06 octubre 2008

Emprazamento dos stands de recollida de sinaturas pola área metropolitana de Vigo

VIGO (MORRAZO-tribuna) .- Logo do arranque da campaña de recollida de sinaturas o pasado venres 3 de outubro na praza da Princesa, os promotores da iniciativa lexislativa popular para promover a área metropolitana continuarán nos vindeiros días a campaña informativa e de recollida de firmas en distintos puntos da cidade de Vigo e das poboacións que configuran a área.

O martes 7 de outubro os postos informativos e de recollida de firmas estarán emprazados en:
Pola mañá, de 10.00 a 13.00 horas
- Praza de América: na zona do cruce da rúa Coruña coa Avda. Castelao
Pola tarde, de 18.00 a 20.30 horas
- Centro Comercial Travesía: entrada principal (travesía de Vigo 202)

Os promotores da iniciativa popular convidan a toda a cidadanía a achegarse a estes lugares onde poderán informarse sobre a área metropolitana e plasmar o seu apoio asinando nos pregos oficiais que servirán para elevar a área metropolitana ante o Parlamento Galego.