MADRID (MORRAZO-tribuna) .- O senador do BNG, Xosé Manuel Pérez Bouza, ven de presentar unha iniciativa na que lle demanda ao Goberno que as subvencións do Consello Superior de Deportes, con cargo ao 1% da recadación das quinielas, para campos municipais de fútbol non profesional “se repartan a través dunha convocatoria pública e con criterios obxectivos”.
Pérez Bouza denuncia que “a día de hoxe atopámonos con que o reparto destas axudas non só se fai en base a criterios obxectivos, como poderían ser a poboación ou o número de campos de fútbol municipais por Comunidade Autónoma, senón que nin sequera existe unha convocatoria pública”.
Galiza só recibiu o 1,8% nos últimos dous anos
O senador do BNG advirte de que esta situación “préstase á arbitrariedade e a situacións discriminatorias”. Así, lembra que nos últimos dous anos con datos dispoñibles, 2005 e 2007, só dous concellos galegos, Monforte de Lemos e Becerreá, recibiron axudas. En concreto, 150.000 euros en total, que supoñen tan só o 1,8% dos 8,27 millóns de euros que o Consello Superior de Deportes repartiu por ese concepto.
Neste sentido, ademais dunha convocatoria pública e un reparto con criterios obxectivos, Xosé Manuel Pérez Bouza que incremente a porcentaxe das quinielas que se destina para mellorar os campos de fútbol non profesional, xa que a porcentaxe actual, o 1% da recadación, “é claramente insuficiente”.
Por último, e entre outras cuestións, Pérez Bouza pregúntalle ao Goberno polas medidas de supervisión e control que aplica para que a Real Federación Española de Fútbol reparta con criterios públicos e obxectivos o 10% que percibe da recadación das quinielas.