VIGO (MORRAZO-tribuna) .- O portavoz nacional do BNG, Anxo Quintana, manifestou esta tarde en declaracións aos medios de comunicación a súa “satisfacción e alegría polo que considero un moi bo acordo para Galiza”.
“Creo que con este acordo –engadiu- o BNG fai unha demostración de responsabilidade nun momento especialmente difícil, de crise económica, no que o nacionalismo galego serve para dar estabilidade á política de Estado e poder afrontar con máis garantías unha crise económica que ten preocupada a toda a cidadanía”.
Quintana subliñou “o grande contributo” logrado polo BNG “tras unha negociación longa e complexa, que encarou con moita firmeza pero sempre con espírito construtivo e diálogo, para chegarmos finalmente a un acordo que creo que é moi bo para Galiza”.
“Francamente, creo que con este acordo Galiza é hoxe un país máis forte ca onte. Esa é a esencia fundamental do acordo: sermos capaces de que Galiza conte teña presenza no Estado, que medremos como país”, salientou o portavoz nacional do BNG.
“Conseguimos ter garantías de que os orzamentos non só sexan mellores para Galiza, senón que se executen”
Anxo Quintana asegurou que “o acordo ten os suficientes instrumentos e recursos para que os galegos e galegas estean máis protexidos nun momento de crise económica coma este”.
O portavoz nacional do BNG precisou “as tres razóns polas que este é un bo acordo para Galiza: imos mellorar substancialmente o noso autogoberno, que é un instrumento fundamental para xerar benestar para os cidadáns, e tamén conseguimos maior dotación orzamentaria para Galiza, pero tamén que haxa mecanismos para que non só os Orzamentos sexan bos para Galiza, senón que tamén teñamos garantías de que se vai executar. Ademais, é bo porque establece medidas fundamentais para os que máis precisan axuda neste momento: as persoas dependentes”.
“Agora é Galiza a que decide na política do Estado”
Por último, Anxo Quintana manifestou “a miña especial satisfacción polos milleiros de galegos e galegas que, independentemente de por quen teñan votado noutras eleccións, hoxe marcharán para a cama orgullosos”.
“En Galiza –subliñou- sempre tivemos unha sá envexa de que cando chegaban estes intres eran outros, os cataláns ou os vascos, os que decidían. Había milleiros de cidadáns que se preguntaban por qué Galiza non decidía. Agora é Galiza, a través da representación politiza do BNG, a que protagoniza a política de Estado, a que da estabilidade e presenta solucións para o ben dos galegos e galegas”.