VIGO (MORRAZO-tribuna) .- Eva Gil en representación da Iniciativa pola Soberania Alimentar dos Povos, foro que agrupa a Veterinarios Sin Fronteiras, Sindicato Labrego Galego, Verdegaia e Amarante; Rebeca Iglesias en representación do colectivo "Asociación Cultural Caleidoskopio" ; María García da Vocalía de Muller e Medio Ambiente de ADEGA, e Mariola Mourelo e Lupe Ces en representación da Marcha Mundial das Mulleres presentaron en Vigo a Feira de Soberanía Alimentaria que se vai desenvolver na Praza da Estrela desta cidade este fin de semana, sábado e domingo en horario continuado de once da mañá a nove da noite.
"A feira está inspirada nos debates que as delegadas da Marcha están realizando sobre o ben común e o acceso ao recursos, na residencia de Panxón" apunta Lupe Ces, "é unha oportunidade para reflexionar sobre un novo modelo de alimentación que priorice a soberania e os dereitos das persoas fronte as multinacionais". "Se falamos da fame no mundo, do acceso aos recursos, de pobreza, estamos falando de problemas que sofren maioritariamente as mulleres, de aí a importancia de apoiar iniciativas como a da Marcha e organizar e ampliar redes que traballen pola soberanía alimentaria", afirmou Eva Gil.
Mariola Mourelo fixo fincapé nos aspectos organizativos da feira que vai constar de tres carpas con espazos de debate, de lecer e stands onde máis de vinte colectivos entre asociacións, cooperativas e explotacións agrarias, van pór os seus proxectos á debate e os seus produtos á venda. "Non se trata dunha feira de mostras máis, nen dunha feira gastronómica, é o produto dun traballo colectivo onde todos os grupos implicados consensuaron o proxecto que vai estar aberto á cidadanía este fin de semana na cidade de Vigo".
O Colectivo Caleidoskopio intégrase nesta iniciativa desde posturas do activismo vegano "hai que ter en conta que cando falamos de soberanía alimentaria hai que reflexionar tamém sobre a cantidade de recursos que consumimos, por exemplo, unha alimentación vegana representa un 10% do consumo total de auga que implica a alimentación basada no consumo de carne".
María García da Vocalía de ADEGA, incidiu en que as mulleres teñen que participar na tomas de decisións sobre os procesos de produción e consumo de alimentos, e en xeral na evolución do território.
Primeira xornada de debates e reunións
O Encontro Internacional da Marcha Mundial das Mulleres desenvolveu a súa primeira xornada de traballo arredor dos seguintes temas: aa violencia contra as mulleres, a paz , os bens comúns e o traballo das mulleres.
Cada grupo de traballo contou coa presenza de delegadas de todos os paises e chegou ao deseño de liñas de acción que terán que ser debatidas na xornada de hoxe a través de grupos de reflexión organizados desta volta por un criterio territorial, ou sexa por cada rexión do mundo en que está estruturada a Marcha Mundial das Mulleres, para así adaptar cada tema a cada realidade.
Unha das conclusións a que se chegou é que as mulleres non deben ser vitimizadas por esta sociedade que pola súa conformación favorece a violencia machista. Algunhas formas de violencia son exercidas contra as mulleres de certos países e culturas; o feminicidio, non só en Ciudad Juárez, e a obrigación para o matrimonio da muller viúva co irman do seu marido, tamén é violencia contra as mulleres, que non teñen capacidade de resposta no seo das súas sociedades.