REDONDELA (MORRAZO-tribuna) .- O grupo municipal do Partido Popular redondelán presentoulle á Consellería de Vivenda e Solo durante o trámite de información pública do Proxecto Sectorial do Parque Empresarial de Arrufana, algunas suxerencias e melloras para asegura-la eficacia do polígono e conseguir unha maior competitividade no sector empresarial, segundo informou a concelleira popular e responsable do partido na parroquia de Chapela, Lorena López.
A primeira das alegacións elaboradas por López establece a "necesidade de chan apto para o asentamento empresarial e a prioridade de implantación das empresas do Concello de Redondela no polígono", de xeito que quede garantido o acceso ao mesmo das empresas emprazadas no municipio. Neste senso, os populares aseguran que "a ordeación e racionalización dos asentamentos industriais en Redondela debe realizarse sen demora e en coherencia coas condicións demográficas e socioeconómicas actuais, de modo que está claro que debe contemplarse a prioridade da implantación das empresas ubicadas en territorio redondelán no futuro parque empresarial de Arrufana".
Na segunda alegación a edil do PP reclama "un acceso ó parque empresarial dende a futura autovía de conexión A-57 coa rede arterial de Vigo, sendo a máis idónea a alternativa 11 contida no estudo informativo elaborado para a citada conexión". Sen embargo, os populares redondeláns aseguran que "o sistema de conexión plantexado no Proxecto Sectorial carece dun estudo serio de mobilidade e non aporta unha solución adecuada ó tráfico que xerará o parque empresarial" e sinalan que "a conexión do citado parque solventaríase con maior éxito mediante a selección do trazado proposto pola alternativa 11 contemplada no estudo informativo para a conexión da futura A-57 coa rede arterial de Vigo". Ademais, os membros do Grupo Popular indican que "os itinerarios de interconexión coas vías de alta capacidade deben plantexarse para adaptarse ó tráfico previsto sendo a citada alternativa 11 a que podería satisfacer máis resoltamente esta conexión contribuíndo ademais a armonizar o desenvolvemento do municipio apoiando ás fortalezas locais de xeito coordinado con outros ámbitos para configurar unha rede urbana de maior eficacia".
A terceira e última alegación esixe "a conformación dunha rede de espazos libres e un compromiso de respecto e protección ó medio ambiente". Segundo os populares "é necesario que a ordeación se dirixa dende a sostibilidade, respectando o medio natural e favorecendo a creación dun ámbito de calidade capaz de atraer poboación e actividades que buscan emprazamentos excepcionais". Tamén insisten en que "é preciso que se asegure a conservación do medio natural, considerando que o ámbito encuádrase dentro da cunca do río Louro". O PP de Redondela conclúe esta terceira alegación establecendo que "deben adoitarse as medidas necesarias para minimizar a afección dos novos usos sobor do medio e dos recursos, así coma priorizar o deseño de espazos libres e de interacción coa naturaleza, coa cultura e coas persoas que sean accesibles e de calidade, favorecendo unha paisaxe urbana industrial de calidade que integre as novas actuacións no entorno no que se asentan".