MADRID (MORRAZO-tribuna) .- O portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera, ven de presentar unha iniciativa na que lle demanda ao Goberno que “impulse, con carácter de urxencia, a plena incorporación das linguas cooficiais do Estado na UNED, tanto nas teses doutorais, como na docencia e publicacións internas”.
Francisco Jorquera lembra, por exemplo, que a día de hoxe está prohibido na Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED) ler teses doutorais en galego.
“Dáselle un trato inferior ao galego, catalán e vasco que a calquera lingua estranxeira”
O deputado do BNG denuncia que “esta clara vulneración dos dereitos lingüísticos” é posíbel porque a recente normativa aprobada pola Comisión de Investigación e Doutorado o pasado 28 de marzo e que establece que “os doutorandos poden redactar e presentar a tese doutoral en castelán ou en calquera outra lingua, oficial, estranxeira, sempre que así o autorice a Comisión de Doutorado do Departamento Correspondente”.
“É dicir –subliña Jorquera-, a UNED aceita teses presentadas en chinés ou en malaio pero non en galego, catalán ou euskera, idiomas oficiais en diversas comunidades do Estado español, pero aos que se lles proporciona un trato inferior ao de calquera lingua estranxeira”.
Neste sentido, o parlamentario nacionalista pregúntalle ao Goberno se non considera que a devandita normativa da UNED “é discriminatoria e atenta claramente contra a pluralidade lingüística do Estado español”.
En consecuencia, o deputado do BNG demándalle ao Goberno que anule esa normativa e impulse, con carácter de urxencia, a plena incorporación das linguas cooficiais do Estado na UNED, tanto nas teses doutorais, como na docencia e publicacións internas.