MADRID (MORRAZO-tribuna) .- O portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera, ven de presentar unha iniciativa na que lle demanda ao Goberno que dea explicacións polos vos da CIA que fixeron escala en aeroportos galegos.
Jorquera lembra que o informe “Destinos inconfesables, obligaciones incumplidas”, publicado recentemente por Amnistía Internacional desvela que os aeroportos de Lavacolla e Peinador foron utilizados pola CIA como escalas cara Guantánamo, dentro da súa operación “Guerra contra o Terror”.
En concreto, o informe menciona o jet Haiker 800 XP que, procedente de Xenebra, fixo escala no aeroporto de Vigo o 31 de agosto de 2005. Este vo xa figuraba na listaxe de vos identificados na investigación levada a cabo polo Parlamento Europeu.
Ademais, na listaxe de avións sospeitosos de estaren vencellados cos vos da CIA, Amnistía Internacional inclúe ao N970SJ Santiago de Compostela-Bedford (Estados Unidos) que fixo escala no aeroporto compostelán o 17 de outubro de 2002.
“Ante estes feitos tan graves o Goberno debería abrir unha exhaustiva investigación”
Ante esta situación, o deputado do BNG pédelle ao Goberno que informe sobre estes dous vós: números de pasaxeiros, canto tempo estiveron estacionados en Lavacolla e Peinador e inspeccións que se realizaron.
Francisco Jorquera considera que “estes feitos son o suficientemente graves como para que o Goberno abra unha exhaustiva investigación”, independentemente da que está aberta pola Audiencia Nacional.
Por último, pregúntalle ao Goberno como valora que o informe de AI acuse ao Estado Español de “non ter feito nada para impedir os vos da CIA, sobre territorio español, o uso dos seus aeroportos e as detencións ilegais practicadas polo Servizo de Intelixencia dos Estados Unidos”, unha actuación que leva á ONG a acusar a España de “incumprir as obrigas internacionais de dereitos humanos”.