22 octubre 2008

A DEPUTACIÓN ENTREGARÁ 40 COCHES A COLECTIVOS ASISTENCIAIS E CLUBES DE PONTEVEDRA


PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, asinou hoxe o convenio que vinculará a institución provincial con Caixanova e Citröen na dotación de vehículos adaptados para o transporte de persoas, institucións e entidades sociais sen ánimo de lucro, con fins asistenciais e deportivos.
O acordo, que supón unha inversión global de 1,2 millóns de euros, permitirá que un total de 40 vehículos —dende seis a dezasete prazas— sexan destinados a cubrir necesidades de asociacións sen ánimo de lucro, colectivos asistenciais e clubs da provincia de Pontevedra.
Reactivación e emprego
O financiamento efectuaráse aportando un 75% do custo de cada vehículo as tres entidades patrocinadoras, Deputación, Citroën e Caixanova, que aportarán o 25% cada unha, correspondendo o 25% restante á entidade beneficiaria do automóbil. O importe do 75% que supón o total da achega das tres entidades patrocinadoras, será sobre o prezo do vehículo e equipamento franco fábrica.
O plan da Deputación para dotar de medios de desprazamento a colectivos sociais que o precisan será obxecto dun convenio posterior con cada un deles, no que se fixarán as condicións de compra e entrega.
Política social
Louzán, sinalou que esta medida da Deputación, “ademais de contribuír a solventar unha necesidade fundamental para moitos colectivos sen ánimo de lucro, busca contribuír á reactivación económica de sectores clave da economía provincial —como é o da automoción e outros— e a xerar emprego nuns momentos de grave crise”. Destacou que <é unha iniciativa pioneira en Galicia que será ampliada en función da demanda e que vai dirixida a personas que o necesitan>.
O presidente da Deputación, que agradeceu a colaboración de Caixanova e Citröen pola súa implicación e compromiso coa provincia, afirmou que o plan da Deputación quere desenvolver unha auténtica política social que solucione problemas e apoie ás familias e ás personas pois posibilitará o transporte nas debidas condicións .
Ricardo Muñoz, apoderado de Automóviles Citröen – España, suliñou o orgullo que lle producía participar nunha iniciativa deste calado social así como que Citröen fora unha marca de referencia.
Pola súa banda, o director xeral de Caixanova, Julio Fernández Gayoso, destacou que o papel da entidade financieira na súa aposta por un produto galego que xenera emprego (Citröen) e resaltou a histórica colaboración coa Deputación en temas sociais e culturais, como o Plan Cultural, o Museo ou a Escola de Canteiros. , dixo.