23 octubre 2008

O DELEGADO DE ASUNTOS INTERNACIONAIS E COMERCIO E O PRESIDENTE DA ASAMBLEA LEXISLATIVA DA PROVINCIA DE SANTA CRUZ (BOLIVIA) VISITAN A DEPUTACIÓN

PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- O delegado de Asuntos Internacionais e Comercio Exterior da rexión autónoma de Santa Cruz (Bolivia), Francisco Cirbián, e o presidente da Asamblea Lexislativa (Parlamento Autonómico) da citada rexión boliviana, Juan Carlos Parada, visitarán mañá, venres, a Deputación de Pontevedra, a partir das 13 horas.
A primeira hora da mañá, a representación boliviana estará en Vigo, onde visitarán o Concello.