PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- A Deputación de Pontevedra dirixirá un escrito á Consellería de Educación reiterándolle a súa vontade de conquerir algún tipo de homologación académica para a súa Escola de Canteiros. Así llo comunicaron hoxe o vicepresidente da institución provincial, José Juan Durán, e o direitor do centro, Rafael Fontoira, a unha representación da Asociación de Canteiros que foi recibida por eles no Pazo Provincial.
No curso dunha xuntanza que foi definida como, Durán informou ós membros da devandita asociación que a Deputación intentou, dende o momento mesmo da creación da Escola de Canteiros, a homologación das súas ensinanzas, algo que ata o día de hoxe resultou infructuoso. E destacou que os últimos intentos para acadar ese fin tiveron lugar nos anos 2000 e 2004 nos que non foi posible homologar os estudios da Escola por circunstancias de tipo normativo e regrado de Educación.
Na entrevista acordouse que a Deputación continuará os contactos coa Asociación de Canteiros dende a súa mellor disposición para regrar a ensinanza e acadar a homologación de títulos e contando sempre co pertinente órgano reitor da Escola, o seu Consello no que están representadas tódalas forzas políticas.
Durán explicou que a institución provincial está fortemente interesada nise obxectivo así como en manter o carácter pioneiro da Escola de Canteiros en España, os seus niveis de calidade e especialización e as facilidades que hoxe atopan os seus alumnos para insertarse no mundo laboral.
No curso dunha xuntanza que foi definida como