PONTEAREAS (MORRAZO-tribuna) .-O BNG de Ponteareas solicitou no pleno extraordinario do venres a retirada do punto da orde do día do Plan de Saneamento Económico, para poder consensuar o documento, documento imprescindibel para resolver a grave situación económica do concello e para que o concello teña no futuro capacidade para afrontar as obras e servizos que Ponteareas precisa; saneamento, abastecementos, alumeados, etc.
Segundo a Viceportavoz Municipal, Sandra Arauxo, "solicitamos a retirada do punto da orde do día, para poder consensuar o Plan de Saneamento có goberno municipal". Os nacionalistas entenden que, un plan con futuro ten que ser pactado coa primeira forza política do concello. posto que, vai ser un plan que se aplicará nun período longo de anos e influirá a futuros gobernos municipais e lamentan que a concelleira de Facenda, Nava Castro rechazase o apoio do BNG, mentres en Madrid Rajoy reclama a posibilidade de pacto en materia económica entre as forzas maioritarias, porque o concello perde a posibilidade de que aportemos solucións para que Ponteareas saia da situación de bancarrota na que se atopa.
Un exemplo claro da grave situación económica na que se atopa o concello de Ponteareas son os novos oficios xudicias dictados polo Contencioso Administrativo do Tribunal Supremo no que instan ao concello de Ponteareas a “presentar relacións de bens e dereitos susceptibles de embargo para cubrir honorarios dun procurador”, embargos de importes ridículos para un Concello, como é 600 euros. O concello de Ponteareas non ten liquidez nin para afrontar pagos de 600 euros, afirman os nacionalistas.