VIGO (MORRAZO-tribuna) .- A Federación Veciñal “Eduardo Chao”, en colaboración coa Rede de Dinamización da Sociedade da Información - Xunta de Galicia, organiza un curso de alfabetización dixital no que se ensinarán cales son as claves e ferramentas baseadas nas novas tecnoloxías de cara á búsqueda de emprego.
O curso que leva por título “Recursos e habilidades para a procura de emprego usando o ordenador" enmárcase no II Plan Galego de Inclusión Social, financiado pola Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar.
Durante 30 horas alumnas e alumnos aprenderán, desde cero, a familiarizarse co manexo do ordenador na realización de tarefas cotiás, aprender a navegar e buscar información por internet, elaborar o currículum vitae e coñecer e manexar as ferramentas para a procura de emprego que ofrece Internet; todo para afrontar con éxito o proceso de procura activa de emprego a través de Internet.
O curso é completamente gratuíto e está orientado a aquelas persoas con máis necesidades de inserción laboral e/ou social. Comezará o vindeiro xoves 6 de novembro e rematará o 21 do mesmo mes, terá lugar os luns, mércores, xoves e venres en horario de mañá de 10.00 a 13.00 horas na Asociación Veciñal “Camiño V.” de Coia (rúa Marín nº1).
As prazas son limitadas. A data límite de inscripción remata o vindeiro venres 24 de outubro. A inscrición pode facerse chamando á Federación Veciñal “Eduardo Chao” no tfno. 986 22 30 67, ou mandando un correo a proxectos@eduardochao.org.