Mostrando entradas con la etiqueta DIVULGACION. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta DIVULGACION. Mostrar todas las entradas

29 octubre 2009

En el pabellón de Mos

28 octubre 2009

Balaídos hoy : los abonados de Fondo
seguirán el partido de Copa desde Preferencia

-
Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA) .-Los abonados de Fondo seguirán el partido de Copa desde Preferencia. La Grada de Fondo del Estadio de Balaídos permanecerá cerrada durante el partido de Copa que disputarán este miércoles Celta y Tenerife a causa de unas obras de mantenimiento que realiza el Ayuntamiento vigués. Los abonados de Fondo podrán acceder con sus carnés a Preferencia.
Para el choque de este miércoles ante el Club Deportivo Tenerife, los abonados de Fondo no podrán ocupar sus asientos habituales a causa de unas obras de mantenimiento que obligan al cierre de la grada. Estos abonados podrán seguir el partido desde Preferencia, grada a la que pueden acceder por la puerta número 7 con sus carnés de abonado.
El club pide disculpas por las molestias que pueda originar este cambio, obligatorio por las obras que realiza el Ayuntamiento.  

27 octubre 2009

Manifiesto de CC.OO. ante la manifestación
de este jueves en Vigo en defensa de la Sanidad Pública


A EXECUTIVA COMARCAL DA FEDERACION DE SANIDADE DE VIGO, ante a manifestación do vindeiro xoves día 29, quere manifestar o seguinte:

      1.- CC.OO., apoia a manifestación do día 29 en DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA, amenazada polo actual Goberno da Xunta de Galiza. O INTENTO DE PRIVATIZACIÓN DO FUTURO HOSPITAL DE VIGO E OS FUTUROS CENTROS DE SAÚDE TAMEN CON FINANCIACION PRIVADOS son o maior ataque a sanidade pública dende hai moito tempo.

       2.- A privatización, que de partida incrementa os costes finais de 250 millóns de € a 1.750 (os multiplica por 7) e previsiblemente ainda aumenten, só favorece a intereses minoritarios pero supón a apertura dun camiño que a medio plazo leva a incrementar os costes sanitarios, a perder calidade asistencial e probablemente ao copago.

       3.- A xunta ningunea unha vez mais a Vigo, outra vez mais o Partido Popular, fai ensaios privatizadores, algúns dos cales fracasaron no pasado como no caso de MEDTEC. Mentras mantén a Vigo, igual que en décadas anteriores no furgón de cola sanitario de Galicia. A principal cidade de Galicia, sigue por detrás de A Coruña e Santiago.
        Privatiza a Sanidade, merma os recursos e INCUMPLE a PROMESA ELECTORAL de CONSTRUIR 5 CENTROS DE SAUDE EN VIGO e non respecta a firma de contratar profesionais sanitarios na ATENCION PRIMARIA DE VIGO.


24 octubre 2009

Autobombo del PP con motivo
del Xacobeo 2010


Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA) .- O Partido Popular de Galicia afirma que o Goberno de Feijóo está a traballar duramente para que o vindeiro Xacobeo faga que o 2010 sexa lembrado como o ano no que Galicia viu por fin a luz despois da crise que fixo tambalear a economía mundial. Os populares felicitan á Xunta polo traballo ben feito que están levando a cabo coa preparación do Ano Santo.


30 septiembre 2009

Ximnasia saudable na Guarda

A GUARDA (MORRAZO-TRIBUNA).- NOVA SOBRE A ACTIVIDADE DE XIMNASIA SAUDABLE. A OMIX do Concello da Guarda a través da Concellería de Deporte, pon en marcha unha actividade de ximnasia para adultos co nome de XIMNASIA SAUDABLE que se desenvolverá os martes e xoves de 20:30 a 21:30.
Esta actividade vai encamiñada a traballar a tonificación, a firmeza muscular, a corrección postural, etc
Información e inscrición na OMIX do Concello da Guarda ou no teléfono 986614546

25 septiembre 2009

Oia : quieren recuperar para uso público la estación del tranvía

A A.V. de San Miguel de Oia convoca á cidadanía concentrarse

Pola conservación e recuperación da estación de tranvía para uso público

O sábado 26 de setembro ás 17.00 horas na antigua estación de tranvía de S. Miguel de Oia, terá lugar a primeira concentración para pedir que o inmueble non se destrúa e sexa destinado a dar servizo á veciñanza. A A.V. tamén iniciará unha campaña de recollida de sinaturas de apoio á recuperación dunha construción emblemática para a parroquia.

A asociación veciñal considera que sería un auténtico atentado contra a historia da parroquia eliminar un elemento singular e de importante valor histórico como a antigua estación do tranvía que cubría a ruta Vigo – Baiona.

A recuperación e utilización do inmueble como equipamento ao servizo da veciñanza é unha antigua demanda na parroquia e desde fai anos existe a promesa de que así ía facerse polo que as novas recentes que apuntan á construción dunha urbanización supoñen un auténtico despropósito para a veciñanza.

A proposta para o local é que sexa destinado ao uso público, de tal xeito que sirva para dar servizo á veciñanza. Tamén tense posto riba da mesa a idea de que na contorna se constrúa un parque infantil xa que os espazos de xogo para os nenos son prácticamente inexistentes en toda a zona.

É por todo que a asociación veciñal levará a cabo unha campaña reivindicativa para que se cumpla a promesa de recuperar a estación, unha campaña que comezará coa convocatoria de concentracións e recollida de sinaturas e cuxa difusión agradecemos por adiantado a todos os medios de comunicación.

Concierto este domingo en la A.V. de San Miguel de Oia (Vigo)

A A.V. de S. Miguel de Oia (Vigo) convida a toda a cidadanía ao concerto do

“Orfeón Cantorum e
Agrupación Musical de Belesar”

Domingo 27 de setembro ás 18.30 horas no auditorio da A.V. de San Miguel de Oia (camiño currás nº34). Entrada de valde e ata completar o aforo

Logo dos éxitos colleitados este verán nos concertos de Baiona e Gondomar, a asociación veciñal de San Miguel de Oia acollerá este domingo un dos 4 espectáculos que esta formación ofrecerá no sur de Galicia.

Orfeón Cantorum é unha agrupación de recente creación que logo de varios meses de duro traballo, dirixido por Javier Dominguez Millán, logrou dar un corpo común a 130 voces procedentes das corais de Belesar, Baredo, Donas e San Miguel de Oia, acompañados pola instrumentación da Agrupación Musical de Belesar para dar conta dun repertorio variado no que non faltan as zarzuelas e habaneras.

Desde a asociación veciñal convidamos a toda a cidadanía a gozar deste concerto e lembramos que a entrada é gratuíta e ata completar o aforo do auditorio.

01 septiembre 2009

Cangas/Batalla de Flores : aviso

Todos os rapaces de 6 a 12 anos que queiran participar na batalla de flores o próximo sabado 5 de setembro, poden inscribirse nas oficinas de turismo de Cangas, polas mañans no adro da Igrexa e pola tarde na do porto.

01 agosto 2009

Subvenciones para cursos de formación y colocación por parte de la Xunta

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).-
A delegación territorial da Xunta en Vigo ven de resolver unha nova fase do Plan de Accións Formativas para Desempregados (AFD) que outorga preto de 2,6 millóns de euros a concellos e entidades de Vigo e a súa área coa finalidade de ofertar cursos que axuden a mellorar a formación dos desempregados de cara a acceder ao mercado laboral.

Esta última concesión de subvencións para cursos formativos vai destinada aos municipios de Nigrán, O Porriño, Redondela, Salceda de Caselas, Soutomaior, Vigo, Cangas e Moaña. En total, concedéronse axudas para a realización de 63 cursos aos que poden acceder as persoas que actualmente estean no paro. De todos modos, aínda que o programa está dirixido prioritariamente a desempregados, este plan abre a posibilidade de que ata un 25% de persoas traballadoras ocupadas poidan participar como alumnos se así o solicitan.

Así, por municipios, a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia destinou axudas por valor de 1,37 millóns de euros para que máis de 30 centros formativos da cidade de Vigo ofrezan estes cursos de formación; 380.656 euros para o Concello e entidades de Cangas; outra partida de 353.673 euros para o Concello e asociacións de O Porriño; 161.494 euros para o Concello de Moaña; 108.106 para entidades de Redondela; 97.397 euros para o Concello de Soutomaior; 59.259 euros para o Concello de Salceda de Caselas e, por último, unha subvención total de 33.253 euros que vai destinada ao Concello de Nigrán. O montante total ascende a 2.563.885 millóns de euros.

Os desempregados teñen unha ampla oferta de variedades e cursos onde escoller. Así, poden optar polas especialidades de monitor sociocultural, deseñador web e multimedia, creación e xestión de empresas, iniciación a internet, secretariado, telefonista-recepcionista de oficina, soldador, hixienista dental, instalador de sistemas de enerxía solar, deseño e modificación de planos, programas de retoque dixital, técnico en software, panadeiro, informática de usuario, carpinteiro, xestión de riscos, idiomas como inglés ou alemán para o público ademais de especialidades dirixidas a servicios sociais coma coidador de discapacitados físicos e psíquicos, auxiliar de enfermería ou atención sociosanitaria ou especializada, entre outros. A duración dos cursos, en función da especialidade escollida, oscila entre as 85 e as 710 horas mentras que as datas de comezo sitúanse entre finais do mes de agosto e o mes de setembro.

En total, no que levamos de ano, o servizo de formación e colocación da delegación territorial da Xunta en Vigo xestionou subvencións por un valor total de 17,9 millóns de euros para este tipo de cursos de formación ocupacional, dato que supón un 26,47% máis con respecto ao ano pasado, cando se destinaron 14,2 millóns de euros. Ademais, o número total de cursos ofertados tamén se incrementou, ofrecendo xa este ano 47 cursos máis que no ano 2008, cando se xestionaron 232 especialidades polas 289 deste ano 2009.

Estos datos mostran así a disposición da Xunta de Galicia de realizar políticas encamiñadas a fomentar a formación e a colocación dos desempregados con programas que redunden no seu beneficio de cara a lograr o obxectivo final da formación, que non é outro que mellorar de forma sustancial a cualificación dos traballadores en paro de maneira que aumente a súa competencia profesional e, así, a súa empregabilidade.

06 julio 2009

Este lunes en el Festival de Teatro Cómico Festivo de Cangas

CANGAS (MORRAZO-TRIBUNA).- Hoxe: saída do concello ás 19:30 cos cabezudos e grupo charanga de Lembranzas da ría, señal 19:45 actuación Asociación mulleres Moaña Ies Rodeira e Ies Paralaia de Moaña, ás 20:45 Alameda Vella Escola de Danza Inés Nuñez e 21:15 Adro da Igrexa Escola de Danza Maite Quiñones e as 21:45 Danza oriental Marga Outeiral tamén no Adro, no Costal ás 22:15 proxección audiovisual " Revoltallo en pedra 2008"

02 julio 2009

Fiestas en Carregal-Valladares (VIGO)

Carregal-VALLADARES Días 4 e 5 de xullo de 2009

PROGRAMA:
Sábado, día 4.
SESIÓN VERMÚ
Tarde-Noite

Domingo, día 5. A partir das 11.30 h. da mañá,
Imos contar coas agrupacións folclóricas do Centro Veciñal e Cultural de Valladares
Grupo de Gaitas “ATURUXO”
Grupo de Baile “AMIEIRAS”
“CANTAREIRAS DO ALBA”

SESIÓN VERMÚ, coa Charanga “A VA.K. PINTA”

Ás 17.30 h. teremos GRANDES CUCAÑAS -para pequenos e maiores- e con reparto de importantes Premios en metálico.
Pola tarde-noite, FIN DE FESTA coa Charanga “A VA.K. PINTA”

09 junio 2009

El concierto de El Sueño de Morfeo queda aplazado para el 19 de junio

MOS (MORRAZO-tribuna) .- debido a unha intervención quirúrxica repentina a Raquel del Rosario, cantante de El sueño de Morfeo, hoxe día 9 de xuño, queda suspendida a actuación de dito grupo prevista para o próximo 12 de xuño. Polo tanto posponse a data do concerto para o venres 19 de xuño.

A Guarda : aviso urgente

A GUARDA (MORRAZO-tribuna) .- O CIM "Centro de Información a Muller" traslada a súa oficina o Centro Cultural (2º Andar) debido ás obras de reforma que se van realizar nas actuais dependencias. Máis información nos teléfonos 986 614 648, 986 610 000 ou no correo muller@aguarda.es

15 mayo 2009

A Guarda : aviso do Concello

A GUARDA (MORRAZO-tribuna) .- UNIDADE MÓVIL DO PROGRAMA CREATIVE (ALBORADA) : O Concello da Guarda informa que o día 16 de maio de 2009 a partir das 00:00 da noite na Alameda estará presente unha unidade móvil do programa Creative.
Esta actuación está subvencionada pola Xunta de Galicia pero o seu desenvolvemento corre a cargo de técnicos da asociación Alborada (Vigo). Esta acción traballa a prevención e a reducción de risco no consumo de drogas achegando a información á mocidade que disfruta do ocio nocturno.

11 mayo 2009

Convocatoria urgente
en Coia (Vigo)

Reunión informativa, as obras no barrio de Coia

>> Data: martes 12 de maio, 20.00 horas Lugar: A.V. “Camiño V.” de Coia (rúa Marín nº1)

A A.V. “Camiño Vello” de Coia convoca á veciñanza afectada das rúas Cangas, Marín, Moaña, Bueu, Villagarcía e A Estrada a unha reunión informativa sobre as obras que estanse a levar a cabo no barrio. Este martes 12 de maio ás 20.00 horas no local social da A.V. “Camiño V.” de Coia: rúa Marín nº1.

30 abril 2009

Eventos deportivos
de fin de semana en Cangas

Eventos deportivos previstos para o fin de semana do 2 e 3 de maio de 2009 na vila de Cangas:

• CURSO MONITOR NACIONAL DE ATLETISMO
- DATA: 2 e 3 de maio de 2009 - LUGAR: Casa da Cultura de Cangas
- HORARIOS:
• Sábado 25: 09.30/14.00 – 16.00/20.00 h
• Domingo 26: 09.30/14.00 h - ORGANIZA: Fundacion Cangas Deporte
- CONTACTO: Vicente Veiga (profesor) –


• X TORNEO PRIMAVERA DE TENIS
- DATA: 3 de maio de 2009 - LUGAR: Complexo Deportivo CEIP. San Roque
- HORARIO: Todo o día - ORGANIZA: Club Tenis Cangas
- CONTACTO: Carlos González (presidente) –


Para máis información poden consultar a web: www.cangasdeporte.com

29 abril 2009

Concello da Guarda : aviso

O DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO DA GUARDA -
INFORMA:
- Que a Escola Infantil Municipal abre o próximo día 1 de maio o prazo de presentación de SOLICITUDES PARA RESERVA DE PRAZAS PARA O CURSO 2009/2010. Os pais/nais ou titores dos nenos/as interesados deberán presentar as solicitudes nos seguintes prazos:

nenos/as matriculados e con praza no curso 2008/2009 na primeira quincena de maio
nenos/as de novo ingreso, presentarán a solicitude na segunda quincena de maio.

Para maior información dirixirse o Departamento de servizos sociais do concello da Guarda en horario de 9.00 a 13.00 h os lúns, mércores e xoves.

A Guarda, 29 de maio de 2009

A Concelleira
Mª Teresa Vicente Baz

Convocatoria do Concello da Guarda

Campamento inglés para rapaces de 10-15 anos
-A OMIX do Concello da Guarda informa da apertura do prazo para solicitar praza nos Campamentos de inglés english Summer Camp 2009 da Deputación de Pontevedra.

-Desenvolverase en 4 quendas na Cidade Infantil Príncipe Felipe:

1ª quenda: do 21 ao 29 de xullo.
2ª quenda: do 30 de xullo ao 7 de agosto.
3ª quenda: do 8 ao 16 de agosto.
4ª quenda: do 17 ao 25 de agosto.

DESTINATARIOS
Para rapaces e rapazas de 10 a 15 anos.
Cada quenda terá una duración de 9 días, en ela participarán 150
rapaces, dos que 80 estarán en réxime interno e 70 serán externos.
No caso de ser maior a demanda cá oferta procederase a un sorteo
público no que se dá certa autonomía á entidade organizadora dos
grupos para aqueles casos nos que fose preciso (diferencia de idades,
distribución de habitacións, etc)

PRAZO DE INSCRICIÓNS: Ata o 30 de maio de 2009.

PREZO:

•Os internos: 120 euros os 9 días (pensión completa).
•Os externos: 75 euros os 9 días (xantar e merenda).


Para inscrición e/ou información dirixirse a OMIX do Concello ou chamar ó 986614546

28 abril 2009

VIGO : Protesta del personal de Enfermería del Xeral-Cies

VIGO (MORRAZO-tribuna) .- A executiva comarcal da federación de sanidade de CC.OO. de Vigo convoca unha concentración do persoal de enfermaría do Servizo de UCI do Hospital Xeral-Cíes que terá lugar este mércores 29 de abril ás 11 horas na entrada principal do hospital.

24 abril 2009

Convocatoria para los vigueses
residentes en Coia

Data: venres 24 de abril, 19.30 horas
Lugar: A.V. “Camiño V.” de Coia (rúa Marín nº1)
Con motivo do malestar, queixas e descoñecemento da veciñanza de Coia en torno ao plan de obras que estase a levar a cabo no barrio a A.V. “Camiño Vello” de Coia reunirá á veciñanza afectada para, de xeito conxunto, analizar a situación e as medidas a tomar. Este venres 24 de abril ás 19.30 horas no local social da A.V. “Camiño V.” de Coia: rúa Marín nº1.
Asdo: María Villaraviz Goberna
Secretaria: A.V. “Camiño V.” de Coia