VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- A Deputación de Pontevedra, a través do Servizo de Desenvolvemento Local e Fondos Comunitarios, presentará este venres, 13 de febreiro, ás 20 horas, nas instalacións da Cidade Infantil Príncipe Felipe, o curso para a concesión do título de “Monitor de Actividades de Ocio e Tempo Libre” que se desenvolverá durante os vindeiros meses nas instalacións do centro dependente da Deputación, en horario de fin de semana, venres e sábados.
Este curso para monitores, enmarcado dentro das actividades formativas que realiza este Servizo para a promoción do emprego, diríxese, neste caso, a fomentalo en sectores definidos como “Novos Xacementos de Emprego”, entre os que se atopa o sector do ocio e tempo libre.
O cursiño, que contará coa participación de 25 alumnos, terá unha duración de 350 horas, das que 200 serán horas teóricas e as 150 restantes, de carácter práctico. A súa impartición correrá a cargo da empresa Escola de Tempo Libre Dajalca, entidade homologada pola Xunta de Galicia para a impartición deste tipo de cursos e para conceder os correspondentes títulos oficiais de “monitor de actividades de ocio e tempo libre aos alumnos que superen o curso. Esta titulación oficial da Xunta de Galicia acreditaralles para traballar no futuro en diferentes empresas, actividades ou eventos relacionados con estas actividades.
A cerimonia de presentación do curso, que se desenvolverá nas instalacións da Cidade Infantil Príncipe Felipe, contará coa presenza da vicepresidenta provincial, Teresa Pedrosa, que estará acompañada por técnicos do Servizo de Desenvolvemento Local e Fondos Comunitarios e representantes e docentes da empresa impartidora do curso, incluirá tamén un pequeno acto de benvida ós alumnos participantes a partires das 20 horas da tarde.