VIGO (MORRAZO-tribuna) .- O vindeiro sábado 11 de outubro na ribeira do río Eifonso (Bembrive) a FAVEC celebrará unha xornada dirixida a rapaces e rapazas para conmemorar o "Día Mundial do Control da Calidade das Augas", en colaboración con ADECAGUA e co Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño.
Pola mañá en horario de 10.00 a 13.30 horas desenvolveranse diferentes actividades de educación ambiental, defensa do medio ambiente e desenvolvemento sostible; será mediante realización de xogos e outros entretementos que sirvan para acadar a interrelación entre os rapaces e potenciar o traballo en equipo. Tamén se realizarán análises e estudos básicos (físico-químicos, biolóxicos, de vexetación e fauna) para que os participantes coñezan de preto algúns dos indicadores máis comúns empregados na valoración da calidade das augas coa axuda dun kit específico facilitado polo Ministerio de Medioambiente. Os resultados e a influencia dos factores humanos na contorna servirán para promover un maior compromiso co entorno e proporcionar ferramentas que permitan involucralos na protección dos recursos hídricos.
As actividades estarán coordinadas por unha monitora en educación ambiental da FAVEC, son gratuítas e tamén estás abertas á participación dos pais. As persoas interesadas en participar poden inscribirse na FAVEC, pz. da Princesa nº7, 2º, no teléfono 986 22 30 67 ou no e-mail: medioambiente@favec.es antes do venres 10 e outubro xa que as prazas son limitadas.