MADRID (MORRAZO-tribuna) .- A Secretaria de Estado de Infraestructuras e Presidenta de SEITTSA, Josefina Cruz, asegurou ao deputado do BNG, Francisco Jorquera, que as partidas contempladas nos Orzamentos para 2009 no tramo Lubián-Ourense se axustan á capacidade real de gasto e considerou suficiente a dotación para o Eixo Atlántico.
A responsábel do Ministerio de Fomento comparecía no Congreso a solicitude do BNG para informar sobre as partidas contempladas no proxecto de Orzamentos 2009 para as obras do tren de alta velocidade galego e para as estradas.
Jorquera centrou a primeira parte da súa intervención nas partidas establecidas para os tramos ferroviarios de alta velocidade, e comezou pola conexión coa Meseta. “Observamos un impulso orzamentario para a conexión coa Meseta, incluso con partidas que nos fan dubidar se algúns tramos non estarán inflados, pero en cambio comprobamos importantes carencias no Eixo Atlántico”.
Jorquera expresa “dúbidas” á hora de investir a totalidade da partida para a conexión coa Meseta
Salientou que para o LAV Olmedo-Zamora-Ourense se contemplan dúas partidas; unha de 215 millóns e outra de 34 millóns. “Están en condicións de asegurar que estas cantidades se van investir na súa totalidade en Ourense sen imputar parte a Zamora e Valladolid? Qué cantidad exacta se investirá en territorio galego?”, son algunhas das preguntas formuladas por Jorquera, quen amosou “as nosas dúbidas sobre a capacidade real de absorción destas partidas”. A responsábel de Fomento asegurou que esas cantidades son para investir na súa totalidade en territorio galego.
Josefina Cruz defende os recursos para o Eixo e afirma que “non é posíbel licitar o Ferrol-A Coruña no 2009”
Acto seguido o deputado do BNG pasou ao Eixo Atlántico do que resaltou “importantes carencias”. Subliñou que para a conexión entre A Coruña e Vigo hai 191 millóns e que “entendemos, hai capacidade real para absorber unha maior dotación orzamentaria”. “Mantén que o horizonte temporal de remate do Eixo entre A Coruña e Vigo será no 2012? Qué previsións existen para o tramo Pontevedra-Vigo?”, preguntou á Secretaria de Estado.
Advertiu a Josefina Cruz que o Eixo Atlántico “debe contemplarse na súa totalidade, desde Ferrol até Tui” e lembrou que foi obxecto da negociación do BNG co Goberno na anterior lexislatura “pero non vemos avanzos no proxecto para o 2009”. Criticou a cativa partida para o tramo Ferrol-A Coruña (500.000 euros) que evidencia que “seguirá empantanado na fase de estudos. A dotación introduce dúbidas sobre a vontade política real de executar este itinerario”. Por iso interpelou á responsábel de Fomento sobre a data de inicio das obras entre Ponte das Cabras e Ferrol, e “para cando o subtramo entre Ferrol e Betanzos?”.
Outra das cuestións que puxo enriba da mesa foi a saída sur de Vigo.
Tildou de “investimentos simbólicos” o contemplado para os tramos Ourense-Lugo, Lugo-A Coruña, Pontevedra-Monforte. Enfatizou especialmente o tramo entre Ourense e Vigo: “que pasa co itinerario Vigo-Ourense? Cando a Ministra de Fomento dixo que estaría rematado no 2012”.
A Secretaria de Estado defendeu “o maior esforzo no Eixo Atlántico” e explicou o orzamento de 191 millóns en base a que “resposta a obras en execución”. Sinalou que “cando vostés falan de cantidades pequenas é porque se está a rematar un proxecto de estudo, de obra ou do que sexa”. Recoñeceu que o BNG foi “un dos promotores” do tramo Ferrol-A Coruña e dixo claramente que “non é posíbel materializar a licitación deste tramo o ano próximo”.
Accesos ferroviarios e viarios aos portos
Outro dos temas abordados por Jorquera foron os accesos viarios e ferroviarios aos Portos exteriores de Ferrol e A Coruña. “Sorprende que non exista consignación orzamentaria para acometer os accesos ferroviarios a estes portos exteriores. Por que non hai dotación para estes accesos? Por que a dotación para o acceso vial ao Porto exterior de A Coruña é tan cativa? Cando se licitará a obra?”, son algunhas das preguntas formuladas polo deputado do BNG. Asemade, tamén se interesou polo remate das obras de acceso vial ao porto de Vilagarcía.
Respeito a estas cuestións, Josefina Cruz explicou a ausencia de partidas escudándose na existencia “de partidas xenéricas”. No que atinxe ao acceso ao porto de Vilagarcía, afirmou que “de aquí a outubro do 2009 estará rematada”.