VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- A Escola de Canteiros iniciará o vindeiro luns 20 de outubro o curso 2008-2009. O acto dará comezo ás 11 da mañá no salón de actos do centro cunha conferencia a cargo de Concha Cirujano Gutiérrez, arqueóloga, especialista en restauración e experta no tratamento e conservación da pedra.
Concha Cirujano falará sobre “A restauración do castro dos Xerónimos e a súa incorporación ó Museo do Prado”. Compre salientar que esta especialista traballa como restauradora do Instituto do Patrimonio Cultural de España. Trátase dunha profesional de ampla experiencia, que interveu e dirixiu numerosos traballos de restauración, entre os que destacan monumentos tan significativos de Toledo como a Porta de Bisagra, as sinagogas do Tránsito e Santa María la Blanca, os conventos de San Clemente e San Pedro Mártir, a portada do Convento de Santa Isabel, as pontes de Alcántara e San Martín e a escalera de Covarrubias do Hospital de Santa Cruz.
Seguidamente terá lugar a entrega dos premios da Fundación Feima de escultura dirixidos a alumnos e ex-alumnos, nas categorías de pequeno e gran formato.