VILANOVA DE AROUSA (MORRAZO-tribuna) .- O libro , da profesora francesa Eliane Lavaud-Fage, que acaba de editar a Deputación de Pontevedra, foi presentado hoxe na Casa Museo de Valle Inclán, en Vilanova de Arousa, nun acto que contou coa participación da propia autora, do catedrático de Literatura da Universidade de Santiago, Luis Iglesias Feijoo, do alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, e do vicepresidente da Deputación e deputado de Cultura, José Juan Durán.
O libro demostra que, máis alá das coñecidas diferenzas que se aprecian entre as obras modernistas (as Sonatas, por exemplo) e os últimos traballos de Valle Inclán (El ruedo ibérico, Tirano Banderas, etc.), existen unhas constantes e unhas claves que persisten na estética do autor vilanovés e que chegan a configurar un verdadeiro sistema literario, propio, personal e intrasferible.
Unha desas constantes é a ruptura. Unha constante rupturista que, na novela, se manifesta dende moi cedo xa na súa primeira Sonata, de 1902, e que se mantén ata a última novela publicada, Viva mi dueño, en 1928. Valle rompeu coas regras convencionais do xénero narrativo da súa época e buscou e atopou ó longo da súa vida novas vías e novos xeitos de narrar que o equiparan a novelistas de vangarda como André Gidé ou Marcel Proust.
Este afán de ruptura, innovación e búsqueda de novos xeitos está presente tamén no teatro de Valle Inclán. Un teatro de vangarda, lonxe do academicismo e normatividade do xénero dramático do seu tempo. O teatro de Valle tén unha escritura rapsódica, feita de retazos, con abruptas rupturas. Nas obras incluidas nos denominados Esperpentos, o autor de Luces de Bohemia non dubida en provocar drásticas rupturas no texto introducindo fragmentos de zarzuelas para captar a atención do público e para facelo reflexionar sobre a realidade social do seu tempo en España.
Según se demostra no traballo de Eliane Lavaud _gañadora fai dous anos da terceira edición do Premio Valle Inclán que convoca a Deputación de Pontevedra_ Valle practicou a ruptura a través dunha escritura fragmentaria coa súa coñecida connotación de rebeldía fronte ós canons imperantes que tendían a negar ó fragmento todo valor estético. As obras de Valle precisan dun lector activo, partícipe, que coa lectura remate a obra.
Outra das constantes da obra de Valle foi a constante presencia de Galicia, ben directamente ou ben a través da recreación do seu mundo e ainda do seu mundo rural.
A profesora francesa é unha das máis reputadas estudiosas da obra de Valle Inclán a nivel mundial. Entre outros, algunha das suas máis significativas publicacións son, , , , o .
O vicepresidente José Juan Durán lembrou no acto outras publicacións que sobre a vida e a obra de Valle fixo a Deputación _, de Víctor Viana, , de Xaquín Núñez, ou o documental de Federico de la Peña, entre outras_ e resaltou o papel do autor villanovés como un exemplo de conxugación de .
Durán suliñou que Valle era para Vilanova e para a provincia de Pontevedra un valor engadido e fundamental e un referente cultural, literario, vital e turístico.
O libro demostra que, máis alá das coñecidas diferenzas que se aprecian entre as obras modernistas (as Sonatas, por exemplo) e os últimos traballos de Valle Inclán (El ruedo ibérico, Tirano Banderas, etc.), existen unhas constantes e unhas claves que persisten na estética do autor vilanovés e que chegan a configurar un verdadeiro sistema literario, propio, personal e intrasferible.
Unha desas constantes é a ruptura. Unha constante rupturista que, na novela, se manifesta dende moi cedo xa na súa primeira Sonata, de 1902, e que se mantén ata a última novela publicada, Viva mi dueño, en 1928. Valle rompeu coas regras convencionais do xénero narrativo da súa época e buscou e atopou ó longo da súa vida novas vías e novos xeitos de narrar que o equiparan a novelistas de vangarda como André Gidé ou Marcel Proust.
Este afán de ruptura, innovación e búsqueda de novos xeitos está presente tamén no teatro de Valle Inclán. Un teatro de vangarda, lonxe do academicismo e normatividade do xénero dramático do seu tempo. O teatro de Valle tén unha escritura rapsódica, feita de retazos, con abruptas rupturas. Nas obras incluidas nos denominados Esperpentos, o autor de Luces de Bohemia non dubida en provocar drásticas rupturas no texto introducindo fragmentos de zarzuelas para captar a atención do público e para facelo reflexionar sobre a realidade social do seu tempo en España.
Según se demostra no traballo de Eliane Lavaud _gañadora fai dous anos da terceira edición do Premio Valle Inclán que convoca a Deputación de Pontevedra_ Valle practicou a ruptura a través dunha escritura fragmentaria coa súa coñecida connotación de rebeldía fronte ós canons imperantes que tendían a negar ó fragmento todo valor estético. As obras de Valle precisan dun lector activo, partícipe, que coa lectura remate a obra.
Outra das constantes da obra de Valle foi a constante presencia de Galicia, ben directamente ou ben a través da recreación do seu mundo e ainda do seu mundo rural.
A profesora francesa é unha das máis reputadas estudiosas da obra de Valle Inclán a nivel mundial. Entre outros, algunha das suas máis significativas publicacións son
O vicepresidente José Juan Durán lembrou no acto outras publicacións que sobre a vida e a obra de Valle fixo a Deputación _