18 octubre 2008

CUMIO LOUZAN-PIÑEIRO NA DEPUTACION : AS TENSIONS PARECEN ALIVIADAS


PONTEVEDRA.- Resumo de manifestacións das partes sobre os asuntos pendentes en materia sindical do organismo provincial, despois do encontro habido hai unhas horas.
José Ramón Piñeiro: “O presidente está disposto a chegar a un acordo para que se faga unha bolsa de contratación para todos aqueles postos de traballo que teñan contido, que teñan volume de traballo. É dicir que se quedarían sen traballo aqueles postos de dúas ou tres persoas que non tería sentido que estiveran nunha bolsa de contratación. Estamos nunha liña de entendemento que vaise materializar cunha proposta, haberá que reunir á comisión paritaria mixta e logo, os prazos que sexan necesarios para a execución do mesmo. Tamén queremos participar nos tribunais de oposición, queremos en todo caso que se restitúa a normalidade e as cousas se fagan con rigor”.
Rafael Louzán: “Xa hai un borrador para a bolsa de contratación, sobre todo para persoal cualificado, e polo tanto imos poñernos mans á obra para elaborar un documento que nos permita por en marcha esa bolsa que dalgún xeito poida axustarse a aquelas persoas que teñan interese en traballar nesta casa e esperamos que poida estar operativo a principios de ano. En dous o tres meses estará operativo”.

XESTIÓN DE CENTROS
José Ramón Piñeiro: “No mes que ven vaise tratar de corrixir a situación naqueles centros nos que nos plantexamos que hai dificultades de xestión e de administración. O presidente pediunos un espazo corto de tempo para analizala situación e tomar as medidas que correspondan”.
Rafael Louzán: “Eles me trasladan unhas inquedanzas sobre o centro, pero eu teño que dicir que a directora conta coa nosa total confianza. Non obstante, agradecemos calquera comentario que nos poidan trasladar para que melloremos a xestión deste centro aínda máis se cabe. Xa que non hai que esquecer que nos últimos tres anos multiplicouse por tres a actividade que alí se desenvolvía. Se levou a cabo unha reestruturación necesaria no centro e agora é unha referencia non só para a Deputación senón para a cidade de Pontevedra e para a súa área comarcal e estamos moi satisfeitos coa súa labor”.

INVERSIÓNS PARQUE DE MAQUINARIA
José Ramón Piñeiro: “Nós levábamos pedindo desde fai bastantes anos que se corrixira esa situación. Vanse facer. Algunhas delas xa están nos pregos de condicións para mercar uns camións de dobre tracción para A Estrada e unha compra importante de furgonetas para o Parque de Maquinaria, dentro dun acordo que hai con Citröen moito máis amplo. Unha parte delas será destinada ó parque e tamén nalgunha maquinaria hasta onde chegue o remanente dos anos 2008 e 2006”.

REDUCCIÓN SALARIAL DO 10%
José Ramón Piñeiro:
“Haberá que sentarse na mesa de negociación co responsable de asuntos económicos. Sabemos que é un ano difícil, pero nos temos os nosos números números feitos: ónde se pode corrixir, ónde se pode aforrar e ónde se debe facer maiores inversións. Creemos que hai que distribuír mellor a cantidade. Non dicimos que a cantidade non sexa adecuada. Temos realizado un estudo dos salarios dos grandes concellos de Galicia, das dúas Deputacións, da Xunta e da Administración Xeral do Estado, e é curioso que somos os peor pagados de todos. Pero ocorre que un reducido número de postos de traballo, falamos de 66 dos case seiscentos, perciben unha contía máis alta.”.
Rafael Louzán: “Imos tentar que o orzamento do ano 2009 sexa compatible coas esixencias dos sindicatos, creo que todos somos conscientes de que estamos atravesando unha situación económica tremendamente difícil e creo que esta institución foi a primeira en por en marcha un plan de austeridade, xa que desde principios de ano puxemos en marcha o noso plan de redución de gastos no que se refire a material de oficina, comunicacións e outros ámbitos, e síntome moi satisfeito polo resultado destas medidas. Cara o ano que ven, haberá que axustarse todo o que poidamos. Estamos elaborando o orzamento do 2009 e en definitiva eu creo que estamos no bo camiño para presentar unha boa proposta”.