VIGO (MORRAZO-tribuna) .- Na tarde de onte, unha representación da xunta directiva da Asociación Veciñal de Teis mantivo unha xuntanza coa señora María Teresa Pisano, Delegada da Zona Franca de Vigo, que tomou posesión deste cargo o 17 de xuño deste ano, para tratar sobre o futuro das instalacións da ETEA.
Nesta xuntanza unha vez máis a asociación solicitoulle a Zona Franca a apertura inmediata das instalacións deportivas, que están pechadas desde o ano 2002, logo da saída dos militares.
Estas instalacións deportivas ao estar pechadas estanse deteriorando ao carecer dun mínimo mantemento, o que vai provocar que cando se abran a veciñanza vaise precisar realizar un investimento por parte das administracións.
Así mesmo, a Asociación de Teis reivindicou que nos terreos da ETEA, se poda construir unha residencia para os maiores debido a demanda social existente e "lembramoslle o acordo do pleno municipal do pasado mes de xullo, de dar un uso social a un dos edificios destas instalacións. Tamén, manifestamos a nosa oposición a construcción dun macro porto deportivo de 1.087 prazas de amarre, que supón a ampliación da dársena actual en 48.000 metros cadrados e a necesidade de recuperación e rexeneración da franxa do litoral da ETEA", explicou Anxo Iglesias, secretario da asociación.
A Delegada da Zona Franca, afirmou que até que este elaborado o Plan sectorial de supra municipalidade, que recolla o plan de usos, non se poderá usar as instalacións deportivas. En relación, coa construcción dunha residencia manifestou que non era unha cuestión da súa competencia e sobre o macro porto deportivo, sinalou que é unha actuación a longo prazo que aínda está en estudo.
"Está xuntanza desmotrou que aínda non está concretado o futuro da ETEA, pois aínda estase definido os usos destes terreos e que os anuncios do señor Abel Caballero, Alcalde de Vigo, sobre a apertura das instalacións deportivas nunca foron reais e sempre mentiras.
Así mesmo, desde a Asociación Veciñal de Teis preocupanos a lentitude sobre o futuro da ETEA e non entendemos porque siguen pechadas as instalacións deportivas, cando as poderiamos estar disfrutando na actualidade", referiu finalmente Iglesias.