MADRID (MORRAZO-tribuna) .- A deputada do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, rexistrou unha iniciativa parlamentar na Cámara Baixa na que demanda ao Ministerio de Fomento a axilización da execución do enlace da A-52 coa N-120 á altura de Cans en Confurco.
A deputada do BNG pregunta a Fomento en que situación se atopa este proxecto e se ten previsto “iniciar xa as obras”. “De ser así, cando sería o prazo de finalización desta actuación?”.
Davila tamén quere saber a que se deben os continuos retrasos para construír esta infraestructura “de grande importanza para os concellos de Porriño e Ponteareas”.
Unha actuación prioritaria sometida a moito retraso
Outra das cuestións que formula ao Ministerio é se se adquiriron xa os terreos necesarios para executar esta obra. Ademáis, a parlamentar nacionalista pede explicacións a Fomento por non ter incluido partidas para a realización deste enlace nos Orzamentos Xerais do Estado 2009.
A parlamentar do BNG pon de manifesto que “a necesaria reforma do enlace de Confurco é unha actuación demandada polos concellos da zona, pero, a pesar da súa importanza e a pesar de que foi licitada, esta infraestructura continúa demorándose”.
Davila lamenta o feito de que non se incluira unha partida nos Orzamentos 2009 para construír esta actuación, “o que introduce dúbidas máis que razoábeis sobre o compromiso do Ministerio de Fomento de levar a cabo este enlace”.