
01 noviembre 2009
493 proxectos de actuacións: os concellos de Pontevedra presentaron para ser executados dentro do Plan de Investimentos da Deputación
Publicado por C&CdeGaliza en 1.11.09 Etiquetas: INFRAESTRUCTURAS, RIAS BAIXAS
28 octubre 2009
Guillerme ve que el Estado apenas tiene
un duro para el ferrocarril en Galicia
Publicado por
C&CdeGaliza
en
28.10.09
Etiquetas:
ESTADO,
GALICIA,
INFRAESTRUCTURAS
27 octubre 2009
El PP de Redondela se indigna
al abandonar el alcalde el proyectado auditorio
Publicado por
C&CdeGaliza
en
27.10.09
Etiquetas:
INFRAESTRUCTURAS,
POLEMICA,
RIAS BAIXAS
O BNG demandará compromisos concretos
da Xunta na Comisión de seguimento do Parque empresarial de Ponteareas
Publicado por
C&CdeGaliza
en
27.10.09
Etiquetas:
INFRAESTRUCTURAS,
RIAS BAIXAS
Mejoras medioambientales para Tui
Publicado por C&CdeGaliza en 27.10.09 Etiquetas: INFRAESTRUCTURAS, RIAS BAIXASPontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA) .- O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a licitación da execución do colector xeral de San Simón, no concello pontevedrés de Tui. Este proxecto xa fora aprobado no Consello da Xunta do pasado 1 de outubro.
14 octubre 2009
Deputación hará 4 campos de fútbol más en Vigo... una apuesta sin precedentes
Publicado por C&CdeGaliza en 14.10.09 Etiquetas: DEPORTES, INFRAESTRUCTURASEstas infraestruturas deportivas beneficiarán a unha poboación de 20.000 habitantes xa que, afirmou Louzán “estas catro parroquias de Vigo albergan tantos residentes como algúns concellos da provincia de Pontevedra”.
Ademais, segundo estimaron Louzán e Figueroa, “máis de 2.000 rapaces, ou o que é o mesmo, unhas 2.000 familias, se verán beneficiadas directamente destas novas instalacións “co que pretendemos potenciar o deporte base da provincia”, ademais dos veteranos e maiores, que tamén utilizarán estes campos de fútbol.
No caso concreto do campo de Fragoselo, en Coruxo, Louzán comprometeuse a investir 200.000 euros a maiores do custe do campo, na construción dunha nova grada e dun peque perimetral.
Con respecto ós prazos de execución, ambos dirixentes adiantaron que as obras serán inmediatas e que en poucos meses estas infraestruturas serán unha realidade.
En total serán catorce os campos de fútbol de céspede artificial construídos pola Deputación en Vigo. Algúns deles son os terreos de xogo de Valadares; Cabral; Candeán; Sárdoma; A Bouza; Meixoeiro; Teis; ou Comesaña. “Unha aposta histórica e pioneira”, dixo Figueroa, quen recordou que “ningunha outra administración realizou unha aposta tal clara e decidida por potenciar o deporte na cidade”.
13 octubre 2009
Conselleiro Hernández sigue defendiendo el futuro que viene con el Plan Move
Publicado por C&CdeGaliza en 13.10.09 Etiquetas: GALICIA, INFRAESTRUCTURASDefiniu o Move como un “plan ambicioso que compromete datas concretas de posta en servizo das infraestruturas; realista, posto que fai unha reflexión na liña de contemplar os recursos orzamentarios e extraorzamentarios posibles na actual situación de crise; e coordinado co resto de políticas ligadas ao medio ambiente e a sostibilidade”.
Hernández manifestou que o plan constitúe a peza fundamental da planificación da mobilidade do Goberno da Xunta. “O Move non prescinde de todo o traballo feito, pero é algo mais que un plan de estradas posto que trata de abordar e resolver os principais problemas de mobilidade dos galegos” , lembrou.
Tamén adiantou o obxectivo da Xunta de coordinar o Plan Move no marco do pacto polo territorio que o conselleiro ofreceu na súa primeira comparecencia parlamentaria para explicar as liñas básicas da consellería, pacto que volveu a reiterar na súa cita parlamentaria de hoxe.
O titular de Medio Ambiente recordou que o Plan Move está dotado con 4.265 millóns de euros ata 2015, e ten como obxectivo fundamental a mobilidade e a accesibilidade dos galegos aos servizos públicos e ás vías de altas prestacións. Engadiu que o Plan Move é ao mesmo tempo un plan ambiental, que estará dotado con 680 millóns de euros, para permitir que o progreso conviva coa natureza e que deste xeito o desenvolvemento sexa compatible coa sustentabilidade. A execución dos proxectos ata 2015 prevé a mobilización de 70.000 empregos directos.
O conselleiro explicou que o Plan Move responde a un triplo esforzo: técnico, orzamentario e de coordinación e integración. No primeiro dos casos, porque implicou un complexo traballo que foi prioritario para a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas; esforzo orzamentario, polo compromiso de inversión do Goberno galego; e, por último, esforzo de coordinación e integración, xa que inclúe os aspectos positivos da planificación de estradas existentes, ampliando o seu contido e dotación orzamentaria, así como a necesaria coordinación coas administracións locais, especialmente coas deputacións.
Agustín Hernández aclarou que como punto de partida utilizouse o Plan Director de Estradas (PDEG), así como as alegacións que a ese documento presentaron as corporacións locais. Neste senso, o consenso e a coordinación serán dous dos sinais de identidade do Plan Move, un plan no que priman os criterios de racionalidade, calidade, eficiencia, transparencia e diálogo. Segundo o conselleiro, é neste último aspecto no que se inscriben as suxestións sobre a rede estatal en Galicia coa intención de que o Ministerio de Fomento as teñan en conta á hora da revisión da súa planificación.
Sete obxectivos, nove programas
O Plan Move busca acadar sete grandes obxectivos, segundo enumerou o responsable do departamento de infraestruturas da Xunta-. Así, o plan completará a articulación da rede de infraestruturas de transporte de Galicia co exterior e a conexión entre os principais eixos interiores; adecuará o transporte nos medios urbanos, mellorando a accesibilidade dos diferentes ámbitos funcionais do territorio dende unha perspectiva metropolitana; e que o 80% da poboación estará a menos de 10 minutos dunha desas vías.
O cuarto reto desta liña de actuación da Consellería de Medio Ambiente é mellorar a seguridade viaria, reducindo nun 50% o número de vítimas de accidentes de circulación nas estradas galegas no horizonte do ano 2013; o quinto, elevar o investimento en mantemento, xestión e conservación da rede ao 3% do seu valor patrimonial; mentres que o sexto obxectivo centrase en flexibilizar o sistema de peaxes nas autoestradas galegas atendendo a criterios de coherencia, globalidade, progresión e universalidade, para que a peaxe non sexa unha barreira para a mobilidade das persoas en Galicia. Por último, búscase fomentar o emprego de sistemas de transporte alternativos ao vehículo privado, a través da implantación de aparcadoiros disuasorios nos contornos das cidades, así como de itinerarios peonís e ciclistas.
En canto aos programas que configuran o Plan Move, Hernández explicou que se articulan en nove. Os tres primeiros conteñen as actuacións en cada un dos tipos de vías que distingue o plan (Vías de altas prestacións, estruturantes e complementarias); e o cuarto diríxese a actuacións de apoio, onde se contempla a construción de aparcadoiros disuasorios no contorno das grandes cidades e a dotacións de áreas de parada para transportistas nos eixos con maior intensidade de tráfico.
O quinto dos programas detalla as actuacións en medios urbanos; o sexto, dedícase a mantemento e conservación; o sétimo, a seguridade viaria; o oitavo a impulsar a I+D+i e a mellora da integracións paisaxística das estradas; e, por último, un noveno programa vai dirixido á optimización das peaxes nas autoestradas de competencia autonómica.
Duplicar os quilómetros de vías de altas prestacións
Na súa comparecencia, o representante da Xunta salientou o compromiso do Plan de mobilidade de duplicar en cinco anos os quilómetros de vías de altas prestacións, o que permitirá contar cunha rede de estradas máis funcional, con maior seguridade viaria, con mellores prestacións no viario complementario e facendo compatible o desenvolvemento económico coa coidado e protección do medio natural.
Pepiño Blanco en el punto de mira del cabreo del PP de Redondela
Publicado por C&CdeGaliza en 13.10.09 Etiquetas: INFRAESTRUCTURAS, POLEMICA, POLITICA, RIAS BAIXASPouco antes do verán, o secretario xeral do PSdeG-PSOE, Manuel Vázquez, presentouse en Redondela anunciando que se ían a acelerar os trámites para adiantar a execución da alternativa 5. “Fíxose a foto de rigor co alcalde e o seguinte que sabemos, por boca do número dous do PSOE, é que en Madrid descoñecen a realidade da situación en Redondela. Ou ben Pachi Vázquez e Xaime Rei menten a José Blanco ou ben é o ministro quen engana aos afectados. Neste senso, pediremos as oportunas explicacións no vindeiro pleno”, asegura o grupo popular redondelán.
É intolerable que despois de dous anos de manifestacións o Ministerio de Fomento non coñeza minimamente os argumentos veciñais contra esta infraestrutura. Dende o PP de Redondela responsabilízase de esta situación ao bigoberno local; “o alcalde non pode permanecer nin un minuto máis en silencio e debe aclarar cales foron as xestións levadas a cabo para informar ao vicesecretario xeral do seu partido. É unha esixencia da oposición e dos veciños de Redondela; acabouse o tempo de enganar aos redondeláns e ás institucións”, conclúen os populares.
Novos tempos para A Estrada
Publicado por C&CdeGaliza en 13.10.09 Etiquetas: GALICIA, INFRAESTRUCTURASCómpre sinalar que foi o Goberno anterior ao bipartito o que impulsou a autovía entre Santiago e A Estrada, e será o actual Goberno o que aposte pola continuidade ata A Estrada e Forcarei. As previsións do departamento que dirixe Hernández son que a Declaración de Impacto Ambiental estea lista no verán de 2010, e posteriormente –sobre o cuarto trimestre do vindeiro ano- que xa estea redactado o proxecto técnico de trazado. Nese mesmo trimestre empezarase de xeito paralelo co estudio informativo e de impacto ambiental da continuación deste proxecto, é dicir, do tramo Cerdedo - Forcarei. Con este calendario de actuación, o proceso de expropiación e a licitación das obras serán unha realidade no primeiro semestre de 2011.
O actual Goberno galego aposta pola denominada Alternativa A do estudo informativo, cuxa lonxitude é de máis de 11 quilómetros e suporá un orzamento superior aos 78 millóns de euros. Contará con 3 enlaces, 5 viadutos, 8 pasos superiores e 5 inferiores. Coa posta en marcha deste proxecto búscase darlle continuidade á autovía AG-59 e conectar o Concello da Estrada e a súa comarca con Santiago e a autoestrada da AP-53.
Nese senso, os tempos de percorrido do trazado Santiago - A Estrada, respecto das alternativas da estrada actual (AC-841/ PO-841), reduciranse nun 58,6%, ao pasar de 29 minutos pola rede provincial a 12 minutos pola futura autovía. Ademais, no momento en que este proxecto se atope completo, é dicir, ata o enlace coa N-541 (Cerdedo - Forcarei), o tempo de percorrido minguará en 37 minutos, ao pasar de 66 –por estrada convencional- a 37 minutos por autovía, un 56% menos.
Esta infraestrutura terá consideración de autovía, polo que se poderá circular a unha velocidade de 120 km/h, cun ancho total de 25,5 metros e dúas calzadas de 7 metros. Os concellos afectados pola construción deste vial son Santiago, Teo, Vedra, A Estrada e Cuntis, polo que o número de veciños beneficiados é de 144.085, cifra que se elevará a 150.771 cando se engadan Forcarei e Cerdedo.
Aforos
A necesidade de posta en servizo desta infraestrutura está xustificada polas cifras do volume de vehículos que circulan pola estrada Santiago-A Ramallosa e os que absorbeu o treito activo da AG-59. Así, mentres no ano 2008 un total de 11.194 vehículos circulaban diariamente pola AC-841, no ano 2009 esta media descendeu ata os 4.832 utilitarios aos día (un 55% menos), xa que a autovía ata A Ramallosa absorbeu un total de 6.156 vehículos. Está previsto que polo tramo da autovía entre A Ramallosa e A Estrada circularán un total de 5.873 vehículos, polo que o vial convencional pasará dos preto de 9.000 actuais a algo mais de 3.000 vehículos diarios.
Alternativa A
Dende a Xunta de Galicia apostase pola Alternativa A porque constitúe o proxecto con menos lonxitude de trazado. En consecuencia, é a opción que implica un menor volume de terras afectadas, é dicir, menor impacto ambiental. Ademais caracterízase por ter unha maior homoxeneidade, xa que o trazado vai paralelo aos eixes da AC-841 e PO-841 e os enlaces conectan de xeito máis directo coa rede viaria e coa variante da Estrada, incrementando o efecto vertebrador. Outro dos parámetros que a fai máis atractiva é o feito de que capte máis intensidade de tráfico.
08 octubre 2009
Mos dá un paso máis cara á acometida integral da rede de abastecemento nas zonas urbanas
Publicado por C&CdeGaliza en 8.10.09 Etiquetas: INFRAESTRUCTURAS, RIAS BAIXASA alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, visitou esta mañá acompañada de Ángel Pereira, concelleiro de Saneamento e Abastecemento, as obras de acometida da rede de traída de auga potable no Barrio do Monte, sito na parroquia mosense de Sanguiñeda. Estes traballos contan cun orzamento de 200.000 euros, pero a inversión total para a traída de auga na parroquia sanguiñedense ascende a 60.000 euros máis, correspondentes á acometida dunha nova rede de abastecemento, que vai dende a Avenida de Sanguiñeda ata a Ponte do Senlle, e que o Concello aproveitou para instalar durante a obra de humanización que se está a realizar tamén actualmente na estrada que une dito traxecto.
Durante a súa visita matinal para comprobar que os traballos se están a desenvolver conforme ó previsto no Barrio do Monte, a rexedora local declarou que “con esta obra estamos a dar un paso máis para cumplir a promesa contraída polo equipo de goberno que dirixo de dotar, antes de finais do presente ano 2009, a tódalas zonas urbanas de Mos de sistema de abastecemento”.
“Das catro zonas pendentes de instalación da traída de auga, dous xa teñen dita rede rematada, como son San Rafael e San Antoíño; outra zona, que é a de Sanguiñeda que hoxe estamos a visitar, está a ser acometida estes días; e por último, tan só queda a realización de melloras sobre a rede privada de abastecemento de Puxeiros, que foi asumida polo Concello de Mos a principios de ano e cuio proxecto está xa a piques de ser rematado”, explicou Arévalo.
06 octubre 2009
Jorquera ve ridícula la inversión del Estado en importantes carreteras en Galicia
Publicado por C&CdeGaliza en 6.10.09 Etiquetas: ESTADO, GALICIA, INFRAESTRUCTURASA Secretaria Xeral de Infraestruturas e Presidenta de SEITTSA (Sociedade Estatal de Infraestruturas de Transporte Terrestre, comparecía a solicitude do BNG para dar contar das partidas destinadas nos Orzamentos 2010 para as estradas galegas.
Partidas desequilibradas
Jorquera criticou o feito de que as partidas destinadas as estradas galegas “adoecen de desequilibrios importantes. Nas estradas concéntranse os esforzos da A-8 xa que é a que absorbe a maior parte dos investimentos, salvando despois as partidas para a mellora da seguridade vial”.
De maneira xenérica, a responsábel do Ministerio escudouse no argumento de que “os procesos e tramitacións dos proxectos de estradas son dilatados”
En cambio, o deputado do BNG puxo de manifesto que outras estradas importantes reciben partidas cativas e insuficientes. Así nomeou a A-54, Santiago-Lugo, “chama a atención a escasa dotación orzamentaria para o tramo Labacolla-Arzúa, só 2 millóns de euros, e difírese o principal do investimento aos exercicios 2011 e 2012”. Salientou que se trata dun tramo que é prioritario, é o máis próximo e chama a atención a planificación que se fai”.
Tamén enfatizou a pequena dotación para a AC-14 tramo As Lonzas-Zapateira, “o primeiro tramo que é responsabilidade de Fomento só recibe 11 millóns e o groso vai para o 2011. Isto nos fai prever que os prazos se verán sobrepasados no tempo”.
Denunciou a falta de partida para a ampliación da AP-9 ao seu paso por Santiago, “un compromiso asumido polo seu Ministerio e que agora non recibe nada”.
Outra das deficiencias que subliñou é que “apenas hai orzamento para a N-550 que é a vía alternativa sen peaxe á Autoestrada do Atlántico, unha vía moi densa e insegura”. Asemade, mencionou o esquecemento da variante de Ordes, da de Padrón, que fican sen dotación.
“Tampouco hai nada para o corredor San Cibrao-Barreiros, o tramo a executar por Fomento está sen dotación, así como a autovía de Verín a Portugal”, sinalou.
Por último, pedíu á responsábel de Fomento que explique que previsións se manexan para a A-76 Ponferrada-Ourense, “o terceiro acceso á Meseta”, que previsión existe para a A-57 que non está suficientemente dotada. E “aclare a partida dun millón de euros para a conexión da AP-9 co aeroporto de Vigo, porque é a mesma partida que para este exercicio de 2009 o cal indica que non se executou”.
Resposta da Secretaria de SEITTSA sobre as cuestións concretas
A responsábel do Ministerio entrou no concreto nalgunha das cuestións plantexadas polo BNG. Así, dixo que na cuestión da ampliación do tramo da AP-9, “traballamos diferentes alternativas, e está en Orde de Estudo para a Redacción dos proxectos”.
Respeito á falla de partida para o Corredor San Cibrao-Barreiros, indicou que o Estudo Informativo se someteu a Información Pública en xullo deste ano 2009, “agora se están a facer as conclusións do Estudo Informativo”.
No que atinxe á A-76 Ponferrada-Ourense, o Estudo Informativo está en fase de Información Pública, e respeito á A-57, falou do tramo de Barro cuxo Estudo Informativo está licitado, e o resto cos proxectos en redación.
Requalificação da Rua Ibérico Nogueira : Humanização da Cidade Nova de Valença
Publicado por C&CdeGaliza en 6.10.09 Etiquetas: INFRAESTRUCTURAS, PORTUGALA intervenção proporcionará uma rua completamente renovada, com o circuito de circulação beneficiado e reorganizado, assim como as àreas de estacionamento.
O verde ganhará mais espaço com novas arborizações e criação de espaços verdes. A par será colocado novo mobiliário urbano e surgirão esplanadas que porporcionem outra dinâmica e vida ao comércio existente na zona.
Para o Presidente da Câmara, Dr. José Luís Serra, esta intervenção pretende humanizar o míolo da “Cidade Nova”, reorganizando os espaços públicos e criando melhores condições para habitantes e comerciantes de uma àrea caracterizada pelo excesso de volumetria de construção.
Esta empreitada decorrerá no âmbito do projecto de Requalificação Urbana de Valença e pretende ser complementar à obra já em curso na avenida de São Teotónio.
A intervenção nesta avenida segue, também, a nova filosofia de mobilidade seguida pela Câmara Municipal de eliminação das barreiras físicas e na criação de uma maior mobilidade, para todos, que mereceu a atribuição a Valença, recentemente, da Bandeira de Prata da Mobilidade por parte da Associação Portuguesa de Planeadores do Território – A.P.P.L.A..
05 octubre 2009
4 meses para las obras de las zonas verdes en San Paio de Navia, en Vigo
Publicado por C&CdeGaliza en 5.10.09 Etiquetas: INFRAESTRUCTURAS, VIGOZona verde
A zona verde de San Paio de Navia ocupa unha superficie de 89.217 metros cadrados, dos que 24.729 metros corresponden a prazas e os 64.488 restantes a paseos e bosque.
A obra de urbanización da mesma adxudicouse en novembro de 2007 por un importe de 4.911.139,86 euros, IVE incluído. En decembro de 2008 o director xeral do IGVS autorizou un modificado por importe de 886.880,65 euros (IVE engadido), que inclúe a dirección facultativa das obras e a dirección de coordinación de seguridade e saúde.
Vivendas de promoción pública
O proxecto de urbanización de San Paio de Navia botou a andar en 1999 coa adquisición dos primeiros terreos por parte do IGVS, despois de desenvolver un longo proceso de redacción e aprobación dos documentos urbanísticos que permitiron o seu desenvolvemento.
So tres anos máis tarde, en 2002, se adxudicaron as primeiras parcelas para a construción de vivendas protexidas de promoción privada e a comezos de 2005 adxudicábase a redacción do proxecto básico para a construción das 384 vivendas de promoción pública que se están a construír no polígono e que foron sorteadas o pasado 17 de xullo.
O Instituto Galego da Vivenda e Solo, dependente da Consellería de Medio Rural, Infraestruturas e Territorio, inviste na construción destas 384 vivendas preto de 32,5 millóns de euros.
O pasado 17 de xullo o IGVS procedeu ao sorteo de 343 vivendas, xa que das 384 que se atopan en construción deben detraerse 41 para realoxos de unidades familiares anteriormente residentes na zona e que foron afectadas polo desenvolvemento do plan parcial de San Paio de Navia e cesión ao Concello de Vigo en aplicación da normativa vixente.
Do total de vivendas sorteadas, 159 dispoñen de tres dormitorios e superficies útiles entre 79 e 81 metros cadrados. Outras 12 contan cos mesmos tres dormitorios, pero a súa superficie útil está entre 87 e 88 metros cadrados, xa que se trata de vivendas adaptadas e reservadas para persoas con mobilidade reducida. Con dous dormitorios (superficie entre 62 e 65 metros cadrados) hai un total de 91 vivendas e con catro dormitorios (entre 88 e 90 metros cadrados de superficie útil) un total de 81 vivendas.
Despois do sorteo as listas foron expostas nos taboleiros de anuncios do Concello, a delegación da Xunta en Vigo e a sede do IGVS en Pontevedra e publicadas na web do Instituto Galego da Vivenda e Solo, ademais de comunicar persoalmente a cada adxudicatario a documentación que debería presentar na delegación provincial do organismo, así como o prazo para facelo. Actualmente aínda se está recibindo documentación, xa que en máis de 200 casos de adxudicatarios provisionais foi preciso un segundo requirimento ante a falta de resposta ao primeiro.
Os funcionarios do IGVS na provincia de Pontevedra terán agora que revisar tódalas documentacións presentadas, así coma os datos fiscais dos adxudicatarios, para proceder á elaboración da lista provisional, que se prevé estará rematada no mes de novembro. O acceso á información fiscal realízase por procedementos telemáticos, evitando así que os adxudicatarios teñan que solicitar certificados na Axencia Tributaria. Habitualmente a Axencia Tributaria non permite o acceso telemático aos datos do último período fiscal ata comezos de outubro, polo que se agarda dispoñer de dito acceso nestes días.
02 octubre 2009
El mando del Bloque critica la supuesta alianza Feijóo-Pepe Blanco
Publicado por C&CdeGaliza en 2.10.09 Etiquetas: GALICIA, INFRAESTRUCTURAS, POLEMICA, POLITICAFrancisco Jorquera avanzou que neste momento “traballamos sobre a hipótese de apresentarmos unha emenda á totalidade” e nese mesmo sentido Guillerme Vázquez dixo que “a día de hoxe, estamos moito máis lonxe do si aos orzamentos que do non”.
Porén, ambos enfatizaron que o BNG vai empregarse a fundo na negociación co grupo parlamentar socialista e co propio Goberno do Estado para conseguir “melloras significativas” nos orzamentos que eventualmente puidesen levar ao BNG a apoialos. Jorquera non negou, en todo caso, que se sentía escéptico ante a hipótese de o Goberno do Estado ter vontade de introducir esas “melloras significativas”.
O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, criticou o papel xogado polo presidente da Xunta até este momento no proceso de elaboración dos orzamentos do Estado. “Está a actuar como presidente do PP galego, non como presidente do Goberno. Conviría que antes de o Goberno aprobar os orzamentos do Estado, o presidente da Xunta plantexase algo en concreto sobre as necesidades deste País. Non o fixo”, dixo. Non o fixo porque, como adoita, Feijóo actúa como se non tivese nengunha responsabilidade en nengún dos asuntos que afectan o noso País.
O líder do nacionalismo galego foi máis alá ao afirmar que o aval que dá o presidente da Xunta ao ministro de Fomento é un aval politicamente interesado. “Feijóo defende a Blanco para defenderse a si mesmo, para que non fique en evidencia o que denunciou o BNG desde un principio, que o Acordo do Obradoiro era un Pacto Fraude. Iso agora é unha evidencia. El non negociou nada con Madrid. Simplesmente dixo si ao que lle puxo por diante. E agora todo o mundo pode ver que nada do que se asinou se vai cumprir”, afirmou Guillerme Vázquez.
Criticou tamén o “duplo xogo” do PP en materia de infraestruturas. “Xa abonda destes
xogos. Critican os investimentos de Fomento en Madrid os deputados galegos eleitos por Galiza e logo vai o presidente da Xunta e avala o que fai Blanco, isto é, avala a redución dos investimentos no noso País”.
Na súa intervención perante os xornalistas, Francisco Jorquera anunciou que o día 14 de Outubro o BNG manterá unha reunión co grupo parlamentar socialista para dar comezo formalmente á negociación orzamentaria, se ben explicitou que, mesmo antes de seren elaborados polo Goberno, quer o grupo parlamentar do PSOE quer o propio Executivo xa eran coñecedores dos criterios que a xuízo do BNG debían informar estes orzamentos e “cales as liñas vermellas que en nengún momento se podían traspasar se se tencionaba ter o noso apoio”.
Jorquera enunciou os criterios que irán rexir as emendas que o BNG vai defender a este proxecto de orzamentos. “Imos ser enormemente exixentes na demanda de cambios na política fiscal, de maneira que se garanta un reparto equitativo da carga, se introduza progresividade e non se aposte pola tributación indirecta. É preciso que non se cargue a presión sobre as rendas baixas e medias e si sobre as altas”, esclareceu ao tempo que denunciou que, contra o que sostén a propaganda do PSOE, o gasto social diminúe nos orzamentos “se descontarmos o gasto para a cobertura das prestacións polo desemprego”. O BNG, en troca, demandará un incremento dese gasto social tamén para, mediante estímulos fiscais, mellorar a situación do sector lácteo galego, das comunidades de montes ou dos traballadores autónomos.
A respecto da política de investimentos, o BNG defenderá unha mellora quer cualitativa quer cuantitativa. “Non podemos asumir que por vez primeira nunha década os investimentos decrezan en Galiza, e non podemos asumir que do ponto de vista cualitativo se abra a vía de que no AVE a Galiza se vaia alternar treitos de vía convencional con treitos de alta velocidade”, dixo Jorquera. Esa vía ábrese agora a teor de que só se orzamenten 40 millóns de euros para o treito Lubián-Ourense. “A incerteza é total cando ademais se nos di que se está á espera de conseguir un préstamo do Banco Europeu de Investimentos”, argumenta o portavoz nacionalista na Cámara Baixa.
O ministro de Fomento, alerta Jorquera, está a flirtear coa idea de “implantar trens rápidos” -isto é, non AVE- que podan circular quer por as vías de alta velocidade quer polas convencionais, de maneira que “durante un tempo indefinido” se alterne unhas e outras.
“Inquieta que se aposte pola redución de tempos entre Galiza e Madrid e por tanto se estea a planificar non a conclusión da liña AVE en toda a súa integridade, senón o aproveitamento de tramos de vía convencional até un horizonte indefinido”, dixo, e enfatizou que ese horizonte xa é, segundo os propios orzamentos, o 2016, “co cal fica en evidencia o carácter fraudulento do pacto Feijóo-Blanco.
Ao tempo, a rede ferroviaria interior fica “totalmente desatendida” e nun estado máis propio “de comezos do século XX do que de comezos do século XXI”.
“CANTO NOS ESTÁ A CUSTAR A PRESENZA DAS TROPAS EN AFGANISTÁN?”
O portavoz nacional afirmou que estes orzamentos “non nos van servir para saír da crise” e defendeu o criterio de que se “reduzan os gastos, pero non os investimentos”.
“Non se vai saír da crise reducindo investimentos e aumentando impostos. Hai que reducir gastos que non son socialmente necesarios. Pódese facer. Pensemos nos gastos militares. Alguén sabe canto nos está a custar a presenza de tropas en Afganistán”, perguntouse.
O conselleiro de Infraestruturas comprométese a esixirlle ó Ministerio de Fomento un mellor trato para Mos
Publicado por C&CdeGaliza en 2.10.09 Etiquetas: INFRAESTRUCTURAS, RIAS BAIXASOnte á tarde, o conselleiro de Infraestruturas da Xunta de Galicia, Agustín Hernández, entrevistouse coa alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, e con membros da plataforma DefendeMos para tratar o tema da nova autovía Vigo-Porriño. Na reunión, celebrada no salón de sesións da Casa Consistorial do Concello de Mos, estiveron presentes tamén o tenene de alcalde, Gerardo Alonso, a concelleira de Patrimonio, Ana Rodríguez, e un técnico municipal do departamento de urbanismo, concretamente un arquitecto.
O motivo do encontro foi trasladarlle ó conselleiro a oposición, tanto do Concello coma da plataforma, a que se constrúa unha nova aotovía que pase por Mos e solicitarlle que dende a Xunta se lle requira o Ministerio de Fomento unha copia do proxecto co trazado definitivo, xa que esta información aínda non chegou ó Concello de Mos e polo tanto tampouco puido ser consultada polos veciños afectados. Neste sentido, Hernández comprometeuse coa alcaldesa e DefendeMos a que en canto chegue Dito documento a consellería de Infraestruturas, técnicos autonómicos procederán a analizalo e a elaborar un informe de impacto medioambiental sobre o mesmo, que se lle fará chegar tamén ó Concello. Ademais aseguroulles ós presentes na reunión que intentará axudalos e apoialos ata onde as súas competencias llo permitan, sendo así o primeiro dirixente da Xunta de Galicia que accede a recibilos e escoitalos e sendo tamén esta a segunda vez que se entrevista con eles, xa que a primeira xuntanza se produciu o pasado mes de xuño na delegación da Xunta en Vigo.
O conselleiro quixo deixar claro ademais durante a reunión desta tarde que, de ocupar el antes o seu actual cargo, nunca houbera permitido que se aprobase un trazado coma o previsto para a nova autovía Vigo-Porriño. Asemade recoñeceu que “agora xa é tarde” pero que fará o que poida para axudar ó municipio de Mos.
Tanto Nidia Arévalo como a plataforma DefendeMos manteñen a eliminación da peaxe na autopista AP-9 coma alternativa á nova autovía Vigo-Porriño e opóñense rotundamente ó trazado da Alternativa 5B modificada que é a que actualmente está aprobada. “A alternativa 5B modificada non é aceptable baixo ningún concepto para os veciños de Mos aínda que se lle chegaran a facer cambios no trazado”, sentenciou Arévalo, quen insistiu tamén en solicitar “que por fin se trate a Mos como se merece”; ó que Agustín Hernández respostou coa promesa de que se dirixirá ó Ministerio de Fomento ademais de reunirse co presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núnez Feijoo, para expoñerlle o caso e buscar xuntos a mellor solución. A alcaldesa mosense saiu satisfeita da reunión e manifestouse “contenta de que por fin se estea a escoitar ós mosenses dende o goberno autonómico”.
Tren de Alta Velocidade
Agustín Hernández informou tamén esta tarde á alcaldesa e a DefendeMos de que, para que non ocorra o que está a suceder coa nova autovía Vigo-Porriño, dende a consellería que el dirixe se lle esixiu xa ó Ministerio de Fomento que se consensúe cos municipios afectados o trazado polo que transcorrerá o AVE. Proposta que foi aceptada e que será sucedida por vindeiras reunións nos respectivos Concellos con representantes da Xunta de Galicia para estudiar o proxecto.
F-009 promete rebajar el peaje de una autopista que aún sigue en manos del Estado
Publicado por C&CdeGaliza en 2.10.09 Etiquetas: GALICIA, INFRAESTRUCTURASNela, Feijóo detallou que a rebaixa na peaxe será como mínimo do 25% para os conductores que usen a autoestrada dúas veces ou máis ao día, e superior para os que circulen pola AP-53 varios días á semana. Explicou, ademais, que o Goberno central e a Xunta de Galicia constituíron este mes de setembro unha comisión técnica na que se avaliarán os detalles técnicos deste traspaso á Comunidade Autónoma. “É unha autoestrada que descorre integramente por solo galego polo que, segundo o Estatuto, nos corresponde a súa titularidade”, engadiu.
O presidente galego destacou, dentro do investimento dos 65 millóns de euros, os 5,1 millóns que se adicarán ás obras de reforzo do firme da estrada PO-533 entre Lalín e Alto do Faro, uns traballos que comezarán antes de que remate o ano. Ademais, e dentro das melloras das infraestruturas viarias recollidas no Plan MOVE, salientou a construción dunha vía de altas prestacións entre Lalín e Alto do Faro; o remate da circunvalación de Lalín; e a variante de Rodeiro
Neste mesmo sentido, Feijóo explicou que o MOVE inclúe a proposta da Xunta de Galicia ao Ministerio de Fomento para a construción dunha autoestrada entre Pontevedra- Cerdedo- Lalín- Lugo, “que vertebre o interior das provincias de Pontevedra e Lugo”; ademais doutra autoestrada entre Chantada e Monforte.
01 octubre 2009
Hernández demanda un pacto polo territorio por riba das ideoloxías
Publicado por C&CdeGaliza en 1.10.09 Etiquetas: GALICIA, INFRAESTRUCTURASAclarou que a vontade do seu departamento é levar a cabo unha acción política orientada a darlle unha resposta inmediata aos afáns e intereses dos concellos, sen reparar en cores nin en ideoloxías políticas. “Toda a programación e toda a acción se orientará a considerar o territorio e a poboación de Galicia como unha unidade á que debe supeditarse todo esforzo e todas as melloras”, destacou.
O titular de Medio Ambiente manifestou que o acordo acadado coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para a reforma da Lei do Solo é o camiño a seguir, ao que engadiu que manter un diálogo fluído e unha clara liña de colaboración coas entidades locais é a senda pola que aposta o departamento que dirixe.
Agustín Hernández avanzou que nos vindeiros meses concretaranse tres documentos que indicen de xeito directo na ordenación do territorio e na actividade urbanística das entidades municipais, que son as Directrices de Ordenación do Territorio, o Plan de Ordenación do Litoral e a reforma da Lei do Solo.
Explicou que sobre o Plan de Ordenación do Litoral xa se iniciou unha fase de análise conxunta cos 89 concellos afectados e que se rematará neste mesmo mes de outubro. Posteriormente, procederase a redacción definitiva do documento que se someterá a aprobación inicial.
En canto as Directrices de Ordenación do Territorio estase a analizar as alegacións presentadas, así como o seu procedemento de tramitación, como paso previo a súa aprobación provisional e posterior elevación ao Consello da Xunta.
Recalcou que para a modificación da Lei do Solo estableceuse un foro de traballo coa Fegamp, que deu como froito un importante acordo institucional. Sinalou que a intención do Goberno galego é que esta lei represente un testemuño exemplar da vontade de diálogo, tratando de buscar posturas, coa finalidade de dispoñer dunha norma legal básica para o desenvolvemento de Galicia.
Por último, o representante do Goberno galego instou ás entidades e aos membros da Comisión Superior de Urbanismo a “sumar vontades a prol dun territorio máis harmónico, humanizado e organizado”.
Comisión Superior de Urbanismo
A Comisión Superior de Urbanismo é o órgano colexiado de carácter consultivo en materia de urbanismo. As súas funcións son emitir os informes que con carácter preceptivo veñan esixidos por calquera disposición legal ou regulamentaria e sobre os asuntos que lle someta a consulta o conselleiro de responsable da materia urbanística da Comunidade galega.
Está presidida polo conselleiro responsable do rango e forman parte del os seguintes membros desta entidade: a secretaria xeral de Ordenación do Territorio, que ostenta o cargo de vicepresidenta (con voz e voto); un representante das consellerías de Economía e Industria, Medio Rural, Cultura; da Asesoría Xurídica Xeral, das catro deputacións provinciais, de dous concellos galegos. Tamén forman parte desta comisión catro vocais de libre designación.
30 septiembre 2009
Xunta : Industria apoyará la creación de plantas de biogás
Publicado por C&CdeGaliza en 30.9.09 Etiquetas: ECONOMIA, GALICIA, INFRAESTRUCTURASArrecia la polémica sobre el tema aeroportuario
Publicado por C&CdeGaliza en 30.9.09 Etiquetas: GALICIA, INFRAESTRUCTURAS, POLEMICA, POLITICAmateria de Turismo e de Transportes no Parlamento Galego, Carme Adán e
Teresa Táboas, cualificaron de “errada” a decisión da Xunta de Galiza de
suprimir as axudas ás liñas aéreas de baixo custo e defenderon que “os
aeroportos galegos só poden ser competitivos se se coordinan e
complementan” para captar vós internacionais.
Neste sentido, aseguraron esta mañá en rolda de prensa que “para iso é
necesario que o Goberno Central transpase a Galiza as competencias en
materia aeroportuaria”.
O modelo centralista de AENA perxudica a Galiza
A portavoz do BNG na Comisión de Transportes do Parlamento Galego, Teresa
Táboas, subliñou que “só cunha planificación e coordinación dos tres
aeorportos galegos Galiza poderá competir co aeorporto Sá Carneiro do Porto”.
Así, lembrou que “mentres que Porto ofrece 40 destinos, os tres aeroportos
galegos só ofrecen 23 destinos, e a metade deles a Madrid, debido a
planificación centralista de AENA”.
Esta situación levou a que “mentres os aeroportos galegos pecharon o pasado
ano cun descenso do 22% no número de pasaxeiros, o aeroporto de Sá
Carneiro medrou un 13,7%”.
“Temos que aumentar a oferta de vós a Europa e o resto do mundo e non
repetir vós entre os nosos aeroportos, só se facemos unha planificación
coordinada e especializada da oferta de vós poderemos competir con Porto”,
subliñou a deputada do BNG.
As low cost axudaron a que Galiza incrementase un 30% o turismo
estranxeiro
Pola súa parte, a portavoz do BNG na Comisión de Turismo do Parlamento
Galego, Carme Adán, puxo en dúbida o estudo que utilizou a Consellaría de
Cultura para suprimir as axudas ás compañías de baixo custo, “un estudo que
-precisou- aínda estamos agardando a que a Xunta de Galiza decida facelo
público”.
“Non entedendemos a retirada do apoio cando hai outros estudos que indican
que as low cost axudaron ao incremento do número de turistas”. Neste
sentido, salientou que segundo os datos do Instituto de Estudos Turísticos de
Galiza, dependente da Xunta de Galiza, “no período 2005-2008 o turismo
estranxeiro medrou un 30%, que fundamentalmente utilizou o avión”.
Neste sentido, Carme Adán demandoulle ao Goberno do PP que “teña un
compromiso claro e firme cos tres aeroportos galegos e diga até onde vai
chegar no apoio ás liñas de baixo custo, porque estas liñas moven moitos
viaxeiros que teñen un maior número de pernoctacións e se desprazan por
toda Galiza, independentemente do aeroporto que elixan para chegar”.
Ademais, a deputada do BNG considerou “moi importante que Galiza teña vós
internacionais dende os seus aeroportos, máxime cando o próximo ano é o
Xacobeo 2010”.
Núñez Feijóo cando foi conselleiro nen planificou nen demandou
competencias
Por último, Teresa Táboas criticou que “o PP vaia a remolque e demanda tamén
agora a coordinación dos tres aeroportos, cando en 16 anos de Goberno non
fixeron nada e cando o propio Núñez Feijóo foi conselleiro de Política Territorial
e Transportes nin fixo unha planificación nin demandou as competencias
aeroportuarias a Madrid”.
La Xunta sigue "magreando" el asunto de los aeropuertos y el "bajo coste" con muy buenas palabras pero nada de realidades salvo para... Santiago
Publicado por C&CdeGaliza en 30.9.09 Etiquetas: GALICIA, INFRAESTRUCTURAS, POLITICA, TURISMOA liña de traballo da Xunta de Galicia nesta materia é avanzar cara un sistema integrado de xestión aeroportuaria conxunta e nesa liña teñen que ir de xeito inmediato os compromisos de patrocinio publicitario que se asinen de cara ao 2010 coas compañías de baixo custe. Nos próximos días, recompiladas as propostas das compañías de low-cost, serán remitidas aos concellos. O obxectivo é crear complementariedades e non solapamentos, evitando as duplicidades e triplicidades. Primaranse indicadores tales como o interese turístico, os destinos de interese para a apertura da economía galega ao exterior e a internacionalización das nosas empresas, os destinos de interese para os galegos por diversos motivos (negocio, ocio,…).
A Xunta de Galicia considera imprescindible que o patrocinio publicitario non vaia só, senón que se acompañará dunha forte promoción turística feita nos destinos emisores a través de Turgalicia, única fórmula para conseguir unha ocupación elevada dos voos.
Aclaracións sobre os datos de movemento aeroportuario en Galicia
A secretaria xeral para o Turismo explicou tamén que o obxectivo do documento interno de traballo da Secretaría Xeral para o Turismo referente ao movemento dos aeroportos galegos tiña como principal obxectivo recompilar unha serie de datos relativos ao movemento aeroportuario en Galicia, tanto en termos cualitativos como cuantitativos. O destino final do traballo é aportar información rigorosa e relevante para a toma de decisións.
O documento manexa e refire toda a información ás principais fontes de información estatística existentes tanto a nivel nacional como autonómico, como AENA, FRONTUR, FAMILITUR, a Enquisa de Destino (Turgalicia), e outras. Ten en conta, por tanto, todos os datos facilitados polas mesmas en aras de obter unha visión o máis completa posible dos movementos aeroportuarios en Galicia, das súas características e composición.
Unha valoración moi resumida dos datos obtidos destas fontes permite extraer as seguintes conclusións:
-Segundo FRONTUR –Estatística do Instituto de Estudios Turísticos da Secretaría de Estado de Turismo do Ministerio de Industria, Turismo y Comercio- no período 2005-08 obsérvase un descenso de turistas estranxeiros con destino principal Galicia, pasando dunha cifra global de 1.186.869 no ano 2005 a 933.187 en 2008. Estes datos son globais no sentido de que inclúen a todos os segmentos de mercado posibles (por mercados de orixe, perfil sociodemográfico, tipo de aloxamento ou medio de transporte utilizado,...).
Con isto non se deduciu en ningún momento que a baixada teña relación causa efecto algunha coas liñas de baixo custe, e de feito a administración turística galega vai a apostar mais ainda nas CBC, pero defende que, para que estas aumenten en maior medida o número de turistas estranxeiros ten que se aumentar a promoción turística en orixe nos destinos desde aos que se implementen as rutas; de aí que o compromiso sexa o de acompañar os patrocinios publicitarios que se cuatriplican, con unha forte promoción turística en destinos emisores, o que non tivo lugar nos últimos anos, con un obxectivo moi claro, que os voos consigan ter, a medio prazo, unha ocupación que os faga viables económicamente para as compañías que os operan, e que, tan breve cuanto posible, non necesiten do apoio da Administración, que liberará eses recursos, para con eles, apostar en novas rutas, ampliando así o abano da oferta aeroportuaria galega, o que redundará sen dúbida en mellora de comunicacións para os galegos, mais ampla oferta para os turistas e mellor competitividade para as nosas empresas.
-Outras fontes de información como o INE -Enquisa de Ocupación Hoteleira- ou a enquisa de verán de Turgalicia son parciais-que obtén datos de perfil do turista no período estival- poñen de manifesto que nestes últimos anos si houbo unha pequena subida, en termos relativos, do turismo estranxeiro en Galicia nos segmentos que analizan, pero non analizan a totalidade dos turistas estranxeiros (o que si fai Frontur) -a primeira fai referencia aos viaxeiros aloxados en establecementos hoteleiros e a segunda analiza o perfil do turista que visita Galicia no período estival-. Esta circunstancia fai que a única estatística completa sobre turistas estranxeiros sexa a elaborada por Frontur do Instituto de Estudios Turísticos da Secretaría de Estado de Turismo do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio.
-O documento de traballo en ningún momento conclúe que no período 2005-08 descendera de forma continuada o volume de pasaxeiros nos aeroportos galegos, pero si, segundo Frontur, o número de turistas estranxeiros a Galicia. Hai que diferenciar turistas de pasaxeiros ou usuarios.
Mais ben, e segundo datos de AENA, o número de usuarios (diferente de turistas, posto que esta é apenas unha das motivacións das viaxes en avión) dos tres aeroportos de Galicia creceu de forma importante nestes últimos anos (salvo en 2008, cando se produce unha lixeira baixada consecuencia dos primeiros efectos da crise económica).
-Se se analizan pasaxeiros, en datos de AENA, obsérvase que a maior parte do incremento do número de pasaxeiros correspóndese con tráfico nacional mais tamén se observa un crecemento do tráfico internacional; pero insístese en que se trata de usuarios totais.
En canto aos datos de FAMILITUR, segundo esta enquisa, a porcentaxe de viaxeiros nacionais que veñen a Galicia en coche acada o 81% neste último ano 2008. Aqueles que, en cambio, veñen a Galicia en avión supoñen aproximadamente o 5% do total.