22 octubre 2008

A DEPUTACIÓN INVISTE NAS OBRAS DE CONSTRUCIÓN DO CENTRO CULTURAL DE GULÁNS, EN PONTEAREAS

PONTEAREAS (MORRAZO-tribuna) .- A Deputación de Pontevedra acordou hoxe, reunida en Xunta de Goberno, resolver favorablemente a sinatura do convenio coa Fundación Guláns de Ponteareas mediante a cal á institución provincial comprométese a levar a cabo unha achega de 120.000 euros para acometer a segunda fase das obras de construción do Centro Cultural de Guláns.
Este Centro Cultural viría dar servizo ás diferentes actividades culturais que se desenvolven na parroquia ponteareá, así como para a prestación de servizos á comunidade veciñal.
Será de responsabilidade e competencia exclusiva da Fundación a adxudicación, contratación e execución das referidas obras, así como a obtención da correspondente licenza municipal e do trámite antes outros organismos das autorizacións pertinentes que fosen precisas.