MOS (MORRAZO-tribuna) .- O prazo para presentar alegacións expira dentro de catro días e o edicto aínda non se espuxo públicamente. A voceira do Partido Popular mosense, Nidia Arévalo, informou de que o proxecto sectorial do polígono empresarial da Arrufana leva no Concello dende o día 14 de Agosto, pero non foi exposto públicamente no tablón destinado a este fin. Ademais este documento saiu xa no DOGA con data de 21 de Agosto e o prazo para presentar alegacións ó mesmo remata o martes 21 de Outubro. Ante esta situación Arévalo manifestou que "unha vez máis a alcaldesa deixa expirar o prazo de alegacións ocultándolle información ós veciños, sendo esta a cuarta vez que ocorre durante un ano; o mesmo sucedeu co proxecto de expropiacións para o acceso ó parque empresarial da Veigadaña, co plan Vigo Íntegra e co primeiro proxecto de acceso ó polígono da Veigadaña".
Pero o máis grave, segundo Arévalo, "é que cando abordamos este tema no pleno extraordinario do día 15, María Jesús Escudero tivo a desfachatez de contestarnos que o prazo de alegacións remata o 21 de Novembro, cando acaba un mes antes; a nosa alcaldesa non sabe por onde anda, nin sequera coñece a data na que finaliza o período de alegacións, pero sí é consciente de que o documento xa está no Concello e non se digna a facelo público". Neste senso, a voceira dos populares mosenses maniféstase asombrada de que non se teña realizado ningunha comisión nin covocado ningún pleno, xa que o Concello "ten que presentar alegacións a este proxecto"; a presidenta do grupo municipal do Partido Popular indígnase ademais ó lembrar que "un técnico estaba a semana pasada realizando o informe sobre o proxecto a correr porque o martes expira o prazo de alegacións".
Os afectados por este proxecto son máis de 200, tan só no barrio da Arrufana, na parroquia mosense de Louredo, cos que a alcaldesa aínda non se puxo en contacto, segundo Nidia Arévalo. Outro dato importante é que na páxina web da Consellería de Política Territorial explícase que este polígono industrial será para empresas de Vigo e as súas inmediacións, nunca íntegramente para as industrias de Mos, tal e coma era o desexo do municipio mosense. Isto é así, segundo Arévalo, "porque a alcaldesa non soubo nin quixo negociar que este parque fose para as empresas da localidade na súa totalidade, o que demostra que en Mos non temos alcaldesa".
Por todo isto, a edil do PP declarou hoxe que "vamos ser moi rigorosos no control do desenrolo das obras na Arrufana, tendo en conta como se están a desenrolar as da Veigadaña; e como estamos cansos de que se estean a repetir sempre as mesmas cacicadas, imos tomar medidas: polo momento xa contactamos coa Consellería de Vivenda e Solo para que amplíe o prazo de alegacións xa que os veciños non foron avisados, presentamos un escrito dirixido á alcaldesa pedíndolle unha explicación do acontecido unha vez máis e solicitámoslle ó secretario do Concello unha certificación oficial que confirme que o proxecto do parque empresarial da Arrufana non se espuxo públicamente no tablón de anuncios".
Por último Arévalo aconselloulles ós veciños de Guizán "que estean moi atentos xa que unha parte do tráfico do polígono desviarano por Guizán porque non hay conexión entre a A-55 e Arrufana, ó que dende o PP nos opoñemos rotundamente", aclarou a concelleira popular.