23 octubre 2008

Concello de Pontevedra promove
zafarranchos de limpeza

PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- O servizo de limpeza da cidade comezará esta noite un zafarrancho de limpeza na rúa Fernández Ladreda e nos seus aledaños. Cespa en coordenación coa Concellaría de Medio Ambiente Urbano, que xestiona Raimundo González Carballo, iniciará os zafarranchos de limpeza que se levarán a outros barrios e puntos da cidade por esta rúa xa que nos últimos meses tivo un gran movemento de camións debido á construcción do edificio administrativo da Xunta e á urbanización de toda a parcela.
Os traballos comezarán a partir das 22.00 horas, e continuará ata a madrugada do día 24 polo lado dereito da rúa (o lado do edificio administrativo da Xunta). De feito, dende onte xa está vallado todo este ámbito para proceder a limpar tanto o vial como as beirarrúas, e para avisar aos condutores de que non estacionen nesta parte da rúa.
Unha vez que rematen os traballos nesta parte da rúa, continuaránse pola outro lado (a man esquerda), onde tamén se instalarán vallas para advertir aos condutores da limpeza e de que non aparquen na noite do domingo, 26 de outubro. Neste lado da rúa prevese que os trabalos rematen na xornada do luns.
O inicio dos zafarranchos de limpeza das rúas da cidade comezan por Fernández Ladredra porque é unha das rúas que máis tráfico de camións sufriu nos últimos meses debido á construcción da parcela do antigo Cuartel de Campolongo, o que supuxo arrastre de terra tamén ao vial e as beirrarúas. Logo os traballos continuarán, a partir do vindeiro xoves, por outras zonas da cidade, as rúas Loureiro Crespo e Benito Corbal serán tamén motivo de limpeza, especialmente as beirarrúas. Tamén se actuará na zona peatonal Daniel de la Sota, Peregrina, o contorno do Santuario, Michelena, Oliva, Soportales, Fernández Villaverde, Gutiérrez Mellado, Curros Enríquez... entre outros.
N.de la R. de MORRAZO-tribuna .- Nos alegramos mucho de que -por fin- el Concello de Pontevedra tome nota del serio deterioro que en materia de limpieza está sufriendo la capital de la provincia. Papeleras rotas, papeleras que desaparecen, porquería por muchos rincones... no es un problema solo de Fernández Ladreda... Pontevedra perdió muchos puntos últimamente en materia de limpieza de sus calles. Hora iba siendo que recuperase el crédito perdido. Veamos ahora si el "zafarrancho" que anuncian es de verdadero combate o solo por salir en la foto...