TOMIÑO (MORRAZO-tribuna) .- O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, asistiu este mediodía en Tomiño ó inicio das obras de ampliación de beirarrúas da parroquia de Forcadela.Louzán quixo supervisar persoalmente, acompañado polo Director de Infraestruturas da Deputación, Agustín Hernández, a alcaldesa local, Sandra González, e o deputado popular, César Pérez Ares, o arranque desta actuación na que a Deputación inviste unha achega total de 406.294 euros.
O proxecto redactado, consistente na dotación de servizos urbanísticos na marxe esquerda da estrada PO-344 desde a estrada de acceso ó campo de fútbol á estrada autonómica PO-562, inclúe separación de senda peonil do tráfico rodado. Esta senda peonil descorrerá ó longo de 1’6 quilómetros.
Especificación técnicas
En toda a estrada, que rexistra diariamente cifras de afluencia de máis de 6.000 vehículos, mantense a rasante actual, ampliando a sección transversal á 13 m, a 6,5 m do eixo actual, distribuídos nunha calzada de rodaxe de 7,4 m, aparcamento en fila de 1,8 m e beirarrúas a ambos lados de 1,8 m de ancho.
Eliminaranse, tamén, as posibles barreiras arquitectónicas, rebaixando os bordillos en todos os puntos de cruce da rede de peóns.
As obras previstas abarcan actuacións sobre muros e pechamentos, rede de pluviais e fecais, rede de abastecemento, rede de media e baixa tensión, rede de comunicacións, beirarrúas, e alumeado público.