19 agosto 2009

Prosigue la programación de "Vai de Camiño"

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).-A IV edición do programa “Vai de Camiño” persiste na súa estratexia de levar espectáculos e manifestacións artísticas aos concellos de toda Galicia polos que pasan os camiños xacobeos ó tempo que se promove aos artistas galegos e impúlsase a nosa industria cultural e do espectáculo. “Vai de Camiño” consolídase como o circuíto de espectáculos máis extenso que se desenvolve en Galicia contribuíndo de xeito notable á dinamización cultural dun bo número de concellos galegos.
O programa de cultura e espectáculos Vai de Camiño 2009, organizado pola S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, da Consellería de Cultura e Turismo, achégase nos próximos días aos concellos de Pontedeume, Betanzos e Ferrol, no Camiño Inglés; Rianxo e A Illa de Arousa na Ruta do Río Ulla e Mar de Arousa; Corcubión no Camiño de Fisterra; Pedrafita do Cebreiro, O Cebreiro e Portomarín no Camiño Francés; Taboadela, Viladervós e Xunqueira de Ambía na Vía da Prata; Sobrado no Camiño do Norte e Castroverde no Camiño Primitivo, coa seguinte programación:

Pontedeume. Camiño Inglés. Venres, 21 de agosto. Na Praza de San Roque, ás 22.00 h., “Os Quinquilláns” coa obra “No Fondo do Mar”, unha montaxe de teatro na rúa con bonecos inchables xigantes, zancos, manipulacións, actuacións e danza nun espectáculo con participación e para todos os públicos.

Rianxo. Ruta do Río Ulla e Mar de Arousa. Venres, 21 de agosto. Ás 22.30 h., na Praza Castelao, “Treixadura” e “Orfeón”. “Treixadura” é un espectáculo musical a base de gaitas, percusión, acordeón e voces que executan valses, muiñeiras, foliadas, pasodobres e demais ritmos da nosa tradición debullados nun ambiente que tanto pode encaixar na romaría máis popular domo na festa ou evento máis urbano.

Corcubión. Camiño de Fisterra. Sábado, 22 de agosto. Ás 22.00 h., na Praza de Castelao, “Fía na Roca”, unha das formacións máis innovadoras e creativas de Galicia, xa con seis traballos discográficos as súas costas e que combina a sonoridade impecable da súa banda coa magnífica voz de Sonia Lebedynski.

Pedrafita do Cebreiro. Camiño Francés. Sábado, 22 de agosto. Na Praza do Mercado Gandeiro, ás 22.00 h., grupo de música tradicional “Pradoiro“.

A Illa de Arousa. Ruta do Río Ulla e Mar de Arousa. Sábado, 22 de agosto. O grupo de pasarúas “Magnifique Band” actuará as 21.00 h., e ás 23.00 h., na Praza do Regueiro, concerto a cargo de “Malvela” e “Bonovo”. “Malvela” é unha agrupación de mulleres que recorren coas súa voces a mellor música popular revivindo a nosa tradición musical con frescura e espontaneidade que chega a todo tipo de públicos, Pola súa parte, “Bonovo” consta de tres músicos consagrados explorando tradición e vangarda a base de acordeón, zanfona electroacústica e batería.

Taboadela. Vía da Prata. Sábado, 22 de agosto. A partires das 15.00 h., no Monte de San Xoán, actuación do grupo de música e baile tradicional “Círculo Cultural Recreativo da Chapela”.

Vilardevós. Vía da Prata. Sábado, 22 de agosto. Na Praza do Cruceiro, ás 19.00 h., “O Pequeno Circo dos Milagres” a cargo da “Asociación Novo Circo” e “Cabaré Pistacinco”. Trátase dun cego e a súa troupe que percorren os camiños e vilas de Galicia con aparicións divinas, curacións espontáneas e relatos marabillosos contados con técnicas de novo circo e con moito humor.

O Cebreiro. Camiño Francés. Domingo, 23 de agosto. Na Igrexa Santuario de Santa María A Real do Cebreiro, ás 12.00 h., “A Gaita na Catedral”, un orixinal concerto de gaita galega e órgano de tubos especialmente realizado para capelas, igrexas e catedrais, mesturando música tradicional, popular e clásica.

Betanzos. Camiño Inglés. Domingo, 23 de agosto. Ás 22.30 h., na Praza dos Irmáns García Naveira, actúa “Milladoiro”, unha agrupación que xa pertence ao noso acervo cultural máis significativo.

Sobrado. Camiño do Norte. Domingo, 23 de agosto. Ás 21.30 h., na Praza do Concello, actuación de “Brath”. Esta banda, que é unha das máis importantes de Galicia e que busca innovar introducindo novos instrumentos non utilizados ata lo de agora na nosa música folk, tales como o baixo, a guitarra eléctrica ou os teclados, presenta nesta xira o seu novo disco, titulado xenericamente “Camiños de Compostela”, que verá a luz no próximo Ano Santo e que contén temas dedicados a cada un dos Camiños de Santiago.

Xunqueira de Ambía. Vía da Prata. Domingo, 23 de agosto. Na Colexiata de Santa María a Real, ás 20.00 h., concerto de órgano a cargo do grupo “Trío Salanova” dentro do “XX Ciclo de Órgano e Música Antiga.”

Castroverde. Camiño Primitivo. Domingo, 23 de agosto. Ás 19.30 h., na Praza da Vila, grupos de música tradicional “Os Alegres” e as “Pandereteiras Val da Maía”.

Ferrol. Camiño Inglés. Martes, 25 de agosto. Na Praza de Armas, ás 21.00 h., “Fuxan os Ventos” e os seus convidados Xabier Díaz e “Nova Galega de Danza”. Con “Terra de Soños”, “Fuxan os Ventos” ofrece un espectáculo orixinal e dinámico. Acompañados por unha banda de nove músicos dirixida por Xosé Lois Romero e por uns convidados de luxo como son Xabier Díaz e “Nova Galega de Danza”, interpretan de maneira actualizada temas como “A Carolina”, “Iste Vaise” ou “Sementeira” que xa forman parte do oído musical de Galicia.

- Durante o mes de agosto, “Vai de Camiño” colabora cos “XLI Domingos Folclóricos de Portomarín”, que teñen lugar nesta localidade lucense do Camiño Francés.
O domingo, día 23 de agosto, ás 18.30 h., na Praza do Concello, intervirán o grupo da Agrupación Cultural “Río Miño”, de Portomarín, e o coro “Cantigas e Agarimos“, de Santiago.


Os interesados en acudir a estes ou outros espectáculos da “Vai de Camiño”, poden consultar a programación e os seus posibles cambios de última hora en www.xacobeo.es