PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- As cinco obras incluídas no convenio para o saneamento do rural correspondente ao ano 2008 foron adxudicadas provisionalmente pola Xunta de Galicia, segundo confirmaron dende o Executivo autonómico ao concelleiro pontevedrés do Rural, Xosé Manuel Valcárcel, quen xa está a negociar o convenio de 2009 para incluír un novo paquete de actuacións por un importe semellante ao deste ano.
A relación de adxudicacións provisorias é a seguinte: Rede de sumidoiros na parroquia de Ponte Sampaio (fase II): 423.013,99 euros (baixa do 30,18%). Adxudicataria: Obras, Caminos y Asfaltos, S.A.
A relación de adxudicacións provisorias é a seguinte: Rede de sumidoiros na parroquia de Ponte Sampaio (fase II): 423.013,99 euros (baixa do 30,18%). Adxudicataria: Obras, Caminos y Asfaltos, S.A.
Rede de sumidoiros na parroquia de Lérez (fase V): 672.982,12 euros (baixa do 30,10%). Adxudicataria: Extraco Construcións e Proxectos, S.A.
Rede de sumidoiros na parroquia de Cerponzóns (fase II): 187.168,68 euros (baixa do 32,20%). Adxudicataria: Sercoysa Proyectos y Obras S.A.
Rede de sumidoiros na parroquia de Tomeza (fase IV): 491.064,04 euros (baixa do 37,10%). Adxudicataria: Sercoysa Proyectos y Obras S.A.
Rede de sumidoiros na parroquia de Mourente (fase III): 942.261,92 euros (baixa do 31,45%). Adxudicataria: Misturas Obras e Proxectos S.A.
Xosé Valcárcel está agora pendente de que se formalice o trámite da adxudicación definitiva para concertar unha reunión coa Consellería de Medio Ambiente e as empresas adxudicatarias. O obxectivo é estabelecer o plan de obra e axilizar ao máximo os traballos, dado que os prazos de execución oscilan entre os 12 e os 18 meses. Amais Valcárcel quere crear un equipo de vixilancia das obras porque, afirma, é preciso marcar un novo estilo de execución dos sumidoiros no rural, dotándoos da máxima calidade para que o resultado final sexa o desexado e non sexa preciso realizar reparacións ó cabo de pouco tempo.
O concelleiro do Rural considera que as novas redes de sumidoiros de Ponte Sampaio, Lérez, Cerponzóns, Tomeza e Mourente van supor unha mellora importante nos servizos que reciben os veciños destas parroquias. Será, asegura, un empurrón moi importante, aínda que quedarán algunhas cousas máis por facer, especialmente en Lérez e Mourente. O edil engade que non debe esquecerse que as obras levan tamén aparellado o asfaltado das vías afectadas en toda a súa plataforma. Por outra banda, o Concello está a realizar xa algunhas das obras incluídas no convenio de saneamento do 2008 (que inclúe licitacións por valor de 5,7 millóns a razón de 4 millóns pola Consellería e 1,7 millóns polo Concello). Especialmente avanzadas están as obras no lugar de Guxilde (Alba), cun orzamento de 49.701 euros, e que quedarán rematadas nas próximas semanas. Tamén están adxudicadas, no marco deste mesmo convenio, as obras da rede de Reiriz-Alba (49.392 euros) e Cendona-Casaldorado (Lérez) (47.476) todas elas á empresa Aquagest.
O concelleiro do Rural está xestionando co Adif no primeiro caso e co Ministerio de Fomento, no segundo, para realizar diversos cruces que farán posibles estas importantes obras. Paralelamente están a piques de seren licitadas as obras dos sumidoiros de San Caetano (Alba) (59.994), Cañota (Alba) (59.083 euros), Riveiro (Campañó) (892.639), Barcia (Marcón) (307.415), Valadares (Marcón) (59.651) e Carrasco (Marcón) (188.993 euros). Especialmente relevante, subliña o responsable municipal do Rural, é a obra do Riveiro (Campañó) porque o orzamento inicial de 600.000 euros incrementouse substancialmente para chegar á maior parte deste núcleo rural, un traballo co que, insiste, contou cunha importante colaboración da asociación de veciños.