08 octubre 2008

Convocan as “VII Xornadas
de Cancro de Mama”

CANGAS (MORRAZO-tribuna) .- O próximo venres 17 e sábado 18 de Outubro con motivo do Día Mundial do Cancro de Mama celebraranse en Cangas as “VII Xornadas de Cancro de Mama” organizadas por Adicam, que contan coa colaboración do Concello de Cangas, Fecma (federación española de asociacións de cancro de mama) e Caixanova.
As xornadas terán lugar no Salón de Plenos do Concello de Cangas a partir das 17h. Nelas preténdense difundir temas, tales como os coidados estéticos e da pel; cancro, embarazo e preservación da fertilidade; últimos avances en oncoloxía; e uso terapéutico do cannabis.
Para obtener máis información , poden chamar a ADICAM ó numero 986.307.158.
PROGRAMA DAS VII XORNADAS DE CANCRO DE MAMA :
VENRES 17 DE OUTUBRO.
17:00h INAUGURACIÓN DAS XORNADAS NO SALÓN DE PLENOS DO CANCELLO DE CANGAS.
17:30h AUTOCOIDADOS EN PACIENTES CON CANCRO DE MAMA.
PONENTES:
-CHUS DE SAS. ENFERMEIRA DE POVISA.
-MªJESÚS GIL DOMINGUEZ. ASESORA DE IMAGEN E ESTETICISTA DE LANCOME
18:30h EMBARAZO E CANCRO DE MAMA: PRESERVACIÓN DA FERTILIDADE EN MULLERES CON CANCRO DE MAMA.
-ELKIN MUÑOZ. DIRECTOR Do INSTITUTO VALENCIANO DE INFERTILIDAD (IVI) EN VIGO
-MARGITA GIL ANDRÉS E JAVIER VALDÉS PONS. XINECÓLOGOS NO COMPLEXO HOSPITALARIO UNIVERSITARIO DE VIGO.

SÁBADO 18 DE OUTUBRO.
17:30h ÚLTIMOS AVANCES EN ONCOLOXÍA.
-Dr JOAQUIN POTEL LESQUEREUX. CIRUXÍA XERAL DO CHUS SANTIAGO.
-Dr. JORGE CAMESELLE ONCÓLOGO E INVESTIGADOR EN CANCRO DE MAMA.
19:00h USO TERAPÉUTICO DO CANNABIS.
-JAVIER PEDRAZA VALIENTE . MÉDICO DE FAMILIA E COLABORADOR COA REVISTA CÁÑAMO.
-FLORO ANDRÉS RODRÍGUEZ. VICEPRESIDENTE DO COLEXIO DE FARMACÉUTICOS DE VIGO.
-REPRESENTANTE DA ASOCIACIÓN VIGUESA DE ESTUDOS DO CANNABIS (AVE MARÍA).
Aparte das Xornadas, como tódolos anos, vanse poñer mesas informativas en Cangas, Bueu, Moaña e Vigo.