22 octubre 2008

Pontevedra aspira a ser sé do Campionato Europeo de Triatlón en 2011

PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- O alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores remitiulle ao presidente da Federación Galega de Triatlón unha carta na que lle rogaba que iniciase xestións para que a cidade acolla o Campionato Europeo de Triatlón en 2011, e outra para que volva a ser sé doutra Copa de Europa desta competición, que tan exitosa resultou o pasado mes de marzo
A Alcaldía de Pontevedra remitiu esta mañá sendas cartas ao presidente da Federación Galega de Triatlón, Francisco Villanueva facéndolle unha dobre solicitude: que inicie as xestións oportunas “para que Pontevedra sexa candidata ao Campionato de Europa de Triatlón no ano 2011”, así como sede dunha proba da Copa de Europa de Triatlón, como a celebrada o pasado mes de marzo na nosa cidade. Sendas misivas enmárcanse no contexto dos reiterados contactos que o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores mantén coas Federacións galega e española para que a cidade poda acoller estes campionatos, que como o do mes de marzo resultaron cun grande éxito, e co triatleta residente en Pontevedra, Xavier Gómez Noya como gañador.