18 octubre 2008

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA INVISTE 1,2 MILLÓNS DE EUROS NA ADQUISICIÓN DE 40 VEHÍCULOS PARA ASOCIACIÓNS SEN ÁNIMO DE LUCRO DA PROVINCIA

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- A Deputación de Pontevedra asinará o mércores un convenio con Caixavigo e a factoría PSA Peugeot Citröen Vigo para adquirir, con unha inversión de 1,2 millóns de euros, máis de 40 vehículos —dende seis a once plazas— que serán destinados a cubrir necesidades de asociacións sen ánimo de lucro, colectivos asistenciais e clubes da provincia de Pontevedra.
O plan da Deputación para dotar de medios de desprazamento a colectivos sociais que o precisan será obxeto dun convenio posterior con cada un deles, no que se fixarán as condicións de compra e entrega.
O presidente da institución provincial, Rafael Louzán, sinalou que esta medida da Deputación, ademáis de contribuir a solventar unha necesidade fundamental para moitos colectivos sen ánimo de lucro, quere contribuir á reactivación económica de sectores clave da economía provincial _como é o da Automoción e outros_ e a xenerar emprego nuns momentos de grave crise.
A sinatura do convenio entre a Deputación, Caixanova e PSA Peugeot Citröen Vigo terá lugar o vindeiro mércores no Pazo Provincial e asistirán, entre outro, o presidente Louzán, Julio Fernández Gayoso e altos directivos da factoría viguesa.