23 octubre 2008

CONFERENCIA-COLOQUIO EN VIGO
“OS XUDEUS NA GALICIA MEDIEVAL”

Este Venres día 24 de Outubro ás 19:30 horas
Casa do Libro en Vigo (rúa Velázquez Moreno 27)
Intervén: Profesora Gloria de Antonio Rubio, doutora en Historia Medieval e investigadora no CSIC-Instituto de Estudos Galegos “Padre Sarmiento”.
Presenta: Xoán Bernárdez Vilar, membro da Real Academia Galega, escritor premio Xerais.
-
A profesora Gloria de Antonio Rubio é doutora de Historia Medieval é investigadora no CSIC-Instituto de Estudios Galegos "Padre Sarmiento". Moi recentemente foille outorgado o premio Samuel Toledano 2008 polo seu libro "Los judios en Galicia (1044-1492)" Este prestixioso premio é concedido anualmente e presentado en Xerusalén, levando o nome de Samuel Toledano, quen foi un dos grandes renovadores da comunidade xudía en España. O premio é concedido a un investigador de Israel e a outro de España, que traballan no estudo das comunidades xudías en España e nos países da diáspora sefardí: a súa historia e o seu legado cultural así como as relacións entre España e Israel. O premio está dotado de 15.000$ para cada un dos dos galardoados. A comisión do Premio está presidida polo Sr. D. Yitzhak Navón, quen foi quinto Presidente do Estado de Israel e a compoñen destacados membros do campo académico e personalidades do ámbito público (político, cultural, etc.) israelí así coma representantes da familia Toledano.
O acto de entrega do Premio terá lugar o vindeiro día 9 de Novembro en Xerusalén nun solemne acto que será presidido por Sr. Yitzhak Navón e a Sra. Tzipi Livni