29 octubre 2009
ADENCO celebra 20 anos de Xeiras Micolóxicas
Publicado por C&CdeGaliza en 29.10.09 Etiquetas: MEDIO AMBIENTE, RIAS BAIXAS13 octubre 2009
3 petroglifos nuevos aparecen en la isla grande de Ons
Publicado por C&CdeGaliza en 13.10.09 Etiquetas: GALICIA, MEDIO AMBIENTEEste proxecto baixo o nome “Estudo Arqueolóxico e Etnográfico da Paisaxe Cultural da Illas de Ons”, dirixido pola arqueóloga Paula Ballesteros, contempla unha serie de accións e actividades como traballos de campo de prospección superficial arqueolóxica e etnográfica, rexistro e estudo da arquitectura tradicional, inventario da toponimia, estudo histórico e análise territorial entre outros asuntos.
Os petróglifos atopados están situados dous deles na zona denominada Chan da Pólvora e un terceiro en A Laxe, no barrio de Caño. Estes gravados son fundamentalmente coviñas, círculos e restos de círculos concéntricos con unha coviña central de distintos tamaños e diferentes formas. Os restos visibles dos círculos atópanse moi erosionados e nalgúns casos esta erosión eliminou a metade do debuxo, polo que non se pode descartar que na súa orixe o petróglifo tivese máis figuras, hoxe irrecoñecíbeis polo seu grado de alteración.
As coviñas son os motivos máis sinxelos da arte rupestre, son motivos universais que aparecen en gravados de moitas culturas do mundo. No caso galego distribúense por tódalas áreas, pero son máis abundantes na metade sur da provincia de Pontevedra. Tódolos motivos atopados en Ons son abstractos, trátase de figuras xeométricas que, agás as coviñas, posúen espazo interno. Debido a este carácter abstracto e á súa falta de asociación con motivos figurativos, e difícil dotalos dun significado concreto.
Data dos petróglifos
En canto á súa adscrición cronolóxica facendo referencia os debuxos que presentan os petróglifos, é complexo establecer unha cronoloxía posto que non se adscriben a ningunha época prehistórica concreta. Nestes casos, a única maneira de datalos é por contexto arqueolóxico, podéndose vincular tanto ao Neolítico (4.500 a.C-2.500 a.C), á Idade do Bronce (2.500 a.C.- 1.000 a. C.) ou á Idade do Ferro (1.000 a. C. – século II d. C.).
Curiosidades
Dous destes gravados aparecen sobre un soporte de xisto* cando o máis corrente é que estes motivos aparezan sobre soporte granítico, xa que practicamente a totalidade dos petróglifos da idade do Bronce están realizados en superficies graníticas. Polo tanto, o feito de atopalos en xisto* redunda na súa peculiaridade.
Outro dos aspectos a destacar é que en Galicia, a arte rupestre está moi concentrada nas Rías Baixas, nas zonas de litoral e prelitoral, polo que é salientable que foran atopados nunha illa, algo que polo de agora resulta case inédito. Non se desbota asemade que podan aparecer máis gravados rupestres, xa que o máis corrente é atopalos en conxuntos e non de maneira illada.
Datos triunfales : la Xunta anuncia números muy favorables en el recuento de los incendios forestales 2009
Publicado por C&CdeGaliza en 13.10.09 Etiquetas: GALICIA, MEDIO AMBIENTEAínda que, toda vez que para o balance definitivo do ano será necesario agardar ata Noitevella, os datos reflicten que se están a cumprir integramente os obxectivos no seu día presentados no Plan de Defensa contra Incendios Forestais de Galicia (Pladiga 2009).
Superficies ardidas
O primeiro e máis importante, é a superficie ardida por lume, que baixa de tres hectáreas totais de media, seguindo así a tendencia dos anos 2007 e 2008, aínda que nestes casos a climatoloxía foi moito máis chuviosa ca durante este verán de 2009. Tamén se cumpriu o compromiso previo de baixar dunha hectárea de arborado por lume, acadándose unha media de 0’57, un pouco por riba dos dous anos anteriores, pero moi por baixo da media da década.
O número total de lumes forestais rexistrados en Galicia de xaneiro a 30 de setembro de 2009 foi de 3.741, fronte aos 2.294 de xaneiro a setembro de 2008, aos 1.666 de 2007, aos 6.943 no mesmo intervalo en 2006 (cando arderan en total case cen mil hectáreas), ou aos 11.064 de 2005. Respecto da media dos últimos dez anos (7.905), a cifra deste ano non chega á metade.
Canto ás hectáreas queimadas, a media dos últimos dez anos é de 30.137, e este ano a cifra detívose en 10.097 ata o 30 de setembro: é dicir, a terceira parte. En 2008 arderan 6.039, en 2007 un total de 2.925, en 2006 queimáronse 95.877, e en 2005 unha cifra de 52.879 (danse sempre datos referidos ao período do 1 de xaneiro ao 30 de setembro).
Respecto aos profesionais
O conselleiro do Medio Rural non quixo entrar na tradicional ‘guerra de cálculo’ de hectáreas queimadas en determinados incendios, que persegue a tódolos xestores forestais ano tras ano. A este respecto, Juárez unicamente lembrou que os técnicos que traballan no SDCIF (Servizo de Defensa Contra Incendios Forestais) son profesionais independentes, e practicamente os mesmos que en anos pasados, cando outros partidos gobernaban Galicia; asemade merecen, como calquera traballador do sector público ou privado, o máximo respecto sexa cal sexa a cor política do Goberno que dirixa a Xunta.
Grazas á Benemérita
Juárez quixo tamén agradecer o intenso labor desenvolvido polos Forzas e Corpos de Seguridade do Estado –e moi nomeadamente da Garda Civil- no que atinxe á vixilancia de montes, disuasión da acción incendiaria, e detencións de pirómanos, labor fundamental para que a gráfica xeral de número de lumes en Galicia vaia descendendo paseniño pero imparable.
Mercé a ese intenso traballo, ao longo do ano 2009 foron detidas 147 persoas como presuntas autoras de lumes forestais, 101 feitas reas pola Garda Civil, e 46 pola Policía Autonómica.
Tódolos datos, o sábado en Lugo
Unha vez realizada a necesaria valoración en sede parlamentaria, tal e como corresponde ao respecto institucional que a Xunta de Galicia brinda á cámara de representación de tódolos galegos, o conselleiro do Medio Rural exporá aos medios de comunicación polo miúdo tódolos datos relacionados con esta campaña contra o lume o vindeiro sábado 17 de outubro en Lugo
01 octubre 2009
Medio Rural dice que se guarda los datos resumen de la temporada de incendios hasta que sea el momento oportuno
Publicado por C&CdeGaliza en 1.10.09 Etiquetas: GALICIA, MEDIO AMBIENTE, POLEMICA, POLITICACalquera balance que se realice antes dese momento pode verse sensiblemente variado en datas próximas, resultando directamente falso no espazo de ben poucos días. De feito, se a Xunta tivese realizado un primeiro balance provisional a finais de agosto (tal e como solicitaban diversos axentes sociais e medios de comunicación) os datos terían tirado resultados ben distintos aos que resultan de engadir os provisionais de setembro.
Daquela, e para evitar calquera análise ben triunfalista ben catastrófica, e nun novo exercicio de responsabilidade en materia tan sensible coma esta, a Consellería ten decidido gardar silencio sobre datos concretos e parámetros comparativos ata, como mínimo, a segunda quincena de outubro. A previsión inicial (que pode verse alterada en función das condicións climatolóxicas) é ofrecer estes datos a partir do 19 de outubro.
Responsabilidade
A Xunta desexa que ese mesmo exercicio de responsabilidade sexa imitado por outros axentes sociais e políticos, que parecen querer aproveitar a última vaga de lumes, no sur da provincia de Ourense, para criticaren ou deslexitimaren o equipo directivo desta Consellería.
Os datos ata o de agora deste ano indican un pequeno repunte no número de incendios e superficie queimada respecto dos dous últimos anos (2008 e 2007), se ben os meses de agosto e setembro foron comparativamente moito máis secos neste 2009. Cómpre salientar asemade que hai certo decrecemento das hectáreas queimadas e do número de lumes desde os últimos anos, con dúas claras excepcións: o verán do ano 1989 (daquela era conselleiro Francisco Sineiro), e o verán de 2006 (daquela era conselleiro Alfredo Suárez Canal).
25 septiembre 2009
Hernández inspecciona mejoras en Cerceda para dotaciones de Sogama
Publicado por C&CdeGaliza en 25.9.09 Etiquetas: INFRAESTRUCTURAS, MEDIO AMBIENTEAcompañado polo Presidente de Sogama, Luis Lamas, e o Director Xeral desta Sociedade, Francisco Silva, o titular de Medio Ambiente supervisou in situ o escenario no que, con carácter urxente, implantaranse unha serie de medidas correctoras coas que solucionar as deficiencias detectadas mediante a auditoría encargada polo seu departamento e realizada en base á Autorización Ambiental Integrada (outorgada a esta empresa pública con data 30 de abril de 2008). Con isto preténdese adecuar a instalación á normativa vixente e eliminar o impacto ambiental derivado da mesma.
Durante o percorrido, Agustín Hernández destacou a eficacia dun Goberno que en cinco meses fixo un diagnóstico da situación, elaborou un plan de acción e comezou as obras,”fronte a catro anos de inoperancia e de mirar cara outro lado”.
A visita ao vertedoiro “con luz e taquígrafos” responde, segundo o conselleiro, a un compromiso de transparencia porque a actual Xunta “non quere ocultar os problemas, senón resolvelos”.
Ademais da ampliación da capacidade do vertedoiro con dous novos vasos, que permitirán contar con espazo abondo para albergar 342.000 toneladas de residuos urbanos, alongando a súa vida útil en 1 ano, en breve concluirase a construción dunha nova balsa de pluviais, dispositivo que aumentará a capacidade total de retención de augas de choiva, garantindo unha correcta clarificación pola decantación de sólidos en suspensión e posibilitando a súa vertedura a canle pública.
O programa de acción, que conta cunha dotación presupostaria de 3 millóns de euros, ten como obxectivo prioritario levar a cabo a explotación do vertedoiro en axeitadas condicións ambientais, de seguridade e saúde, prevendo que o seu desenvolvemento se realice en tres fases:
Unha primeira fase, a executar de forma inmediata, contempla a minimización da xeración de lixiviados e augas de escorrentía contaminadas, propiciando a súa axeitada xestión, tanto en termos de almacenamento coma de tratamento. Nunha segunda etapa, abordaranse os estudos necesarios que permitan realizar un diagnóstico detallado do vertedoiro co fin de asegurar o seu correcto funcionamento dende a dimensión técnica e ambiental, e que pasará, entre outras cuestións, por dotalo de maior estabilidade, modificar ou executar novamente a impermeabilización e selado, instaurar un axeitado sistema de xestión de augas, tanto pluviais como de lixiviados, optimizar os procesos de captación e aproveitamento de biogás, e redactar e poñer en marcha o correspondente plan de explotación. E xa na terceira fase, procederase á implantación das mellores tecnoloxías existentes coas que optimizar o conxunto de actuacións que interveñen na xestión integral da instalación.
Esquema de funcionamento do vertedoiro
Cunha superficie de 330.000 metros cadrados, o vertedoiro está dividido en tres áreas claramente diferenciadas: a zona selada e restaurada (FASE 1), zona en proceso de selado (FASES 2 e 3) e zona en explotación (FASE 4). Na parte noroeste sitúase a planta de empacado de RU, así como a planta de valorización de biogás, mentres que na zona sur ubícanse as balsas de recollida de lixiviados, de seguridade e pluviais, e as instalacións da planta depuradora.
A planta empacadora, cunha capacidade para procesar, en condicións normais, 375.000 toneladas/ano de RU (podendo chegar ata as 450.000 t/ano), encárgase do empacado dos RU en balas antes da súa disposición no vaso de vertedura, que debe ser sometido a un proceso de impermeabilización con distintas capas illantes para evitar filtracións de lixiviados ao solo.
Chemineas de desgasificación extraen o biogás producido, que é aproveitado nunha planta de valorización a través de 3 motores, que contan cunha potencia total de 6,6 MWe para autoabastecemento e venda de electricidade.
En canto aos lixiviados, o sistema definido para o seu tratamento consiste nunha rede de recollida formada por unha serie de gabias de drenaxe e tres plantas depuradoras por osmose inversa, cunha capacidade actual de tratamento de 410 metros cúbicos ao día. Respecto ás augas pluviais, estas son recollidas pola rede executada a tal fin e conducidas a unha arqueta, na que se unen ao permeado da planta depuradora de osmose, proseguindo ata o punto de vertedura.
Todo este esquema de funcionamento, afectado por diversas deficiencias, precisa ser corrixido e mellorado co fin de garantir unha xestión sostible dos RU, principal obxectivo desta Consellería.
De elemento de apoio a sistema complementario
O vertedoiro de residuos non perigosos de Areosa, situado nun cavorco da cunca de achega do río Lengüelle, comeza a súa actividade no ano 1995, atendendo a catro Concellos (Cerceda e Ordes, na provincia de A Coruña, e Redondela e Vigo, na provincia de Pontevedra). A partir dese momento, o número de entidades locais adscritas a Sogama increméntase de forma significativa, alcanzando as 71 no ano 2000, momento no que se pon en marcha o Complexo Medioambiental, primeiro en período de probas e máis tarde, a mediados de 2002, en plena explotación comercial.
A día de hoxe, e con 294 Concellos adscritos (representando unha produción anual de RU próxima ás 900.000 toneladas), a capacidade do Complexo é insuficiente (cun límite para tratar entre 500.000-550.000 toneladas), e o vertedoiro, concibido orixinariamente como elemento de apoio, pasou a ser un instrumento complementario da actividade do primeiro.
Tanto é así que, dun total de 257.032,58 toneladas procesadas en Areosa no 2004, pasouse a 414.934,72 toneladas no 2008, un 61 por cento máis en tan só catro anos. Isto obedece a unha preocupante falta de planificación que derivou na situación á que hoxe o Goberno da Xunta debe facer fronte para que a instalación poida recuperar a normalidade.
A empresa pública Tragsa encárgase, dende o pasado 1 de xullo, da explotación do vertedoiro, e será así ata que se dispoña de toda a información e datos necesarios para elaborar o prego de condicións que permita sacar a licitación pública a súa xestión.
Paralelo ao plan de acción a implementar no mesmo e, ante a carencia de terreos no propio recinto, Sogama atópase traballando nun proxecto sectorial de incidencia supramunicipal co fin de proceder á súa ampliación.
24 septiembre 2009
La presidenta de Augas de Galicia también se dedica al cada vez más extendido autobombo
Publicado por C&CdeGaliza en 24.9.09 Etiquetas: MEDIO AMBIENTEVázquez Mourelle explicou que dende que o Goberno tivo coñecemento deste suceso -o pasado 16 de agosto- activouse o Plan de Control de Vertidos para paliar esta situación. Concretamente, efectuáronse varias inspeccións á zona entre os días 16 e 19 de agosto, o 27 de agosto e o 3 de setembro. Fixéronse medicións “in situ” de parámetros de calidade das augas (pH, osíxeno disolto, condutividade e turbidez), mediante o emprego de maletíns multiparamétricos; mostraxes dos tecidos (peixes mortos); mostraxes de auga, tanto do vertido como do medio receptor, para a súa analítica en laboratorio; e mostraxes de macroinvertebrados.
Aclarou que respecto ás mostraxes físico-químicas das augas, concluíuse que o vertido produciu unha diminución do pH e un aumento na concentración de aluminio. Tamén sinalou que se observou unha mellora continuada na calidade da auga co paso do tempo. De feito, na inspección realizada o día 27 de agosto constatouse que o río estaba recuperado posto que a calidade das súas augas cumprían os valores legais establecidos.
Remarcou que para maior seguridade, repetíronse as mostraxes a comezos de setembro e novamente se confirmou a boa calidade das augas do río. Esta rápida recuperación do río foi posible debido ás medidas adoptadas (apertura das presas) que provocaron que a cuña de auga contaminada fora substituída por auga limpa. Indicou que os valores anómalos de fenois detectados no río non atribuíbles ao vertido, dado que xa están presentes nas mostras de augas que se fixeron augas arriba do punto de vertido.
Asemade, Ethel Vázquez apuntou que tamén se realizaron inspeccións no interior das instalacións da EDAR de Pontecaldelas, concluíndo que o vertido obxecto destas actuacións foi causado por un derrame accidental ou unha deficiente manipulación do reactivo PAX 18 –policloruro de aluminio ao 18%, empregado como coagulante no tratamento físico-químico desas instalacións- dende o tanque de almacenaxe do mesmo.
Responsabilidades
A presidenta de Augas de Galicia informou que o departamento que dirixe procedeu -en base ás investigacións levadas a cabo a finais de agosto- a incoar un expediente sancionador contra o Concello de Pontecaldelas por infracción grave consistente no vertido non autorizado de augas residuais ó río Verdugo.
Por parte do concello xa realizou a reparación das pezas danadas, co obxectivo de devolver a planta á súa situación de operatividade. Vázquez afirmou que Augas de Galicia traballará conxuntamente coas autoridades municipais para evitar episodios de accidentes como o acontecido o pasado mes de agosto
Cambios en el Consello Galego de Medio Ambiente
Publicado por C&CdeGaliza en 24.9.09 Etiquetas: MEDIO AMBIENTEO Consello Galego de Medio Ambiente configúrase como un órgano consultivo de carácter colexiado da Administración pública galega, destinado a proporcionar un foro de debate e participación cidadá con respecto a aquelas iniciativas pertencentes ao eido ambiental.
Cómpre sinalar que a dita modificación afecta fundamentalmente a composición do Consello, cuxa presidencia será ocupada polo titular da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, que ademais da presidencia do pleno, deberá exercer a máis alta representación institucional do citado organismo, convocar as sesións ordinarias e extraordinarias e moderar os debates que se produzan no desenvolvemento destas.
Por outra parte, a vicepresidencia corresponderalle á persoa titular da Consellería do Medio Rural, que desempeñará as funcións atribuídas á presidencia nos casos de ausencia, enfermidade ou outro motivo lexítimo.
A secretaría será ocupada pola persoa titular da Subdirección Xeral de Coordinación Ambiental, que actuará con voz e sen voto. Ademais, desempeñará outras funcións como executar a convocatoria de sesións por orde de presidencia, citar os membros plenarios, recibir calquera notificación dos membros do Pleno, redactar e autorizar as actas das sesións e expedir certificacións das consultas ou informes aprobados.
A modificación do decreto tamén dita o nomeamento de 38 vogais, dos que 13 representan a Administración autonómica: titulares da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Secretaría Xeral de Familia e Benestar, Dirección Xeral de Conservación da Natureza, Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe, Dirección Xeral de Relacións Exteriores, Presidencia de Augas de Galicia, 6 representantes designados polas consellerías de Economía e Industria, Educación, Cultura e Turismo e Traballo e Benestar, Medio Rural e Mar. Os 25 restantes representan a sociedade civil, repartíndose do seguinte xeito: 3 dos sindicatos máis relevantes de Galicia, 3 da Confederación de Empresarios de Galicia, 4 de organizacións de carácter ambiental, 4 de entes sociais, 3 das universidades, 4 da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), 3 de organizacións agrarias e un da Federación Galega de Confrarías de Pescadores.
En conclusión, a necesidade e oportunidade da adaptación do Consello á realidade institucional da Xunta de Galicia resultan evidentes e adquiren un caracter preferente, tendo en conta o papel crucial que o Consello Galego de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible desempeña no ámbito de avaliación ambiental de determinados programas. Ademais, tamén establece criterios e indicadores a considerar en plans de ordenación do territorio e do litoral de Galicia.
O Consello Galego de Medio Ambiente celebrará a súa primeira xuntanza con esta nova composición o vindeiro mércores 21 de outubro.
23 septiembre 2009
El Bloque sigue denunciando la saturación de la cuenca hidroeléctrica Miño-Sil
Publicado por C&CdeGaliza en 23.9.09 Etiquetas: ESTADO, GALICIA, MEDIO AMBIENTEPérez Bouza denunciou ademais, a execución de diversos proxectos hidroeléctricos como o de “Santo Estevo II” en Ourense ou outros moitos que están en fase de tramitación de impacto ambiental no propio Ministerio de Medio Ambiente.
Para o senador do BNG, son actuacións que provocan un grave “impacto ambiental” nunha zona como na que se están levando a cabo as obras por parte da empresa Iberdrola en “Santo Estevo II”.Obras, que o pasado mes de xullo chegaron mesmo a secar o río Sil dende a presa de Santo Estevo ata a desembocadura do río Cabe.Esta situación -explicou o senador- suscitou a alarma e a denuncia de diferentes organizacións ecoloxistas, chegando a interpoñer dúas denuncias ante a Fiscalía. Hai que salientar- dixo- que estas denuncias, unha do propio BNG, motivaron a apertura de dilixencias por parte da Fiscalía por observar indicios de delito.
Xosé Manuel Pérez Bouza lamentou, na súa interpelación á Ministra Espinosa, a gravidade destes feitos así como a pasividade da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil que en ningún momento actúo de oficio ante semellante “atentado ecolóxico”.
O senador do BNG, que principiou a súa intervención en galego, destacou que, “a espectacular paisaxe da Ribeira Sacra, xunto co seu rico patrimonio, e as boas condicións para a produción vitivinícola, fan que esta zona fora incluída dentro dos espazos que conforman a Rede Natura, contando polo tanto -dixo- co amparo dunha figura de protección ambiental, denominado Lugar de Interés Comunitario (LIC), así como estar nominada para ser declarada Patrimonio de la Humanidad pola UNESCO”.
Sobre os máis de 70 aproveitamentos hidroeléctricos asentados, na súa maioría na Ribeira Sacra en forma de grandes encoros, o senador nacionalista asegurou que foron construídos durante o franquismo, período que cualificou de “sinistra época” onde o respecto polo medio ambiente era absolutamente nulo.
Por outra banda, Pérez Bouza denunciou o secado do río Sil provocado polas obras que verqueron centos de toneladas de escombros no cauce do río e que posteriormente, foron utilizados para construír unha pista dedicada á circulación diaria de camións e maquinaria pesada.
O senador do BNG transmitiulle á Ministra Salgado, a preocupación desta forza nacionalista ante a pasividade das administracións públicas, e concretamente da Xunta de Galiza e Goberno Central, ambos con competencias para velar por que no se produzan agresións contra o noso entorno.
Neste sentido, Pérez Bouza explicou que esta actitude do Executivo galego non lle sorprendía despois do “efusivo abrazo entre o Presidente de Iberdrola e o actual Presidente da Xunta de Galicia o día da toma de posesión do Sr. Feijoo”.
Tampouco lle sorprendeu -dixo- a actitude da propia Ministra , do Ministerio que dirixe, e a dos organismos que del dependen , como a Confederación Hidrográfica del Miño-Sil, que durante os últimos tempos non interviron para paralizar estas obras senón que mesmo xustificaron publicamente o comportamento da empresa.
Acusou á titular de Medio Ambiente de crer os argumentos de Iberdrola e firmar unha resolución na que se aseguraba que as obras non causarían ningún dano ambiental, dándolle así vía libre a empresa para poder executalas.
Finalmente, o senador do BNG apelou á condición de ourensán da Ministra de Medio Ambiente e a súa responsabilidade política para preservar un dos lugares de gran patrimonio e produción de viño, e solicitou a súa mediación ante os proxectos que aínda están en trámite de execución como o denominado “Santa Cristina” que suporía un impacto aínda maior na Ribeira Sacra.
A Ministra de Medio Ambiente respondeu que estes aproveitamentos axústanse á lei e o proxecto sobre as obras de Santo Estevo II contou cos informes favorables das Consellerías de Medio Ambiente e Innovación e Industria da Xunta de Galiza. Asemade engadiu que Iberdrola realiza controis de auga e mesmo un caudal ecolóxico para non agredir o río.
Para a Ministra Salgado non se produciu un secado xa que a “elevada pedregosidade do cauce fai que se produza un impacto ocular porque as súas augas circulan entre as pedras” .
Sobre os expedientes en tramitación explicou que existen na actualidade 67 de concesións de novos aproveitamentos, 42 en Galiza e 25 en Castela-León, dos cales 7 xa foron informados negativamente.
O senador nacionalista pediu a Ministra Espinosa que revise a documentación, xa que a Consellería de Innovación e Industria “nunca emitiu un informe favorable” porque esta obra tería un impacto negativo sobre o turismo na Ribeira Sacra. A respecto do “efecto óptico” do secado do río, Pérez Bouza amosouse disposto a presentar fotografías e documentación que certifican o grave impacto destas obras no cauce.
Pérez Bouza rematou a súa intervención coa petición de que o aumento de potencia e os novos aproveitamentos hidroeléctricos non leven aparellado unha agresión contra o entorno.
Lobeira lleva al Parlamento las cargas policiales contra los manifestantes del "caso Massó"
Publicado por C&CdeGaliza en 23.9.09 Etiquetas: CANGAS, GALICIA, MEDIO AMBIENTE, POLEMICA, POLITICAcomarca do Morrazo, Bieito Lobeira, ven de presentar unha iniciativa no
Parlamento Galego na que solicita á Xunta de Galiza que lle esixa ao Goberno
Central que depure responsabilidades pola “brutal e desproporcionada”
actuación policial contra as persoas que no día de onte protestaban contra o
porto deportivo de Cangas.
Bieito Lobeira lembra que os camións que ían facer os recheos no porto do
Salgueirón “circulaban por un lugar non apto e sen asfaltar, e sen ningún tipo
de permiso por unha pista privada”, o que xerou a protesta dunha grupo de
persoas que se opoñen ao porto deportivo.
Sen embargo, o parlamentario nacionalista denuncia que as forzas e corpos de
seguridade do Estado que se desprazaron até o lugar “non só non impediron o
paso ilegal dos camións por terreos de propiedade privada, senón que
ampararon esta actuación irregular co uso da forza e reprimindo con
brutalidade ás persoas que alí se encontraban”, co resultado de dos
mariscadores agredidos, detidos e conducidos a dependencias policiais.
Dupla vara de medir: protéxese a unha empresa que actúa de xeito
impune e ilegal
Bieito Lobeira cualifica estes feitos de “extrema gravidade” e critica “a dupla
vara de medir: aquela que reprime, golpea e priva de liberdade a mariscadores
que cometen o delito de defenderen o seu posto de traballo e o futuro
produtivo e ambiental da vila e da ría na que faenan, mentres que se protexe a
unha empresa que de xeito impune e ilegal realiza accións contrarias aos
intereses sociais e ao propio marco legal vixente”.
Ante esta situación, o deputado do BNG considera que “o Goberno español
debe ofrecer explicacións formais pola brutal operación policial desenvolvida en
Cangas, depurar responsabilidades e garantir que non se reproducirán no
futuro”.
O PROXECTO RIOS non está morto...
Publicado por C&CdeGaliza en 23.9.09 Etiquetas: GALICIA, MEDIO AMBIENTEO día 26 de setembro terá lugar na Estación de Hidrobioloxía do Encoro do Con (Vilagarcía de Arousa) as X Xornadas de formación de coordinadores/as do Proxecto Ríos. Nestas X Xornadas pretendemos incidir, como cada ano, no recoñecemento dos macroinvertebrados, especies fundamentais no noso traballo ao ser bioindicadoras. Para os/as que xa participaron en anos anteriores afondaremos en novos ámbitos: os posibles efectos do cambio climático sobre a ictiofauna continental e afondaremos na problemática dos ameneiros, que están a morrer en moitos cursos fluviais galegos.
Programación X Xornadas de Formación de Coordinadores/as de grupo do Proxecto Ríos:
11.00-Chegada e entrega de material.
11.30-Estado do Proxecto Ríos, Actividades 2009, Campamento do Río Tea 2009, Limpeza de ríos, Saídas formativas, Dúbidas, etc.
12:00-Cinco anos do Proxecto Ríos.
Virginia Rodríguez. Coordinadora do Proxecto Ríos.
12.30- -Posibles efectos do cambio climático na ictiofauna continental.
-Que lle está a ocorrer aos ameneiros?fino
Rufino Vieira. EHEC
14.30-Xantar.
16.30-Saída ao río e recoñecemento de macroinvertebrados.
A inscrición é gratuíta, levar a comida.
O domingo 27 de setembro realizarase unha limpeza simultánea de ríos. Para esta xornada editaremos un protocolo de limpeza de ríos para unificar criterios á hora de abordar a limpeza. Un dos problemas máis salientables que sofren os nosos ríos é a gran cantidade de lixo que aparece nos cauces e ribeiras. Dende o Proxecto Ríos queremos concienciar á sociedade da necesidade de manter limpos os nosos ríos como premisa para a conservación da súa saúde. A limpeza non pasa só por unha actividade illada dun día de retirada de lixo. Para a conservación dos ecosistemas fluviais cómpre desenvolver actitudes responsábeis cara o medio natural e depende de todos/as frear a contaminación que están a sufrir os ríos.
Concello/Grupo Persoa de contacto Teléfono
A ESTRADA: Asociación pola Defensa do Val do Liñares Chus Goldar 626 768 826
CARBALLO: ADEGA-Carballo Xosé Dubra 679 167 633
CARRAL. Concellaría de Medio Ambiente María José 981 670 002
CELANOVA: ADEGA-Ourense Xan Carlos 629 635 945
COMPOSTELA: ADEGA-Compostela Paco Bañobre 981 57 00 99/627 628 194
CUNTIS: Asociación O Fervedoiro Heitor Picallo 676 188 619
FENE: AETNA. Asociación etnográfica César 649 243 611
FERROL: ADEGA-Ferrol Nes 649 779 774
LALÍN: Departamento de Medio Ambiente Xosé Manuel 986 78 72 02/616 937 854
LUGO: ADEGA Lugo Benjamín Cela 676228883
MELIDE: Asociación de troiteiros do río Furelos Xavier 696 607 348
MUXÍA: Concellaría de Asuntos Sociais Viqui 661 925 367
OUTES: IES Poeta Añón Mercedes 696 992 956
ORDES: Concellaría de Medio Ambiente Yaqui 649 845 674
PONTEAREAS: Plataforma Defendendo o Tea Susana e Marta 658 646 660/660 491 115
PONTEVEDRA: Vai Polo Río Gonzalo 675 547 499
PORRIÑO: Concellería de Medio Ambiente Marcelo 986 335 000
RIBADUMIA:Colectivo Ecoloxista do Salnés. Mª Dolores 660 928 463
SALCEDA DE CASELAS: Asociación TREZECATORZE Fran Rei 615 421 199
SAN SADURNIÑO: Concellaría de Medio Ambiente Fernando 981 490 027
VIGO: ADEGA-Vigo Xan Vilaboa 629 271 224
XOVE: ADEGA- A Mariña Desireé González 651 600 173
O Proxecto Ríos entregará aos grupos participantes un protocolo para difundir a limpeza ecolóxica e respectuosa dos ecosistemas fluviais, ademais de editar cartaces divulgativos para cada zona cun teléfono de contacto para que se apunten as persoas que queiran participar. Tamén se entregarán camisolas co motivo da limpeza. Nesta xornada a implicación dos concellos é fundamental para garantir a recollida do lixo que se saque dos ríos, para proporcionar o material necesario para a limpeza e para asegurar aos voluntarios/as participantes. Na seguinte táboa podedes consultar cales son os coordinadores/as en cada zona:
Máis información: www.proxectorios.org
07 septiembre 2009
Voluntarios trabajan este mes de septiembre en Cies y Ons
Publicado por C&CdeGaliza en 7.9.09 Etiquetas: GALICIA, MEDIO AMBIENTEDentro do Parque das Illas Atlánticas, o campo de traballo desenvólvese dende o pasado día 1 de setembro e ata o vindeiro xoves, día 10, na illa de Ons.
Os participantes desenvolven diferentes actividades relacionadas coa información e a educación ambientais, así como de apoio ao persoal do propio Parque.
Os voluntarios proceden de diversos lugares de toda España e foron seleccionados por SEO/BirdLife para levar a cabo proxectos de conservación práctica: melloras do hábitat de especies ameazadas, censo de aves e mamíferos, vixilancia, anelamento de paxaros, etc.
Enquisas
Entre os seus labores sobre o terreo atópase a realización de enquisas aos visitantes das illas, así como a colaboración activa na atención e información ao público, en tarefas de prospección e estudo de xacementos arqueolóxicos, na elaboración de material de educación ambiental e no seguimento de aves nas praias. Ademais, estes voluntarios participan en diversos proxectos de investigación relacionados coa fauna e a flora do espazo natural protexido.
Tódalas actividades están coordinadas por persoal do Parque Nacional e da Sociedad Española de Ornitología.
27 agosto 2009
Medio Rural y cazadores pactan la defensa forestal
Publicado por C&CdeGaliza en 27.8.09 Etiquetas: GALICIA, MEDIO AMBIENTEAdemais, na xuntanza o presidente da Federación Galega de Caza formulou a conveniencia de manter os criterios de aplicación da Lei de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais de Galicia que poden interferir no desenvolvemento da actividade cinexética, e que se viñan mantendo nos últimos anos.
Segundo se acordou no encontro, o obxectivo é, a partir do vindeiro ano, establecer liñas de acción conxuntas para potenciar a sustentabilidade dos montes galegos. Neste sentido, o director xeral manifestou a vontade da Consellería de reforzar a cooperación e coordinación con todos os axentes implicados na xestión forestal para garantir que Galicia siga sendo referente do sector.
24 agosto 2009
La Xunta toca la flauta de los vertederos y busca una música más agradable
Publicado por C&CdeGaliza en 24.8.09 Etiquetas: GALICIA, MEDIO AMBIENTEO titular de Medio Ambiente presentou esta mañá esta orde e sinalou que “con esta normativa na man”, evitarase o vertido de residuos valorizables en Galicia, adecúanse as autorizacións dos vertedoiros a medida que se constrúen plantas de valorización, e regúlase a autorización de códigos de identificación de residuos para coñecer a súa idoneidade e controlar a súa trazabilidade.
Xunto con estas medidas, esta norma –aclarou Hernández- tamén define ferramentas dirixidas a que o custo do vertido contemple todos os aspectos que garantan a imputación de todos os custes que se producen, de xeito que faga atractivo economicamente o reciclado.
Nese senso, ábrese unha nova liña de actuación dentro das políticas de fomento do reciclaxe do lixo. “Hai que concienciar e potenciar a cultura do reciclaxe fronte á eliminación do residuos, xa que a sociedade cada día produce un maior volume de residuos”, afirmou.
Agustín Hernández recordou que na actualidade existe unha norma básica estatal (Real Decreto 1481/2001) que regula o réxime de funcionamento dos vertedoiros, pero aclarou que dita normativa non descende á regulación de determinados aspectos que deben ser concretados para dar seguridade xurídica, económica e ambiental a estas instalacións. “Consideramos imprescindible –remarcou- que tanto os que exercen o control, como os que interveñen no proceso do vertido dos residuos contén cunha guía legal que lles garanta o bo comportamento e boas prácticas”.
Na actualidade –manifestou o representante do Goberno galego- sucede que, a pesar do esforzo realizado, a capacidade de almacenamento non é suficiente; estase a realizar un vertido dun importante volume de residuos, polo que se desaproveitan os recursos neles contidos; e os impactos ambientais asociados a este tipo de instalacións son elevados (ocupación do solo, degradación da paisaxe, emisión de po...).
Apuntou que outro aspecto importante é a falta dunha normativa específica que defina “claramente” as condicións de construción, explotación e vixilancia, xa que deixou en mans dos explotadores a xestión dos vertedoiros.
A previsión do departamento de Hernández é que no horizonte de 2012 se selen todos os vertedoiros de Galicia, salvo aqueles que nese momento poidan ter autorización. Para acadar ese reto, o Goberno galego investirá un orzamento de 5 millóns de euros. Na actualidade existen 30 vertedoiros en proceso de clausura e selado, dos que 7 están en execución, 10 en fase de contratación e 13 en estudo. Segundo apuntou Hernández no período 200/2008 clausuráronse un total de 223 vertedoiros.
Necesidade imperiosa
Á vista desta situación, o conselleiro de Medio Ambiente cualificou de “necesidade imperiosa” establecer no ámbito da Comunidade galega, un marco xurídico que defina claramente os requisitos mínimos de construción, as condicións da súa explotación e un sistema de control ambiental eficaz que limite os efectos ambientais, que estableza medidas preventivas e que facilite a implantación de plantas de reciclado en Galicia.
O conselleiro insistiu en que esta normativa completa a norma estatal vixente, de xeito que desenvolve dunha forma más ampla e máis xenérica a regulación existente ata o de agora. Na súa opinión, esta orde é unha ferramenta normativa legal que da resposta a unha normativa insuficiente.
Dúas grandes liñas de acción
O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas explicou que na orde que publicará o Goberno galego defínense dúas grandes liñas de acción que contribúen a dous obxectivos: medidas para reducir o vertido e mecanismos para conseguir que o vertido sexa realizado da maneira máis inocua e segura posible.
Para reducir o lixo, limitarase o tipo de residuo admisible en vertedoiro, polo que só se poderán tratar aqueles que sexan rexeites de procesos e que, en consecuencia, non admitan o seu reciclado, e aqueles que, sendo reciclables, non existan plantas de reciclado con capacidade suficiente en Galicia.
Outra das medidas será controlar os residuos procedentes doutras comunidades autónomas. Hernández precisou que isto permitirá adoptar restricións no caso de que as instalacións existentes non sexan suficientes para atender as necesidades de Galicia. Estableceranse medidas para que o prezo do vertido sexa suficiente para amortizar a inversión realizada e a prevista para facer fronte aos custos de clausura e postclausura. Matizou que con esta acción perséguese contar cun financiamento suficiente para afrontar os custos ambientais derivados do funcionamento da instalación; que o produtor do residuo sexa consciente do custo do lixo que produce; e que o prezo do vertido non sexa competitivo co custe do reciclado, xa que así permitirase implantar empresas recicladoras e facilitar a viabilidade das existentes.
Por último, outra das medidas para reducir o vertido é habilitar mecanismos de control de residuos que se reciben nos vertedoiros, establecendo unha codificación específica aos elementos de entrada, de tal xeito que se poida coñecer -dende a orixe- o lixo que pode ser vertido, sinalou Hernández.
Proceso seguro e inocuo
O conselleiro destacou que dentro das medidas para conseguir que o vertido sexa realizado da maneira máis inocua e segura posible establécense catro accións: por unha banda, definir mecanismos de control, tanto para a admisión de residuos como para o control e vixilancia dos vertedoiros durante a fase de explotación, clausura e mantemento posterior; e por outro lado, someter a xestión do vertedoiro a un maior control administrativo na fase de autorización e de posterior seguimento ambiental. O terceiro eixe é fixar un réxime de garantías suficientes para abordar os riscos que a xestión do vertedoiro leve consigo, mediante a provisión dunha fianza ambiental.
Tamén aclarou que se establecerán requisitos técnicos na construción das instalacións para asegurar que a eliminación de residuos se realice co menos custo ambiental. Agustín Hernández enumerou un serie de garantías que deben cumprirse: a impermeabilidade do vaso, o control e depuración de lixiviados, o control das augas superficiais, o control das emisións á atmosfera e a estabilidade do vertedoiro.
Agustín Hernández explicou que esta orde completase cun anexo no que se recolle os pasos e as pautas a seguir para a construción dun vertedoiro. Recalcou que durante o proceso burocrático, as entidades xestoras poderán contar co asesoramento técnico permanente do persoal especializado da Consellería de Medio Ambiente. Sinalou que o proceso administrativo en todas as súas fases será restritivo e con importantes mecanismos de control, co obxecto de garantir o cumplimento exhaustivo da normativa ambiental.
Situación actual dos vertedoiros
Na actualidade a Comunidade galega conta cun total de 31 vertedoiros en explotación, dos que un 74 por cento se dedican á eliminación dos residuos (un total de 23), mentres que a porcentaxe restante (26 por cento, é dicir, 8) teñen por actividade de xestión a valorización e eliminación.
Vertedoiros en fase de explotación
Deste número total, 22 son de titularidade pública, aínda que só en 6 casos é o propio concello quen o xestiona, e 9 están en mans de empresas privadas. En canto ao tipo de residuo que tratan, 17 vertedoiros xestionan RDC (residuos de demolición e construción); 13 residuos non perigosos; e un (Sogarisa) residuos perigosos. Cómpre sinalar que catro, instalados nos concellos de A Rúa, As Pontes, Cerceda e Santiago de Compostela, están en proceso de construción.
Juárez pone los pies en las Cies, recibe información pero no anuncia nada
Publicado por C&CdeGaliza en 24.8.09 Etiquetas: MEDIO AMBIENTE, RIAS BAIXASO conselleiro tivo oportunidade de coñecer in situ algúns dos sistemas de control de navegación e fondeo no arquipélago, así como as melloras da vivenda de San Martiño para investigadores e traballadores do Parque Nacional. Tamén puido comprobar no decurso do seu percorrido o estado das obras de reparación das vivendas de gardería, casa do banqueiro, punto de emerxencia, ou a nova xeración de enerxía renovable nas illas mediante placas solares, entre outras melloras que se están a levar a cabo neste privilexiado enclave.
Igualmente, os técnicos do Parque explicaron as accións que se están a desenvolver para limitar e corrixir a presenza de especies alóctonas [non autóctonas] no Parque. Juárez e o resto da comitiva concluíron o seu periplo cunha visita ás instalacións do camping, establecemento que funciona no Parque por concesión administrativa, e no que se están a desenvolver obras complementarias para acadar a máxima calidade posible na atención aos visitantes, dentro das limitacións inherentes ao feito de que as illas pertencen a un entorno protexido. Neste senso, cómpre lembrar que, para garantir o delicado equilibrio do ecosistema, está limitado o número de visitantes que poden entrar e/ou pernoctar en todo o arquipélago.
Plans de futuro
Ademais de coñecer en detalle estas melloras actuais, o titular do Medio Rural puido departir cos responsables do Parque sobre outras actuacións que arestora están en estudio, como a posta en valor dos aspectos arqueolóxicos das illas, a proposta de declaración de Reserva da Biosfera de todo o Parque, o proceso de elaboración do regulamento de Ons ou do Plan Rector de Uso e Xestión de cada illa, así como as ideas previas para intensificar a oferta educativa e didáctica para os máis novos.
A adecuación dos accesos para persoas con diversidade funcional, a mellora das infraestruturas de servizo, ou a implantación da carta europea de turismo sostible, foron outros dos aspectos que saíron a colación no intercambio de información entre os técnicos do Parque e o conselleiro Juárez. Tamén falaron dos plans de manexo de poboacións de determinadas especies de anfibios e réptiles, así como a fase na que se atopa o proxecto de integración paisaxístico-urbanística, e a posibilidade da implantación dun banco de xermoplasma en colaboración co Centro de Investigacións de Lourizán, tamén dependente da Consellería do Medio Rural.
Un tesouro marítimo e terrestre
O conxunto insular Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas mereceu a consideración de Parque Nacional con data 1 de xullo de 2002, e conta cunha superficie de 8.480 hectáreas, 7.285,2 marítimas e 1.194,8 terrestres. O arquipélago das Cíes abrangue 2.658 marítimas e 433 terrestres; o de Ons, 2.171 marítimas e 470 terrestres; o de Sálvora, 2.309 marítimas e 248 terrestres; e o de Cortegada, 147,2 marítimas y 43,8 terrestres. Todos eles pertencen á provincia de Pontevedra, agás o de Sálvora, na desembocadura da Ría de Arousa, que pertence administrativamente á da Coruña.
O Parque Nacional das Illas Atlánticas representa un dos ecosistemas máis salientables de entre os ligados á plataforma continental da rexión eurosiberiana. Os acantilados, os matorrais, as dunas e as praias, así como os distintos fondos mariños de rocha, area ou mesmo cuncha, crean un mosaico extraordinario desde o punto de vista ecolóxico.
Esta diversidade de escenarios dá cabida a un grande número de especies. Conviven só nas Cíes máis de 200 tipos de algas, entre as que se refuxian e crían cantidades inxentes de peixes e moluscos, aves mariñas que aniñan nos acantilados e pescan en augas pouco profundas, plantas sorprendentemente adaptadas ao alto índice de salinidade ou á escuridade das estreitas fendas… Todo un microcosmos no que a actuación dos técnicos e as administracións, pero especialmente e a concienciación crecente da cidadanía, son chaves na preservación deste tesouro para que o gocen tamén as xeracións vindeiras.
19 agosto 2009
Predican este jueves sobre recogida selectiva en la playa de Patos (Nigrán)
Publicado por C&CdeGaliza en 19.8.09 Etiquetas: MEDIO AMBIENTE, RIAS BAIXASEstas accións lúdico-informativas son unha actuación de información activa sobre a recollida selectiva dos residuos urbanos nos propios areais e zonas de baño. O propósito é ofrecer datos aos nenos e adultos, lembrándolle aos usuarios a existencia de contedores, os residuos que se deben depositar en cada contedor ou a resolución de dúbidas. Os técnicos da campaña tamén pretenden recoller a valoración e receptividade dos usuarios e agasallalos con diverso material promocional.
Cada xornada lúdico-informativa será coordinada por un equipo de 3 monitores en horario de 12 a 14 horas e de 16 a 20 horas, aproximadamente.
Instalacións
A actividade ocupará un espazo máximo de 100 m2 e desenvolverase a partires da instalación dun punto informativo. Estes puntos contarán cunha carpa amarela de 3x3 metros, exemplos de contedores de 120 litros, paneis informativos coa imaxe da campaña, paneis voadores amarelos co lema “Separar para reciclar”, megafonía e material para a dinamización dos xogos.
Os puntos informativos instalaranse, preferentemente, na entrada máis transitada da praia, acordándose previamente con cada concello, a quen se lle solicitará autorización para a ocupación dese espazo e para o uso da megafonía.
Os cativos terán a oportunidade de participar en xogos para a comprensión básica da recollida selectiva, coa intención de espertar do seu interese pola xestión dos residuos domésticos e o coidado das costas e do mar.
As citadas xornadas lúdico-informativas, incluídas no programa de recollida selectiva, tamén buscan o fomento dunha mellor imaxe ambiental dos concellos participantes e, por suposto, da comunidade galega en xeral.
As xornadas continuarán ata o día 28 deste mes, facendo un percorrido por puntos como Sanxenxo, Ribeira, Pobra do Caramiñal, Ourense e Vigo. Mentres que as praias de Barreiros, Ortigueira, Cabanas, Muros, Fisterra e Carnota xa disfrutaron destas actividades.
29 julio 2009
Gusano voraz asusta a la Xunta que pide freno a las importaciones de madera de pino de Portugal
Publicado por C&CdeGaliza en 29.7.09 Etiquetas: GALICIA, MEDIO AMBIENTEO nematodo da madeira do piñeiro (Bursaphelenchus xylophilus) é un invertebrado, un verme cilíndrico de menos de 1 milímetro de lonxitude (inapreciable, por tanto, a simple vista) que medra no interior da madeira de piñeiro e, excepcionalmente, doutras coníferas. Para se transmitir dunha árbore a outra precisa do que se denomina un vector, é dicir, un axente transmisor, que neste caso é o escaravello cerambícido (Monochamus galloprovincialis), perforador da madeira, e que sinte forte atracción polos piñeiros feridos, decadentes ou moribundos.
Los dueños de Zara colaboran para la mejora genética de especies forestales en Galiza
Publicado por C&CdeGaliza en 29.7.09 Etiquetas: MEDIO AMBIENTESegundo o acordo asinado entre ambas partes, Inditex comprometeuse a aportar un total de 100.000 euros ao ano durante as anualidades de 2008, 2009 e 2010 para financiar traballos de creación de hortos sementeiros e rodais selectos para a produción de semente forestal de alta calidade de diferentes especies, entre as que se atopaban, ata o de agora, o piñeiro (tanto o pinus pinaster coma o radiata ou o pinus nigra), o populus tremula ou o castiñeiro silvestre (castanea sativa). Agora, o ámbito de colaboración amplíase coas especies reseñadas. Tratáronse tamén novas posibilidades para ampliar a colaboración de Inditex de cara ao futuro.
Na xuntanza de hoxe estiveron presentes, por parte de Inditex, o Director General Counsel, Antonio Abril Abadín, e o director da área medioambiental, Antonio Álvarez Sánchez.
Plan de Mellora Xenética
Os traballos de mellora aos que fai referencia este acordo desenvólvense en terreos propiedade da Xunta, e forman parte das liñas estratéxicas do Goberno Galego no marco do Plan de Mellora Xenética Forestal que está a desenvolver a Consellería do Medio Rural.
27 julio 2009
Medio Ambiente no dejará solos a los Concellos con los resíduos voluminosos
Publicado por C&CdeGaliza en 27.7.09 Etiquetas: MEDIO AMBIENTEAta o de agora, moitos concellos viñan entregando este tipo de residuos a Sogama, que os eliminaba no vertedoiro de Areosa, tamén no Concello de Cerceda. Na actualidade, sucede que esta práctica non é hoxe ambientalmente axeitada, nin legalmente asumible, xa que, de acordo coa normativa europea, estatal e autonómica vixente sobre a materia, a autorización ambiental integrada outorgada a Sogama o 30 de abril de 2008 non lle permite xestionar estes residuos.
Ademais, a recente Lei 10/2008, do 3 de novembro, de Residuos de Galicia, tampouco o permite. Por estas razóns, a Sociedade Galega do Medio Ambiente deixará de admitir os devanditos residuos dende o vindeiro día 1 de setembro.
Na carta asinada polo secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, Justo de Benito, e enviada hoxe a todos os concellos galegos infórmaselles da alternativa proposta pola Consellería de Medio Ambiente para dar un tratamento axeitado aos residuos sólidos. Nese senso, na Comunidade Autónoma existen xestores debidamente autorizados que, dependendo do tipo concreto de residuo de que se trate, están especializados na súa recollida, almacenamento e tratamento.
Cómpre sinalar que os concellos galegos poden obter información sobre a identificación e localización destes xestores na páxina web do Sistema de Información de Residuos de Galicia (http://sirga.medioambiente.xunta.es).
O secretario xeral de Medio Ambiente manifesta na súa misiva o máximo interese da Consellería para que este proceso, que está motivado pola necesidade de dar cumprimento á legalidade vixente e de avanzar na mellora da protección ambiental, implique para os concellos as menores molestias posibles na xestión deste servizo público. Por último, Justo de Benito subliña á enteira disposición e colaboración para facilitarlles aos responsables municipais toda a información e o apoio que puideran precisar.
Salceda de Caselas : denuncian abandono municipal sobre el río Caselas
Publicado por C&CdeGaliza en 27.7.09 Etiquetas: MEDIO AMBIENTE, POLEMICA, RIAS BAIXASO Concello escúsase diante dos veciños culpando a actual Xunta polo retraso da posta en marcha da Estación Depuradora de Augas Residuais de Guillarei. Segundo o Alcalde, a solución está na depuradora desta parroquia tudense pero “Besada esquécese de dúas cousas moi importantes, primeiro do que el e os seus compañeiros de partido fixeron cando o PP gobernaba en Salceda, pois o BNG naquel entón foi o primeiro en recriminarlle ao goberno local, de maneira escandalosa e pouco ética, unha solución á situación; e segundo, recordarlle que a EDAR de Guillarei xa leva cinco anos construída, isto significa que durante toda a lexislatura do bipartito en Galicia, socialistas e nacionalistas non fixeron absolutalmente nada por botar a funcionar a depuradora”, explica a presidenta da Xestora do Partido Popular de Salceda de Caselas Enma Pereira. O pasado ano, nunha xuntaza en Porriño cos alcaldes da zona, Manuel Vázquez comprometeuse a pola en marcha a finais de 2008 comezos de 2009, “estamos en xullo e a depuradora segue parada”, subliña Pereira.
Os populares esíxenlle ao goberno local máis responsabilidade e seriedade, e que se involucren cos problemas dos veciños aportando unha solución e deixando os pretextos de lado, pois “non pode escusarse na depuradora de Guillarei porque con ela ou sen ela o que non pode é verter directamente ao río, como o está a facer actualmente xa que a depuradora de Salceda leva un par de semanas estragada, enviando as augas sen depurar ao río Caselas”, manifesta o vicepresidente da xestora local Santiago Rodríguez.
La Xunta dice que controlará los visones que andan sueltos por las islas atlánticas
Publicado por C&CdeGaliza en 27.7.09 Etiquetas: LAS COSAS DE LA VIDA, MEDIO AMBIENTEDebido a esta situación decidiuse levar a cabo un estudo da alimentación do visón americano no Parque, coa intención de dispor de información detallada da súa dieta que permitira realizar unha primeira valoración dos seus posibles efectos nas especies presa das que se alimenta.
Con este obxecto véñense recollendo dende o ano 2007 mostras de excrementos desta especie para a súa análise, así como outras probas das súas preferencias alimenticias. Segundo os resultados obtidos ata a data, centrados principalmente na illa de Sálvora e en menor medida nas illas Cíes, o visón americano parece ter un espectro alimenticio reducido a unhas poucas especies. Amosa certa preferencia polos mamíferos, que chegan a supor o 50% das presas consumidas. En concreto elixe preferentemente coellos e ratas de campo fronte a peixes, que roldan o 15% das presas, ou crustáceos. Ademais comprobouse que as aves mariñas, en concreto gaivotas, chegan a supor arredor dun 20% do total de presas capturadas.
Por outra banda, comprobouse que a dieta do visón varía considerablemente ó longo do ano. Durante o final da primavera e primeira metade do verán alimentase case exclusivamente de gaivotas, coincidindo coa época de aniñamento destas aves. Xa que logo, a poboación de gaivota do Parque Nacional pode estar sendo afectada pola acción do carnívoro. Ademais, ultimamente comprobouse que os cormoráns das illas Cíes tamén son presa habitual do visón cando están en época de cría. Debido ao mal estado das súas poboacións, a acción do carnívoro é considerada como moi preocupante para o futuro inmediato das colonias de cormorán moñudo no Parque Nacional e, polo tanto, para a viabilidade da especie en Galicia. Nos próximos meses, os técnicos da Consellería do Medio Rural continuarán recollendo información para o estudio da alimentación do visón americano.