MADRID (MORRAZO-tribuna) .- O portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera, manifestou hoxe, respeito á negociación co PSOE sobre os Orzamentos Xerais do Estado 2009, que “constatamos moito interese no grupo socialista en chegar a acordos co BNG” pero, subliñou, “aínda non se avanzou nos compromisos que lle plantexamos ao Goberno”.
O deputado do BNG mantivo este mediodía unha xunta co portavoz do grupo socialista, José Antonio Alonso, dentro da ronda de negociacións aberta sobre os Orzamentos do Estado.
Falta por concretar o que o BNG plantexou
En declaracións aos medios de comunicacións, Jorquera salientou que “a día de hoxe o BNG só baralla dous cenários posíbeis: o apoio aos Orzamentos através da consecución dun acordo ou votar en contra e presentar unha emenda á totalidade”, descartando así a abstención.
Sinalou que existe “vontade e receptividade no PSOE para acadar un acordo pero non houbo aínda concreción suficiente para que poidamos adoptar unha posición final. Constatamos o interese do grupo socialista en superar as diferenzas co BNG pero ten que chegar á fase da concreción”. Neste sentido, afirmou que “novos contactos permitirán esclarecer se haberá acordou ou non”, e que agarda “entrar en maiores concrecións nunha próxima xunta”.
O parlamentar nacionalista insistiu nas razóns do rexeitamento do BNG do actual proxecto de Orzamentos posto que “non son suficientemente expansivos nun contexto de crise económica, precisan dun maior esforzo en materia social, sobre todo, dun maior despliegue na lei de Dependencia, e porque non son suficientes para desenvolver os principais proxectos para Galiza”. Ademáis, lembrou que os 2.020 millóns proxectados están por debaixo da cifra de 2.046 millóns acadada o ano anterior despois da negociación entre o BNG e o Goberno.