COMPOSTELA (MORRAZO-tribuna) .- O portavoz de Industria do grupo parlamentar do BNG, Fernando Blanco Parga, quer pór de relevo a transparencia que rixe todo o proceso relativo ao concurso eólico e, neste sentido, destaca que o Parlamento vén de receber toda a documentación relativa aos 172 promotores que se presentaron ao concurso.
O deputado do BNG apunta que, en resposta á demanda parlamentar, o departamento que dirixe o nacionalista Fernando X. Blanco Álvarez, remitíu toda a información dispoñíbel sobre as empresas que optan a xestionar os proxectos que completarán o mapa eólico galego.
Tal e como se indica na documentación remitida á Cámara, a Consellaría remite toda a información que pode transmitir, por se tratar dun concurso público aberto e estar a ser utilizada boa parte da documentación neste momento, até a resolución final do concurso.
O parlamentar nacionalista destaca o contraste do proceder da actual Administración autonómica co xeito de actuar dos gobernos populares no anterior concurso eólico, “sen facilitar ningún tipo de dado sobre procesos que nunca chegaron a aclararse de todo”.
Entre os dados facilitados pola Consellaría destacan os nomes e ubicación de todos os parques eólicos solicitados e a potencia que se lles adxudicaría a cada un deles.