PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Teresa Pedrosa, e o coordinador de Cruz Vermella, Jorge Araujo, presentaron ó programa da “VI Xornada Convivencia Escolar” que terá lugar o vindeiro 23 de outubro no Pazo Provincial e abordará a relación da comunicación coa adolescencia.
En verbas de Teresa Pedrosa, esta iniciativa persigue “ofrecer unha visión máis ampla da situación actual da comunicación na adolescencia e da súa repercusión nos medios, pero tamén reflexionar sobre as imaxes que se proxecta da adolescencia, motivar ós educadores para seguir traballando na mellora da convivencia e proporcionar posibles solucións ós axentes educativos para o traballo con menores”.
Segundo a vicepresidenta provincial, “a prevención, en todos os casos pero especialmente neste que nos ocupa, é máis importante que en ningún outro ámbito, por iso quero felicitar ós responsables de acción social da Deputación de Pontevedra e á Cruz Vermella por combater este mal tan nocivo e presente na sociedade de hoxe”.
Jorge Araujo, pola súa banda, recalcou a importancia do éxito deste programa, do que dixo que “crece cada ano”. O máximo responsable de Cruz Vermella apuntou que “cada vez son máis as persoas que nos piden que elaboremos obradoiros, que sigamos coa nosa labor de formación e educación de mozos, que á súa vez imparten novos cursos a rapaces máis novos, e fan do programa das xornadas de Sen Violencia – Convivencia un dos máis interesantes, polo seu contido e proxección”.
Programa
O programa da xornada inclúe as poñencias de Jaume Funes, psicólogo, educador e xornalista, quen falará sobre “Cómo ven ós adolescentes os medios de comunicación”. Esta conferencia precederá á mesa redonda que versará sobre o “Tratamento da información dende os mass media sobre temas relacionados coa adolescencia”, que correrá a cargo de Ángela Serrano, responsable da área de violencia escolar do Centro Reina Sofía de Valencia e Luis Álvarez Pousa, director do Observatorio Galego dos Medios.
Pola tarde, a presidenta de Alar Galicia, Mª Jesús Díaz Sánchez, falará sobre “Importancia da prevención na adolescencia: as habilidades sociais como un dos elementos clave”. Seguidamente, o catedrático de socioloxía Francisco Javier Elzo, abordará o tema de “A comunicación na felicidade dos adolescentes”.