VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- O grupo parlamentar do BNG, a través do seu deputado Iago Tabarés, empraza ao goberno da Xunta a que concrete en que data prevé dotar aos Xulgados do Contencioso-Administrativo de equipos para a gravación das vistas.
Iago Tabarés lembra que hai uns meses a inexistencia destes equipos –obrigatorios segundo a Lei de Axuizamento Civil- levouno a rexistrar unha iniciativa sobre o asunto, que foi respostada por Presidencia recoñecendo as eivas nesta materia e comprometéndose á súa próxima corrección.
Porén, nestes momentos non hai constancia de que se produciran avances neste sentido, engade o deputado, de aí a presentación dunha nova iniciativa para esclarecer se se están dando os pasos comprometidos e saber cando se van poder celebrar as vistas dacordo coas esixencias legais establecidas.
Tabarés afirma que a posta en marcha destes sistemas de gravación, ademais de ser necesarios para dar cumprimento á normativa vixente, que recolle que “o desenvolvemento das vistas se rexistre en soporte apto para a gravación e reprodución de son e da imaxe ou, se non for posíbel, só do son”, pode ser un medio tamén para liberar funcionarios, posibilitando así unha maior axilidade na tramitación dos procedementos.
Neste sentido, apostou pola racionalización dos recursos dispoñibeis para afondar no “tan necesario” incremento da eficacia e eficiencia dos órganos xurisdicionais do País, nomeadamente os xulgados do contencioso administrativo, onde –segundo os últimos dados oficiais- se pasou de 4.749 asuntos en tramitación a finais de 2006 aos 5.664 pendentes a finais de 2007, “dándose a circunstancia –dixo- de que, agás no caso de Ferrol e Lugo, ningún acada un nivel de ingreso por riba do módulo establecido polo Consello Xeral do Poder Xudicial”.
O parlamentar nacionalista explicou que esta situación de incremento dos asuntos en tramitación é global en Galiza –pasouse dos 129.781 asuntos en 2004 aos 144.714 no remate de 2007- aínda que a súa evolución non afecte por igual a todos os ordes xurisdicionais nin a todas as unidades.
Para o deputado, esta situación está vencellada, obviamente, ao notábel incremento da litixiosidade e á diminución da eficacia resolutiva dos xulgados e tribunais, que do 1,02 no 2004 pasou a un 0,97 no 2007, “é dicir, de resolverse máis do que se ingresaba se pasou a non poder asumir todos os asuntos de novo ingreso, de aí o acaído de buscar todas as fórmulas de racionalización dos recursos dispoñibeis”, entre as que se atopan a posta en marcha dos servizos de gravación, insistiu.