COMPOSTELA (MORRAZO-tribuna) .- A Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) organizará o vindeiro 17 de novembro, en colaboración coa Dirección Xeral de Administración Local, unha xornada sobre A Problemática do botellón. Esta actividade está dirixida aos responsables políticos, aos servizos de policía, protección civil e sanitarios, ás asociacións estudantís, veciñais e xuvenís, así como a todos os profesionais interesados directamente nesta temática.
Os seus obxectivos son coñecer os cambios sociais operados en relación coa temática da xornada, valorar a oportunidade de actuacións das administracións e saber cales son as características que debe revestir a intervención policial para conxugar axeitadamente o dereito dos mozos ao divertimento co dereito dos residentes ao descanso. Neste sentido, os contidos do programa inclúen unha aproximación sociolóxica á cuestión do botellón, as problemáticas sanitarias e de adicción, os problemas sociais (ruídos, danos, lixos, etc.) e as solucións desde unha óptica multidisciplinar achegadas polas administracións locais.
A inscrición nas 300 prazas que se ofertan é totalmente gratuíta e o prazo para a presentación de solicitudes remata o día 13 de novembro. A xornada desenvolverase na Sala Obradoiro do Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, en Santiago, en horario de mañá e tarde.
Ao remate da actividade entregaráselles un certificado de asistencia ás persoas que acrediten a súa participación continuada a ela.