PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- O Concello de Pontevedra foi hoxe elemento destacado en Lisboa na xornada “Portugal máis accesível”, organizado polo Ministerio de Trabalho do Goberno portugués, no que se quere mirar a Pontevedra como modelo a seguir. Os relatores foron o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores e o concelleiro de Infraestruturas, César Mosquera que explicarían o modelo defendido na cidade nos últimos nove anos
A visión que o alcalde do municipio, Miguel Anxo Fernández Lores e o concelleiro de Infraestrutura, César Mosquera ofreceron aos congresistas foi a defensa dun modelo que aportou seguridade, dinamismo económico, calidade de vida, e fixo da cidade de Pontevedra unha cidade para todos: pais, nais, nenos, anciáns, minusvalidos... Unha cidade amiga feita por todos.
A visión que o alcalde do municipio, Miguel Anxo Fernández Lores e o concelleiro de Infraestrutura, César Mosquera ofreceron aos congresistas foi a defensa dun modelo que aportou seguridade, dinamismo económico, calidade de vida, e fixo da cidade de Pontevedra unha cidade para todos: pais, nais, nenos, anciáns, minusvalidos... Unha cidade amiga feita por todos.
O concelleiro de Infraestruturas, César Mosquera presentou a revista que o Concello creou ex professo para esta cita titulada “Pontevedra accesíbel” na que se incluen tres artigos: do alcalde, do concelleiro de Infraestruturas, e da ex concelleira Camen da Silva, na que se fai referencia ao modelo polo que aposta Pontevedra.
O artigo de Miguel Anxo Fernández Lores leva por título “A cidade amiga”, a de César Mosquera “Accesibilidade en medio urbano”, e a de Carmen da Silva “Exemplos dunha acción froitífera”.
A publicación foi hoxe en Lisboa entregada aos congresistas así como un CD que o Concello elaborou con motivo da entrega do premio Cermi como cidade accesíbel, e a revista que se creou con motivo da entrega do Premio Nacional de Patrimonio Cutural por parte da Xunta de Galicia, onde se aprecia perfectamente a transformación da cidade.
César Mosquera indicou que “un Estado tome a Pontevedra como exemplo de boas prácticas é de rango superior no posicionamento exterior que está a ter a nosa cidade”. O concelleiro adiantou que a visita a Lisboa tamén servia para pechar lazos de colaboración co país veciño. Xa se está a tratar a posible convocatoria dun congreso internacional en Pontevedra ou de relacións de técnicos portugueses con técnicos municipais de Pontevedra.
Segundo explica o Instituto Nacional para a Rehabilitación, do Goberno Portugués, o propósito desta conferencia foi analizar cal foi o papel dos dirixentes políticos en materia de promoción da accesibilidade, e dar a coñecer programas e proxectos de ámbito local, nacional e mesmo internacionais que sexan mobilizadores de boas prácticas, a seguir no futuro.
Con esta conferencia, na que Pontevedra se tomará como modelo pretende “transmitir a idea de que unha sociedade moderna e democrática e tamén unha sociedade máis accesíbel a aqueles que por limitacións funcionais presentan dificultades en participar nos variados contextos da vida en sociedade; proporcionandolles a autonomía e permitindo niveis de participaión e integración en igualdade de oportunidades”.