Durán, inaugurou hoxe no salón de actos do sexto edificio do Museo de Pontevedra, o VIII Memorial Filgueira Valverde, que o organismo provincial organiza conxuntamente coa Universidade de Vigo e Caixanova, promotores da Cátedra “Filgueira Valverde”.
Durán confirmou que, nesta ocasión, as conferencias programadas xirarán en torno ó tema “Reflexos da peregrinación e do culto a Santiago”, «tendo en conta que o profesor Filgueira tivo á cidade de Santiago e á peregrinación da que foi meta, con tantas e fecundas derivacións, como un dos eixos do seu denso labor investigador e que moitas das súas publicacións sobre a cidade compostelá e as consecuencias do culto ó Apóstolo seguen a ser a día de hoxe de imprescindible consulta».

24 octubre 2009

Donativo de la Xunta permitirá acabar
Casa de Cultura en San Mateo de Oliveira


Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA) .-A visita institucional do conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, ao concello de Ponteareas serviu hoxe para formalizar xunto ao alcalde Salvador González Solla o convenio de cooperación polo que a Xunta de Galicia destinará un total de 125.000 euros para a realización da cuarta fase das obras de construción da Casa de Cultura de San Mateo de Oliveira. En virtude do acordo, o proxecto recibe agora un impulso definitivo que permitirá rematar a infraestrutura antes do remate do presente ano.

14 octubre 2009

Galicia Dixital ya está en Salvaterra de Miño y sigue concitando enorme interés


Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).-A Secretaría Xeral de Medios inaugurou hoxe en Salvaterra do Miño a exposición itinerante Galiciadixital coa que pretende achegar a todos os visitantes do concello e comarca o audiovisual e o multimedia realizado en Galicia así como servir de plataforma de experimentación de novos sistemas e contidos audiovisuais. Durante o acto, que contou coa presenza dun grupo de escolares do IES Salvaterra, o alcalde do municipio, Arturo Grandal Vaqueiro, invitou a todo o municipio a visitar a exposición e agradeceu esta oportunidade á Secretaría Xeral de Medios.

Pola súa banda, Felicitas Rodríguez González, en representación da Secretaría Xeral de Medios, a quien vemos en la imagen junto al alcalde Arturo Grandal, resaltou o traballo desenvolvido polas universidades e empresas galegas responsables dos contidos da exposición.

A mostra, unha converxencia entre arte e tecnoloxía, está pensada para que os visitantes non sexan simples espectadores, senón que participen en todo o seu percorrido, tocando e experimentando todo, o que fai que sexa de grande interese didáctico para as persoas de todas as idades, e así o demostra o gran éxito que está a acadar nas localidades que a acollen.

A exposición itinerante chega a Salvaterra do Miño dende o municipio de Ortigueira, onde recibiu a visita de más de oitocentas persoas.

Contidos da exposición itinerante
O visitante somérxese nun mundo dixital a través de proxeccións e xogos en 3 dimensións como por exemplo as “Cidades do Camiño”, visualización de imaxes panorámicas de 360º nunhas pantallas que colgan do teito, onde cada usuario pode realizar paseos virtuais xirando a pantalla coas súas máns por aquelas cidades por onde discorren os diversos camiños de peregrinación a Santiago de Compostela.

“Aerodeslizadores por Compostela” é un xogo que consiste nun descenso pola zona histórica dunha cidade galega virtual, nun futurista “aerodeslizador”. Nesta carreira enfróntanse dous xogadores subidos nos seus correspondentes “aerodeslizadores”. Cada xogador moverá a súa táboa mirando ás opcións correspondentes para alcanzar a máxima velocidade e así gañar a carreira.

“Axóuxere” é un canciño robotizado que fala galego e interactúa coa xente. En modo automático o can atende a comandos de voz para que xogue coa súa pelota. E así ata oito contidos diferentes que permiten ao visitante gozar dunha experiencia nova e divertida.

Outros seis contidos máis completan a exposición que estará na Casa da Cultura do 13 de setembro ao 18 de outubro, en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. A entrada é de balde e para todos os públicos.

X Xornadas de Xenealoxía, Heráldica e Nobiliaria de Pontevedra

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- O vicepresidente José Juan Durán inaugurou as X Xornadas de Xenealoxía, Heráldica e Nobiliaria de Pontevedra, acompañado do director da Escola de Canteiros, Rafael Fontoira, e do presidente da Asociación de Xenealoxía, Heráldica e Nobiliaria de Galicia, Carlos Acuña.
Estas xornadas, que se veñen realizando dende o ano 1989 co obxectivo de divulgar o patrimonio heráldico e nobiliario da provincia de Pontevedra, desenvolveranse do 13 ó 15 de outubro na Escola de Canteiros, organismo autónomo da Deputación pioneira no mundo dende punto de vista da ensinanza do oficio da canteiría.
A principal finalidade das xornadas é desenvolver unha actividade de formación e investigación que reúna a todos aqueles expertos, afeccionados e interesados en coñecer o mundo das armerías e dos valores que representa.
Durán sinalou que a continuidade na celebración destas charlas é mostra do interese suscitado, cada vez maior. Destacou, ademais, que para a Deputación representa un gran reto seguir a traballar na súa organización e, por ende, na divulgación de elementos cun importante valor heráldico, xenealóxico e histórico. Engadiu que, aínda que é moito o labor por facer, existe por parte desta institución un verdadeiro interese por seguir apoiando este tipo de iniciativas. Quixo tamén, neste acto de apertura, agradecer a colaboración da Asociación de Xenealoxía, Heráldica e Nobiliaria de Galicia na organización destas xornadas, a participación dos conferenciantes así como o traballo investigador desenvolvido por todos os heraldistas galegos.
Despois do acto de apertura das xornadas tivo lugar unha comunicación de Carlos Viscasillas en homenaxe a José Santiago Crespo Pozo, coñecido como “Padre Crespo”, un dos principais xenealoxistas e heraldistas do século XX, non só en Galicia senón tamén en América, nun ano no que se cumple o primeiro centenario do seu nacemento. A continuación, tiveron lugar as conferencias “Legalización de emblemas municipales en Galicia”, a cargo de Carlos Acuña, e “Heráldica militar en Galicia y evolución del escudo de España”, impartida por José Fernando Navas.

06 octubre 2009

Premio Entreculturas do ano 2009 a Celestino Pichel Bouzas, un emigrante de Viascón (Cotobade) no Uruguai

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).-A Deputación de Pontevedra concedeu o Premio Entreculturas do ano 2009 a Celestino Pichel Bouzas _un emigrante de Viascón (Cotobade) no Uruguai que hoxe é, ós seus 83 anos, o gaiteiro máis lonxevo de América_ e ó Concello de Cambados.
O Premio Entreculturas foi instituido en 2004 pola Deputación de Pontevedra para premiar a sendas personas, ou entidades, do mundo hispano e da emigración recoñecidos pola súa laboura en defensa do colectivo emigrante e da cultura galega, así como pola defensa da solidaridade, a integración, o mutuo apoio e a profundización do mutuo coñecemento entre os pobos.
Na edición deste ano, o galardón, dotado con 6.000 euros, recaeu, en canto ó mundo da emigración, na persona do gaiteiro galego-montevideano Celestino Pichel. Nacido en Viascón (Cotobade) en 1926, Pichel emigrou ó Uruguai en 1953. Dende esa data estivo vencellado á Casa de Galicia, entidade pola que foi contratado en 1990.
Celestino Pichel é, ós seus 83 anos, o gaiteiro máis lonxevo de América. Non deixou de tocala gaita nunca, ainda hoxe anima as festas e romarías dos centros galegos en Montevideo e participa ou dirixe concertos que teñen lugar en distintos teatros e centros sociais da capital uruguaia. É toda unha institución e unha referencia da cultura tradicional e da música galega no Uruguai.
Herdeiro directo dos , que animaron numerosas e multitudinarias romarías nos anos 30 e 40 do pasado século baixo a dirección do famoso Amandinio, formou xunto ó lexendario Rogelio Pino unha dupla de gaiteiros de gran sona e éxito no Uruguai. A maior parte dos gaiteiros e dos grupos de gaiteiros esistentes hoxe no Uruguai foron alumnos seus. Algúns dos máis significativos son os grupos Montegal, Os Trapalleiros, Fisterra e Grianan, de Montevideo e o gaiteiro Carlitos, que dirixe a única Banda de Gaitas esistente no Uruguai, a Banda de Gaitas Irmande do Centro Val Miñor.
Celestino Pichel dirixe a Escola e o Grupo de Gaitas do Ballet Folclórico Obradoiro da Casa de Galicia de Montevideo pola que foi contratado, de xeito exclusivo, en 1990. Foi fundador do Centro Pontevedrés en Montevideo en 1958. Na súa primeira directiva, presidida por Nemesio Carballo, foi Tesoureiro e, dende entón, colaborou activa e económicamente nas diversas melloras do centro dos pontevedreses en Montevideo. Celestino Pichel representa para a colectividade emigrante galega no Uruguai unha especie de para todos os que se vencellan, ou sinten, a arte, a música, as danzas, o canto e, en definitiva, a cultura ancestral da Galicia milenaria en terras da emigración.
No apartado de persona ou entidade do mundo galego, o Premio Entreculturas 2009, tamén dotado con 6.000 euros, recaeu no Concello de Cambados pola súa laboura no eido social a favor dos emigrantes cambadeses na Arxentina, polas súas iniciativas de axudas e de becas de estudos a fillos e netos dos emigrantes de Cambados en Bos Aires.
En anteriores edicións dos Premios Entreculturas, os galardonados foron: O Arquivo da Emigración Galega e o Centro Casa Galicia de Montevideo (2004); a Fundación Cume, de Redondela, e o Fogar Galego para Anciáns de Domselar, en Bos Aires (2005); Francisco Fernández del Riego e a Irmandade Galega de Venezuela (2006); a Fundación Balms para a infancia, de Vigo, e a Asociación Caballeros de Santiago, de San Salvador de Bahia, en Brasil (2007); e o Concello de Ponteareas e o Centro Hijos de Lalín de Buenos Aires (2008).

Baiona : la Casa Carvajal no será cualquier cosa...

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- A Deputación de Pontevedra, Caixanova e o Concello de Baiona asinaron hoxe un convenio, por importe de 169.279 euros, para rematar as obras de rehabilitación do edificio Casa Carvajal. Co acordo hoxe suscrito, as tres institucións levan investidos xa, nos últimos catros, 721.262 euros na rehabilitación deste singular elemento patrimonial de Baiona que se convertirá na futura Casa de Navegación e Museo Naval de Galicia.
O convenio foi rubricado hoxe en Baiona polo presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, o presidente de Caixanova, Julio Fernández Gayoso. Destes 169.279 euros, a Deputación achega 78.626 euros; igual que o Concello de Baiona; Caixanova participa con 12.000 euros en desenvolvemento da súa obra social.
Louzán salientou que “este proxecto pretende a posta en valor e a dinamización patrimonial de Baiona, e tamén suliñar o protagonismo histórico-marítimo de Baiona e da provincia de Pontevedra na historia naval de Galicia”.
A Casa Carvajal, antiga sede do Concello, está situada fronte á casa de Pedro de Castro. Tén un alzado nobre e, unha vez restaurada, disporá dunha superficie útil de 475 metros cadrados e 347 metros en xardins. O obxectivo é crear un Museo Naval basado no protagonismo histórico-marítimo de Baiona e na historia naval de Galicia.
Os seus fondos procederán de: os obxectos histórico-artísticos que posúe o Concello que hoxe están dispersos no Arquivo de Simancas (Salamanca), na Fundación Penzol ou no Arquivo Histórico e no Museo de Pontevedra; os fondos que poidan conseguirse no Arquivo Histórico de Madrid, no Museo do Exército ou no Museo Naval de Madrid; fondos de pobos irmanados con Baiona, como Rafael Freire, Palos de la Frontera, Santa Fe, etc.; e copias facsímiles ou réplicas de documentos da Idade Media.

Neste sentido, pronunciouse o alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuíña, quen garantiu que “o proxecto de musealización da Casa Carvajal estará listo e rematado nos primeiros meses de 2010”.

O futuro Museo Naval disporá de catro salas: unha sobre a navegación de Baiona (reproduccións, mapas, fotos, representacións históricas de navíos…); outra, de carácter institucional coa relación Galicia-América a partir da Arribada da Carabela Pinta a Baiona, a emigración, o exilio…; unha terceira, sobre as culturas á beira do Atlántico (cultura cristiá europea, cultura taína, cipaya e do Caribe); e unha cuarta, centrada na Carabela Pinta que arribou a Baiona coa nova do Descubrimento de América.

Obras en Sabarís
Louzán tamén aproveitou a súa visita para supervisar as obras de protección vial na E.P. 2204 entre Sabarís e Belesar, onde a Deputación de Pontevedra inviste 78.000 euros.

As obras acometidas na estrada incluíron o levantado de bordiño e corte de mestura asfáltica. Escavación e caixeado en beirarrúas, escavación mecánica en zanxas e instalación de tuberías de PVC, sumidoiros e arquetas, repavimentado da vía: Bordiños de granito, baldosas e soleiras de formigón, sinalización e balizamento da vía, incluíndo premarcaxe e marcas viais de 10 e 15 cm e instalación de 144 metros de barandiña metálica galvanizada.

VIGO : nova edición do programa “Misterio no Museo”

-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).-O concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez, presentou este martes unha nova edición do programa “Misterio no Museo”, na súa “versión outonal”. Acompañado polos actores da compañía “Cada día peor” encargados de dar vida aos personaxes, o concelleiro nacionalista explicou que en total serán 13 as visitas teatralizadas ao Museo Quiñones de León durante os meses de outubro e novembro.

“Tras o éxito que esta proposta acadou na convocatoria do verán decidimos repetir o proxecto”, explicou Eudosio Álvarez. Sinalou que en outubro as visitas serán os venres 9, 16 e 23, en pases ás 20,30 e ás 21,45 horas, así como o sábado 31, dedicado á “Noite do Samaín”, con sesións ás 21 e ás 22,15 horas. En novembro, as sesión serán os venres 6 e 20, en pases ás 20,30 e ás 21,45 horas, e o venres 13, a “Noite do terror”, terá lugar unha funcións especial ás 20 horas para toda a familia.

Eudosio Álvarez destacou que as funcións das 20 e 20.30 horas terán un “carácter especialmente familiar”, mentres que nas seguintes os actores poderán permitirse “certos luxos”. “O ano que vén seguiremos apostando por esta iniciativa, porque é hora de ir pensando en fórmulas alternativas para visitar os museos, sobre todo tendo en conta o éxito acadado por esta iniciativa”. Neste sentido indicou que nas visitas teatralizadas que tiveron lugar no pasado mes de agosto participaron máis de 200 persoas, e posto que no outono haberá o dobre de sesións “esperamos que esta vez haxa o dobre de asistentes”.

O concelleiro de Patrimonio Histórico informou de que para asisitir as visitas guiadas é preciso recoller as invitacións no propio museo Quiñones de León os martes, xoves e venres de 10 a 13,30 horas e de 17 a 20 horas; o mércores de 10 a 20 horas ininterrumpidamentes; o sábado de 17 a 20 horas e o domingo de 10 a 13,30 horas. Cada persoa poderá recoller ata un máximo de catro invitacións, facilitando os datos de cada destinatario.

Por parte da compañía, Carlos Tresandi expresou a satisfacción pola “boa acollida da iniciativa”. “Ten sido unha experiencia moi enriquecedora”, afirmou na súa intervención. Asemade, destacou que os propios asistentes recoñeceron que foi unha proposta “moi positiva” porque lles permitía descubrir aspectos do museo ata entón descoñecidos. “Compartimos co concelleiro a idea de que hai que aproximar a cultura á xente dun xeito divertido”, salientou. Finalmente, manifestou o seu agradecemento a Tenencia de Alcaldía e á Concellería de Patrimonio Histórico “por ter confiado en nós para este proxecto”.

Pide BNG que no se cepillen el Plan Galego das Artes Escénicas

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- A portavoz de Cultura do BNG no

Parlamento Galego, Ana Pontón, ven de presentar unha iniciativa que se

debaterá no Pleno da Cámara Galega na que lle demanda á Xunta de Galiza

que “dea cumprimento ás medidas e orzamentos recollidos no Plan Galego das

Artes Escénicas” aprobado na anterior lexislatura polo Goberno Bipartito.

Ana Pontón considera que o anuncio feito onte polo director de AGADIC de que

modificará o Plan Galego das Artes Escénicas “a parte de non concretar a

reforma, moito nos tememos de que implicará un recorte nas aportacións da

Xunta de Galiza ao teatro galego”.

Neste sentido, a deputada do BNG denuncia que “a única xustificación para

revisar o plan é o revanchismo do Goberno do PP coa anterior Consellaría de

Cultura”.

Por último, asegura que a reforma anunciada por Juan Carlos Fasero “é un

paso atrás e unha falta de respeto cara o teatro galego, xa que o Plan Galego

das Artes Escénicas foi a culminación dun proceso de diálogo, debate e

consenso entre a administracion e representantes do teatro galego”

Fuerte presencia gallega en la Feria Liber 2009 en Madrid

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).-A XXVII Feira Internacional do Libro de Liber 2009 botou a andar hoxe en Madrid no que supón un dos eventos europeos mais importantes do sector. A Consellería de Cultura e Turismo asiste á Feira cun stand propio sito nun dos doce pavillóns nos que se executará a Feira e compartido coa Asociación Galega de Editores, no que están presentes un total de 24 editoriais galegas. A Feira Internacional de Liber prolongarase ata o 9 de outubro, no recinto feiral IFEMA e terá como país convidado a Rusia.

Os visitantes poderán coñecer as tendencias e últimas novidades do mercado a través de mesas redondas, coloquios, presentacións, conferencias, premios, exposicións e encontros empresariais. Desenrolarase un amplo programa de actividades no que se atopa integrado o stand da Consellería.

Os actos centrais da delegación galega terán lugar o xoves 8 de outubro. Data na que daranse cita os relatores invitados pola Consellería de Cultura e Turismo: Luisa Castro, Carlos G. Reigosa, María Canosa e Xosé Carlos Caneiro que participarán nunha mesa redonda o sobre Periodismo e literatura, na Sala 21 do recinto feiral de Ifema.

Mercados emerxentes
Promovido por la Federación do Gremio de Editores de España, Liber constitúese como a meirande plataforma de negocio da industria editorial española e latinoamericana e un punto de encontro para establecer contactos e descubrir todas as posibilidades que os mercados emerxentes internacionais ofrecen o seu negocio.

En Liber pódense coñecer as novidades do mercado e os títulos nacionais e internacionais do momento da man de máis de 700 editoriais e empresas de 16 países: empresa e entidades editoras, axentes literarios, distribuidores, empresas de artes gráficas, multimedia, asociacións profesionais ou empresas de servizos.

A iniciativa da Xunta de Galicia de apoiar presencialmente ao sector editorial e do libro, repetirase en Frankfurt do 14 ao 18 de outubro onde terá lugar a Feira Internacional do Libro.

05 octubre 2009

Deputación hará mejoras en el Monasterio de Armenteira

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).-O presidente da Deputación, Rafael Louzán, o alcalde de Meis, José Luis Pérez, e o arcebispo da Diócese de Santiago de Compostela, Julián Barrio, asinaron esta mañá un convenio co obxecto de acometer reparacións no mosteiro de Armenteira.

En virtude deste convenio a Deputación destinará un total de 215.510 euros para levar a cabo a primeira fase de rehabilitación, limpeza e tratamento da condensación do mosteiro, que presenta actualmente un notable estado de deterioro. As obras iniciais a executar afectarán á fachada principal e ás bóvedas do cimborrio do prebisterio e dos cruceiros norte e sur; tamén ó rosetón da fachada principal.

O concello de Meis, pola súa banda, encargarase de tramitar a lincenza municipal e a Diócese de Santiago levará a cabo o mantemento e conservación unha vez rematadas as obras.

Louzán sinalou que a finais deste mes dará comezo esta primeira fase das obras, que inclué tamén unha mellora dos accesos ó mosteiro, e a rehabilitación final concluirá nun horizonte relativamente curto, a finais do 2010, e cunha inversión total de 1,2 millóns de euros. Manifestou neste sentido o apoio comprometido pola Xunta de Galicia para a financiación final do proxecto.

O presidente sinalou que en tan só 3 meses máis de 12.000 persoas visitaron o convento e que máis do 80% dos visitantes eran de fóra de Galicia, uns datos que se desprenden das enquisas realizadas no propio punto de información turística instalado pola Deputación no entorno do templo.

Fixo referencia tamén o presidente ás melloras importantes de recuperación do patrimonio que está a acometer a Deputación, entre as que se encontran os pendellos de A Golada, Pontearnelas ou a mellora ós accesos ó mosteiro de Oia. En relación con este mosteiro manifestou a intención da Deputación de conseguir unha recuperación integral do mesmo, cos acordos e autorizacións pertinentes, pois actualmente se atopa en mans privadas.

Para rematar o presidente engadiu que a partir desta semana se vai proceder á sinalización na propia autovía do Salnés do enclave do mosteiro de Armenteira e fixo referencia, así mesmo, á próxima publicación por parte da institución provincial dun libro para recordar e documentar toda a historia do Mosteiro.

02 octubre 2009

El periodista López Barxas (ahora metido a político) apoya la ampliación de la Fundación Neira Vilas

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- O director xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Francisco López, visitou hoxe en Vila de Cruces ao escritor galego Xosé Neira Vilas, presidente da Fundación que recibe o seu propio nome, co fin de asinar un convenio para a realización da primeira fase das obras de ampliación da Fundación e Casa da Cultura. No acto desta mañá estiveron presentes asemade o alcalde de Vila de Cruces, Jesús Otero Varela, e a muller do autor, Anisia Miranda.

O acordo asinado contempla a cesión por parte da Consellería de Cultura e Turismo de 60.000 euros á Fundación en materia de realización de equipamentos e obras destinadas a obter os espazos necesarios para que poidan representarse as diversas manifestacións da cultura galega nun marco digno e adecuado.

A Fundación Neira Vilas vén desenvolvendo un labor de continuidade no campo da promoción e difusión da cultura, e para seguir nesta vía, precisa de colaboracións institucionais ó non contar cos medios suficiente que garantan a consecución dos fins. Ao finalizar a visita, Francisco López, cualificou este centro cultural como “unha catedral rural das nosas letras”, pois a Fundación e Casa da Cultura “Neira Vilas” conta cun fondo de mais 8.500 volumes, unha biblioteca para nenos, importantes documentos da literatura galega e organiza o Premio Estornela de Teatro e o Premio Arume de poesía para nenos.

As dúas entidades vinculadas a este convenio son conscientes da necesidade de instalacións de caracter sociocultural que permitan unha oferta satisfactoria, co obxecto de satisfacer as necesidades que en materia cultural teñen os habitantes desa zona, así como o incidir no hábito a lectura en galego.

Acordo de colaboración
Coa firma do acordo coa Fundación e Casa da Cultura “Neira Vilas” a Consellería de Cultura e Turismo desenvolve unha labor de continuidade no campo da promoción, información e difusión da cultura para achegar o máis posible o noso patrimonio á sociedade en xeral. Do mesmo xeito, amósase publicamente a confianza da Xunta de Galicia na Fundación Neira Vilas como unha entidade que pode realizar actividades de interese e utilidade social e cultural.

En troques da prestación económica, a Fundación e Casa da Cultura “Neira Vilas” dedicarase a realización efectiva das infraestruturas pactadas onde se desenvolveran as actividades previstas dentro da programación cultural. A Consellería de Cultura e Turismo, considera a Fundación e Casa da Cultura “Neira Vilas” esencial por divulgar e fomentar a lectura en lingua galega en determinados sectores de poboación. A dirección xeral de Promoción e Difusión da Cultura traballa para establecer convenios de colaboración con entidades de contido, raigame e finalidade especificamente culturais da Comunidade Autónoma Galega, coa finalidade que no seu respectivo ámbito de actuación poidan realizar actividades que se estimen de interese e utilidade social e cultural.

Autor de referencia
Xosé Neira Vilas (Gres-Vila de Cruces, 1928) é un dos escritores máis senlleiros da nosa literatura, de moi novo emigrou a Arxentina e posteriormente a Cuba, onde desenrolou unha importante labor en favor da cultura galega e da nosa historia. Na década dos noventa regresa a Galicia para continuar coa súa actividade cultural e periodística.

O seu traballo literario foi recoñecido en varias ocasións sendo distinguido como membro numerario da Real Academia Galega, Doutor Honoris Causa polas universidades de La Habana e A Coruña, ademais de recibir os seguintes premios: Premio da Crítica Galega (ensaio), Premio da Crítica Española (narrativa), e as medallas de Castelao, Pedrón de Honra e Celanova Casa dos Poetas.

Este ensaísta e investigador centra a temática das súas obras na dureza da vida no campo e no desarraigo emigrante, aínda que tamén cultivou a narrativa infantil e a poesía de corte social. Entre as obras mais destacadas de Xosé Neira Vilas se atopan Memorias dun neno labrego (libro máis lido da historia da literatura galega), Xente de rodicio, Camiño bretemoso, Aqueles anos do Moncho ou O Cabaliño do buxo.