VIGO (MORRAZO-tribuna) .- O vindeiro 15 de outubro dará comezo un curso organizado pola Concellería de Igualdade do Concello de Vigo que ten por obxectivo formar a promotoras de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres. O curso, que ten o prazo de inscrición aberto ata o día 10 de outubro, é gratuíto e está dirixido a persoas con formación nas ciencias sociais e/ou cunha especial sensibilización co enfoque de xénero.
No curso de formación, que se desenvolverá ata o 13 de novembro de luns a venres en horario de mañá e terá unha duración de noventa horas, ensinarase ás persoas participantes a traballar na cultura da igualdade entre mulleres e homes cunha metodoloxía activa e participativa. O aproveitamento desta actividade formativa, que será certificado pola Concellería de Igualdade, capacitará para desenvolver actividades promotoras da igualdade de oportunidades dirixidas á mocidade e á comunidade educativa. Tamén se profundizará no traballo con grupos e no deseño, xestión e avaliación de accións positivas no marco da igualdade de oportunidades.
A comunicación, o feminismo, a perspectica de xénero, a coeducación, a problemática concreta de adolescencia, a sexualidade e a elaboración de proxectos de igualdade conforman algúns dos principais temas que se tratarán nas sesións. As persoas interesadas no curso poden realizar a súa inscrición ata o día 10 de outubro chamando ao 986 283 760 de 9 a 15 horas ou ben enviando un correo a programaempatía@gmail.com.