VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- Otro engaño más. Las obras en el aeropuerto de Vigo van a caballo de la lentitud y de la falta de prespuestos. Lean con atención la información que sigue, que no tiene desperdicio. Vean como el propio director de AENA reconoce que lo de Vigo, salvo las obras del aparcamiento es... para más adelante.
O DIRECTOR DE AENA EVIDENCIA, NA SÚA RESPOSTA AO BNG, O RETRASO DAS PRINCIPAIS OBRAS DOS AEROPORTOS GALEGOS COMO O PROMETIDO E AGORA DESCARADAMENTE DEMORADO EN PEINADOR...
Jorquera criticou os investimentos para os aeroportos galegos pola demora no calendario de actuacións previstas: nova terminal de Lavacolla, a plataforma sur de Alvedro e a ampliación da terminal de Peinador
Madrid (MORRAZO-tribuna) . A resposta do Director Xeral de AENA, Javier Marín, ao deputado do BNG, Francisco Jorquera, veu a evidenciar que a nova terminal de Lavacolla non estará rematada no ano 2010 tal e como demandan os axentes sociais, económicos e políticos da cidade. Igual que tamén puxo de manifesto a demora na realización das principais obras dos aeroportos de Peinador e Alvedro.
O responsábel de AENA comparecía, xa de noite, a solicitude do BNG para que explicase con detalle os investimentos proxectados para os tres aeroportos galegos porque “co proxecto na mán, é evidente o retraso no calendario de actuacións previstas”.
Javier Marín respostou a Jorquera que “as actuacións nos aeroportos galegos están lanzadas pero son complicadas” e alegou “dificuldades territoriais”. Respeito a Lavacolla, dixo que a nova terminal para Santiago “está contratada” e ten a declaración de impacto ambiental desde maio deste ano, mais non desmentiu os prazos de finalización para o 2012 contemplados no proxecto de Orzamentos.
Jorquera fixo especial fincapé na demanda social e política para que a nova terminal de Lavacolla estea rematada no ano 2010. Insistiu na importanza de cumprir este prazo posto que é o ano do Xacobeo e traerá unha grande afluencia de turistas á cidade. Lembrou ao responsábel de AENA que para este ano 2008 estaban consignados 76 millóns para esta nova terminal, e no proxecto de Orzamentos para o 2009 “só se contemplan uns 6 millóns para esta actuación”. Puxo de manifesto que segundo o proxecto orzamentario, “as principais actuacións na nova terminal se deixan para futuros exercicios situando así o horizonte de finalización para o ano 2012”.
Cantidades “simbólicas” para a ampliación da terminal e estacionamento de aeronaves de Peinador
Asemade, formulou ao Director de AENA preguntas sobre os aeroportos de Alvedro e Peinador, “cunhas partidas consignadas para o 2009 que están practicamente absorbidas por obras adicadas a aparcadoiros”. Salientou a inexistencia de partida para a plataforma sur do aeroporto de Alvedro. “E as cantidades adicadas á ampliación da terminal e estacionamento de aeronaves no aeroporto de Vigo non pasan de ser simbólicas”.
O retraso da nova terminal para Peinador quedou claro xa que o Director de AENA afirmou que se contratou a empresa de enxeñería e aínda “se está a discutir o predeseño da nova terminal”. Respeito a Alvedro, sinalou que o proxecto de ampliación da pista está rematado e que pretenden “sometelo a información pública nas próximas semanas dentro da tramitación medioambiental”.