18 octubre 2008

DURÁN: "A XUNTA NON CONTA COA DEPUTACIÓN, FAI TODO A ESPALDAS DELA E, SEN EMBARGO, ACUSANOS DE OBSTACULIZAR O PARQUE DE CALDAS, HAI QUE TER CARA"

PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- O vicepresidente José Juan Durán rexeitou hoxe que a Deputación obstaculice proxecto algún para construir un parque de bombeiros en Caldas de Reis tal e como manifestaron distintos responsables socialistas.
Durán sinalou que , dixo.
O vicepresidente suliñou a contradicción que supón que a Deputación, como institución próxima ós cidadáns que é, é a primeira á que acuden institucións e particulares e a primeira que chega sempre en caso de emerxencias co seu Parque de Maquinaria _ , dixo_ e, sen embargo, sexa excluida da Axencia de Emerxencias Galega.
E lembrou que, gracias á Deputación, a provincia dispón de cinco parques de bombeiros _Silleda, Ribadumia, Vilagarcía, Bueu e Porriño_ que fan de Pontevedra unha das provincias mellor dotadas de Galicia en canto a este tipo de infraestructuras , dixo.
Según Durán, a institución provincial esta á espera dende abril do ano pasado de que se cumpra o compromiso feito polo conselleiro de Presidencia, Méndez Romeu, ante representantes das catro deputacións, de presentar un novo modelo para os parques de bombeiros, algo que ainda non se materializou. , conclueu.