PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- Os vicepresidentes de Deputación de Pontevedra, Teresa Pedrosa e José Juan Durán, presentaron hoxe en Pontevedra a Escola de Gaitas e Percusión que a institución provincial promove a través das súas cinco sedes en Vigo, Cangas, Lalín, Vilanova e Pontevedra.
Ata o de agora, un total de 106 alumnos téñense inscrito nos cursos da Escola de Gaitas e Percusión de Pontevedra. Destes 106, 66 se matricularon nos cursos de gaita, 23 nos de pandeireta e 17 nos de redobrante.
Os alumnos da Escola Provincial que dirixe Hipólito Cabezas poderán iniciarse, a partir dos seis anos, no aprendizaxe ou perfeccionamento da técnica de instrumentos tradicionais galegos como a gaita, o tambor, a zanfona ou a pandeireta.
O acto de apertura do curso, que serviu para presentar ós alumnos e ós mestres, explicar o funcionamento das aulas, comprobar as listas e distribuír os horarios, culminou cunha breve intervención musical do equipo docente.
A Escola de Gaitas e Percusión da Provincia de Pontevedra é subvencionada pola Deputación de Pontevedra e nela impártense clases de gaita, percusión, zanfona e pandeireta. Este centro, que comezou a súa andadura no 2005, ten cinco sedes repartidas por toda a provincia de Pontevedra: Vilanova, Lalín, Cangas, Pontevedra, e a Escola Principal en Vigo, onde se imparten as distintas clases (gaita, percusión e pandeireta). Ademais, dende o ano pasado, na escola central de Vigo impártense clases de zanfona para nenos maiores de oito anos.
Tanto as clases como a matrícula serán totalmente gratuítas, non obstante, nas clases de percusión (redobrante ou pandeireta) só poderán participar nenos de seis anos en diante e nas de gaita, rapaces de a partires de oito anos. Os adultos que desexen inscribirse non dispoñen de límite de idade para participar.