08 febrero 2009

Ferido grave o xornalista Jacobo Buceta ao recibir cando conducía un impacto de pedra lanzada desde un paso elevado na autovía das Rias Baixas

OURENSE/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- Jacobo Buceta, coñecido xornalista vigués, condutor dun turismo resultou ferido grave esta mañá ao recibir o impacto dun obxecto sólido que foi lanzado desde un paso elevado, na autovía A-52, en sentido Vigo, informou a Garda Civil de Tráfico e confirmou MORRAZO-tribuna. Jacobo viaxaba desde Zamora a Vigo, en unión da súa esposa.
O suceso produciuse sobre as 10:03 horas, en que a central operativa de tráfico foi avisada por usuarios da autovía que algunhas persoas estaban arroxando pedras á altura do quilómetro 271 é esta vía. Mobilizada unha patrulla, desprazouse ao lugar e, cando aínda non chegara, comunicóuselle dun accidente de tráfico cun ferido grave.
O sinistro produciuse ao ser arroxado desde o paso elevado un obxecto sólido, un anaco de cemento do tamaño dun ladrillo. A pedra alcanzou o parabrisas do turismo e ao seu condutor, o xornalista Jacobo Buceta, á altura do pescozo e pulmóns, e produciulle feridas de carácter grave.
O obxecto arroxado desde o paso elevado supuxo que Jacobo Buceta, que foi trasladado ao hospital Xeral de Vigo, perdese o control do vehículo, que impactou contra a mediana e causou danos ao coche, no que tamén viaxaba a súa muller, realizadora de televisión, que resultou con algunha ferida de menor consideración.
O destacamento de tráfico do Porriño e o grupo de investigación de apoio ao tráfico de Pontevedra mantén investigacións para esclarecer o suceso e para pescudar a identidade dos sospeitosos.
Ata o momento, e tras as primeiras pescudas, sábese, a través dunha testemuña que presenciou os feitos, que os autores son dous mozos de entre 18 e 20 anos.
NOTA DE LA REDACCION DE MORRAZO-tribuna
Otra vez los lanzamientos de piedras desde pasos elevados. Otra vez a punto de llegar la tragedia. En Portugal, los pasos elevados sobre las vías rápidas están vallados a conciencia... aquí, solo alguno que otro donde antes se produjeron incidentes.
Ahora vallarán este donde casi se deja la vida este querido compañero periodista. Ahora irán a hacer el paripé... Pero : ¿hasta cuando con semejante inecia e idocia por parte de quien tiene en sus manos acabar con este auténtico terror del riesgo de los impactos desde los pasos elevados?